"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
-
forcanza.
-
Cada unha das dúas pezas que ten o arado de madeira a ambos lados da rella e que serven para remover a terra e anchear o suco.
-
Estadullo en forma de Y que se coloca na parte dianteira do carro, entre o chedeiro e a cabezalla, para termar da carga.
-
Pao groso e longo con dúas ou tres gallas que se utiliza para calcar o bagazo ou remexer as papas ou roxóns.
-
Cavidade do casco da barca a proa, baixo o castelo.
-
Aplícase á peza, especialmente a cruz, na que as súas extremidades presentan dúas ramas terminais amodo de forca.
-
-
PUNTA
Punta do litoral setentrional da parroquia de Camariñas, no concello homónimo, ao L do Cabo Vilán.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra do Barbanza que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Xuño (Porto do Son), Oleiros (Ribeira) e Lesón (A Pobra do Caramiñal). O seu cumio acada os 620 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abertura de dúas cousas ou de dúas partes que se separan, como as dúas puntas ou gallas dunha forca.
-
TERRITORIOS
Territorio da alta Provenza, centrado na cidade de Forcalquier (4.302 h [1999]), situada á dereita de Durance, uns 10 km cara ao interior. Esténdese entre Durance (no límite co condado de Provenza) e os Alpes. Incluía o Gapencès, o Champsaur e o Embrunès. Foi condado independente dende 1054 e con Ramón Berenger V uniuse definitivamente ao condado de Provenza (1209).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento agrícola formado por un pau longo con dúas ou máis puntas ou gallas de madeira ou ferro e que serve, entre outras cousas, para coller esterco, cargar o carro de toxo, mover os feixes de herba ou meter o pan no forno.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Forcarei.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca administrativa de Tabeirós-Terra de Montes, situado na provincia de Pontevedra no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao NL co concello de Silleda (na comarca do Deza), ao L co de Lalín (Deza), ao S cos do Irixo e Beariz (ambos os dous na comarca do Carballiño) e A Lama e Cotobade (na de Pontevedra), ao O co de Cerdedo e ao NO co da Estrada. Abrangue unha superficie de 168,4 km 2 , nos que acolle unha poboación de 4.428 h (2007), distribuídos nas parroquias de Aciveiro, Castrelo, Dúas Igrexas, Forcarei, A Madanela de Montes, Meavía, Millarada, Pardesoa, Pereira, Quintillán, San Miguel de Presqueiras, Santa Mariña de Presqueiras e Ventoxo. A capital municipal é a vila de Forcarei, situada a 42° 35’ de latitude N e 8° 20’ de lonxitude O, 44 km ao NL de Pontevedra e 52 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial da Estrada e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A elevada altitude media... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Forcarei. Construída no 1697, reedificouse en 1787 baixo a dirección dos canteiros Pedro Varela e Pedro Gutiérrez, e ampliouse no s XX ao engadirse unha nave transversal ao muro S. Ten planta de cruz latina con ábsida e sancristía cadradas, cóbrese con bóveda de aresta. Na fachada, a porta é arquitrabada e sitúase baixo un pórtico con arco semicircular; sobre ela ábrese unha fornela coa imaxe da Virxe. A torre, situada nun dos lados da fachada, está composta por dous corpos, un rectangular e outro octogonal coroado por unha pequena lanterna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Parada de Sil baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de extrema esquerda, xurdido en Portugal en 1980, que tomou o seu nome da revolución contra a ditadura salazarista (25.04.1974), coñecida como Revolução dos Cravos. A súa ideoloxía centrábase na loita contra o imperialismo e o poder exercido pola burguesía capitalista, para o que levou a cabo diversos atentados contra o goberno portugués, entidades bancarias, delegacións estadounidenses e da OTAN ata 1986, ano en que foi detido o seu líder, Otelo Saraiva do Carvalho, condenado a quince anos de prisión. En 1995 beneficiouse dunha amnistía xeral concedida aos membros do grupo e saíu en liberdade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1951. Foi dirixida por Michael Curtiz e interpretada por William Holden, Nancy Olson, Frank Lovejoy e Gene Evans. Este filme, baseado nunha obra de Ernest Hemingway, presenta a historia de amor entre un tenente do exército e unha enfermeira durante a Segunda Guerra Mundial. A sinxeleza dos planos e a interpretación dos protagonistas é o máis destacado desta película.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada a partir do Acuerdo Nacional de Formación Continua, entre a CEOE (Confederación Española de Organizaciones Empresariales), a CEPYME (Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa) e os sindicatos CC OO, UGT e CIG, que se constituíu co apoio do Fondo Social Europeo en maio de 1993. Entre os seus obxetivos destaca a formación continua de profesionais de todos os sectores socioeconómicos, a xestión das axudas á formación continua e a realización do seu seguimento e control técnico. Os principais destinatarios dos seus planos de formación son as entidades de titularidade privada con persoal contratado e os profesionais por conta propia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento obstétrico apto para a asir a cabeza fetal, facerlle tracción e dirixilo, co fin de acelerar o parto cando o período expulsivo se prolonga e hai perigo de sufrimento fetal. Ideado en 1647 por Pierre Chamberlen (1601-1683), consta basicamente de dous brazos que se cruzan; en cada rama está a culler para suxeitar a cabeza do feto, o colo ou zona onde se articulan os dous brazos, e o mango.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empregar a forza, física ou moral, para vencer algunha resistencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de forcexar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación dunha pinza nun vaso sanguíneo con finalidade hemostática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos extremos dos dentes dunha forcada.
-
GALICIA
Avogado. Doutor en Dereito e en Filosofía, estudiou economía agrícola e socioloxía e realizou un master en Legal Institutions na University of Wisconsin. Foi delegado consular de España no estado de Mérida (Venezuela), profesor titular e xefe da cátedra de Dereito Agrario na Universidad de los Andes e profesor de dereito mercantil na Universidade de Vigo. Preside a asociación Amigos da Universidade de Vigo, da que foi fundador. Colaborou en Foro Galego ou Cuadernos para el Diálogo. Entre outras obras coordinou Universidade e Sociedade (1999) e escribiu Autonomía, agricultura e desenrolo de Galicia (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome das igrexas protestantes de Inglaterra e de Gales que non forman parte da Igrexa de Inglaterra. Comprenden non só o grupo integrado na Free Church Federation (1940), senón outros que sosteñen a imposibilidade dunha unión permanente entre Igrexa e Estado.