"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • GALICIA

    Compositor. Coñecido como Chané, xunto con outros compositores galegos contemporáneos, vinculados á creación da canción sobre textos en galego ou ao movemento orfeónico, como Pascual Veiga, Xoán Montes ou Xosé Baldomir, pode considerarse un dos representantes máis sobranceiros e a primeira manifestación relevante do nacionalismo musical galego durante o período da I Restauración (1876-1931). Primeiro formouse musicalmente co seu pai, coñecido concertista de guitarra, e completou os seus estudios durante o servizo militar con Bernardo Noriega. En 1889 fíxose cargo da cátedra de Canto Individual e Colectivo dentro da Academia de Belas Artes da Coruña, cidade na que desenvolveu boa parte da súa vida activa en estreita relación co vizoso movemento orfeonístico coruñes. En 1880 comezou o seu éxito como compositor e director de música para orfeón, primeiro co Orfeón Coruñés, e a partir de 1882 con El Eco, agrupación coa que acadou importantes triunfos en Madrid (1883 e 1892), Barcelona...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador gráfico e pintor. Iniciou a súa actividade artística a mediados dos anos setenta ao presentarse aos primeiros certames da Bienal de Arte de Pontevedra e a outras convocatorias galegas e nacionais. Na década dos noventa alternou as súas exposicións entre Galicia e Portugal. A súa obra caracterízase por unha proposta estilística impresionista. En 1975 obtivo o premio de carteis da festa da Peregrina de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político cubano. Fillo dun emigrante galego acomodado, realizou estudios universitarios e doutorouse en Leis pola Universidad de La Habana. Militou en grupos revolucionarios desde moi novo e participou no fracasado asalto ao cuartel de Moncada en Santiago de Cuba no 1953. Adquiriu notoriedade pola súa defensa no xuízo posterior, que foi publicada co título La historia me absolverá. Condenado a 15 anos de prisión, recibiu a amnistía (1955) e exiliouse en México, onde fundou o Movimiento 26 de julio. Recibiu instrución do coronel español Alberto Bayo e preparou un novo intento de asalto ao réxime, para o que tentou crear unha guerrilla rural. De feito, un grupo de 82 revolucionarios desembarcou en Cuba o 2 de decembro de 1956 e, asentados en Sierra Maestra, iniciaron unha loita de guerrillas contra Batista, apoiados polos campesiños e polos estudiantes. En decembro do 1958 ocuparon Santiago de Cuba, entraron en La Habana o 1 de xaneiro de 1959 e provocaron a fuxida do ditador. Co...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Membro do partido conservador, foi deputado, ministro da Coroa, presidente da Cámara de los Diputados e embaixador nas principais cortes europeas. Abandonou a política trala Revolución de 1868, e regresou baixo o reinado de Afonso XII. En 1877 nomeárono senador vitalicio. Colaborou para diferentes xornais e revistas e escribiu Apuntes y detalles que pueden ser útiles a quien escriba la historia de los acontecimientos de España desde 1863 hasta nuestros días (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, drenado polos ríos Brazomar e Mioño (15.167 h [1996]). A súa economía baséase no porto pesqueiro, que orixinou diversas actividades industriais (pequenas fábricas de conservas e salgadura, materiais de construción e química). A gandería e a agricultura son de tipo intensivo e practícanse nas ladeiras dos vales. Situado na fronteira cántabra con Bizkaia, nos últimos anos do s XX converteuse nun lugar de veraneo moi concorrido pola poboación da área metropolitana de Bilbao. É a antiga Flaviobriga romana. Cobrou importancia polo seu comercio de la e millo. Os franceses arrasárono en 1813. Conserva a igrexa gótica de Santa María do s XV con porta románica e unha torre templaria do s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao verso no que falta unha sílaba no último pé de forma intencionada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno psicomotor que afecta ao ton muscular e á iniciativa motriz. Consiste nunha hipertonía ríxida acompañada da incapacidade de movementos espontáneos e do mantemento das posturas impostas. Preséntase nalgúns enfermos esquizofrénicos e en histéricos, pero tamén pode ser provocada por hipnose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á catalepsia.

    2. Que ou quen está afectado de catalepsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir cristiá. A tradición relacionouna coa célebre filósofa pagá Hypatia e fixo dela a Palas Atenea cristiá. Conta a lenda que un ermitán a converteu ao cristianismo e lle propuxo como único noivo digno do seu mérito a Xesús. Segundo unha tradición do s IX, morreu martirizada en Alexandría durante a persecución dos cristiáns efectuada por Maximino, gobernador de Exipto. Disque venceu dialecticamente a 50 doutores ou sabios de Alexandría, enviados polo Emperador para refutar a súa elocuencia. Logo, foi azoutada e encarcerada pero logrou sobrevivir ao ser alimentada por unha pomba. Durante o seu cativerio logrou converter a Emperatriz Constanza e o xefe de tropas Porfirio. Posteriormente, o emperador acordou martirizala mediante unha roda dentada de púas ou coitelas, pero un raio esnaquizou a roda e cegou os verdugos. Finalmente, morreu decapitada. Conta a lenda que da súa ferida xurdiu leite e que uns anxos trasladaron o seu corpo ao monte Sinaí, onde se construíu un mosteiro que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De familia acomodada, desempeñou un cargo oficial en Bitinia, no estado maior do propretor Memmio, entre os anos 56 e 57. Pertenceu ao grupo dos neotéricos. Influído pola lírica grega arcaica (Safo), pola poesía alexandrina (Calímaco, Apolonio e os epigramistas), pola tradición poética latina e polos seus inmediatos predecesores, os chamados poetae novi, considérase o creador da lírica erótica latina. A súa obra reuniuse baixo o título Catulli Veronensis liber (Libro do veronense Catulo), colección de 116 poemas de métrica e extensión diversa, organizada a partir de criterios métricos e de xénero. A maior parte destes versos, os máis coñecidos da súa produción, aluden ao seu desafortunado amor por Lesbia, que probablemente fose Clodia, irmá do tribuno Publio Clodio; outros eloxian ou satirizan a sociedade do seu tempo. Entre eles destacan a elexía “A cabeleira de Berenice” e os poemas mitolóxicos “Attis” e “Bodas de Tetis e Peleo”. En 1943 o compositor alemán Carl...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Membro dunha familia de artistas, o seu pai Federico Caulonga foi mestre na Escola de Artes e Oficios Artísticos de Santiago de Compostela. Pertenceu, entre outros, ao círculo artístico de Camilo Díaz, Francisco Asorey e Xosé Aldrey. Entallador e labrador da pedra, colaborou no taller de Asorey e no de Magariños. En Santiago de Compostela destaca o conxunto escultórico que decora un capitel da rúa do Vilar, cunha figura sedente do apóstolo Santiago entre o Mestre Mateo e a raíña peregrina Isabel de Portugal. Durante os anos vinte colaborou con Antonio Palacios en diferentes construcións, como as do Palacio de Correos y Comunicaciones e o Círculo de Bellas Artes, ambos os dous en Madrid, cidade na que residiu algúns anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido Cabaleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor localizada na cabeza. Aplícase a calquera dor cranial sen incluír as da cara, a farinxe ou a rexión cervical. Caracterízase por unha sensación de peso, golpes repetidos e violentos, pulsacións, ardor e picaduras, entre outros síntomas. Trátase dun síntoma moi común, ocasionado por trastornos moi diversos, aínda que con frecuencia de pouca gravidade. Os tipos máis importantes son: a xaqueca, a cefalea histamínica de Horton, a cefalea de tensión e a cefalea que aparece como consecuencia de enfermidades neurolóxicas ou doutras enfermidades como sinusite, trastornos oculares, febre, insuficiencia respiratoria hipercápnica, hipertensión arterial e arterite temporal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico bactericida semisintético de amplo espectro, hidrosoluble, derivado do ácido 7-aminocefalosporánico. Soluble en medio ácido, pode administrarse por vía oral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo francés coordinador e elaborador de estudios espaciais creado en 1962. Dedicouse especialmente ao desenvolvemento e colocación de satélites artificiais científicos e tecnolóxicos para diversas aplicacións e a impulsar o proxecto europeo Ariane a través da súa filial Arianespace. Ten acordos bilaterais de colaboración con EE UU e Rusia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma creada en Ribadavia (1974-1976) que aglutinou o grupo Antroido, de Santiago de Compostela; Auriense, de Ourense; Avantar, do Carballiño; Candea, de Noia; O Facho e Teatro Circo, da Coruña; Francisco Lanza, de Ribadeo; Martin Codax e Rosalía de Castro, de Vigo; e Valle-Inclán, de Lugo. Entre os obxectivos desta iniciativa estaban, segundo M. Lourenzo e F. Pillado, un uso exclusivo do galego, o entendemento da función social do teatro, a consecución duns niveis artísticos dignos, a descentralización, a profesionalización e o desenvolvemento dunhas infraestruturas teatrais. Esta plataforma sería un dos alicerces para a formación en 1977 da efémera Asemblea do Teatro Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1902 froito da confluencia entre os ideais dos medios libertarios coruñeses e os do republicanismo local, particularmente os de ideario federal. Entre os seus animadores cómpre salientar, ademais dos membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, como Xosé Sanjurjo ou Marcial Lores, a futuros edís republicanos, como Eduardo Corral, ou federalistas, como Eduardo López Budén. Aínda que a Germinal sempre se identificou co ideario libertario, tamén formaron parte das súas directivas sindicalistas da CNT, como Xoán No, Benito Couceiro, Manuel Montes ou Xacinto Méndez, e progresistas, como Luís Huici, que presidiu o Centro no ano 1932. Dende 1906 intelectuais como Uxío Carré e Anxo del Castillo fixeron posible a colaboración do Centro coa Universidade Popular; así xurdiu a posibilidade da transmisión de coñecementos ás clases populares coruñesas. Germinal, caracterizada pola convivencia de persoas con diferentes idearios, defendía o respecto aos principios do laicismo, a xustiza,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía institucional creada en 1984 pola dirección xeral de Cultura da Xunta de Galicia, departamento dirixido por Luís Álvarez Pousa. O seu primeiro director foi Eduardo Alonso, ao que seguiron Ernesto Chao, Eduardo Puceiro, Dorotea Barcena (en funcións), Damián Villalaín, Xosé Manuel Blanco Gil e Manuel Guede Oliva. En 1989 a compañía integrouse na estrutura do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, organismo autónomo dependente da consellería de Cultura. Entre outros espectáculos, realizaron: Woyzeck (1984), con dirección de Xulio Lago; Agasallo de sombras (1984), de Roberto Vidal Bolaño; Os vellos non deben de namorarse (1985), de Eduardo Alonso; Follas Novas (1985), de Dorotea Bárcena; Caderno de Bitácora (1985), de Antonio Simón; O enfermo imaxinario (1986), de Eduardo Alonso; A noite vai coma un río (1986), de Xulio Lago; A pousadeira (1986), de Xoán Cejudo; As tres irmás (1987), de X. M. Rabón; Almas perdidas (1987), de Santiago Montenegro; O mozo que chegou de lonxe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia composta por galegos ou descendentes de galegos residentes nunha cidade, rexión ou país, cunha finalidade social, cultural, deportiva, recreativa e, nalgunhas ocasións, asistencial e médico-sanitaria. Ten como obxectivo manter e potenciar os lazos culturais e sociais con Galicia, as súas xentes, a súa historia, a súa cultura e a súa lingua. A maioría das actividades dos centros galegos procuran a preservación da cultura galega por medio de ciclos de conferencias, cursos formativos, publicacións de revistas e, ás veces, de libros en galego; a creación dunha biblioteca galega na cidade onde se fundaba o centro; a organización de grupos de danza e música tradicional, de orfeóns e grupos corais e incluso de axudas para a creación de escolas en Galicia. A maioría das veces, a organización deste tipo de actos estaba supeditada non só ao interese da directiva de cada centro, senón tamén á súa capacidade económica. Durante a ditadura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural situada en Santiago de Compostela. Dedicada ao mundo das artes plásticas e visuais, combina a súa actividade como centro de exposicións e sede dunha colección permanente. O seu primeiro director foi Antón Pulido, ao que sucederon Gloria Moure e Miguel Fernández-Cid. Ademais, o centro está rexido por un padroado presidido por José Luis Méndez López. Inagurouse en setembro de 1993 cunha mostra de Maruja Mallo. O edificio, obra de Álvaro Siza (1988-1993), sitúase nun enclave histórico significativo, próximo ao mosteiro de San Domingos de Bonaval e na entrada do Camiño Francés. O seu deseño está marcado por unha estética austera de liñas horizontais, nas que a presenza das placas de granito que cobren o exterior axudan a integrar a construción no contexto da cidade histórica de Santiago de Compostela. Desde o vestíbulo principal accédese ás salas de exposicións, ao auditorio e á biblioteca. Organízase en catro alturas: o soto onde se sitúa a colección permanente, a planta...

    VER O DETALLE DO TERMO