"Amil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 182.

  • Camilo de Lelis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Especialista en análise xeográfica rexional, as súas principais liñas de investigación céntranse no proceso de urbanización e nas súas consecuencias, na morfoloxía e planificación urbanas, nas actividades pesqueiras e na ordenación dos espacios mariños. Das súas obras destacan A gandería na Ulloa. Repercusións nas paisaxes agrarias (1988) e, en colaboración, Manual de Historia Contemporánea Universal (1988-1990), Viveiro: achegamento á realidade dun núcleo urbano galego (1986), A Montaña galega: o home e o medio (1993), Xeografía de Galicia (1988), Dicionario de Geografía, urbana, urbanismo y ordenación del territorio (2000) e Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ecuatoriano. Foi ministro de Estado de Traballo (1983-1984), deputado (1986-1988 e 1990-1992) e alcalde de Quito (1996). Presidiu a República de Ecuador (1998-2000) polo partido Democracia Popular-Unión Demócrata Cristiana (DP-UDC). En 2000 ditou a dolarización da economía o que provocou unha revolta do exército e do pobo na que foi deposto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán aiúbida (1218-1238), fillo e sucesor de al-Malik al-’Ādil. Foi un hábil diplomático e protector da cultura. Tivo que afrontar as acometidas croatas coa perda de Damieta (1219).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Papila situada no centro da aréola mamaria, de forma cónica ou cilíndrica, co extremo libre redondeado, con sucos e engurras na súa superficie e pequenos orificios nos que desembocan os condutos galactóforos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á mamila.

    2. Que ten forma de mamila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de mamila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Álvaro Cunqueiro publicada en 1955. Na primeira parte do libro, coñécense por medio do narrador, Felipe de Amancia, as persoas e as historias que ían parar á casa luguesa de Miranda, propiedade do amo e mestre Merlín, un mago que satisfai plenamente as demandas das diversas visitas. Ensaríllanse, a partir da evocación dun Felipe vello e anugallado, un grupo de historias que agrandan e multipican o universo espacial e temporal da novela e amplían o número e tipoloxía dos narradores e protagonistas: clérigos franceses, unha serea, un reloxeiro suízo ou unha princesa de prata déixanse caer por Miranda para beneficiárense das artes máxicas de Merlín. Todos veñen dos lugares máis recónditos buscando no corazón de Galicia unhas habilidades que resultan non só exquisitas, senón verdadeiramente eficaces. Na segunda parte da novela, cando xa Felipe de Amancia non traballaba na casa de Merlín, danse a coñecer outras historias como as ditas por uns abades e escoitadas na Pousada de Tremar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. En 1830 foi perseguido polas súas opinións liberais e tivo que abandonar o país. A súa obra máis importante foi Poesías de D. Camilo Mojón (1846), nove poesías, de xénero romántico, das que catro están datadas en 1823, 1827, 1830 e 1838, co título común de Ocios de mi juventud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fundou, en 1894, o al-Hizb al-Watani (Partido Nacional) para defender a independencia de Exipto de Sudán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Influído pola obra de Pablo Neruda, Octavio Paz e Walt Whitman, e relacionado co movemento poético da revista Mito, o seu estilo caracterizouse polo uso dun discurso cheo de imaxes propias doutro mundo, moi suxestivas. Iniciou a súa produción coa escolma poética La balanza (1947), á que seguiron Los elementos del desastre (1953), en que aparece o seu célebre personaxe Maqroll el Gaviero. Posteriormente escribiu Los trabajos perdidos (1960) e Summa de Maqroll el Gaviero (1973), onde se recollen todos os seus poemas entre 1948 e 1970. É tamén autor de diversas obras en prosa, como Diario de Lecumberri (1960), Caravansary (1982), La nieve del almirante (1986, Premio Médicis) e Tríptico de mar y tierra (1993). Galardoado coa Gran Cruz de Alfonso X el Sabio, recibiu o Premio Nacional de Poesía de Colombia (1983), o Premio Príncipe de Asturias (1997), o Premio Neustadt (2001) e o Premio Cervantes (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Iniciou a súa formación nas Escuelas Nieto e na Escola de Artes e Oficios de Vigo, da que foi mestre (1946-1977). Colaborou no taller de Modesto Martínez Silva, quen o deixou ao cargo das tallas do artesoado de madeira para o castelo de Monte Real de Baiona (1922-1923). A súa vocación real era a escultura e a comezos da década de 1930 desprazouse a Madrid para concluír a súa formación. O primeiro material que coñeceu foi a madeira, coa que realizou as súas primeiras obras, en que xa se deixaba ver unha fórmula expresionista primitiva que emparentaba directamente con Asorey e Bonome, intentando reflectir os caracteres máis relevantes da cultura galega. Ata o inicio da Guerra Civil Española (1936), a súa temática variou da anécdota (Os fillos do mar, 1930-1931), á obras cun carácter social, das que destaca o Monumento aos Mártires de Sobredo (1932), en honor aos campesiños fusilados en 1922 como consecuencia do seu levantamento a prol da abolición dos foros. Desde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, enxeñeiro e economista. Enxeñeiro industrial e licenciado en Ciencias Económicas, traballou en Citroën   Hispania (1964-1972) e en 1973 incorporouse a Sociedad para el Desarrollo Industrial de Galicia (SODIGA), onde foi responsable das áreas de Promoción Industrial e Relacións Internacionais ata 1997. Na década de 1960 fundou Galicia Socialista e desde 1964 presidiu a Asociación Cultural de Vigo, centro de oposición cultural e política ao Franquismo. En 1975 contribuíu á creación da Asemblea Nacional Popular Galega (ANPG) e do Partido Obreiro Galego (POG). Foi dirixente de UPG-ANPG (1970-1977), do PSG-EG (1977-1996) e do BNG (1996-1999). Foi un dos redactores do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia, participando na Comisión dos 16. Foi deputado no Parlamento galego (1981-1993 e 1997-1999) e no Parlamento europeo polo BNG (1999-2004) formando parte do Grupo de los Verdes-Alianza Libre Europea. Como eurodeputado formou parte dunha misión de paz en Iraq e participou no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Cultivou o debuxo, o gravado, a xoiaría e o tapiz. Abarcou unha gran variedade de estilos, desde a figuración próxima á pop-art ata modalidades de figuración fantástica. Traballou a madeira, a pedra, a arxila, o mármore, o bronce e a cerámica, empregando a talla, modelando a tamaño real ou cocendo con diferentes técnicas. A maior parte das súas composicións son monumentais, aínda que tamén empregou o pequeno formato. Da súa produción destacan La Pasionaria e os álbums La petite reine e Comme disait ma grand-mére. A súa obra está presente en numerosas coleccións e museos, entre outros, o Museo do Pobo Galego e o Musée National d’Art Moderne en París. Recibiu o Premio Bourdelle en 1975 e o Gran I Premio de Tapices Gran Palais en 1981, ambos os dous en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. En 1892 comezou os seus estudos na Escuela de Arquitectura de Madrid, que rematou cun proxecto de palacio arcebispal (1900). Recibiu unha formación arquitectónica ecléctica, en que tiña relevancia a ornamentación clasicista, e tivo un amplo coñecemento da arquitectura española. Tiña unha concepción grandiosa da arquitectura e partiu do seguimento dos postulados académicos pero evolucionou cara ao modernismo, con influencias do rexeneracionismo de comenzos do s XX, do modernismo vienés e da Escola de Chicago. Revalorizou o granito do Porriño, que ata o momento se utilizaba na pavimentación, e empregouno pulido. Asociouse con Joaquín Otamendi Machimbarrena e obtiveron o primeiro premio no concurso dunha ponte monumental para Bilbao (1901), a segunda medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes polo proxecto dunha ponte sobre o Urumea en Donostia (1904) e un dos premios do concurso para a construción do Casino de Madrid (1903-1904). En 1904 gañaron o concurso para a construción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que, sen ser militar, ten estrutura ou disciplina militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Home, nunha familia romana, que non ten outro ascendente masculino e que posúe pleno dereito como xefe da casa. Os seus poderes sobre os fillos (patria potestade), os bens e os escravos (mancipatio), eran case ilimitados. Era propietario do patrimonio familiar e efectuaba todos os actos xurídicos da familia.

    2. Cabeza de familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Coñecido como José Villamil, doutorouse en 1931 en Medicina coa tese “Tratamiento Piretoterapia no malárica de las esquizofrenias”. En 1927 entrou a traballar en Conxo, onde estivo ata 1932, e axudou a introducir técnicas innovadoras, ademais de colaborar na elaboración do regulamento dunha asociación de empregados do Manicomio de Conxo, que incluía tanto a médicos como a monxas. Realizou diversas estadías no estranxeiro, feito que lle permitiu ter unha visión máis crítica sobre o estado da asistencia psiquiátrica en España. Formou novos psiquiatras, xunto aos doutores Martínez Díaz e Villarino Pérez. Membro da Asociación Española de Neuropsiquiatría desde 1927, en 1939 abriu a clínica privada Sanatorio Psiquiátrico San José, en Vigo. Nese mesmo ano obtivo a cátedra de Medicina Legal na Universidade de Santiago de Compostela, que conservou ata a súa xubilación en 1971. Destacan as súas obras Manual de psiquiatría (1941) e Fisiopatología detersiva. Psicopatología...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudou no colexio militar de Santiago de Compostela e interveu activamente en Andalucía nas campañas favorables ao goberno liberal durante a invasión absolutista dos Cen Mil Fillos de San Luís (1823). Desde Cádiz iniciou o seu labor pictórico cunha primeira etapa prerromántica (1823-1833), inspirada na pintura flamenga do s XVII e na francesa de finais do s XVIII. De 1830 a 1833 viaxou a San Juan de Puerto Rico para realizar a decoración do Teatro Tapia. Tras o seu regreso a Sevilla iniciou con Vista de la Giralda de Sevilla desde la calle de la Borceguinería (1833) unha segunda etapa pictórica (1833-1854), en que se centrou cada vez máis na pintura paisaxística de carácter romántico e trazos costumistas (La plaza partida), influído polo pintor escocés David Roberts. Empregou unha técnica empastada, de trazo nervioso, colorido cálido e brillante e atmosferas vaporosas que o aproximaron á pintura de Turner (Las lavanderas del Manzanares, 1838). En 1835...

    VER O DETALLE DO TERMO