"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Movemento político e literario italiano do s XIX que culminou coa unidade estatal de Italia. Formado por diversas correntes cun odio común á dominación estranxeira, distinguíronse a republicana, dirixida por G. Mazzini; a monárquico-liberal, conducida por Camillo Benso di Cavour, partidario de que a unificación italiana se realizase baixo a coroa sarda, en mans da casa de Savoia; e a tradicionalista, defendida por V. Gioberti, que propugnaba unha confederación dos príncipes italianos baixo a dirección do papa. A corrente monárquica rematou impoñéndose, xa que o Reino de Sardeña era o máis forte dos estados italianos e contaba co concurso de políticos e literatos como Cesare Balbo e Massimo deTaparelli (marqués de Azeglio), e de militares como G. Garibaldi. Ademais, a Casa de Savoia beneficiouse do fracaso da opción papal e do descrédito progresivo da corrente republicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten mal carácter e é difícil de tratar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Norma que regula a execución dunha acción sacra, dun sacramento ou as cerimonias de culto relixioso. Émile Durkheim distinguiu entre ritos positivos, con vista á cohesión do grupo, e negativos, fundados na separación entre o sagrado e o profano; tamén entre a maxia e o rito relixioso, relativo sempre a unha divindade da que se esperan favores. Pola finalidade fálase de ritos de paso, de participación, de propiciación ou de purificación, entre outros. Adoitan dexenerar normalmente, ben pola introdución dunha nova relixión, ou ben por unha crecente interiorización que leva a consideralos como símbolos externos ou como superstición.

      2. Maneira concreta de celebrar a liturxia e de administrar os sacramentos e sacramentais, de acordo con regras litúrxicas. Na Igrexa latina, distinguiuse, a partir do s XVI, o rito simple do rito dobre (subdividido en maior, menor, de primeira e de segunda clase). O semidobre, intermedio, foi reducido a simple na reforma de 1955. Posteriormente pasou a indicar o conxunto dunha celebración litúrxica (como o rito da misa) ou ben un dos seus elementos (como o rito da paz).

      3. Conxunto de formas litúrxicas propias dunha Igrexa, dunha rexión ou dunha orde relixiosa. O rito romano é controlado directamente pola Congregazione per il Culto Divino e la Disciplina dei Sacramenti.

    1. Acto que se realiza de forma habitual.

    2. Controversia teolóxico-pastoral suscitada con motivo das adaptacións litúrxicas feitas nas misións católicas de China e de Malabar (India) nos ss XVII-XVIII. Os motivos foron, sobre todo, a maneira de denominar a Deus na lingua chinesa e a cuestión de saber ata que punto os neófitos e os cristiáns podían intervir nos ritos tradicionais dedicados a Confucio e aos propios devanceiros. Cumpría unir, para a India, a adaptación ao estilo de vida dos brahmana. A polémica suscitada entre os misioneiros de diversas ordes relixiosas provocou a primeira intervención romana (1645) prohibindo os ritos que facían referencia a Confucio e aos devanceiros. Autorizados máis tarde polo Santo Oficio (1656), foron novamente prohibidos (1704). Ch. Maillard de Tournon, enviado como legado (1703-1704), prohibiu por tres anos as adaptacións feitas en Malabar, acción que ratificou en China. Un novo legado, Mezzabarba, intentou mellorar a situación (1720), pero Benedito XIV prohibiu definitivamente (1742) as experiencias....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sección separada, no s XIV, da caccia e o madrigal, moitas veces cun cambio de ritmo, e que corresponde a un texto tamén diferenciado.

    2. Conclusións orquestrais que seguen a unha aria ou un recitativo acompañado, na ópera dos ss XVII-XIX, ou que introducen outra vez un tema cantado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e xurista. Ocupou os cargos de cóengo-cardeal da catedral de Santiago de Compostela (1813), auditor do Tribunal de la Rota de la Nunciatura (1826), reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1824-1827) e bispo de Valladolid (1831-1856). Foi senador pola provincia de Lugo (1840-1841)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como conde de Rivarol, foi un personaxe apreciado e temido nos salóns literarios de París. Escribiu Discours sur l’universalité de la langue française (1784), premiado pola Academia de Berlín (1871), e o Discours préliminaire (1797) dun Nouveau Ditionaire de la langue francaise, que non se chegou a rematar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Iniciou a súa formación como tallista en Vilagarcía de Arousa nun taller de ebanistaría. No eido da pintura definiuse a sí mesmo como un autodidacta, que evolucionou do realismo cara ao expresionismo. Cultivou a xilografía (O remuiñeiro; Peixeiras), a escultura, o debuxo e o muralismo, procedementos que empregou para amosar a súa visión de Galicia (O mercado, 1995). A muller acadou un alto grao de protagonismo nas súas obras (O baño, 1970; A muller, 1984), aínda que tamén destacaron as súas pinturas de temática relixiosa (Crucifixión, 1963; Piedade, 1980) e os seus retratos (Autorretrato), xénero que cultivou a partir da década de 1940. Foi un debuxante de ascendencia vagamente cubista. Colorista intenso, as súas composicións de ámbito folclórico (O amaño do espantallo, 1974) ou as súas ideacións de trasmundo máxico (O satiriño, 1983) foron complexas, irónicas e dramáticas (Desesperación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e poeta. O seu estilo é figurativista pero libre. Realizou imaxes femininas e ambientes imaxinarios. Das súas pinturas destaca Cita con el gallo rojo (1972). Publicou o poemario Con mirada penetrante (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e deseñador gráfico. Influenciado por autores como Yves Chaland, Trondheim ou Mike Mignola, principiou a súa andaina creativa en Atlántico Diario, con guións de Carlos Portela, e en Edicións Xerais de Galicia e Edicións Obradoiro. Creador do personaxe Guinsy, con C. Portela, que publicou en “El País de las Tentaciones”, ambos autores, en colaboración con Fernando Iglesias, realizaron o manga Kami Seeds para Camaleón Ediciones. Ademais participou na serie Xen, para a revista Golfiño, con guións de Kike Benlloch, e colaborou en diversas publicacións como Barsowia, Caña, H2Oil, na versión de Stripburguer para España e, na revista Míster K, xunto con Bernardo Vergara, coa parodia Harry Pórrez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudou debuxo e pintura en Bos Aires, formación que compaxinou co deseño gráfico e a fotografía. Traballou como fotógrafo publicitario ata 1975, cando se instalou en Barcelona. A súa obra, que destaca pola súa sobriedade, manifesta o interese polo retrato, as naturezas mortas e a paisaxe. Recibiu o Premio de Artes Plásticas Ciutat de Barcelona (1997) e o Premio Nacional de Fotografía (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Presidente da asociación cultural Barbantia, é xuíz honorario do Couto Mixto. Colaborador de diversas publicacións, como O Correo Galego, A Nosa Terra e La Voz de Galicia, da súa produción literaria destacan Valquiria (1994, Premio Camilo José Cela), Parque Central e outros relatos (1996), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), Animalia (1999, Premio Café Dublín), As rulas de Bakunin (2000, Premio de Novela García Barros), Homónima (2001), Cartafol do Barbanza: viaxe polo cuadrante das sereas (2002), A canción de Sálvora (2003) e A esfinxe de amaranto (2003). No ámbito da poesía escribiu Anatomía da dor e Limaiaé (2005). Foi galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cociñeiro. Propietario e chef do hotel e restaurante Chef Rivera, figura no Libro Guinnes das Marcas por cociñar, en Carballo, a tortilla de patacas máis grande do mundo. Recoñecido como Empresario do Ano (1992), recibiu a Medalla de Galicia (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz teatral e cinematográfica e tradutora. Coñecida como Mabel Rivera, debutou no teatro en 1984, co Centro Dramático Galego, na obra Agasallo de sombras (1984), de R. Vidal Bolaño, aínda que previamente xa participara noutras producións de compañías menores. A esta obra seguíronlle Os vellos non deben de namorarse (1985), de Castelao; O enfermo imaxinario (1986), de Molière; e As alegres casadas (1989), de Shakespeare. Con Teatro do Malbarate participou en Xogos de damas (1987) e Inventarios (1990). No eido da tradución realizou as versións de Tolos de amor (1995), de Sam Sheppard, xunto a Cándido Pazó; e Cartas de amor (2001), de A. R. Gourney. A súa primeira interpretación cinematográfica tivo lugar no filme El bosque animado (1987), de J. L. Cuerda. A finais da década de 1980 comezou o seu traballo para TVE e TVG en diversas producións televisivas, das que destaca o seu papel en Pratos combinados....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e muralista mexicano. Coñecido como Diego Rivera, residiu en Europa onde se interesou pola arte de vangarda. Identificado cos ideais revolucionarios da súa patria, volveu a México en 1922 onde, con D. A. Siqueiros, estudou a arte antiga dos maias e dos aztecas. A través dos frescos monumentais exaltou a súa historia mexicana desde os precolombinos ata a Revolución Mexicana cun realismo vigoroso e popular de cores vivas. Destacan os murais da Escuela Nacional Preparatoria (1922) e a Secretaria de Educación Pública (1923-1928 en México, da Escuela de Agricultura de Chapingo (1927), do Institute of Arts de Detroit (1932) e o do Rockefeller Center de Nova York (1933). Traballou tamén nos murais do Palacio de Bellas Artes e no Palacio Nacional de México. Cultivou tamén a pintura de cabalete. Casou con F. Khalo. Publicou con A. Breton Manifeste pour l’Art Révolutionnaire (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas con rizoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rizóstomos.

    2. Cnidario da orde das rizóstomos.

    3. Orde de cnidarios, da clase dos escifozoos, que se caracterizan polo gran número de ostíolos que se abren na superficie dos seus oito apéndices ramificados, que en realidade son brazos bucais moi modificados. O máis coñecido é a medusa azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección cirúrxica dunha ou máis raíces nerviosas no seu traxecto intramenínxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva o acento sobre unha sílaba do radical. Por exemplo, son formas rizotónicas as de participio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e mestre de obras. Traballou no claustro grande da cartuxa de Pavia. En Venecia foi mestre maior do Palazzo Ducale e realizou as estatuas de Adarno e Eva para o arco Foscari (1485) e fixo a Scala dei Giganti (1491).

    VER O DETALLE DO TERMO