"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Formación vexetal na que as árbores ou arbustos constitúen o elemento máis conspicuo e no que adoitan presentar estruturas densas que permiten unhas condicións microclimáticas, con elementos como a temperatura, humidade e sombra, peculiares, o que permite a existencia dun espectro de vexetais e animais propios e adaptados a este medio. Os bosques cobren unha cuarta parte dos continentes agás aqueles que presentan unhas condicións climáticas extremas como son Grenlandia e a Antártida; o 60% están en Rusia, Brasil, Canadá, EE UU, China, Indonesia e Congo. Os principais tipos de bosque son: o bosque ecuatorial, de alta diversidade, cun dosel arbóreo continuo ata os 25 m, de onde destacan algunhas árbores que chegan ata os 50 m e un sotobosque limitado pola pouca luz que chega ao chan; o bosque tropical que precisa dun mínimo de 1.500 mm de precipitación anual e que no período de seca non sexa de máis de 3 meses; os bosques extratropicais, entre os que destacan a...

    2. Bosque que ocupa bandas longas e estreitas de terreo e onde xeralmente as copas entran en contacto entre elas formado un contínuum. En xeral, as galerías de bosque seguen o curso dos ríos ou o fondo húmido dos vales; é o caso do bosque de ribeira como os amieirais.

    3. Bosque onde conviven de xeito natural árbores caducifolias e coníferas.

    4. Bosque orixinal que presenta unha serie de especies e unha estrutura produto dunha longa evolución.

    5. Bosque produto de reforestación natural ou artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Wenceslao Fernández Flórez no ano 1943. Recrea un mundo especificamente galego: a fraga de Cecebre e os seus habitantes, tanto os seres irracionais como os homes vinculados a ela. Preséntase como unha defensa da vida do campo e do contacto directo coa natureza, como alternativa vital. A fabulación divídese en dezaseis estancias, á maneira renacentista, emulando o esquema compositivo das églogas. Trátase de relatos independentes, pero conexos por un lene fío argumental constituído, precisamente, polo escenario no que se desenvolve a acción, o bosque vivente, que funciona á vez como protagonista colectivo. O libro péchase cun “ultílogo”, cultismo que introduce o autor amodo de despedida poética. A primeira estancia familiariza o lector coa paisaxe e co ambiente da fraga, por medio da animación dos distintos elementos naturais que a compoñen: o ceo, as árbores, o chan, etc. A partir da segunda, iníciase un ritmo de composición que alterna, de modo case invariable, episodios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme realizado en 1987 polo produtor Eduardo Ducay con dirección de José Luis Cuerda e guión de Rafael Azcona baseado na novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez. Desde finais da década dos anos vinte, o escritor coruñés mantivera co cine unha relación moi estreita, tanto subministrando temas que outros adaptarían, como participando directamente como guionista. Con anterioridade á obra de Cuerda, Antonio F. Simón dirixira en 1975 unha mediametraxe, partindo do mesmo texto orixinal, co título de Fendetestas. Tanto nun caso como noutro, os guionistas tiveron que prescindir do antropomorfismo do mundo animal e vexetal, que constituía a maior singularidade do relato wenceslaiano. Sobrado dos Monxes converteuse na fraga de Cecebre. Se ben os condicionamentos comerciais colocan en primeiro termo publicitario o nome de Alfredo Landa no seu papel de Malvís/Fendetestas, a película vén sendo unha obra coral, tratamento ao que non é alleo o título: baixo o amparo da fraga viven señores e labregos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Película de debuxos animados baseada no libro homónimo de Wenceslao Fernández Flórez, e realizada pola empresa coruñesa Dygra a partir dun guión de Ángel de la Cruz. Dirixida e producida por Manuel Gómez Santos, foi realizada empregando técnicas de animacións por ordenador, co obxectivo de estreala no ano 2000. As texturas e efectos visuais foron creados por un equipo coordinado por Javier Reigada, a supervisión técnica e programación creativa dependeu de Juan Nouche e a dirección artística de Alberto Taracido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Película chamada orixinariamente El bosque de Ancines ou Lobishome, que se estreou en maio de 1971. O guionista J. Antonio Porto propúxolle ao director Pedro Olea a adaptación da novela de Carlos Martínez Barbeito, que fora finalista no Premio Nadal de 1944, obra pola que previamente se amosara interesado J. A. Bardem. Olea e Porto elaboraron o guión técnico. O relato literario está inspirado en feitos dos que foi protagonista Manuel Blanco Romasanta (Benito Freire na fición). No tempo do chamado “Nuevo cine español”, este filme pretendía afastarse da metáfora e do simbolismo, e mostar unha historia propia dunha sociedade subdesenvolvida, que quizais por estar situada no século XIX, non espertou a suspicacia da censura franquista. Benito, quincalleiro de oficio, facía ás veces de guía para as persoas que emigraban a outras terras. Cando atravesaba a fraga de Ancines sentía a imperiosa necesidade de asasinalas. De volta a Galicia traía cartas falsificadas nas que se falaba do ben que lles...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, no curso superior do Majaceite (1.777 h [1991]). Dentro do termo atópase o encoro de Los Hurones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Lingua española na Universidad Complutense de Madrid e membro da Real Academia Española. É autor de libros e artigos sobre numerosos aspectos da gramática española e compilador dalgúns volumes de diversos autores sobre esas mesmas cuestións. Foi director do Curso Superior de Filoloxía Española da Universidad Internacional Menéndez Pelayo e da colección Gramática del español da editorial Taurus. Impartiu diversos cursos en numerosas universidades españolas e estranxeiras e foi profesor visitante nas universidades de Louvain, Utrecht, Minnesota, Ohio e Sophia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bosque de pequena extensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resumir algo cunha delimitación aproximada dos seus trazos.

    2. Delinear calquera obra ou proxecto, empregando só os elementos fundamentais do mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acto ou efecto de bosquexar.

    2. Debuxo feito só cos trazos esenciais. En xeral, trazos que pinta calquera artista antes de comezar a súa obra. Adoitan ser uns debuxos ou uns toques de pintura feitos á présa, con poucas liñas, diante de algo e que serve para recordar diversas características como a figura, a disposición, a cor, etc.

    3. Primeiro esbozo dunha idea publicitaria. En ocasións, as axencias de publicidade envían o boceto aos medios de comunicación, indicando o tipo de letra que se vai utilizar e o lugar que ocupa o texto e a imaxe, como paso previo á entrega do orixinal rematado. Antes de que as axencias de publicidade incorporaran a informática, a maior parte dos bocetos realizaríanse a man alzada, de xeito que o director de arte debía recorrer ao deseño. Hoxe, coa axuda dos ordenadores, pódense realizar bosquexos moito máis completos e acabados, axilizando moito máis o proceso.

    4. Debuxo orixinal que serve para realizar o definitivo selo de correos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence ao pobo bosquimán.

    2. Individuo do pobo bosquimán.

    3. Pobo africano, que forma xunto co hotentote, a raza chamada khoisan. Os bosquimáns son de baixa estatura (1,52 m de media) e presentan, especialmente as mulleres, un arqueamento moi acentuado da columna vertebral na rexión esteatopixia e sacrolumbar. No s XVIII as migracións cara ao sur dos pobos bantúes obrigáronos a refuxiarse no deserto de Kalahari. Practican a caza e a súa unidade sociopolítica é a horda de cazadores.

    4. Lingua africana da familia joisana e do grupo sudafricano central tamén denominado hotentote. Fálase en Sudáfrica, concretamente no deserto de Kalahari. Contabilizáronse uns 50.000 falantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, escritor e orador. Bispo de Condom, da Gascoña (1669-1671) e de Meaux (1681-1704), encargouse da educación do delfín, fillo de Luís XIV (1670-1678) para quen escribiu Discours sur l’histoire universelle (Discurso sobre a historia universal, 1681), obra na que mantiña que é a providencia a que impulsa a historia. Interveu na querela fronte ao quietismo de Fénelon. Entre as súas obras destaca Histoire des variations des Églises protestantes (Historia das variacións das Igrexas protestantes, 1688), na que combateu a Reforma. Foi o teórico da monarquía absoluta sobre o dereito divino. A súa obra política máis importante é Politique tirée des propres paroles de l’Écriture Sainte (Política baseada nas propias palabras da Escritura Santa, 1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coleóptero da familia dos bostríquidos.

    2. Familia de insectos da orde dos coleópteros integrada por individuos xilófagos, de corpo cilíndrico e recuberto de fortes tegumentos de coloración escura e con mandíbulas moi potentes. En Europa pódense atopar unhas 20 especies reunidas en 14 xéneros. Son prexudiciais para os bosques; as larvas escavan galerías nos troncos e nas pólas, especialmente de coníferas e árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tipógrafo, sindicalista e político socialista. En 1897 converteuse no dirixente da agrupación socialista de Vigo e en 1901 accedeu á dirección do voceiro socialista local Solidaridad. Promoveu o primeiro congreso obreiro da Unión Galaico-Portuguesa. En 1904 presidiu o Primeiro Congreso socialista de Galicia. Participou nas loitas obreiras de principios de século, polo que foi encarcerado en varias ocasións (folga de tipógrafos de 1904 e folga xeral de 1917). En 1907 mostrouse contrario ao proxecto político de Solidaridad Gallega, promovendo máis tarde un pacto Republicano-Socialista entre PSOE, Unión Republicana e Partido Federal. Foi concelleiro de Vigo entre 1913 e 1928, ano no que presidiu o XII Congreso da UGT en Madrid. Coa chegada da República foi elixido deputado entre 1931 e 1933. Co seu traballo no Congreso loitou pola abolición definitiva dos foros no marco da reforma agraria e noutros feitos puntuais como o estatuto do viño e as exportacións conserveiras. Na convocatoria...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fento da familia das botriquiáceas.

    2. Familia de fentos da clase das ofioglosópsidas á que pertence o xénero Botrychium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador, arqueólogo e paleontólogo, máis coñecido como Boucher de Perthes. Está considerado como un dos fundadores da Prehistoria. Autodidacta, con coñecementos sólidos de Xeoloxía, interesouse pola Arqueoloxía e defendeu e demostrou a existencia do home cuaternario. Publicou diversas obras, entre as que destaca Antiquités celtiques et antédiluviennes (Antigüidades célticas e antediluvianas, 1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fixador histolóxico composto por unha mestura de solución saturada de ácido pícrico, formol e ácido acético. Fixa ben os lípidos pero ten o inconveniente de que incha un pouco os materiais coláxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenda no bordo dunha vasilla producida por unha rotura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Modelo e actriz cinematográfica. Estudiou na Sorbonne e na Escola Nacional de Teatro do Conservatorio de París. Debutou da man de Luis Buñuel en Cet obscur object du désir (Ese escuro obxecto do desexo, 1976). Entre as súas interpretacións destacan os filmes: For your eyes only (Só para os teus ollos, 1980), New York stories (Historias de Nova York, 1989) e Grosse fatigue (Mala fama, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO