"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • Peza de metal, en forma de anel, que serve para manter unha árbore de transmisión na súa correspondente chumaceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estratexia televisiva que consiste en non facer pública a programación prevista. Deste xeito, pódese cambiar para ofrecer mellores propostas ca as das outras cadeas e así restarlles audiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de contumaz.

    2. Feito de non presentarse alguén a xuízo cando é citado ou estado de quen escapa da acción da xustiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico surafricano. Cursou estudios de física nuclear na Universidade de Cidade do Cabo e en Cambridge. Profesor da Universidade de Cidade do Cabo entre 1950 e 1956, pasou a traballar no Cambridge Electron Accelerator da University of Harvard e no departamento de Física da Tufts University de Massachusetts. En 1957 comezou a desenvolver os traballos que o levaron ao CT-scan, para os que empregou modelos de madeira e aluminio. En 1979 compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía con G. N. Hounsfield, polos seus traballos no campo da tomografía axial computerizada (TAC) e no desenvolvemento dos sistemas de exploración por varrido (escáner).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de cremar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de crismar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do efecto dun medicamento en función da hora da súa administración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cumáceos.

    2. Crustáceo da orde dos cumáceos.

    3. Orde de crustáceos de cabeza grande e arredondada, e tórax e abdome longo e estreito. As especies meirandes acadan os 35 mm. Teñen unha pequena cuncha que cobre a cabeza e os 3 ou 4 primeiros segmentos do tórax. Viven semienterrados na area e na lama, de xeito que deixan parte da cabeza sobresaíndo do substrato. Aliméntase grazas á transformación das maxilas en grandes filtros cos que recolle as partículas suspendidas na auga do seu contorno, acto que se ve favorecido coa creación dunha pequena corrente por medio do movemento do primeiro apéndice torácico. Existen unhas 500 especies, principalmente mariñas e algunhas propias dos esteiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión que se estende en dirección NO-SO pola costa do Mar Adriático, cunha superficie aproximada de 12.000 km2. Forma parte das repúblicas de Croacia e Bosnia-Herzegovina, situada entre os Alpes Dináricos e o Mar Adriático. Varias cordilleiras paralelas á costa álzanse a máis de 1.500 m de altitude. Na costa, diante da que hai numerosas illas, distínguense dúas partes: unha baixa ao NO e outra máis recortada, con acantilados, ao SO. O clima é subtropical, con veráns cálidos e secos, e invernos fríos e prolongados, pero sen grandes nevadas. Atravésana numerosos ríos, entre eles o Neretva, o Cetina e o Zrmanja. Tamén é unha zona con importantes lagos, entre os que sobresae o Ličko. A poboación é de orixe croata, bosnia e italiana, e existe unha pequena representación de poboación de orixe alemana. As maiores aglomeracións están na costa, onde radican as principais cidades: Split, Zadar e Dubrovnik. As actividades económicas máis importantes son a agricultura, a gandería e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino que provén do xentilicio latino Dalmatius ‘dálmata, natural da Dalmacia’, rexión do Adriático oriental poboada polos ilirios. No santoral figuran, entre outros, un santo mártir bispo de Pavia (s IV), celebrado o 15 de decembro, e un arquimandrita de Constantinopla, celebrado o 3 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo compostelán (1094-1095). Monxe da abadía francesa de Cluny, foi destinado á Península Ibérica no 1090, onde participou nas loitas contra os mouros e na toma de Lisboa antes de acceder á mitra compostelá. Nomeado bispo de Compostela polo Papa Urbano II, durante o seu bispado tentou consolidar a reforma gregoriana, participou no Concilio de Clermont (1095), onde solicitou a independencia da igrexa compostelá da sé metropolitana de Braga e a constitución dunha nova sé episcopal en Santiago de Compostela, logo da extinción da sé iriense. Deste xeito, Compostela viuse eximida da xurisdición metropolitana de Braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (350? - 440) Arquimandrita de Constantinopla en tempos de Teodosio o Grande. Combateu a herexía de Nestorio e durante o Concilio de Éfeso apoiou a causa de Cirilo de Alexandría. A súa festividade celébrase o 3 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e mártir italiano. De familia pagá, converteuse ao cristianismo e predicou na Galia. Foi nomeado bispo de Pavia e morreu martirizado no 304 baixo Maximiano. A súa festividade celébrase o 15 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de declamar.

      2. Arte vogal do actor relacionada coa oratoria e coa dición, ou forma de dicir un texto atendendo a diversos factores, como a elocución, o ritmo, a entoación ou a intención. A dicción pode ter unha tonalidade realista e a declamación estaría máis relacionada coa interpretación naturalista, ou cunha tonalidade máis melódica ou rítmica, a miúdo debedora das características métricas e fónicas do verso ou da frase, e acompañada dunha expresión xestual rica en movementos amplos e enérxicos, co que a declamación aparece asociada á interpretación artificial e ampulosa. Nos tratados clásicos figuraba como parte da actio, a quinta parte da retórica, na que se executaba o texto perante o auditorio. Na Roma antiga, o nome aplicábaselles igualmente aos exercicios de composición e de recitación propostos aos futuros oradores. A práctica estivo en vigor entre os ss I e V d C. Existen dúas modalidades: suasoria, baseada nun aforismo moral ou nun tema histórico ou político, e de controversia, que...

      1. Discurso que se compuña nas escolas de elocuencia de Roma.

      2. Oración escrita ou pronunciada como exercicio nas regras da retórica, e case sempre sobre un tema suposto xa fixado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condensación parcial dun vapor mixto ao arrefrialo a unha temperatura determinada, co fin de recoller o condensado rico en compoñentes que presentan o punto de ebulición máis alto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de deformar ou deformarse.

      1. ariación da forma e mesmo da estrutura cristalina dun corpo, producida cando cambian as forzas internas. A causa deste cambio na distribución das forzas internas pode ser a variación da temperatura ou a aplicación de forzas exteriores. Se é pequena, crece proporcionalmente ao esforzo; isto é válido dentro da zona de comportamento elástico do material. Sobrepasado este intervalo de tensións, a deformación convértese en permanente unha vez cesa o esforzo que a orixinou e dise que o material se comporta plasticamente. Se as cargas son máis elevadas prodúcese a rotura do material.

      2. deformación elástica

        Deformación que é proporcional ás tensións internas do corpo e que desaparece cando estas cesan. O esforzo máximo ata o que a deformación é reversible chámase límite elástico. Para a utilización óptima dun material cómpre traballar con valores inferiores ao límite elástico.

      3. deformación plástica

        Deformación dun material sometido a un esforzo, que permanece cando este cesa. Habitualmente ocorre a altas temperaturas. O material adquire nova estrutura e cambia as súas propiedades sen destruírse. Se se aumenta demasiado a intensidade do esforzo, a estrutura faise máis ríxida e rompe.

      4. enerxía de deformación

        Enerxía que hai que ceder a un corpo para que se deforme. Se o material é elástico, a enerxía queda acumulada en forma de enerxía mecánica no material, que se recupera cando desaparece a deformación. Se non é elástico, a enerxía consómese no cambio de estrutura.

    2. Cambio fotográfico que modifica as imaxes co fin de conseguir uns determinados efectos especiais.

    3. Transformación, nun espazo topolóxico, dun conxunto de puntos noutro, na que se poden producir torsións ou contraccións, pero na que non se producen roturas da configuración inicial.

    4. Conxunto de actitudes e hábitos que resultan do exercicio dunha profesión e que se trasladan de maneira abusiva á vida cotiá.

    5. Cambio de forma, posición ou volume dunha rocha, capa ou área da codia terrestre producido por forzas tectónicas. Caracterízase por un elipsoide definido por tres eixes e pola súa orientación. Pode ser homoxénea, se cada partícula se move uniformemente con respecto ás adxacentes, ou heteroxénea, se o movemento non é uniforme. Se se crean planos de ruptura e esvaramento chámase discontinua e dá lugar a fallas, e no caso contrario, continua, e dá lugar a dobramentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Venezuela que se estende polo delta do río Orinoco, situada entre o golfo de Paria e o estado de Bolívar (40.200 Km2; 110.838 h [estim 1995]). A súa capital é Tucupita (40.946 h [1990]). No seu relevo destacan as chairas pantanosas do N e a serra de Imataca, que atravesa o S da zona. É un dos estados con menos poboación do país, cunha densidade de 2,3 h/km2, que se concentra fundamentalmente na capital. A base da súa economía é a agricultura (millo, plátano e froiteiras), a explotación da madeira e a pesca. Os principais portos pesqueiros son os de Tucupita, Pedernales e Curiapo. Na industria destacan os pequenos estaleiros e a salgadura de peixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Comezou a realizar series fotográficas coa técnica do platino en 1880. En 1892 as súas obras amosáronse na Exposición Fotográfica do Palacio de Belas Artes de París. Membro da corrente pictorialista, fundou, xunto a Puyo e outros colaboradores, o Photo Club de París en 1894. Especializouse na elaboración de obras teóricas sobre a fotografía, nas que defendeu unha técnica pictórica impresionista, que mesmo chegaba á manipulación da imaxe. A súa temática principal foron retratos femininos, paisaxes impresionistas, nus, estudios de danza, automóbiles e escenas urbanas, cun estilo semellante a Degas. Publicou, en colaboración con Alfred Masked, Photo Aquatint or The Gum Bichromate Process (Foto Aquatint ou o proceso da goma bicromatada, 1897) e, con Puyo e outros autores, Les procédés d’art en Photographie (As formas da arte na fotografía, 1906). A súa maior exposición retrospectiva celebrouse en 1931 en París. Foi elixido membro da Société Francaise de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia (294 a C? - 288 a C), fillo de Antígono I Monoftalmos. Loitou xunto co seu pai contra os outros xenerais de Alexandre o Grande. Foi derrotado por Ptolomeo I en Gaza (312 a C) e, máis tarde, por Seleuco (311 a C). No 307 a C derrotou a Casandro, que reinaba sobre Macedonia, preto das Termópilas, e conquistou Grecia. Ao ano seguinte destruíu a flota de Ptolomeo en Chipre (306 a C). Os xenerais Seleuco, Lisímaco e Ptolomeo, temerosos do poder crecente de Demetrio e do seu pai, declaráronlles a guerra e vencéronos en Ipso (301 a C). Antígono morreu nesta batalla e Demetrio perdeu as súas posesións, polo que decidiu aliarse con Seleuco (299 a C). Logo da morte de Casandro (298 a C), someteu Tesalia, Macedonia e Atenas (294 a C), pero enfrontouse con Lisímaco, rei de Tracia, e Pirro, rei do Epiro, e foi expulsado de Macedonia. Marchou a Asia e foi derrotado por Seleuco (285 a C), quen o retivo ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Macedonia (239 a C - 229 a C), fillo de Antígono Gonatas e neto de Demetrio I. Derrotou o Rei Alexandro II de Epiro, en Etolia (263 a C), e expulsouno de Macedonia; máis tarde, buscou unha alianza co Rei Agro de Iliria fronte a Epiro, que ameazaba Macedonia. Vencido trala invasión dos dárdanos, morreu pouco despois.

    VER O DETALLE DO TERMO