"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

  • GALICIA

    Tipógrafo, sindicalista e político socialista. En 1897 converteuse no dirixente da agrupación socialista de Vigo e en 1901 accedeu á dirección do voceiro socialista local Solidaridad. Promoveu o primeiro congreso obreiro da Unión Galaico-Portuguesa. En 1904 presidiu o Primeiro Congreso socialista de Galicia. Participou nas loitas obreiras de principios de século, polo que foi encarcerado en varias ocasións (folga de tipógrafos de 1904 e folga xeral de 1917). En 1907 mostrouse contrario ao proxecto político de Solidaridad Gallega, promovendo máis tarde un pacto Republicano-Socialista entre PSOE, Unión Republicana e Partido Federal. Foi concelleiro de Vigo entre 1913 e 1928, ano no que presidiu o XII Congreso da UGT en Madrid. Coa chegada da República foi elixido deputado entre 1931 e 1933. Co seu traballo no Congreso loitou pola abolición definitiva dos foros no marco da reforma agraria e noutros feitos puntuais como o estatuto do viño e as exportacións conserveiras. Na convocatoria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Iniciou a súa actividade a mediados dos anos sesenta co grupo de teatro da Asociación da Prensa de Vigo, colaborando tamén co grupo da Alianza Francesa, que realizaba espectáculos en francés, co Grupo Cope e co Teatro Popular Keyzán. Logo dunha longa paréntese e de traballar un tempo como actor de dobraxe, en 1995 creou, xunto con Xosé Manuel López Conde e Manuel Pombal Pérez, a compañía Fulano, Megano e Citano, coa que realizaron os espectáculos Feito en Galicia (1995) e Cheiro de estrelas (1997). Co Centro Dramático Galego traballou en Xelmírez ou a groria de Compostela (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da Bioloxía que estudia os vexetais, considerados estes de xeito clásico como aqueles seres que medran e viven, pero que non mudan de lugar; abranguería, polo tanto as plantas (con estruturas anatómicas e histolóxicas complexas: briófitas, fentas e espermatófitas), as algas, os fungos e as cianofíceas. O estudo das plantas pódese facer dende puntos de vista moi diferentes: o estudo da forma e aspecto do vexetal constitúe a Sistemática ou Morfoloxía botánica; o da clasificación, a Taxonomía; o dos órganos, a Anatomía; o dos tecidos, a Histoloxía; o do funcionamento dos tecidos, a Fisioloxía; o dos usos, a Etnobotánica. A Botánica tamén trata de explicar as agrupacións vexetais dende a Fitosocioloxía; a distribución polo planeta, dende a Xeobotánica; ou mesmo as plantas fósiles, dende a Paleobotánica. En resumo, a Botánica abrangue o estudo e coñecemento do mundo vexetal dende calquera punto de vista biolóxico (morfolóxico, xenético, bioquímico, etc) ou etnográfico. Aristóteles (384-322...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Botánica ou ao seu obxecto.

    2. Persoa que se dedica á Botánica.

    3. xardín botánico

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘planta, vexetal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa afeccionada ás plantas e ao seu estudio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Badía da costa SL de Australia, en Nova Gales do Sur, situada entre as penínsulas de La Pérouse, ao N, e Kurnell, ao S (9,6 km de anchura). James Cook chegou por primeira vez en 1770, dándolle este nome debido a súa riqueza forestal. Na actualidade atópanse numerosos parques nacionais no seu contorno, como o Royal National Park, Brisbane Water Park National Park e o Wollemy National Park.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que é moi presumida, que ten moita vaidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algunha cousa se desprace ata un lugar mediante un impulso.

    2. Deixar caer algo nun sitio concreto.

    3. Permitir ou facer que algunha cousa saia fóra de si.

    4. Xerar un organismo vivo unha nova parte do seu ser.

    5. Situar calquera parte do corpo nunha posición determinada realizando un movemento.

    6. Aplicar algunha cousa nun lugar concreto.

    7. Facer que alguén marche ou deixe un posto, unha ocupación, etc.

    8. Facer que un animal se vaia dun lugar empregando diversos métodos.

    9. Levar a cabo diversas accións que veñen expresadas polos complementos correspondentes (botar unha ollada, botar unha firma, botar a culpa, etc).

    10. Emitir algunha cousa nun medio de comunicación ou nun espectáculo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar botes un corpo que topa cun obstáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contraforte exterior dun muro que serve para axudar a resistir o empuxe dun arco, a miúdo constituído por un piar, sobre o que descansa o extremo inferior dese arco que, pola parte superior, apoia no muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave da familia dos ardeidos ao que pertencen os abetouros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pao inferior dunha vela cangrexa ou marconi. A botavara apóiase sobre o pao, a pouca altura da cuberta, mediante uns aparellos de ferro que lle permiten tomar todos os ángulos e todas as inclinacións. No peirao, a botavara debe descansar sobre un cabalete en forma de X ou Y, para evitar que se deforme ou se estrague.

    2. Botaló de popa das barcas medianas con respecto ao pau do medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comezar a desenvolverse un vexetal.

    2. Abrir os abrochos ou gromos dunha planta para dar lugar a novas follas, flores ou pólas.

    3. Saír auga ou calquera outro líquido dun manancial ou doutro lugar.

    4. Ter principio ou comezar a manifestarse unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid. Dirixiu o Instituto de la Mujer dende a súa creación en 1983 ata 1989. Foi subsecretaria do ministerio de Asuntos Sociais e membro do comité da ONU en contra da discriminación da muller. É autora de Reflexiones sobre mujer y feminismo (1977) e Una alternativa feminista (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Navegación mercantil ou tráfico marítimo que se realiza de porto a porto seguindo a costa. A distinción entre a cabotaxe e a navegación de altura tivo unha orixe e unha finalidade fiscais. Tradicionalmente, moitos estados limitaron o dereito a cabotaxe aos navíos que levasen a súa bandeira. Esta limitación, no caso español, presenta unha particularidade ao distinguir a normativa específica entre a gran cabotaxe, dedicada ao tráfico internacional e a cabotaxe nacional, limitada ao tráfico efectuado entre os portos da Península Ibérica ou os da Península e Marrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 17 de outubro de 1886, que atravesou catro épocas de edición. Foi dirixida por Manuel Carballido y García na primeira época, por Antonio Felipe Lueiro na segunda, e por Moisés González Besada na terceira. Editouse na imprenta de Alonso Viéitez. Subtitulada como “Semanario humorístico sin tostada” e como “Semanario cómico, satírico, ilustrado, etc”, ao longo dos anos contou coas colaboracións de Curros Enríquez, Alberto García Ferreiro, Enrique Labarta, Aurelio Ribalta e os irmáns Valle-Inclán. Tiña como seccións: “Sin tostada” e “Gotas”. Apareceron ao longo de diversos números algunhas composicións en galego e caricaturas de personaxes coñecidos da época, realizados por José Pando, sempre en ton humorístico e divertido.

    VER O DETALLE DO TERMO