"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marco de conservación da natureza xurdido na Convención de Berna (1979) sobre a conservación da vida silvestre e os hábitos naturais europeos. O seu ámbito de actuación abrangue o continente europeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rede ecolóxica europea constituída a partir dos lugares declarados como zonas de especial conservación (ZEC) e zonas de especial conservación para as aves silvestres (ZEPAs). Xurdiu a partir da Directiva Hábitat coa intención de aplicar os criterios de sostemento ao mantemento e conservación do medio natural. Baséase no progresivo incremento de especies animais e vexetais en desaparición e de espazos naturais do territorio europeo en grave deterioro, causados polo progresivo abandono das actividades agrícolas tradicionais, a contaminación ou a destrución física pola súa urbanización ou industrialización. En Galicia está constituída por 14 ZEPAs e por 59 espazos incluídos na proposta de Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), dos que 55 están incluídos na lista de LICs da rexión bioxeográfica atlántica aprobada en 2004.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (148 h [2001]). Coñecido como Redecilla de Francos, é a primeira poboación castelá do camiño. Urbanis- ticamente presenta a estrutura lineal característica das poboacións do camiño. Contou cun hospital de peregrinos dedicado a san Lázaro, e na igrexa da Virgen de la Calle (ss XVII-XVIII) consérvase unha pía bautismal románica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo décimo esixido sobre unha cousa xa decimada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olver definir unha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rede en forma de bolsa ou funil, fixada a un mango de madeira que se utiliza para apañar peixes nos ríos, no mar ou en viveiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai, repara ou usa redes.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Quintela de Leirado baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Quintela de Leirado. Ten unha única nave e no seu interior conserva un retablo barroco. Destaca a porta principal, enmarcada por dous pares de semicolumnas en relevo que sosteñen un frontón partido coa figura do Salvador nunha fornela situada no centro. O conxunto remata nun gran frontón. Conta cun campanario sinxelo de corte clásico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de redimir ou redimirse.
-
Liberación por medio dun rescate da condición de pecado, de infidelidade, de sufrimento e de morte, común á maioría das relixións. Así, o sacrificio dos primoxénitos dos animais redime os homes, que doutro xeito serían inmolados; e o sacrificio dunha soa persoa pode redimir a colectividade, como a Ifixenia da mitoloxía grega. Como liberación, confúndese coa salvación e é a base de todas as relixións universalistas e das antigas relixións dos misterios. Non obstante, a orixe xurídica do concepto de rescate permite determinar unha concepción da salvación propia da tradición xudeocristiá. A partir do Novo Testamento, a idea de redención ocupa un lugar central na mensaxe cristiá. Son numerosos os textos nos que a morte de Xesús Cristo se explica como un rescate para a liberación do home do poder do mal, que o ten sometido. De aquí provén o valor redentor da morte de Xesús Cristo na cruz, cuxa morte, segundo as teorías da satisfacción, foi a prestación equitativa, a redención condigna,...
-
-
Recuperación dunha cousa ou dun dereito, e que se libera dunha determinada obriga ou mediante o pagamento dunha cantidade.
-
redención da enfiteuse
Facultade que se lle outorga ao enfiteuta de poder extinguir a enfiteuse mediante o aboamento ao señor do importe convido ao constituírse a enfiteuse ou en pacto posterior. Tamén pode ser da cantidade que resulta de capitalizar a pensión ao 3% e o importe dun laudemio de acordo co tipo pactado.
-
redención de censos
Forma de liberar a propiedade devolvéndolle ao censualista o capital do censo representado polo valor asignado á propiedade no momento de constituír o contrato e por unha cantidade equivalente aos laudemios que deixou de percibir, que varía segundo os costumes. Quen recibe o capital en diñeiro ou en propiedades gravando a propia ou a que lle transmiten co pagamento da pensión censual, libera a propiedade desta carga devolvendo o capital recibido.
-
redención de penas por traballo
Posibilidade de reducir a pena como contraprestación do traballo levada a cabo durante o tempo da condena.
-
redención dunha servidume
Forma de extinción dunha servidume mediante o pagamento dun prezo pactado con anterioridade. O código civil español prescribe a redención das servidumes de pasto e leña.
-
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de 1900. Non cesou antes de 1913. Rexionalista con orientación cara ao agrarismo, funcionou como órgano do Directorio Redencionista. De periodicidade quincenal e dirixido por Arturo P. Alcaina, criticou o sistema foral e avogou pola liberación total do labrego. A publicación tivo unha segunda época, a partir de marzo de 1910. No I Congreso Agrario Provincial de Pontevedra foi nomeado voceiro da Federación Provincial de agricultores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo entre xuño e decembro de 1931. Voceiro do Sindicato de Industria Pesquera y sus Derivados (CNT), editouse decenalmente baixo a dirección de Manuel Fandiño. Recolleu as preocupacións do sindicato marítimo e os seus movementos reivindicativos. A partir de 1931 foi substituído polo voceiro da Federación Nacional de Industria Pesquera, denominado Mar y Tierra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento que defendía a eliminación dos contratos agrarios ou foros a través do pago polo arrendatario e dono do dominio útil, aos donos do dominio directo. Os primeiros ataques ao sistema foral protagonizáronos os liberais no s XIX, por considerar que impedía modernizar a agricultura galega. A desaparición do réxime foral iniciouse coa aprobación en 1873 por parte das Cortes da Primeira República Española da Lei de Redención de Foros, presentada por X. M. Paz Novoa, pero foi suprimida rapidamente, aínda que logo se realizaron novos proxectos. A comezos do s XX produciuse a toma de conciencia dos labregos da súa situación e desenvolveuse un importante activismo antiforal, tanto redencionista coma abolicionista, apoiado por sociedades como Solidaridad Gallega, Unión Campesina, o Directorio de Teis e os partidos políticos, sobre todo de esquerda e nacionalistas. O proceso comezou co non pagamento das rendas forais e despois producíronse sucesivas redencións nos lugares máis conflitivos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
entretiño.
-
-
Que ou quen redime.
-
Nome que recibe Xesús Cristo. O título é practicamente equivalente ao de salvador. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
Relixioso das ordes mercedaria e trinitaria encargado de negociar o rescate dos cativos cristiáns en terras musulmás.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos redentoristas.
-
Membro da congregación do Santísimo Redentor fundada en 1732 por santo Afonso María de Liguori en Scala, preto de Amalfi (Italia), para realizar misións entre a poboación rural de Nápoles. Foi aprobada por Benedito XIV (1749) e estendeuse por Europa, América e India. En 1732 fundouse tamén a rama feminina, dedicada á vida contemplativa e organizada por Maria Celeste Crostarosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro dunhas asociacións culturais de Países Baixos (os ‘Cámaras da Retórica’), de orixe descoñecida, que existían desde o s XV, primeiro en Flandres e despois en Holanda. Eran verdadeiros centros intelectuais das cidades, organizaban concursos poéticos e torneos dramáticos, e os retóricos rivalizaban na arte da versificación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación sociocultural asemblearia fundada en 2001 cun ideario baseado no nacionalismo de esquerdas. Este colectivo pretende achegar a crítica ao mundo cultural galego e participar activamente na sociedade. Publicou un libro de poesía, Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), con textos de vinte e catro poetas da asociación, e a revista de pensamento crítico Suxeito Activo. Ademais de promover o Foro Social Galego e de crear o Premio Roberto Vidal Bolaño, outorgado a persoas que contribúan á emancipación política de Galicia, promoven as campañas “Un debate, mil repúblicas” e “Lugo, coa forza do poema revolucionario”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural situado no centro oriental da Cordilleira Cantábrica asturiana, de 376,2 km2 de superficie, que foi declarado Parque Natural (1996) e Reserva de la Biosfera (2001). Presenta unha orografía de media e alta montaña caliza, formacións de orixe glaciaria e formas kársticas nas que predomina o bosque atlántico, pradarías e pastos e fauna característica do N peninsular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descontar un efecto que xa estivo descontado previamente.