"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
PERSOEIRO
Arquitecto sueco. Viaxou por China e pola India. En 1749 estudiou en París con Jacques François Blondel e permaneceu en Italia desde 1750 ata 1755, data na que se instalou en Londres. En 1756 foi nomeado profesor de arquitectura do Príncipe de Gales e en 1760 arquitecto do rei. As súas obras teñen un carácter ecléctico baseado no estilo palatino inglés e no neoclasicismo da súa época. Entre as súas obras destacan a pagode de Kew Gardens (1762?) e a casa Somerset (1786). Publicou Designs of Chinese Buildings (Deseños de edificios chineses, 1757) e Treatise on Civil Architecture (Tratado de arquitectura civil, 1759).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Persia, fillo de Darío II. Nomeado sátrapa de Lidia, da Gran Frixia e da Capadocia, preparou un exército de gregos mercenarios -os Dez Mil- para derrocar o seu irmán Artaxerxes II. Vencérono e morreu na Batalla de Cunaxa, feitos que se narran na Anábase.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Persia (559-529 a C). Fillo de Cambises I, foi o fundador do Imperio Persa-aqueménida. Sucedeu ao seu pai como gobernador de Ansham e, logo de reunir baixo o seu mando as principais tribos persas, sublevouse contra Astiaxes e conquistou o territorio dos medos (549 a C), coa súa capital Ecbatana. Posteriormente emprendeu unha campaña na que derrotou a Creso, rei de Lidia, despois de conquistar a capital, Sardes (546 a C). Incorporou ao seu imperio as colonias gregas da Xonia (Mileto, Samos, Éfeso) e someteu Babilonia no 539 a C. Logo da conquista de Babilonia aprobou o edicto de liberación de razas e cultos, que permitiu a diversos pobos, entre outros os xudeus, abandonar Babilonia e volver ás súas terras. Emprendeu numerosas campañas contra pobos situados nos límites do imperio e morreu durante unha campaña nas fronteiras do noroeste de Persia. Destacou pola súa tolerancia e sabedoría política.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Coñecido como Bill Clinton, foi elixido fiscal xeral de Arkansas en 1977 e gobernador xeral deste estado en 1979, cargo que volveu ocupar en 1983 e en 1987. En 1986 e 1987 foi presidente da Asociación Nacional de Gobernadores. Foi candidato polo Partido Demócrata á presidencia dos EE UU nas eleccións de novembro de 1992, nas que derrotou o presidente republicano George Bush. Foi reelixido no ano 1996. Nas eleccións lexislativas de 1994 para o Senado e a Cámara de Representantes, acadaron a maioría os republicanos, co que se formou un goberno atípico. Durante o seu mandato, o papel dos EE UU consolidouse económica e politicamente no ámbito internacional: promoveu o Tratado de Libre Comercio Norteamericano (NAFTA) entre EE UU, México e Canadá, puxo fin ao embargo comercial a Vietnam, involucrouse no proceso de paz en Oriente Medio e Irlanda do Norte. No seu país reorientou a política na defensa dos dereitos humanos e pechou os últimos exercicios cun espectacular...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista norteamericano. Investigou no campo das relacións industriais e da economía monetaria. Escribiu The Distribution of Wealth (A distribución da riqueza, 1893) e History of Labour in the United States (Historia do traballo nos EE UU, 1918-1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución sen ánimo de lucro creada no ano 1993 a instancias da Universidade de Santiago de Compostela, coa finalidade de establecer unha rede universitaria que buscase a preservación do patrimonio histórico e cultural do Camiño de Santiago a través do fortalecemento da comunicación entre as universidades do grupo, o estudo de cuestións europeas e o fomento da mobilidade, para mellorar o coñecemento das culturas e linguas europeas. Constituída por 57 universidades europeas estreitamente relacionadas co Camiño e nas que están representados países como Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Eslovaquia, España, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Italia, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, o Reino Unido, a República Checa, Rusia, Suecia e Suíza. Os estatutos e o regulamento foron elaborados e aprobados en setembro do ano 1994 por unha comisión xestora integrada por representantes das universidades de Valladolid, Liexa, Nantes, Göttingen, Minho, Jaume I e Santiago de Compostela....
-
ENTRADA LARGA
Sindicato de clase fundado o 19 de marzo de 1994 no que converxen a Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN) e a Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), que asinaron un pacto de alianza o 2 de abril de 1990. Ten como obxectivo principal a mellora progresiva e xeral dos intereses dos traballadores, da propia organización e do conxunto da sociedade galega. O ámbito territorial no que desenvolve a súa actividade é a Comunidade Autónoma de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
Órganos, estrutura e obxectivos
Os órganos de dirección son o Consello Confederal, máximo organismo entre congresos; o Secretariado, que ten como finalidade facer o seguimento da acción sindical e reivindicativa sectorial e comarcal; e a Executiva Confederal. O secretario xeral, que exerce a máxima representación, e o presidente, que representa a central sindical en actos de especial relevancia, son cargos unipersoais elixidos nos congresos. A organización territorial vertébrase... -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical xurdida en 1985 da escisión da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). Formárona a Central de Traballadores Galegos (CTG) e a Confederación Sindical Galega (CSG); entre outras forzas sindicais, uníronse o Sindicato de Traballadores Forestais, o Sindicato do Ensino Privado de Galicia e o Sindicato Galego da Sanidade (SGS). En 1990 formou a coalición electoral Converxencia Intersindical Galega coa Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), que en 1993 se converteu na Confederación Intersindical Galega (CIG).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de ámbito estatal ao que lle corresponden funcións de ordenación, planificación, proposta e asesoramento en materia de educación superior. Está composto polo presidente, que coincide co ministro encargado da educación superior, polos conselleiros responsables do ensino universitario das comunidades autónomas, polos rectores de todas as universidades públicas e quince membros, designados, a partes iguais, polo Congreso de los Diputados, polo Senado e polo goberno. Entre as súas competencias, figuran a de informar sobre a creación e supresión das universidades; sobre a creación de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias; sobre o número de centros e as esixencias materiais e de persoal mínimas que debe reunir cada universidade; sobre as condicións de homologación dos títulos estranxeiros; e determinar os criterios xerais de validación de estudios cursados en centros académicos españois ou estranxeiros universitarios; e as áreas de coñecemento específicas das...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano de ámbito autonómico, creado pola Lei 5/1987, do 27 de maio, e modificado pola Lei 11/1989, do 20 de xullo. As súas funcións son, entre outras: facilitar o intercambio de información e consultas entre as universidades galegas; elaborar programas conxuntos de actuación para solucionar os problemas e as necesidades do sistema universitario de Galicia; emitir o informe sobre as propostas de creación de novas universidades e de creación, modificación ou supresión de centros, titulacións universitarias e institutos de investigación; dar a coñecer os novos plans de estudo impartidos nas universidades galegas; propoñer a organización conxunta de estudios entre as universidades, especialmente no que se refire a terceiros ciclos, estudios de posgrao e titulacións que non teñan carácter oficial no Estado; emitir informes sobre os programas de investimentos no sistema universitario de Galicia feitos directamente pola Comunidade Autónoma galega; garantir a racionalización dos estudios, dos servicios...
-
-
Discusión prolongada e intensa entre dúas ou máis persoas sobre calquera tema a causa de diferentes interpretacións ou opinóns.
-
Método teolóxico empregado na polémica dos temas que se debaten, tanto se se trata de verdades básicas non compartidas polas diversas confesións cristiás, coma de puntos secundarios nos que non se poñen de acordo as escolas teolóxicas. Neste senso, foron famosas durante os ss XVI e XVII as controversias entre dominicos e xesuítas sobre o problema da gracia de Deus e a liberdade humana.
-
Nivel de complexidade ou dificultade que pode acadar o discurso no ámbito da retórica. As primeiras tipoloxías propuxéronas Cicerón e Quintiliano. Distínguense tres graos: a controversia simplex, articulada a partir dunha única causa xudicial; a controversia coniuncta, que reúne nun mesmo proceso varias acusacións de parecida ou distinta gravidade; e a controversia comparativa, que se produce cando se establece unha confrontación entre dous ou máis membros dun debate que defenden posicións opostas. Consérvase unha colección de Controversiae, compilada por Lucio Anneo Séneca, que instrúe na arte da oratoria forense.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que trata sobre puntos de controversia.
-
-
Acción e efecto de conversar.
-
Charla informal e sen importancia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa coa que é agradable conversar.
-
-
Acción e efecto de conversar.
-
Arte de conversar.
-
Reunión de persoas que falan, dialogan ou debaten sobre temas especializados para chegar a acordos concretos. OBS: Normalmente, emprégase en plural.
-
Retrato de grupo orixinario de Flandres, pero que tivo o seu gran desenvolvemento no Reino Unido. Representa a personaxes identificables nun ambiente doméstico ou campestre en actitude de conversar. A diferencia dos retratos de grupo, os personaxes manteñen entre si relacións de carácter íntimo. Un antecedente destas obras é o Retrato do matrimonio Arnolfini de Jan Van Eyck (1434). Considérase como o primeiro cadro de conversación Federico, príncipe de Gales e as súas irmás, de Paul Mercier (1733). Entre os cultivadores desta temática destacaron William Hogarth e Thomas Gainsboroug. No s XIX abandonouse a súa produción.
-
Escena pictórica que representa a Virxe co Neno mantendo unha conversa cos santos que os acompañan. Entre outros artistas cultivaron esta temática frei Angelico, Botticelli e Piero della Francesca.
-
-
-
Relativo ou pertencente á conversación.
-
Modalidade de comunicación home-máquina caracterizada polo uso de linguaxes (chamadas conversacionais) que, empregadas interactivamente, danlle ao proceso a aparencia dunha conversa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a quen conversa, especialmente a quen o fai con amenidade.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bari, na Puglia, Italia, situada na marxe oriental do altiplano de Murge (448.822 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Falar dúas ou máis persoas entre si de xeito informal.
-
PERSOEIRO
Compositor estadounidense. Realizou estudios en Harvard e posteriormente na Academia de Múnic. Ao seu regreso a EE UU, desenvolveu a docencia en Boston e dedicouse á composición. Da súa produción destaca a ópera The Pipe of Desire (1905), primeira ópera norteamericana que se representou no Metropolitan Opera House (1910). Ademais é autor de sinfonías e poemas sinfónicos.
VER O DETALLE DO TERMO