"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • PERSOEIRO

    Cuarto marqués de Villafranca del Bierzo debido á morte sen sucesión do seu irmán Fadrique (1569). Segundo fillo de Pedro Álvarez de Toledo y de Zúñiga. Educado en Nápoles, no 1535 foi nomeado Xeneral das Galeras de Nápoles. No 1554 dominou a insurrección de Siena e loitou en Flandres. Lugartenente Xeneral de Catalunya (1558-1564), enfrontouse ás incursións turcas na costa e ao bandoleirismo. Fomentou a actividade dos estaleiros de Barcelona. No 1564 Filipe II nomeouno Capitán Xeneral da Mar Océana e conquistou o penedo de Vélez de la Gomera. Vicerrei de Sicilia (1565-1566), recibiu os títulos de duque de Fernandina e de Príncipe de Montalbano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, bibliotecario, secretario de Filipe V e un dos fundadores da Real Academia Española. A súa obra poética consta de composicións satírico-burlescas, de entre as que destaca a parodia épica La Burromaquia, e de poemas filosóficos e relixiosos, influídos por Quevedo. Escribiu tamén a Historia de la Iglesia y del mundo (1713).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Oitavo conde de Oropesa (1621), marqués de Jarandilla e de Villar, e conde consorte de Alcaudete. Lugartenente de València (1645-1650), durante o seu mandato celebrouse a derradeira Corte Xeral do Reino de València (1645). Posteriormente foi Vicerrei de Sardeña (1650-1651), e dende 1651, Embaixador en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de García Álvarez de Toledo y Pimentel-Osorio e de Victoria Colonna. Príncipe de Montalbano, segundo duque de Ferrandina, quinto marqués de Villafranca del Bierzo, condestable de Castela e marqués de Villafranca dende 1578. Almirante das Galeras de Nápoles no 1595 e posteriormente de Castela. Foi Embaixador Extraordinario de Filipe III na Corte de Enrique IV de Francia (1608). Como Gobernador do Milanesado (1616) derrotou a Carlos Manuel de Savoia en Apertola obrigándoo a asinar a Paz de Pavía no ano 1617.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e político. Sexto marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano, títulos que herdou á morte do seu pai, Pedro Álvarez de Toledo-Osorio y Colonna (1627). Distinguiuse na loita contra os piratas turcos e bérberes, converténdose decontado en Capitán das Galeras de Filipe III. No ano 1635, xunto con Álvaro de Bazán, apoderouse das illas de Lerins, na costa da Provenza. Máis tarde interveu na recuperación de Salsas (1639-1640), que ficaba en mans francesas. Ao comezar a Guerra dos Segadors procurou axudar á causa de Filipe IV: bloqueou Barcelona por mar e impediu con reforzos que Tarragona caese en mans das forzas catalano-francesas que a estaban a asediar. Malia os seus éxitos, foi preso polo Conde-duque de Olivares. Liberado ao caer en desgraza Olivares (1643), foi rehabilitado e dirixiu as operacións marítimas do resto da guerra. Foi membro do Consello de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sétimo marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano como sucesor do seu tío, o sexto marqués, García Álvarez de Toledo-Osorio y de Mendoza. Xeneral da Armada do Océano (1619), loitou contra Holanda. Apoderouse de San Salvador (1625) e San Cristovo (1630). O Conde-Duque de Olivares desterrouno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Estudiou Leis en Salamanca e exerceu como avogado nos Consellos Reais. No 1636 foi nomeado Oidor da Real Audiencia de Santa Fe, en Nova España, e no 1648 Fiscal do mesmo organismo. Escribiu en latín e en castelán, destacando entre as súas obras Del juez perfecto, Axiomas del Derecho e Distinción de lo temporal y lo eterno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador de retablos. Documéntase a súa participación no retablo maior de San Fiz de Bués (O Carballiño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta de transición entre a escola galaico-portuguesa e a poesía alegórico-dantesca italianizante. A súa vida e produción literaria esténdese ao longo dos reinados de Enrique II, Xoán I, Enrique III e Xoán II. Ligado dende sempre á Corte, acompañou a Fernando de Antequera cando se coroou como Fernando I de Aragón en Zaragoza no ano 1414. Empregou a poesía como medio de subsistencia, elaborando pezas en loanza dos seus protectores e mecenas (Álvaro de Luna, Fernando de Antequera ou Xoán II, entre outros). Tamén a vea satírica deixou bos exemplos na súa produción, como os ataques a Garci Fernández de Gerena, quen renegou da fe cristiá polo amor dunha moura. Os últimos estudios realizados sobre a súa obra distinguen dúas etapas poéticas, coincidentes coa evolución lingüística e literaria que se vive nesta época de transición (finais s XIV - comezos s XV), e que son resultado da convivencia e confrontación entre dúas concepcións distintas da poesía: na primeira fase, na que emprega maioritariamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista. Membro do PSOE dende 1915. Durante a Guerra Civil española foi Ministro de Estado con Largo Caballero e Comisario Xeral da Guerra. Exiliouse ao fin do conflito. Autor dunhas memorias e reportaxes, entre as que destaca Reportaje en China (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Despois dos seus primeiros estudos no Seminario de Ourense, marchou a Madrid a cumprir o servizo militar. Na capital do Estado matricúlase na Universidade para estudar filosofía. Alí entra en contacto con Bernardino Graña, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Fernández Ferreiro, Ramón Lorenzo, Alexandre Cribeiro, César Arias, Reimundo Patiño e outros, cos que forma en 1958 o grupo Brais Pinto. Dende esta plataforma, que pretendía artellar unha alternativa ao piñeirismo cun maior grao de compromiso político, traballa en Madrid nos Seminarios de Cultura Galega do Centro Galego e do Club de Amigos de la UNESCO. En novembro de 1963 varios integrantes de Brais Pinto, entre os que se atopa, fundan unha organización política, a Unión do Pobo Galego (UPG), que se confirma nunha xuntanza celebrada en Santiago o 25 de xullo de 1964....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Emprega os pseudónimos de Txillardegui e Larresoro. No campo da novela, cómpre salientar da súa produción a súa primeira obra Leturia ‘ren egunkari izkutua (Diario secreto de Leturia, 1957), seguida por Pere Leartza’ko (Pedro de Learza, 1960), Elsa Scheelen (1969) e Haizeaz bestaldetik (Alén do vento, 1979). Polo que se refire ao ensaio, destaca a recompilación de artigos Huntaz eta hartaz (Acerca disto e daquilo, 1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e catedrático. Profesor mercantil desde 1964, en 1970 licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais e entrou a impartir clases na Escola de Empresariais de Vigo. En 1981 acadou o doutorado e pasou de profesor asociado a agregado, converténdose pouco despois (1983) no primeiro catedrático que tivo este centro como Escola Universitaria. Da súa experiencia profesional ao marxe da docencia destaca a súa etapa en Caixavigo, primeiro como director da área de empresas (1981-1986) e logo como director xeral da Escola de Negocios (1987-2000). Fundou tamén dúas empresas, Estrategia y Organización, S.A. (EOSA, 1993-2005) e DPI Consultores (2007-). Ten publicados oito libros de temas empresariais, entre os que destacan La PYME-competitividad: Gestión e Implantación (Alta dirección, Barcelona 1996) e Dirección por Implicación: El cambio estratégico (Pirámide, Madrid 2006), e máis dunha ducia de artigos publicados en revistas como Economía y Empresa ou Actualidad Financiera....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos anos trinta dedicouse á avogacía en Vigo, exercendo como procurador, ao tempo que colabora nos xornais Galicia e El Pueblo Gallego. Militante do Partido Galeguista, no que foi secretario, en 1936 exiliouse a Cuba, onde desempeñou o cargo de secretario da Presidencia. Co golpe de estado do Xeneral Batista renunciou a este posto e dedicouse de cheo a escribir na prensa. Anos despois intentou volver a Galicia pero foi detido e veuse na obriga de marchar de novo, instalándose en Miami onde permaneceu ata a súa morte. As súas colaboracións xornalísticas espállanse por numerosas publicacións, como as revistas cubanas Carteles e Bohemia e nas dos centros galegos da Habana, Bos Aires, México, etc. No terreo da crítica literaria destacan os seus artigos sobre Rosalía de Castro cos que obtivo os dous primeiros premios do concurso convocado polo Centro Galego da Habana con motivo do centenario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1960), exerce como avogado na cidade de Vigo. Asesor xurídico do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, decano do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo, Presidente do Consello da Avogacía Galega, membro da Comisión Permanente do Consejo General de la Abogacía Española e membro de honra da Academia de Xurisprudencia e Lexislación. Foi cofundador da Xunta Democrática de Galicia e do Movemento Socialista de Galicia, pertenceu ao secretariado do Partido Socialista Galego (PSG), Tenente de Alcalde do Concello de Vigo en 1979 pola coalición Unidade Galega e Secretario Xeral do Partido Galeguista (1981-1984). Deu a coñecer traballos en publicacións relacionadas coas súa profesión (Poder Judicial, Foro Gallego, Otrosí Vigo, Revista Xurídica de Galicia, etc), e colabora habitualmente na prensa galega. Entre os seus traballos relacionados coa literatura galega pódense citar O conflito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Cardioloxía na Universidade de Caracas. Ademais de escribir artigos relacionados coa súa especialidade en publicacións científicas, dedicouse á literatura. En 1993 publicou a novela policial Sireno (1993), o relato “El interventor” na revista Revisión Pública (1994) e a novela O fracaso de Lázaro Evia (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e animador teatral coñecido como Paco Mivida, é célebre polas súas letras para as comparsas do Entroido, polos seus propósitos, cos que ten recibido diversos premios, e polas súas aparicións en diversos programas da Televisión de Galicia, como O mellor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Continuador da tradición dos cancioneiros medievais, Destacan as súas composicións amorosas, satíricas e relixiosas recollidas nun Cancionero propio, e recompiladas de novo no Cancionero general (1511) de Hernando del Castillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo profesional. Máis coñecido como Delmi Álvarez. Traballou dende o ano 1983 nos xornais La Región e A Nosa Terra, e a partir de 1984 no periódico El País, en Madrid. Anos máis tarde, participaría tamén como fotoxornalista no Diario de Galicia, na axencia Cover, tamén en Madrid, en El Mundo de Galicia e en El Ideal Gallego.
    Deu conferencias ao longo de todos estes anos en numerosos institutos de Galicia, na Universidade de Santiago de Compostela, na de Vigo e na facultade de ciencias sociais da Universitat de Barcelona. Así mesmo, participou na I e II Fotobienal de Vigo e en numerosas exposicións individuais e colectivas por toda Galicia, España e Portugal. Viaxou por todo o mundo (Canadá, EE UU, México, Nicaragua, Cuba, Venezuela, O Brasil, Arxentina, Francia, Gran Bretaña,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Catedrático de Ensino Secundario no Instituto de Pontevedra, cidade na que permaneceu ata a súa morte ocupando diversos cargos de responsabilidade como a dirección do Instituto, a vicepresidencia da Deputación ou a presidencia da Sociedade Económica. Participou na vida cultural e política da cidade, colaborando nos xornais pontevedreses Galicia Humorística, El Iris, El Eco de Pontevedra, Crónica de Pontevedra, entre outros e dirixindo outros como El Ditamen, La Paz, El Alerta, El Fénix e El Eco de Tambo. Membro correspondente da Academia da Historia e, como militante nas filas liberais, integrante do Comité Revolucionario de Pontevedra en 1868. Na literatura galega considérase o iniciador dunha gran familia dedicada ás letras á que pertencen os Álvarez Limeses, Álvarez Gallego, Álvarez Negreira, Álvarez Gándara, Álvarez Blázquez e Álvarez Cáccamo. En galego escribiu a obra teatral de tema histórico Mari-Castaña, Drama hestórico...

    VER O DETALLE DO TERMO