"Otero" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 108.
-
GALICIA
Historiador da arte. Foi decano das facultades de Filosofía e Letras (1967-1974) e Xeografía e Historia (1975-1980) da Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Historia da Arte desde 1963 ata a súa xubilación. Colaborador en diversas publicacións, das súas obras destacan El escultor Ferreiro: [(1738-1830)] (1957), El escultor Francisco Asorey (1959), Arte barroco italiano (1964), Felipe Criado (1969), La catedral de Santiago de Compostela. La Edad Contemporánea (1977) e El Coro del Maestro Mateo (1990). Pertence á Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario, á Real Academia San Fernando de Madrid e á Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla. Recibiu a medalla de ouro da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo. Catedrático de Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación na Universidade de Santiago de Compostela desde 1995, entre 1994 e 2003 dirixiu a Escola de Formación de Profesorado de Lugo. Especializouse no estudo da Institución Libre de Enseñanza e desenvolveu ademais liñas de investigación relacionadas coa historia do excursionismo escolar e as conexións entre infancia e educación militarista. Das súas publicacións destacan Las Misiones Pedagógicas: una experiencia de educación popular (1982), Manuel Bartolomé Cossío. Trayectoria vital de un educador (1994), Manuel Bartolomé Cossío. Pensamiento pedagógico y acción educativa (1994), Francisco Giner de los Ríos Religius’ Conception of Religius Education: Insights Afforded by an unpubliched Text (1999), La formazione dei maestri in Spagna: un approccio storico (2000), Francisco Giner, a escola primaria e a universidade (2001) e Giner y Cossío en el verano de 1883. Memoria de una excursión...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Dirixiu a Banda Municipal de Melide (1932-1937) e, tras a Guerra Civil Española, fíxose cargo da banda da Policía Armada de Santander, á que incorporou unha sección de gaitas. Tamén organizou, no Centro Gallego de Santander, a coral Airiños da Terra. En 1957 foi nomeado presidente do Centro Gallego de Santander, co que desenvolveu un intenso labor de promoción cultural da música galega. Na súa obra destacan composicións de inspiración galega, Lembranzas, Miña xoíña, Na feira de Monterroso, Pandeirada de Melide ou Foliada de Rodeiro; e obras de raíz cántabra, Brisas de mi Santander, Cumbres Cántabras ou Perla del Cantábrico. Recibiu o título de Director Honorario da agrupación Aires de Melide e o de Presidente Perpetuo do Centro Gallego de Santander.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Dos seus obradoiros saíu Aires da miña terra (1880), de Curros Enríquez; Follatos (1891), de Filomena Dato; Armas de Ourense (1891), de Benito Fernández Alonso (1891); Historia Eclesiástica (1895), de Valentín Portabales; e El pontificado gallego: crónica de los Obispos de Ourense, de Benito F. Alonso (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De formación xesuítica, e partindo dun certo misticismo, decantouse axiña por unha poesía comprometida, cun enorme interese por incidir criticamente na actualidade, se ben o conxunto da súa obra é unha síntese de diferentes tradicións poéticas. Destacan as súas obras poéticas Cántico espiritual (1942), Ángel fieramente humano (1951), Redoble de conciencia (1951), Pido la paz y la palabra (1955), un dos máis destacados do panorama poético español; Ancia (1958), En castellano (1959) e Que trata de España (1964), ademais das prosas poéticas Historias verdaderas y fingidas (1970) e Verso y prosa (1974). En 1977 saíu do prelo a súa recompilación poética Poesía con nombres. Recibiu o Premio de la Crítica (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carolina Otero Iglesias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ribeira (A Estrada). Antiga dependencia do pazo da Mota, ten planta rectangular realizada en cachotaría cunha galería restaurada no lado menor. Nas súas proximidades sitúase un hórreo.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi xefe de redacción do periódico Revolución (1960-1961), director da revista Cuba (1963-1968) e vicepresidente do Consejo Nacional de Cultura de Cuba. Da súa obra, traducida a diversas linguas e moi comprometida coa realidade do seu país, cómpre salientar Tabaco para un Jueves Santo (1955), La situación (1963, Premio Casa de las Américas), Pasión de Urbino (1967), premiada no concurso Biblioteca Breve da editorial Seix Barral; Temporada de ángeles (1987), El desfile (1993) e o libro de memorias Llueve sobre mojado (1999). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Cuba en 2002.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, escultor e debuxante. A súa obra está influenciada polo paisaxismo, o barroco flamengo e holandés, e a xeometría do neoplasticismo. Concibiu a paisaxe como metáfora e eido do irreal. Influído pola obra de artistas surrealistas como René Magritte, idealizou a natureza e introduciu nela elementos oníricos. Realizou, entre outros, o conxunto pictórico Vlaanderen (1994-1995), que destaca pola horizontalidade e a infinitude da paisaxe que o rodea; a serie Museum, marcada pola expresividade das cores e polo ritmo plástico, e a obra Flandes LI, Hombre de Flandes I (1994). Escribiu El artista como ascensorista (1991), Primeras nupcias del conocedor y lo conocido (1992) e In Loor Vlaanderen (1993). Recibiu o Premio Pilar Juncosa y Sotheby’s en 2003.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bibliotecario e escritor. Foi xefe da biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e vicesecretario da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Escribiu, ademais de diversas biografías, Manual de biografía y de bibliografía de los escritores españoles del siglo XIX (1859), Al Batallón de Literarios: Romance histórico (1875) e Hijos ilustres de la Universidad de Santiago (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eratema ou era do Arqueano superior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Paleoproterozoico.
-
PERSOEIRO
Lingüista. Foi profesor da UC Berkeley e, desde 1959, da University of California (UCLA). Seguidor da escola de N. Chomsky, traduciu ao castelán varias das súas obras, como Aspectos de la teoría de la sintaxis (1971) e Conocimiento y libertad (1972), e editou varios libros sobre este lingüista, como La revolución de Chomsky: ciencia y sociedad (1984), Radical Priorities (2003), Chomsky on Democracy and Education (2003) e Language and Politics (2004). Da súa produción destacan Introdución a la lingüística transformacional: retrospectiva de una confluencia (1973) e Evolución y revolución en romance: introdución a la diacronía (1976). Ademais preparou e prologou unha antoloxía de Luis Cernuda, Invitación a la poesía (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
proter(o)-.
-
-
Relativo ou pertencente aos proteroglifos.
-
Réptil do grupo dos proteroglifos.
-
Grupo de réptiles escamosos, da suborde dos ofidios, nos que os dentes especializados na condución do veleno son curtos e ríxidos e atópanse na parte anterior dos maxilares.
-
-
-
-
Fenómeno polo que as femias nacen antes ca os machos.
-
Maduración das gónadas femininas, en certas especies hermafroditas, antes ca as masculinas.
-
-
Forma dicogámica en que a maduración dos pistilos de cada flor se produce antes que a dos estames. Son organismos unisexuais desde o punto de vista ecolóxico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta proteroxinia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo empregado para designar a parte máis moderna do Precámbrico, que se considera que vai desde o -2.500 ata o -590 millóns de anos. É a parte do Precámbrico máis coñecida, da que se ten noticia de máis número e variedades de fósiles, malia que seguen sendo moi escasos. En conxunto, non permiten establecer a bioestratigrafía a causa da súa aparición absolutamente excepcional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Proterozoico.
-
GALICIA
Graduada social. En 1971 fundou en Redondela a segunda Aldea Infantil SOS que se creou en España e presidiu esta organización en Galicia ata 2002. Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Ouro SOS-Kinderdord International (1989), a Medalla Castelao (1997) e a Encomienda de Isabel la Católica (2000).
VER O DETALLE DO TERMO