"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ser do mesmo valor, do mesmo efecto ou da mesma significación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Voronež 1855 - Kalinin 1908) Escritor ruso. Na súa obra reflectiu a vida campesiña. Da súa produción destaca Gardeniny, ikh dvorná, priveržency i vragi (1899).
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Plano inclinado que serve para pasar dun nivel a outro mediante a descomposición da distancia vertical en chanzos adaptados á medida dun paso. Pode construírse, entre outros materiais, en pedra, cemento, ferro e madeira. Non é aconsellable que teñan máis de 10 chanzos; se o desnivel a salvar é máis grande, subdivídense en tramos, series de chanzos seguidos, entre os que se intercala un relanzo. O plano horizontal do chanzo e a profundidade deste reciben o nome de mesa, a súa lonxitude determina a anchura da escaleira; e a tabica é o plano vertical e a altura de cada chanzo. O espazo no que está contida a escaleira é a caixa, e o oco situado entre os bordos internos dunha escaleira con varios tramos é o ollo. As primeiras construcións localizáronse en Xericó e dátanse ao redor do 6000 a C. Consérvanse escaleiras monumentais en Knossos e Persépolis. No mundo grego e romano foi un elemento funcional que se mantivo durante a Idade Media,...
-
escaleira á francesa
Escaleira que ten as mesas e tabicas apoiadas na zanca que bordea o ollo da escaleira e na que está pegada a parede da caixa.
-
escaleira á inglesa/de cremalleira
Escaleira que ten as mesas e as tabicas apoiadas na cremalleira que serve de zanca e na contrazanca ou falsa cremalleira.
-
escaleira curva
Escaleira que describe no seu percorrido unha circunferencia ou media elipse.
-
escaleira de caracol
Escaleira que fai un percorrido helicoidal sen interrupción.
-
escaleira de espigón
Escaleira de caracol que ten un soporte central ao que se fixan os chanzos pola parte máis estreita.
-
escaleira de ferradura
Escaleira curva que ten planta en forma de ferradura por exceder á exterior dun hemiciclo.
-
escaleira de ida e volta
Escaleira formada por dous tramos rectos que están separados por un relanzo e con direccións opostas.
-
escaleira de ollo
Escaleira que no seu percorrido deixa libre un espazo central.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Escaleira na parroquia de San Xoán de Ove (Ribadeo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á espiga de cereal á que lle faltan grans.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banzo amplo que serve de descanso entre dous tramos de escaleira.
-
-
Aplícase ao triángulo que ten os tres lados desiguais.
-
Aplícase ao cono, pirámide ou outra figura xeométrica que ten o eixe oblicuo á base.
-
Aplícase ao músculo profundo do pescozo, cunha parte anterior e outra posterior, de forma irregularmente triangular, con insercións nos tubérculos vertebrais cervicais e nas costelas primeira e segunda. Ten función de inspirador e de inclinador, e fixador da columna cervical.
-
Síndrome causada por unha hiperactividade do músculo escaleno a consecuencia da que se comprime a parte inferior do plexo braquial e a arteria subclavia. Os síntomas son moi variados, segundo o lugar e o grao de compresión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalográfico limitado por triángulos escalenos; a metade deles xúntanse a cada extremo do eixe principal de simetría, e con arestas polares alternativamente longas e curtas.
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Redactor xefe do diario coruñés La Mañana, publicou Miniaturas políticas. Semblanzas de todos los senadores y diputados de la pasada legislatura (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral creada por Eduardo Sánchez Miño en Ferrol ao redor de 1908. Desenvolveu unha actividade moi circunstancial, debido á ausencia de apoios económicos e á incapacidade de manter os espectáculos en cartel máis aló da función única de estrea e presentación. En 1913 a compañía iniciou un programa cos espectáculos Os suores de Bastián e Por vivir n’o tren, cun repertorio que incluía espectáculos construídos cos textos dramáticos galegos do momento como A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia; Minia, A ponte, Mareiras e Escravitú, de Manuel Lugrís Freire; Filla!, de Galo Salinas; A patria do labrego, de Antón Villar Ponte; ou Terra Baixa, de A. Guimerá, traducida ao galego polo propio Villar Ponte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral creada pola Irmandade da Fala da Coruña para dar continuidade á experiencia desenvolvida polo Conservatorio Nazonal do Arte Galego. Dirixida por Leandro Carré Alvarellos, naceu coa vontade de continuar coa creación e exhibición de espectáculos, fundamentalmente no pequeno teatro que tiña a Irmandade nos seus locais, e coa formación de actores e actrices. En 1922 publicou un pequeno prontuario de declamación nas páxinas de A Nosa Terra. Entre 1922 e 1923 desenvolveu unha actividade considerable, que foi esmorecendo ata 1926. Os espectáculos representados neste período foron creados, na súa maioría, partindo de textos de autores galegos pertencentes ao Movemento Dramático Rexional, pois a compañía continuou á estética teatral rexionalista que viña dominando a escena galega desde a súa creación en 1882. Entre eles destacan Manuel Lugrís Freire (A ponte e Minia), Ricardo Frade (Vaites..., vaites...!), Galo Salinas Rodríguez (Sacrificio...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral creada na Coruña en 1978 en réxime de cooperativa por integrantes do Teatro Circo. Entre os seus obxectivos fundacionais figuraban a creación de espectáculos, a promoción de estudios, investigacións e publicacións no terreo dos estudios teatrais, e a organización de actividades de formación e divulgación ao redor do feito teatral, razón pola que no seu organigrama contemplaba tres departamentos: Dramáticas, Didácticas e Estudios Teatrais. Entre os seus fundadores estaban Francisco Pillado Mayor, Manuel Lourenzo, Rosario Barrio, Xoán Manuel López Eirís, Montserrat Modia, Agustín Vega, Anxos López Olivier, Amalia Gómez, Antón Lamapereira ou Xoán Guisán Seixas. Organizou seminarios, conferencias, recitais e moitas outras actividades. Destacou, especialmente, o traballo de investigación ao redor das festas parateatrais galegas, coordinado inicialmente por Xoán Guisán e que reuniu un importante material relativo a festas tradicionais como o Entroido, os Maios, o Nadal ou a Semana...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio á creación dramática convocado en 1979 pola Escola Dramática Galega, co obxectivo de promover a aparición de novos textos dramáticos de pequena extensión que abrisen novas portas para todos aqueles que estaban interesados en facer teatro. Ao mesmo tempo, facilitáballes a escrita a autores novos que ata o momento non publicaran texto ningún e tiñan aquí a posibilidade de darse a coñecer. Dende o ano 1979 premiáronse as obras: Lenda antiga do home que quererá voar, de Constantino Rábade Castiñeira (1979); A tertulia das máscaras, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1981); A extraña señorita Lou, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1982); O pauto, de Xesús Pisón (1983); A noite das noites, de Henrique Rabuñal (1984); Auto insólito do autor, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1985); Paixón de Antía, de Antón R. Castro (1986); Como cartas a un amante, de Imma António Souto (1987); Traxicomédia do Pai Ternoster e unha pastora lusitana...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo autónomo da Administración galega, con sede en Santiago de Compostela. Creouse por Decreto da Xunta 163/1982, do 1 de decembro, como órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, por Lei 4/1987, do 27 de maio (modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo), constituíuse en organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á consellería de Presidencia e Administración Pública, con personalidade xurídica propia e con plena autonomía funcional para o cumprimento dos seus fins, que, segundo o disposto na súa lei de creación, son: colaborar na realización das probas selectivas para o acceso á función pública e a promoción interna na Administración autonómica ou naqueloutras que llo encomenden por convenio, coa excepción das do persoal docente e sanitario; organizar e impartir cursos, seminarios ou calquera outra actividade de formación, selectivos ou de perfeccionamento, do persoal mencionado; realizar as probas e impartir os cursos selectivos descentralizados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola poética enmarcada entre os anos 1350 e 1450, considerada epigonal da escola trobadoresca galego-portuguesa e precursora da lírica cancioneiril castelá e portuguesa. O límite cronolóxico inferior vén establecido pola data do testamento de don Pedro, conde de Barcelos, fillo de don Denís, no que se fai referencia a un Livro das Cantigas; o límite superior márcao a morte, en 1454, de Xoán II de Castela, importante mecenas da época e promotor da recompilación do Cancionero de Baena. A produción poética desta escola abrangue, polo tanto, os reinados de Pedro I, Enrique II, Xoán I, Enrique III e Xoán II. As súas case 80 composicións recóllense no Cancionero de Baena, aínda que tamén poden aparecer noutros cancioneiros casteláns do s XV, como o Cancionero de San Román, o Cancionero de Palacio, o Cancionero General de Hernando del Castillo, o Cancionero de Herberay de Essarts ou o Cancionero de Estúñiga. No nacemento desta nova escola influíron tanto aspectos literarios como extraliterarios....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola poética formada por trobadores e xograres que compuxeron baixo unhas directrices comúns e que tiñan como lingua de composición, ou polo menos, como lingua de transmisión e conservación dos textos, o galego-portugués. Caracterízase por seguir o fenómeno trobadoresco iniciado no S de Francia a finais do s XI, e que se difundiu na Península a través das constantes estadías de trobadores occitanos nas cortes rexias castelá, leonesa e aragonesa. Cultivaba unha poesía de carácter culto, profano e en lingua románica; as Cantigas de Santa Maria responden a unhas expectativas poéticas e temáticas diferentes. O núcleo temático xira arredor do amor, pero tratado desde a concepción da fin’amors: a posición dun vasalo-namorado que “serve” a súa dona con abnegada entrega, disposto a padecer a indiferenza dela, pero sendo consciente dos seus dereitos coma servidor. Construíase, deste xeito, un discurso orixinal sobre o amor, que non era só palabra, senón que palabra cantada. No caso galego-portugués...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escolas fundadas pola Irmandade da Fala da Coruña, en xullo de 1923, baixo o pulo do editor galeguista Ánxel Casal Gosenxe, que tiñan como obxectivo traballar a prol da galeguización do ensino. Non obstante , e nunha aparente contradición, as súas bases, publicadas en A Nosa Terra, estipulaban que o ensino destas escolas, de carácter privado, faríase en castelán; na práctica, segundo os testemuños de Xenaro Mariñas del Valle e doutros ex-alumnos, a lingua empregada na maioría das clases era o galego. A finais de 1923 A Nosa Terra informaba de que o proxecto continuaba, feito que significa que se acolleran ao dereito que recoñecía a Real Orde (1923), promulgada polo goberno de Primo de Rivera, de poder ensinar os dialectos ou linguas rexionais no ensino privado e particular, pero non nos establecementos docentes oficiais. En maio de 1924 comezaron a súa andaina educativa con vinte rapaces e nos anos en que funcionou, ata 1930, pasaron por ela uns cen alumnos, sempre ao...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forza naval constituída en Galicia en tempos de Filipe IV (1621-1665) para a protección e defensa das costas galegas. O incremento dos ataques corsarios, principalmente de piratas ingleses e holandeses, obrigou ao Reino de Galicia a formular unha petición ao rei para a construción dunha escuadra naval; esta presentouse en 1621 xunto con outra que tiña como obxectivo a compra do voto en Cortes para o reino. Ambas aprobáronse un ano máis tarde e combináronse de tal xeito que o Reino de Galicia tivo que pagar 150.000 ducados para obter o dereito de voto a cambio da utilización dese diñeiro para a construción da escuadra. A Xunta do Reino encargou a Xoán Pardo Osorio, cabaleiro da orde de Santiago e alcaide do castelo de Santo Antón, a construción dos primeiros catro navíos nos estaleiros de Ribadeo. A constitución da escuadra non foi posible ata 1633 e constou dun total de oito navíos. Nomeouse como primeiro almirante a Xoán Pardo de Osorio e como xeneral do exército que a acompañaba a Andrés...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Triterpeno líquido presente no aceite de fígado de bacallau e no insaponificable de varios aceites vexetais. O seu estereoisómero trans obtense por reacción estereoselectiva xeral da olefina e é idéntico ao natural. Intermediario na biosíntese de triterpenos cíclicos e de esteroides, emprégase como bactericida e na síntese de produtos farmacéuticos.
-
PERSOEIRO
Poeta ruso. En 1915 contactou en Leningrado co movemento simbolista e co poeta A. A. Blok, e en 1918 integrouse no movemento imaxinista. A súa poesía ofrece unha visión mística e pesimista da sociedade. Da súa produción destaca Radunica (1915), Inonija (1918), Moskva Kabackaja (Moscova das tabernas, 1924) e Kapitan Zemli (O capitán da terra, 1925).
VER O DETALLE DO TERMO