"ovi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 688.
-
PERSOEIRO
Biólogo ucraíno. Foi profesor de Fisiopatoloxía nas universidades de Kiev e Saratov, e presidente da Academia de Ciencias de Ucraína. É autor de traballos para retardar o envellecemento, tratar úlceras e fracturas mediante un soro citotóxico antirreticular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu o 15 de xaneiro do 1899 en Ourense e que cesou o 15 de decembro dese mesmo ano. Dirixida por Xosé Álvarez y Álvarez, como redactores figuraban Emilio Amor Rolán e Pío Ramón Ogea, e entre os colaboradores Salvador Padilla, Xoán Rodríguez Quesada, Xosé Fernández López, Pilar Pereira, Marcial Quesada, etc. As súas seccións eran: “Sección pedagógica” (unha tribuna libre para os mestres), “Sección de noticias”, “Quejas y reclamaciones”, “Sección legislativa” (disposicións oficiais), “Sección científico-recreativa” e “Correspondencia particular”. A periodicidade era mensual, entregábase os días 15 de cada mes. A temática era a propia dunha publicación profesional na que se combinan artigos científicos con colaboracións literarias; ás veces, recollía tamén artigos doutras revistas pedagóxicas do Estado. A publicación foi fundada pola Asociación Provincial de Primera Enseñanza e figuraba como director o secretario da Asociación. Dende xaneiro de 1900 a liña desta revista...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo que apareceu na cidade de Pontevedra no ano 1903.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu o 1 de xullo de 1941 baixo a dirección de Manuel Vázquez Seijas. Nun principio tivo unha periodicidade irregular, pero dende 1943 o boletín apareceu trimestralmente. Entre os seus fins estaban o estudo de temas artísticos, monumentais e históricos da provincia luguesa, a transcrición de documentos dos arquivos, bibliotecas e museos. A revista publicou traballos de Arqueoloxía, Historia, Arte, Heráldica, Epigrafía, etc. Aparecen fotografías e debuxos que amosan os monumentos dos que se fala nos artigos. Unha posible evolución desta publicación puido ser: Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo (1941) e o Boletín do Museo Provincial de Lugo (1983). A fundación do primeiro boletín tivo lugar baixo a presidencia da Comisión de Monumentos Luis L. Martí.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, fundada por Marcelo Macías, coa colaboración de Benito Fernández Alonso, Arturo Vázquez Núñez e Manuel Pereira Rey. O seu primeiro número apareceu o 1 de marzo de 1898 e non cesou ata 1960, compoñendo a colección total un conxunto de 20 tomos encadernados, con índice en cada tomo. Desde 1941 dirixiuna Xoaquín Lorenzo Fernández e o último tomo dedicouse en homenaxe ao prehistoriador Florentino López Cuevillas. De periodicidade bimestral, aínda que irregular, editábase na imprenta La Popular e tiraba arredor de 200 exemplares, cada un deles de 16 a 20 páxinas, incluíndo tamén fotografías en branco e negro. Este boletín tratou moi diversos temas culturais, con seccións de Arqueoloxía, Arquitectura, Escultura, Historia, Literatura, Epigrafía, Numismática, Diplomática, biografías, reseñas bibliográficas e informacións das actividades da Comisión de Monumentos de Ourense. Ao longo da súa dilatada historia contou cun cento de colaboradores,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que saíu na Coruña en outubro de 1958. A súa periodicidade era mensual nun principio e despois pasou a ser bimensual. Figuraban como colaboradores Manuel Santaella, Xosé Luis Mariño Cea e César Martín, entre outros. Como publicación de tendencia falanxista e fascista as noticias que recollía estaban relacionadas con organizacións como Falange, a Sección Femenina, a Frente de Juventudes, a Organización Sindical, etc. As diferentes seccións que recollía eran “La vieja guardia”, “Cruz y espada”, “Noticias trascendentales” e “Doctrina”. A revista, no seu primeiro número, publicou na portada un poema de Manuel Machado titulado “Francisco Franco” xunto cunha fotografía do ditador.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida probablemente da Coruña nos anos 1839-1840 e 1842-1845. Foi editada na imprenta do fillo de Pascual Arza, coñecido impresor do século XIX en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra arredor do ano 1864. Foi editada na nova compañía de impresores que formaron os irmáns Vilas, Núñez Pazos e J. Antonio Antúnez, chamada Antúnez, Vilas y Cía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na cidade de Lugo a finais do século XIX. Editouse durante varios anos na imprenta de Juan Antonio Menéndez, libreiro de ideoloxía liberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada pola Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Apareceu en abril-xuño de 1989 en Santiago. O boletín era un índice de fichas das novidades editoriais que ían aparecendo tanto no mercado galego e nacional como no estranxeiro. A publicación estaba ordenada por materias: Filosofía, Psicoloxía, Didáctica, Historia, Ética, etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade mensual que xurdiu na Coruña en 1929.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín mensual aparecido en Pontevedra no ano 1927. A Deputación fíxose cargo da publicación, mentres que a impresión se realizaba no seu establecemento tipográfico.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que viu a luz na Coruña mensualmente a partir de 1928. Ramón Fernández Cid dirixiu o Instituto e a publicación. A redacción tamén estaba composta por membros do Instituto como Rafael Fernández y Fernández, Xosé Manuel Pérez Alvarez, Xesús Mendieta y Anta, Federico Beato y González, Xosé Gimeno Nuñez e outros. No boletín afírmábase que colaboraban “todas las clases sanitarias”. Tiña apartados dedicados a “Orientaciones médico-sanitarias” ou a “Legislación”. Non obstante, este boletín destacou pola publicación de artigos, de ámbito nacional ou internacional, que incluían fotos en branco e negro, así como datos estatísticos en forma de táboas ou gráficos. Na última páxina levaba un aviso exhortando ás empresas a que se anunciasen nun medio que lle ofrecía seriedade e distinción. Na contraportada levaba impresa unha lista dos servicios que prestaba o Instituto, servicios que eran gratuítos para os pobres e que para os particulares supuñan unha taxa aprobada pola Excelentísima Deputación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín anual que apareceu en Ourense en 1943 e que cesou en 1953. A iniciativa da súa creación correspondeulle ao grupo de colaboradores do Museo Marcelo Macías, entre os que estaban Xesús Ferro Couselo, Basilio Osaba e Ruiz de Erenchun que eran, ao mesmo tempo, directores do grupo e do boletín. A Xoán Fernández Pérez concedéuselle o título de director honorario. Tamén os colaboradores pertencían na súa maioría ao grupo do museo, persoas como Arribas Arranz, Florentino L. Cuevillas, Xosé Fernández Gallego, Olga Gallego Domínguez, Xosé Puga Brau, Vicente Risco, Carlos Vázquez Rodríguez ou Xesús Taboada Chivite. Só publicaba artigos en castelán e contaba con dúas seccións que se denominaban “Crónica del museo” e “Revistas de intercambio”. Aínda que se centrou na divulgación de traballos de investigación histórica ou arqueolóxica, tamén serviu como noticiario das actividades internas e de difusión do museo. Cómpre destacar que todos os artigos estaban ilustrados con láminas, fotografías,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divulgado polo servizo de publicacións da Deputación Provincial de Lugo, apareceu en 1983. O primeiro tomo rendía homenaxe a Manuel Vázquez Seijas, director honorario perpetuo do museo, e a Luís Gómez Pacios. Nas case trescentas páxinas que ocupaba podíanse ler unha gran variedade de traballos de carácter científico ou cultural, asinados por xente como Xosé Trapero Pardo, Felipe Arias Vilas, María Elena Varela Arias ou Jaime Delgado Gómez. Incluíu seccións como “Estudos”, con traballos de fondo extensos; “Varia”, a xeito de noticiario breve; “Noticiario del museo”, que incluía estudios e descricións de pezas novas ou en revisión, e “Bibliografía”, todas cunha presentación moi coidada. No prólogo do primeiro número afirmaban que se trataba dun órgano de expresión científica e cultural, onde se trataban temas relacionados coa Arte, Historia, Numismática, Epigrafía, Arqueoloxía e Museoloxía. Outra das súas intencións era a de mellorar e ampliar o contido e a forma do seu predecesor: o Boletín...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en maio de 1969 na Coruña. Redactado en castelán e de tendencia fascista, contou coa colaboración de Mario Velo, Luis Mariño Lafuente, Santos Sánchez e Marín Paniagua. No sumario atopáronse títulos como “Editorial”, “Universidad y nacionalsindicalismo”, “Guardia de Franco: noticias y actividades”, “Aquí la vieja guardia”, “Franco o el acierto político” ou “Ayuntamiento de La Coruña”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu á luz na Coruña en xaneiro de 1956 e deixou de publicarse en 1965. A pesar de que esta publicación contou con poucas firmas, entre os colaboradores están A. Couce Doce, Enrique Señoráns, M. Suárez Perdigueiro ou Pedro González. Estaba dividido en catro seccións tituladas “Opiniones”, “Noticias y avisos del colegio”, “Disposiciones oficiales” e “Última hora”. Ofrecía, ante todo, información sobre as noticias e actividades que realizaban os médicos da provincia. Cando a ocasión o precisaba editaban un suplemento ou folla informativa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xurdiu na Coruña en maio de 1988 e o último número rexistrado é de 1991. Dentro do sumario incluíanse seccións como “Licencia fiscal”, “Noticias del colegio”, “Seguridad ciudadana”, “Audiencia provincial” e “Tribunal Superior de Justicia de Galicia”. No editorial do primeiro número, titulado “Nueva etapa”, podíase ler que se trataba dunha reaparición marcada por un novo estilo informativo, á marxe do labor que realiza outra revista ligada ao propio Colexio e titulada Foro Gallego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xurdiu o 2 de xuño de 1834 e pasou por diferentes etapas. Nun principio incluía como todos os periódicos oficiais da época, non só información local, senón tamén datos de carácter xeral, anuncios e artigos varios. Contaba con seccións como “Artículos de oficio”, “Real decreto”, “Ministerio de lo interior” ou “Anuncios”. Pola década dos anos corenta só prevalecían “Artículos de oficio”, “Anuncios oficiales” e “Anuncios”. Neste último apartado introducíronse debuxos para ilustrar os anuncios varios, como casas, barcos, carruaxes, etc. Chegou mesmo a incluír poemas patrióticos e de circunstancias. Deste xeito, podemos salientar o número 147, con data do 6 de xullo de 1836, onde aparecía o “Diálogo entre Gorecho e Mingos”. Trátase dun dos primeiros textos galegos en prosa, texto que formou parte dos diálogos de sátira política que tanto proliferaron no século XIX. Nun principio ao abeiro da loita contra os franceses, e despois no marco das liortas entre liberais e absolutistas.