"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. En 1868 imprimiu clandestinamente as proclamas da Junta Revolucionaria de Madrid. Fundou o diario El Heraldo de Madrid e foi empresario teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no centro urbano de Sanxenxo. Agás a torre defensiva situada no lado L, que é do s XVI, edificouse no s XVIII. Está formado por un corpo central, cun patín con balaustrada, arquitrabado e cuberto, dotado dunha escaleira de pedra. Á súa dereita hai outro corpo con solaina. Formando un escuadro cos dous corpos precedentes, sitúase un terceiro que se une co muro e coas portas; entre elas sitúase a capela dedicada a san Miguel Arcanxo. No exterior destacan os pináculos, as bólas, as gárgolas e outros elementos decorativos barrocos, e os escudos coas armas dos Valladares, Aldao, Rivera, Zúñiga, Mariño e Patiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na vila de San Sadurniño que se reconstruíu en numerosas ocasións. Pertenceu aos señores de San Sadurniño, que acadaron o título de marqueses de San Sadurniño (1688) e de duques da Conquista (1735). Trala morte sen descendencia do derradeiro duque, pasou á congregación de Cristo Rei e funcionou como vivenda, e dende 1968 como colexio. A comezos do s XX realizouse unha reforma, pero conservouse o edificio e a torre ameada, que mantén escudos dos Andrade e dos Castro de Lemos nas esquinas da torre. Coa súa transformación en centro de ensino, engadíuselle un novo edificio. Tivo xardín, capela e outras construcións adxectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguay, atravesado polo río Yi (11.643 km2; 56.986 h [1996]). A capital é Durazno (27.602 h [1985]). As principais fontes económicas son a gandería ovina e a industria relacionada con produtos lácteos e cárnicos. As cidades máis destacadas son Carmen e Sarandi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome italiano de Durrës.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio independente que recibiu en 1333 Xoán de Anjou, fillo do Rei Carlos II de Nápoles e conde de Gravina, fundador da rama dos Anjou-Durazzo, cando renunciou ao principado de Acaia a prol de Caterina de Valois. Xunto coa cidade recibiu o título de rei de Albania. Sucedeuno o seu fillo Carlos (1335-1348) e a filla deste, Xoana (1348- 1387), que conservou o ducado ata que no 1383 a cidade foi ocupada polos serbios. Logo da perda da cidade, os dereitos do ducado pasaron á irmá de Xoana, Margarida de Durazzo e aos seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Martiño de Laiosa (O Incio). Ten dous pisos, patio interior con escaleira e torre de planta cadrada con dous corpos. Na fachada destaca a porta de arco de medio punto, o brasón coas armas dos Lanzó e Somoza e o corpo saínte sobre o que se sitúa un balcón. No s XVII conservaba o foxo e contrafoxo. Desde o exterior accedíase á capela, que máis tarde se converteu en trasteira. Tivo cárcere e gozou do dereito de asilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Loroño (Zas). Pertenceu aos Bermúdez Araujo e Rodríguez de Leis. Ten planta rectangular cun corpo de maior altura, a torre, cuberta a catro augas, e cun menor con cuberta a dúas augas. Pegada á torre sitúase a capela de planta rectangular. Na parte posterior conserva a solaina á que se accede por unha escaleira situada no centro do corpo. Posúe hórreo e pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce o efecto desexado ou ao que está destinado.

    2. Que realiza ben o seu traballo ou a función que desempeña.

    3. alor correspondente á raíz cadrada da media dos cadrados dos valores que toma unha magnitude periódica nun período. Na corrente alterna é o valor ao que un se refire ao falar de tensión ou de intensidade, e correspóndese co valor dunha corrente continua que produce o mesmo efecto Joule cando se aplica a un elemento resistivo. Nunha onda sinusoidal, o valor eficaz é 0,707 veces o da crista ou máximo. Denomínase tamén valor medio cuadrático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. As súas primeiras accións bélicas tiveron lugar entre 1794 e 1795 na loita contra os franceses e durante a Guerra da Independencia acadou o grao de mariscal de campo. Fernando VII recompensou a súa fidelidade ao absolutismo nomeándoo capitán xeneral de Galicia en 1823. Trasladou a capitanía a Santiago de Compostela e rodeouse de colaboradores fieis ao absolutismo, entre os que destacou Zumalacárregui, gobernador militar de Ferrol. Someteu as forzas liberais mediante unha forte represión e loitou contra as partidas liberais que actuaban en Ourense, preto da fronteira portuguesa; tamén rematou coas partidas establecidas en Valdeorras, dominou a que actuaba na Mezquita e axustizou a Bordas, o seu líder, mentres cortaba as comunicacións internas cos exiliados de Londres e París. O seu antiliberalismo radical manifestouse publicamente nos bandos nos que lles declaraba o seu odio aos inimigos da Soberanía, do Altar e do Trono. Os liberais atentaron contra a súa vida en 1829 ao enviarlle,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Representante dunha etapa de transición que conserva elementos do romanticismo, destacou como autor dramático (La espada de san Fernando, 1852; La vaquera de la Finojosa, 1858) e libretista de zarzuela (El molinero de Subiza, 1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa Ouxea de Eiras (San Amaro), fundada en 1600 por Xoán Vázquez de Castro. Está formada por diversos corpos de dúas e tres plantas unidos uns cos outros. As súas cubertas están moi reformadas. Conserva brasóns coas armas dos Araúxo, Enríquez, Gayoso, Nóvoa, Pallares, Salgado, Sotelo, Temes e Vázquez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ourense. Foi propiedade de Luís de Villamartín e Sarmiento, segundo a inscrición conservada nunha fonte de 1761 que presenta unha imaxe de san Luís. Na súa orixe, tivo planta rectangular e dous pisos, pero a torre que se engadiu á fachada converteuna nun L. Os torreóns tiñan cuberta cupular e remates piramidais. A torre conserva elementos tomados do pazo de Billerma. A fachada principal ten unha solaina á que se accede por un lateral desde o patio. Está amurallado, e no exterior a portada ten arco de medio punto con pedra de armas que alude aos Villamarín e Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, na rexión da Anatolia Oriental, Turquía, situada ao NL de Malatya (250.534 h [1997]). É un importante centro agrícola (cereais e froitas) e industrial. Fundada no s XIX na chaira próxima á antiga cidadela de Harput, os terremotos destruírona en diversas ocasións. Do seu patrimonio cultural destacan as mesquitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il da Anatolia Oriental, Turquía (9.455 km2; 500.700 h [1990]). A capital é Elâziğ.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe hebrea El’azar (‘Deus axudou’), nome composto por El ‘Deus’ e azar ‘axudar’, e adaptado ao grego e ao latín como Eleazar. Presenta o hipocorístico Laíño. Eleazar é un nome bíblico e levárono diversos personaxes da historia dos xudeus, como o terceiro fillo de Arón, un dos tres valentes do Rei David que loitou contra os filisteos, un sacerdote do tempo de Nehemías, o pai de Xasón, ou un xefe das forzas xudeas que loitaron contra os romanos acaudillados por Flavio Silva. Entre todos eles, destaca Eleazar o Vello, mártir xudeu baixo o goberno de Antíoco IV Epifanes (s II a C). Como nome do Antigo Testamento é frecuente entre cristiáns evanxélicos. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sumo sacerdote xudeu, fillo de Onías. Envioulle a Ptolomeo Filadelfo os 72 anciáns que fixeron a tradución ao grego dos libros sagrados hebreos, a Biblia dos Setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sumo sacerdote, terceiro fillo de Arón. Consagrado sacerdote por Moisés xunto co seu pai e os seus irmáns, estivo á fronte da tribo de Leví; por esta razón, recibiu o alcume de príncipe dos príncipes dos levitas. Trala morte do seu pai foi investido sumo sacerdote por Moisés, dignidade que quedou vinculada á súa descendencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerreiro xudeu, cuarto fillo do sacerdote Matatías. Conta a tradición que na Batalla de Betzavaría (162 a C), ao N de Betsur, para liberar o seu pobo meteuse debaixo dun elefante, que creu ser a cabalgadura do Rei Antíoco Aupátor, e cravoulle a espada; o animal morreu pero, ao caer enriba del, esmagouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir xudeu. Foi un dos escribas máis destacados do seu tempo. A súa historia cóntase no Libro dos Macabeos. Xa ancián, foi martirizado (167 a C) pouco antes do levantamento dos macabeos contra a dominación de Antíoco IV Epifanes, rei helenizado de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO