"UNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 232.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña (86.900 h [1990]). Situada na ribeira dereita do río Lippe, forma parte da área metropolitana de Essen. É un centro mineiro e ten unha central térmica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Gobernador da Coruña (1872), foi deputado durante o Bienio Progresista (1854-1856). Foi xuíz en Xinzo de Limia (1837), onde tivo un destacado papel na persecución de partidas carlistas de Ourense, en Pontevedra (1840) e en Ferrol (1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico. Foi bispo de Huesca (1919-1922) e Vitoria-Gasteiz (1923-1927), e arcebispo de Santiago de Compostela (1927-1933). Apoiou os sectores políticos máis reaccionarios e opinaba que a Igrexa era consubstancial á monarquía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Formouse en Xapón e en Praga con Čerepnin. Foi presidente da sección xaponesa da Sociedade Internacional de Música Contemporánea (1956-1960). Nas súas composicións, das que destacan Canto de amor (1954), para soprano; U-mai (1959) e Bugaku (1962), para orquestra; e Rapsodia sobre un tema gagaku (1983), para orquestra de cámara, conxugou a tradición xaponesa coa técnica serial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Xefe da lexión tebana, instalou o seu campamento en Agaune (Valais), actual Saint-Maurice (Suíza) para combater ao N dos Alpes. O Emperador Maximiano deu orde de decimar a lexión por non participar no culto oficial de Roma, e acusados de rebelión militar, oficiais e soldados entregaron as súas armas e deixáronse decapitar sen opoñer resistencia. A súa festividade celébrase o 22 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño. Ingresou na armada en 1840, participou na Primeira Guerra Carlista e foi tenente de navío (1850) e auxiliar da secretaría de Mariña (1855). Elixido xefe das forzas das illas Visayas (Filipinas), en 1861 derrotou os piratas de Mindanao na toma de Pegagulán, o que lle valeu para ascender a capitán de navío en 1862. Posteriormente foi director de persoal do Ministerio de Mariña e en 1864 embarcou no acoirazado Numancia, co que se dirixiu ao Pacífico para unirse aos buques que xa se atopaban naquela zona. Cando Perú lle declarou a guerra a España en 1866, e despois da morte do almirante Pareja, tomou o mando da frota española no enfrontamento desta coa escuadra chileno-peruana. Venceu a esta alianza o 7 de febreiro de 1866 no canal de Abato e obrigouna a retirarse a augas pouco profundas para evitar a súa destrución. Non tivo en conta as ameazas estadounidenses e británicas que pretendían o control marítimo desa zona, e bombardeou Valparaíso o 4 de abril dese mesmo ano e o forte de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido polo Rei Amadeo I de España a Xenaro Méndez Núñez Guadarrama e Fernández, oficial de infantaría, o 23 de agosto de 1872, na procura de honrar a memoria do seu irmán Casto Méndez Núñez. Trae por armas un escudo cuarteado en cruz: o primeiro, cuarteado á súa vez: 1) de prata, cruz flordelisada de goles de prata; 2) de ouro, árbore de sinople; 3) de ouro, tres bandas de goles; 4) de prata, cinco cruces de sable en aspa con bordo de goles e oito aspas de ouro; o segundo, de goles, banda de prata con león de ouro e tau de azul; o terceiro, de ouro, tres follas de vide de sinople, con bordo de azul con catro aspas de ouro e catro podadeiras de prata de forma alterna; cuarto cuartel, de azul, cinco lises de ouro postas en aspa, con bordo de goles con oito aspas de ouro; no timbre, a coroa marquesal.
-
PERSOEIRO
Xurista, historiador e político. Letrado do Consello do Estado e profesor titular da Universidad Complutense en Dereito da Comunicación Audiovisual. Foi membro do Comité Executivo Nacional do PP, secretario de Estado de Relacións coas Cortes (1996-2000) e voceiro do grupo parlamentario popular no Senado (1995-1996). Deputado desde 1996, foi nomeado ministro de Xustiza (2002-2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico chinés. Moi expresivo, nas súas interpretacións empregou diversos recursos mímicos do teatro tradicional xaponés. Formou co realizador Akira Kurosawa unha das parellas máis destacadas de todo o cine xaponés. Colaboraron en dezaseis filmes, dos que destacan Yoidore Tenshi (Anxo bébedo, 1948), Rashomon (No bosque, 1950) e Akahige (1956). Fóra de Xapón participou en Hell in the Pacific (1968), 1941 (1979) ou Picture Bride (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Quiroga. Escavado na rocha, nun dos meandros do Sil, foi proxectado polos romanos para a extracción de ouro do río. Barállanse dúas hipóteses sobre a forma de levar a cabo a extracción: unha defende a fabricación do túnel, longo, profundo e estreito, para evitar a dispersión do metal, e outra avoga pola explotación das areas fluviais do meandro mediante o sistema de bateo, que quedaba en seco tras o desvío do río a través do túnel.
-
PERSOEIRO
Escritor xaponés. Coñecido co pseudónimo de Bashō, foi un dos escritores que máis axudou na modernización do haikai xaponés. O éxito do seu primeiro libro, Kaiōi (1672), levouno a instalarse en Toquio, onde tivo numerosos discípulos. En 1684 realizou diversas peregrinacións, que constituíron a base do diario Nozarashi Kiko (1685) e de numerosas antoloxías de haikais. Tamén destaca a súa obra Oku no Hosomichi (O estreito camiño a través do norte profundo, 1694).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado preto do nacemento do río Córcoles (3.973 h [2001]). A economía baséase na agricultura, principalmente no regadío, na gandaría e nas industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Santa Xiá de Monfero (Monfero). O seu cumio acada os 580 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Inspector de educación. Foi secretario de Inspección do Distrito Universitario de Santiago de Compostela, delegado de Educación en Lugo e director xeral de Ensino Medio da Xunta de Galicia, posto desde o que coordinou a aplicación da LOXSE en Galicia. Director do Instituto Nacional de Calidad de la Educación (INCE) en Madrid, participou na edición do Plan de Aplicación de Novas Tecnoloxías na Educación en Galicia (PANTEG, 1992) e escribiu o artigo “Os temas ossiánicos na poesía de Ramón Cabanillas” (1976), publicado en Grial.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1916. Instalouse no hospital da Coruña como especialista en dermatoloxía e sifilografía. Facultativo da Asociación da Prensa, ingresou na Academia Española de Dermatoloxía e Sifilografía. Publicou El capitán de yate (1944) e Higiene naval (1950), galardoados co premio Virgen del Carmen, e Primeiros auxilios sanitarios en la mar (1969). Foi galardoado coa Cruz do mérito naval con distinción branca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Destacou no transcurso da Guerra Civil (1936-1939) e ascendeu a segundo xefe da Casa Militar de Francisco Franco. En 1957 alcanzou o grao de almirante xefe da Xurisdición Central da Mariña. Foi secretario da Mariña Mercante (1960), desde onde renovou a frota pesqueira e creou as Escolas Naútico-Pesqueiras, e ministro da Mariña (1962-1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento fotográfico que se iniciou na Coruña en 1980 e en que participaron Xosé Abad, Vari Caramés, Xulio Correa, Ángel Flores, Luis Gayol, Xurxo Lobato e Xoán Piñón. O seu obxectivo era revitalizar a vida fotográfica da cidade herculina e de Galicia, e servir como motor da produción creativa. Tras a conformación deste movemento constituíuse a Sociedade Fotográfica Coruñesa, que se fundou o 13 de maio de 1984, e tirouse do prelo a revista fotográfica 40 X 50 (1985), que contribuíu á dinamización do panorama fotográfico galego. A súa primeira exposición tivo lugar na Coruña en 1984 e nela colaboraron, ademais dos membros do movemento, outros fotógrafos como Luis Carré, María Lendoiro e Manuel Vilariño.
-
CIDADES
Cidade de Inglaterra, situada en Warwickshire, Reino Unido (118.340 h [1999]). Ten unha tradición de séculos na actividade mineira do carbón, completada pola explotación de depósitos de arxila. Conserva un mosteiro do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador. Participou na conquista de Jaén (1246) e narrou os feitos na súa única composición “Un infançon mi á convidado”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo portugués. Realizou estudos eclesiásicos e foi ordenado sacerdote. Desde 1889 exerceu como capelán militar e tivo como destino Lagos, Santarém e Beja. Paralelamente, comezou a desempeñar a súa carreira docente. En 1910 abandonou o sacerdocio e pasou a dedicarse definitivamente á docencia. Participou nas deliberacións da Comisión para a Reforma Ortográfica, da que foi secretario. En 1913 foi nomeado socio correspondente da Academia de Ciências de Lisboa e, ao ano seguinte, profesor extraordinario de filoloxía clásica da facultade de Letras de Lisboa -en 1929 ocupou o cargo de director-. Foi un dos impulsores da filoloxía portuguesa; destacan, sobre todo, as investigacións dialectolóxicas, os estudos de gramática histórica e as edicións de textos medievais. Da súa produción destacan Chrestomatia archaica (1906), Compêndio de gramática histórica portuguesa (1919), Cantigas d amigo dos trovadores galego-portugueses (1926-1928), Evolução da língua portuguesa (1926), Digressões lexicológicas...
VER O DETALLE DO TERMO