"Amil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 182.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela da autoría de Camilo José Cela publicada en 1942 coa que o autor inaugurou a novela de posguerra e o chamado tremendismo literario. Estruturalmente comeza cunha nota do transcritor que informa ao lector sobre o descubrimento do manuscrito de Pascual Duarte e xustifica a súa publicación para evitar que sexa un modelo a seguir. A continuación, preséntase unha carta de Pascual Duarte, condenado a morte, dende o calabozo na que anuncia o envío do manuscrito orixinal como unha confesión pública das súas vivencias ao señor Barrera, amigo do Conde de Torremejía que era o señor da vila natal de Pascual Duarte e que el matou. Posteriormente, aparece unha cláusula do testamento do señor Barrera na que se di que quen atope dito manuscrito debe de usalo á súa vontade, sempre e cando se salvase da súa destrucción no lume, a seguir veñen 19 capítulos de narración e para rematar outra nota final do transcritor. A obra, ambientada en Torremejía, é a confesión dun condenado a morte coa que pretende...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as distintas alianzas políticas asinadas durante o s XVIII polas dinastías borbónicas reinantes en Francia e España. Polo Primeiro Pacto de Familia, asinado en El Escorial o 7 de novembro de 1733 entre Luís XV de Francia e Filipe V de España, Francia comprometeuse a conseguir o trono de Parma, Piacenzia e Toscana para o infante Carlos de Borbón, fillo de Filipe V e Isabel de Farnesio, e a devolución de Xibraltar, mentres que España apoiou a Francia no seu enfrontamento con Austria. O resultado máis visible desta primeira alianza foi o recoñecemento na Paz de Viena (1738) de Carlos de Borbón como rei de Nápoles e Sicilia. O Segundo Pacto de Familia foi asinado no marco da Guerra de Sucesión de Austria entre Luís XIV, Filipe V e Carlos de Borbón en Fointainebleau o 28 de outubro de 1743 e nel Francia comprometeuse a conseguir para o infante Filipe de Borbón, fillo de Filipe V e Isabel de Farnesio, os ducados de Parma, Milán e Piacenza e a devolución das prazas de Xibraltar...
-
-
Relativo ou pertencente á familia.
-
Que resulta coñecido para alguén en concreto.
-
-
Que é natural e non resulta forzado.
-
Aplícase ao estilo, lingua ou palabra que só se emprega cando existe un certo grao de intimidade ou confianza entre os interlocutores e, á vez, hai un rexeitamento das relacións cerimoniosas que esixe unha lingua elevada e académica.
-
-
Aplícase a algunhas cousas que teñen un tamaño máis grande ca o habitual, para que os use toda a familia.
-
Persoa que pertence á mesma familia do suxeito en cuestión.
-
-
Criado, servente.
-
Eclesiástico ao servizo persoal dun bispo.
-
...
-
-
-
-
Trato cordial e coloquial entre dúas persoas que se coñecen.
-
Acción que implica un exceso de confianza por parte de alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de familiarizar ou familiarizarse.
-
-
Facer familiar e común unha cousa.
-
Acostumarse a algo de forma que resulte normal. OBS: Constrúese coa preposición con.
-
-
-
Emprego ou título de familiar do Tribunal da Inquisición.
-
Emprego de familiar ou fámulo nun colexio.
-
Irmandade que algunhas persoas tiñan coas ordes relixiosas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘familia’.
-
GALICIA
Militar. Marqués de Santa Ilduara e vizconde de San Rosendo. Capitán da Garda Real (1837), foi nomeado comandante de húsares de La Habana (1869) e en 1872 primeiro xefe de voluntarios da illa de Cuba. Desde este posto custeou durante tres anos a 30 xinetes voluntarios e os seus cabalos, regalou un armamento completo á academia de cadetes e fundou un escuadrón de 120 cabalos, o que lle valeu a concesión por Real Decreto dos títulos nobiliarios. Foi promotor do establecemento do lazareto de Vigo na illa de San Simón e fomentou o desenvolvemento do porto vigués. Foi condecorado coas cruces de San Hermenegildo, Isabel la Católica, a do Mérito Militar e da Constancia e co título de Comendador de Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Camilo Valdeorras, foi actor e director teatral e vinculouse co colectivo Rompente. Escribiu Progreso e andrómena de Antroido. Farsa veraz e alegoría festiva (Premio Abrente 1977), unha recreación das loitas labregas dos anos setenta a partir de técnicas propias do teatro documento e do teatro de axitación social.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, arquiveiro e político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid, trasladouse a Pontevedra en 1931, onde exerceu como arquiveiro da Deputación e da delegación de facenda e como bibliotecario da Escola Naval de Marín, onde ordenou os fondos que chegaron desde a Escola de San Fernando de Cádiz, da Biblioteca Pública de Pontevedra e da Biblioteca Municipal de Vigo. Foi profesor de ensino medio, vogal da Comisión Provincial de Monumentos e secretario do padroado provincial de formación profesional. Foi concelleiro e desde 1943 tenente de alcalde de Pontevedra. En 1954 trasladouse a Madrid e foi secretario da oficina de Asuntos Generales del Servicio Nacional de Lectura, xefe do Servicio de Intercambio Bibliográfico da Biblioteca Nacional e xefe do Servicio da Oficina del Cambio Internacional de Publicaciones. Participou na creación do Centro Provincial Coordinador de Bibliotecas, grazas ao cal se puxeron as bases para a creación das bibliotecas municipais de Vigo e da Estrada....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Deputado republicano (1869), formou parte do gabinete de Defensa Nacional, foi alcalde de París (1870) e embaixador en Atenas (1872-1873), ministro de Instrución Pública e de Belas Artes (1879-1883), presidente do consello (1880-1881; 1883-1885) e ministro de Asuntos Exteriores (1883-1885). Polas súas decisións políticas de reforma do sistema educativo, merece ser considerado o fundador do novo sistema educativo francés republicano-burgués, regulado polas chamadas Leis Ferry e baseado no ensino primario gratuíto, laico e obrigatorio. O aspecto máis conflitivo deste novo sistema foi o laicismo que afectaba tanto aos planos de estudios coma aos profesores (persoal laico) nos programas educativos substituíuse o ensino da relixión polo ensino ético e cívico. As Leis Ferry significaron o desbotamento da idea da escola como “unha obra de caridade” e o triunfo da educación como base da integración moral da sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, artista gráfico e poeta británico. Formouse na Glasgow School of Arts. Traballou con diferentes materiais. En 1961 fundou a Wild Hawthorn Press e publicou a revista Poor Old Tired House. Traballou con distintos colaboradores e realizou placas, pedras e gravados con frases irónicas e caligramas. Realizou para a Illa das Esculturas de Pontevedra Petrarca (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. En 1858 ingresou no Observatorio de París. No ano 1883 fundou o observatorio de Juvisy, que dirixiu ata a súa morte. Fixo numerosos estudios sobre as estrelas dobres e múltiples, a espectroscopia estelar e a topografía de Marte. Adquiriu gran fama como escritor de astronomía e, desde 1863, editou as revistas Cosmos e L’Astronomie. A súa obra máis coñecida é Les étoile et les curiosités du ciel (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario. Conselleiro delegado da empresa familiar Construciones Fontenla, ocupou diversos cargos en organizacións do ramo como presidente da Federación Galega da Construción (1986-2001), da Confederación Europea da Construción (1994) e vicepresidente da Confederación Nacional da Construción. No ámbito empresarial galego foi presidente da Confederación de Empresarios de Coruña (2000), da Confederación de Empresarios de Galicia (2001) e vicepresidente da Cámara de Comercio da Coruña. Desde o 2002 foi membro do comité executivo da xunta directiva da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Como crítico teatral colaborou na Radio Galega e en diversas publicacións como Galicia Internacional, Revista Galega de Teatro e La Voz de Galicia, xornal no que desenvolveu a súa carreira profesional como responsable da delegación de Vilagarcía de Arousa. Da súa produción destaca A lúa no cénit (1988), Ribadavia (1993), En malos pasos (1995), Guía da provincia de Ourense (1997), en colaboración con Francisco Fernández Naval, e Galicia (2002). En internet, ten as obras narrativas Por conto alleo e Necesariamente X e participou nos volumes colectivos Paralelo 42, Narradores de Cine e Unha liña no ceo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cineasta. Director xeral de Galicia Dixital. Presidiu o grupo fotocinematográfico Fonmiñá en Lugo e o Orfeón Lucense. Foi xerente do padroado de Cultura do Concello de Lugo, voceiro do concello de Lugo e director das revistas Fonmiñá e Praza Mayor. Realizou diversos guións para a produtora Ophiusa. Das súas obras destacan Monterroso, en las tierras de Ulloa (1990), Palas de Rei: regio palacio (1990), El belén de Begonte (1991) e Os Ancares, fuerza vital (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Histólogo italiano. Foi profesor de anatomía patolóxica na Universidade de Pavía. Fixo estudios microscópicos do tecido nervioso mediante o emprego do método de tinción por bicromato potásico e nitrato de prata. Tamén realizou estudios sobre a malaria e as súas variedades. Publicou Sulla fina anatomia degli organi centrali del sistema nervoso (1886). En 1906 distinguírono, xunto con Santiago Ramón y Cajal, co Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polas súas investigacións sobre a estrutura do sistema nervioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Camilo González Suárez-Llanos.
-
GALICIA
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras e Dereito na Universidad de Madrid, foi profesor na University of Syracuse en EE UU. Pertencente á Nova Narrativa Galega, participou no parladoiro do café Lyon D’Or. Baixo o pseudónimo de Camilo Gonsar publicou Lonxe de nós e dentro (1961), Cara a Times Square (1980), A desfeita: (semirreportaxe) (1983), Como calquera outro día (1994), Arredor do non (1995) e Luz del Príncipe-Sol: cuatro relatos de segundo grado (1996). É membro do PEN Club de Galicia e da Real Academia Galega (2002).
VER O DETALLE DO TERMO