"Eza" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 269.
-
-
Numeral cardinal que equivale a dezaoito máis un.
-
Que ocupa o dezanove lugar nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo noveno.
-
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 19 e na romana por XIX.
-
Décimo novena hora despois das doce da noite. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.
-
-
-
Relativo ou pertencente á comarca de Deza ou dos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da comarca de Deza.
-
-
-
Numeral cardinal que equivale a dezasete máis un.
-
Que ocupa o dezaoito lugar nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo oitavo.
-
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 18 e na romana por XVIII.
-
Décimo oitava hora despois das doce da noite. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome aplicado ao golpe de estado liderado por Napoleón Bonaparte, que rematou co Directorio da República francesa, substituído polo Consulado o día 18 de Brumario do ano VIII (9 de novembro de 1799). O nome de Brumario fai referencia ao segundo mes do ano republicano de Francia, que comezaba o 22 de outubro e remataba o 20 de novembro. Os problemas financeiros, os desastres ocasionados pola guerra contra as potencias europeas, os problemas de orde pública, a lamentable situación da instrución pública, etc, foron os principais factores desencadeantes do descontento popular que foi aproveitado polos conspiradores para poñer fin ao Directorio creado en 1795. Triunfante o golpe, que contou co apoio do exército e de destacadas personalidades da vida política francesa, e coa oposición da maioría dos membros dos dous corpos colexisladores (o Consello dos Anciáns e o Consello dos Cincocentos), creouse unha comisión executiva provisional integrada polo xeneral Bonaparte e os antigos membros do Directorio,...
-
-
Numeral cardinal que equivale a quince máis un.
-
Que ocupa o dezaseis lugar nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo sexto.
-
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 16 e na romana con XVI.
-
Décimo sexta hora despois das doce da noite. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Restaurante compostelán refundado o 20 de xuño de 1995. Situado nunhas antigas cortes, as súas instalacións conservan a vella estrutura do local, con varios comedores decorados de forma rústica. A súa cociña recolle os pratos máis típicos da gastronomía tradicional galega, mesturados con presentacións máis novidosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formato dun libro que se obtén logo de dobrar o prego ata ter trinta e dúas páxinas.
-
-
Numeral cardinal que equivale a dezaseis máis un.
-
Que ocupa o dezasete lugar nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo sétimo.
-
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 17 e na romana por XVII.
-
Décimo sétima hora despois das doce da noite.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín cultural en galego editado polos alumnos do Colexio Universitario de Vigo en 1978. Contou coa colaboración de Víctor Freixanes, Camiño Noia, Enrique X. Macías, Alonso Montero e Felipe M. Marzoa, ademais do colectivo de poesía Rompente e o Cine-Clube de Vigo. Incluíu seccións dedicadas ao cine, ás letras, á música e á historia de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista anual editada entre os anos 1980 e 1982 pola Federación de Asociacións Culturais Galegas. De tendencia nacionalista, incluía textos literarios, ensaios e artigos onde se analizaba a problemática lingüística galega. Entre os colaboradores destacan Avilés de Taramancos, Darío X. Cabana, Manuel Forcadela, Bernardiño Graña, Margarita Ledo, Manuel María, Xosé M. Martínez Oca, María Mariño, Marcos Valcárcel e Pilar Vázquez Cuesta. No eido gráfico cómpre salientar as contribucións de Laxeiro, Virxilio, Xaquín Marín, Xosé Lois, Pepe Barro, Elena Gago e Carlos Silvar.
-
-
Calidade de duro.
-
-
Resistencia dunha substancia a ser relada. Esta propiedade serviu como carácter taxonómico dende o inicio da mineraloxía sistemática. Friedrich Mohs, en 1822, conferiulle unha certa precisión cualitativa ao propor a súa escala de dureza relativa, coñecida como escala de Mohs e aceptada universalmente: 1 talco, 2 xeso, 3 calcita, 4 fluorita, 5 apatito, 6 ortosa, 7 cuarzo, 8 topacio, 9 corindón e 10 diamante. Cada un destes minerais é capaz de raiar o que está por debaixo del na escala, mentres que é raiado polo que lle segue.
-
Conxunto de propiedades mecánicas dos materiais sólidos que non teñen definición científica, pero que, en certa maneira, indican a resistencia que exercen á deformación ou a seren raiados. É un punto de referencia importante nos materiais, moi sensible ás variacións de estrutura e de composición química. A dureza está expresada por cifras diferentes que se refiren ás escalas propias de cada método.
-
ensaio de dureza
Procedemento para determinar a dureza dun material referida a unha escala convencional. Hai diferentes tipos de ensaios de dureza; os máis utilizados valórana como a resistencia que exerce o material a ser penetrado por un corpo de forma e características mecánicas determinadas. O método de ensaio de Brinell consiste en comprimir unha esfera de aceiro contra unha superficie plana do material, de xeito que se produce unha deformación permanente en forma de casquete esférico; a dureza exprésase en graos Brinell (HB) e avalíase mediante o cociente entre a forza ou a carga aplicada (en quilogramos-forza) e a superficie do casquete (en mm 2 ). No método de Vickers, a esfera de aceiro substitúese por unha punta de diamante piramidal cun ángulo de 136° e a dureza mídese en graos Vickers (HV). No método de Rockwell mídese a penetración dunha esfera de 1/16” de diámetro baixo unha carga de 100 kgf (dureza Rockwell HRB) ou de 150 kgf (dureza de Rockwell HRC). O método de Shore consiste...
-
-
Induración circunscrita da epiderme. Está formada por unha acumulación de células estratificadas da capa córnea que é consecuencia da fricción ou da presión prolongadas e repetidas; hainas que aparecen tamén baixo a acción da calor ou de substancias químicas.
-
-
Ausencia de harmonía nos contornos.
-
Oposición forte entre as cores.
-
-
Grao de contraste entre os brancos e os negros nun positivo ou entre as zonas claras e as opacas nun negativo.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Martiño de Laiosa (O Incio). Ten dous pisos, patio interior con escaleira e torre de planta cadrada con dous corpos. Na fachada destaca a porta de arco de medio punto, o brasón coas armas dos Lanzó e Somoza e o corpo saínte sobre o que se sitúa un balcón. No s XVII conservaba o foxo e contrafoxo. Desde o exterior accedíase á capela, que máis tarde se converteu en trasteira. Tivo cárcere e gozou do dereito de asilo.
-
GALICIA
Político e empresario. Licenciado en Veterinaria pola Universidad de León, foi presidente do Sindicato da Gandería durante a ditadura franquista e xerente de GAPER e de Sociedades Agrarias de Transformación. Presidente do comité local de Alianza Popular (AP) desde 1981, foi deputado pola Coruña no I Parlamento galego (1981-1985) e deputado por Coalición Popular no Congreso na III lexislatura (1986-1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Impedimento ou dificultade para a realización ou consecución de algo.
-
Dar principio a algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “O comer/xantar e o rañar/rascar é cousa de empezar (que despois mal se pode deixar). Quen mal empeza, mal acaba. O que logo se empeza, axiña se acaba”.
-
Comezar a consumir ou a gastar algunha cousa.
-
Ter algunha cousa o seu principio.
-
Parte de algo que se presenta en primeiro lugar no espazo ou no tempo, ou por onde se adoita comezar.
-
-
-
Dar principio a algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “O comer/xantar e o rañar/rascar é cousa de empezar (que despois mal se pode deixar). Quen mal empeza, mal acaba. O que logo se empeza, axiña se acaba”.
-
Comezar a consumir ou a gastar algunha cousa.
-
Ter algunha cousa o seu principio.
-
-
-
Conxunto de palabras, moitas veces de carácter formulístico, con que se comezan as cartas, os testamentos, as vendas, os libros ou calquera outro tipo de escrito.
-
Elemento que se destaca na cabeceira dunha ficha ou rexistro bibliográfico, que permite ordenalo dentro dun ficheiro ou dun catálogo e facilitar a súa recuperación.
-
Sistema utilizado pola facenda pública para a recadación de impostos e contribucións. Consistía en outorgarlles aos concellos ou aos gremios a facultade de recadar por si mesmos os impostos e contribucións correspondentes ao distrito ou ao gremio mediante o pagamento dun cupo fixo sinalado polo órgano fiscal. Introducido pola dinastía dos Austrias, xeneralizouse na Coroa de Castela a mediados da década de 1530 e uns anos máis tarde en Galicia. Con este sistema, a monarquía aseguraba a recepción dunhas rendas fixas anuais. Aplicábase ás principais cargas fiscais rexias da época, alcabalas e servicios, e a finais do s XVI ao novo imposto dos millóns. O campesiñado foi o principal afectado pois, aínda que a presión fiscal non aumentou en exceso, as crises agrarias incidiron sobre a súa debilitada economía e creáronlle graves dificultades para soportar esta fiscalidade; ademais, o feito de que a fidalguía estivese frecuentemente exenta destas cargas, fixo que a súa cota tivese que ser sufragada...
-
-
-
-
Poñer ao principio dunha carta, dun libro, dun escrito ou de calquera tipo de documento unha palabra ou grupo de palabras, moitas veces de tipo formulístico, que funcionan como preámbulo.
-
Construír o encabezamento dun escrito.
-
-
-
Estar ou figurar á cabeza ou ao comezo de algo.
-
Dirixir ou gobernar algo.
-
-
Remendar algo, especialmente os calcetíns ou as medias de la cando rompen polo encabezo.
-
-
Deter a fermentación dun mosto mediante a adición de alcohol vínico nunha proporción do 10 ao 17%, para que permanezan os azucres naturais da uva. Obtéñense así viños doces de entre 13 e 14° de gradación alcohólica.
-
Aumentar a graduación dun viño engadíndolle alcohol, augardente ou outro viño con máis graos.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de enderezar.
-
-
Escribir nun sobre, paquete ou algo que se quere enviar, o enderezo de alguén.
-
Enviar algo a un enderezo determinado.
-