"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de artistas británicos que emprega as tecnoloxías multimedia máis novidosas para crear páxinas web e CD-ROM de impacto. Colaboraron coa firma Levi´s Strauss na realización de varias campañas publicitarias e expuxeron en varias ocasións na galería de arte virtual da revista Wired.
-
-
Proteína plasmática de acción anticoagulante que inhibe a actividade da trombina e de determinadas proteasas nas primeiras fases da formación do coágulo. As antitrombinas naturais do sangue son a heparina e a albumina X; a fibrina converteuse na antitrombina fisiolóxica máis importante.
-
Substancia globulínica do plasma; cando se combina coa heparina impide a acción da trombina co fibrinóxeno.
-
Antitrombina natural sérica ou plasmática. Combínase coa trombina e forma unha substancia inerte (metatrombina). Inhibe tamén outros factores activadores da coagulación, especialmente o factor Xa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anxioma que contén tecido fibroso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao sistema óptico que ten corrixida a aberración cromática polo menos para tres cores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra o 3 de maio no lugar de San Paio de Aranga. Trátase dunha exaltación das calidades dunha fonte que está situada a carón da igrexa onde supostamente apareceu unha cruz do s XI ou XII. Ata alí achéganse os romeiros para beber e recoller as augas para purificar o seu gando e as súas leiras.
-
-
Recendo de certas substancias (plantas, froitas, etc) das que emana espontaneamente, por cocción ou torrefacción, ou por cremación. O aroma propio de certas plantas está orixinado por evaporación de principios aromáticos volátiles, os aceites esenciais, concentrados por secreción en pétalos, froitos, cortiza, etc. O aroma dos alimentos e das bebidas é un factor moi importante na valoración da súa aceptabilidade subxectiva, porque, xunta o gusto, a causa do seu sabor característico.
-
Conxunto de compostos químicos volátiles característicos dunha substancia que ten a propiedade de producir o olor que lle é propio. A investigación científica segue os camiños seguintes: a cromatografía gasosa para separar os compoñentes volátiles que se atopan en moi pequenas concentracións nos produtos naturais; a obtención do aroma natural completo por destilación ao baleiro da substancia aromática e condensación dos volátiles a moi baixa temperatura; a obtención dos compoñentes individuais condensando as fraccións obtidas por destilación fraccionada ou cromatografía gasosa preparativa e a identificación destes mesmos compoñentes por espectrofotometría infravermella, resonancia magnética nuclear, ou por outros sistemas; a obtención por síntese dos compostos aromáticos individuais; a busca das substancias precursoras do aroma e dos enzimas que interveñen na súa formación. Todas estas técnicas precisan o complemento dunha valoración organoléptica....
-
Sensación natural dun viño que procede das uvas (aromas primarios), da fermentación (aromas secundarios) ou da crianza (aromas terciarios). Sensación positiva que se percibe de calquera preparación culinaria.
-
-
PERSOEIRO
Médico e erudito italiano. Condiscípulo e amigo de Harvey en Padua, exerceu nesta cidade e en Venecia. Foi o precursor do preformacionismo sendo o primeiro en afirmar a existencia do embrión en estado preformado no seo do ovo non fecundado (1625).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno en virtude do que certas substancias orgánicas cíclicas, das que a composición química ponderal indica insaturación -tales como o benceno e os seus derivados-, posúen un conxunto de propiedades especiais características que as distinguen das substancias alifáticas ou alicíclicas e en particular das olefinas. Estas propiedades son, esencialmente: estabilidade termodinámica elevada, manifestada pola enerxía de resonancia; características espectrais moi distintas das que presentan as olefinas; nun campo magnético, existencia dunha corrente de electróns no ciclo; distancias carbono-carbono intermedias entre as dun simple e un dobre enlace; escasa reactividade química e en particular un gran predominio das reaccións de substitución respecto ás de adición. A aromaticidade ou carácter aromático foi atribuída primeiramente á presenza dun sistema pechado de enlaces dobres conxugados, pero esta tese era inexacta. De feito, a aromaticidade non atopou explicación ata que Erich Hückel desenvolveu...
-
-
Que ten ou desprende aroma.
-
-
Dise dos compostos orgánicos que manifestan aromaticidade e en particular das substancias que teñen na súa molécula un ou máis núcleos bencénicos.
-
Relativo ou pertencente aos compostos aromáticos e ás súas reaccións.
-
-
-
Serie de hidrocarburos cíclicos que conteñen un ou máis núcleos bencénicos (illados ou condensados).
-
Conxunto dos compostos orgánicos que derivan destes hidrocarburos. As características esenciais dun composto aromático son a estabilidade do esqueleto de carbonos do núcleo bencénico, a deslocalización dos seus enlaces dobres e o predominio das reaccións de substitución. As substitucións nos compostos aromáticos poden ser homolíticas ou heterolíticas. Os substituíntes aceptantes de electróns teñen un efecto desactivante e orientan a substitución en posición meta. Inversamente, os substituíntes doadores de electróns (grupos alquil, OH, OR, NHCOR, etc) exercen unha marcada activación e orientación en orto e para. Os compostos aromáticos con ciclos condensados son máis reactivos que os derivados bencénicos. Exemplos típicos de substitucións son as reaccións de haloxenación, de Friedel e Crafts, a opulación con sales de arildiazonio, etc. Como nas reaccións de adición cómpre mencionar a adición de halóxenos e a hidroxenación catalítica. Unha característica importante...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación ocasionada por bebidas que conteñen esencias, como os aperitivos, licores, etc.
-
-
Acción e efecto de aromatizar.
-
Aplicación de aromatizantes. A aromatización é unha operación industrial, xeralmente simple na que o aromatizante pode ser aplicado por disolución, dispersión, mestura, pulverización dun líquido sobre un sólido ou impregnación.
-
Formación de hidrocarburos aromáticos no reforming catalítico das fraccións do petróleo. En moitos casos a acción é efectuada en presenza de hidróxeno e chámase hydroforming.
-
Transformación dun composto alicíclico (con ciclos hexagonais) en aromático, por deshidroxenización. A aromatización obtense, xeralmente, quentando en presenza de catalizadores de hidroxenización (platino ou paladio) ou de certas substancias facilmente reducibles (xofre, selenio ou tetraclorobenzoquinona).
-
-
-
Que aromatiza.
-
Substancia que, aplicada en pequena cantidade, comunica un aroma ou mellora ou reforza o existente, nun alimento, bebida, tabaco, cosmético, etc. Os aromatizantes tamén poden servir para encubrir un cheiro desagradable en produtos farmacéuticos, plásticos, tinturas de imprenta, aire do ambiente, etc. Empréganse como aromatizantes composicións preparadas con produtos naturais, tales como as especies, os aceites esenciais e as olorresinas e unha gran variedade de compostos químicos obtidos por transformación de produtos naturais ou por síntese.
-
Aplícase o cualificativo de aromatizantes ás especies, en xeral, así como á cortiza de laranxa ou de limón, á rama de canela, ao azafrán, ao loureiro, etc.
-
-
-
Comunicar aroma a algunha cousa.
-
Engadir a unha preparación algún elemento aromático.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de coleópteros da familia dos cerambícidos, de hábitos xilófagos e presentes nos salgueiros de toda Europa. A única especie deste grupo é A. moschata, de antenas longas, de cores metálicas brillantes, xeralmente azuis ou verdes, e con dúas manchas vermellas no tórax. Polo seu cheiro a almiscre era apreciado como aromatizante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘falar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de arromanzar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traducir á lingua romance o que está escrito noutra lingua, xeralmente do latín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de arrombar.
-
-
Apartar cara a un lado algo que non serve, que está inutilizado.
-
Acomodar algo ao noso gusto.
-
Arranxar un obxecto que está estragado.
-
Amosar un aspecto voluminoso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura fúnxica formada por un micelio denso, de hifas apertadas, que porta ascos.