"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Influencia do exército sobre o estado. O corpo dos pretorianos romanos interveu decisivamente en diversas ocasións no desenvolvemento da historia do imperio. Entre os seus actos cóntase o asasinato de Calígula e o nomeamento de emperadores como Claudio e Otón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erección anormal e dolorosa do pene, sen desexo sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición ou calidade de primitivo.

      1. Imitación dos pobos primitivos.

      2. Inxenuidade finxida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento doutrinal e ascético iniciado por Prisciliano. Desenvolveuse principalmente no NO peninsular, probablemente o lugar do seu nacemento. Desde as súas primeiras predicacións ascéticas, uníronse á nova teoría os bispos Instancio e Silvano, mentres que Hixinio de Córdoba, Hidacio de Mérida e Itacio de Ossanuba foron os seus maiores detractores. En Galicia fixo ese papel o vigairo Mariniano. Prisciliano recibiu a influencia do gnosticismo, do maniqueísmo, da astroloxía e das ciencias ocultas. Rexeitou a existencia de tres persoas (pai, fillo e espírito santo) nunha soa substancia divina (a Santísima Trindade) e, no eido moral, defendeu un rigorismo que puxera fin á relaxación dos costumes, ademais quitou valor á xerarquía eclesiástica. Segundo Hidacio de Chaves, a súa predicación chegou ata Galicia e arraigou forte entre os habitantes, que mesmo repatriaron o corpo. Esta rápida extensión foi posible grazas a que na Gallaecia apenas se executaba aos herexes e que, por parte do bispo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poliedro que ten dúas caras iguais e paralelas (bases), sendo as outras caras (caras laterais) paralelogramos. As interseccións entre as caras laterais son as arestas laterais. A altura é a distancia perpendicular entre as dúas bases. O volume é o produto da área dunha base pola altura. Un prisma recibe o seu nome segundo a forma xeométrica das súas bases (triangular, cuadrangular ou pentagonal), e denomínase recto se as súas bases son perpendiculares ás arestas laterais, e regular se as súas bases son polígonos regulares.

    2. Forma cristalográfica constituída por unha serie de caras que se cortan paralelamente nunha soa dirección e están agrupadas ao seu redor. Diferénciase do prisma xeométrico en que lle faltan as bases.

    3. Sistema óptico constituído por dous dioptros planos que delimitan un medio transparente e forman un ángulo non nulo, denominado ángulo do prisma. Un raio luminoso que atravesa un prisma sofre polo feito de refractarse dúas veces, unha por cada dioptro, un cambio de dirección chamado ángulo de desviación, que é función do índice de refracción do medio que constitúe o prisma, do ángulo do prisma e do de incidencia do raio. Cando un raio de luz policromática incide nun prisma, prodúcese a dispersión cromática da luz. Se o ángulo é igual ou superior ao dobre do ángulo límite, haberá unha reflexión total, pero se é inferior esta só terá lugar para determinados valores do ángulo de incidencia. Algúns tipos particulares son o prisma de Nicol, o prisma de Rochon e o prisma de Wollaston.

    4. Punto de vista que se ten de algo ou de alguén.

    5. Superposición de láminas amoreadas fronte a unha placa, sobre unha zona de subdución.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao prisma.

      2. Que ten forma de prisma.

      3. Que está formado por un prisma.

      4. Aplícase á superficie xerada polo movemento dunha liña recta que se move paralelamente a ela mesma, que se interseca sempre cos lados dun polígono plano.

    1. Aplícase ás cores que resultan da descomposición da luz branca cun prisma óptico.

    2. Binóculo en que a luz, antes de atravesar o ocular, é desviada dúas veces por reflexión mediante dous prismas que hai en cada un dos dous tubos do instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliedro formado por dous polígonos paralelos (bases), non necesariamente iguais nin co mesmo número de lados, e no que as caras laterais son trapecios ou triángulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prismatoide que ten por bases dous polígonos do mesmo número de lados, e as outras caras poden ser trapezoides ou paralelogramos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina moral relacionada co probabilismo e oposta a el, segundo a que, en cuestións éticas, hai que seguir, entre as diversas opinións probables, a que teña unha maior probabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que nega a posibilidade de alcanzar a verdade, polo que establece a opinión máis probable como a equivalente á certa. Desenvolveuse no seo das academias mediana e nova por Arcesilao de Pitana, Carnéades e Filón de Larisa, entre outros. Modernamente apareceu unha nova variedade, relacionada coa teoría e a filosofía da ciencia (Gaston Bachelard). Tamén se coñeceu co nome de plausibilismo (Émile Meyerson).

    2. Doutrina moral, desenvolvida no s XVII, sobre todo polos xesuítas, seguindo ao dominicano Bertomeu Medina (1528-1580), segundo a que é posible seguir unha opinión probable en cuestións éticas, aínda que exista outra opinión máis probable. Relaciónase coa casuística e co probabiliorismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erro cronolóxico que consiste en presentar un feito nunha época ou data anterior á que ocorreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización dunha actividade non lucrativa, xeralmente un deporte, como medio de lucro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade e obra dos profetas, sobre todo hebreos, aínda que o fenómeno non se limita a ningún ambiente histórico exclusivo. Cabe interpretar como tal a prédica e a obra dos grandes reformadores relixiosos: Buda, Zaratustra, e sobre todo Mahoma. No Antigo Testamento aparecen grupos de profetas participando nas festas populares dos santuarios. Na época dos reis formaban parte do persoal fixo ao servizo do templo ou da corte: os ambientes de Elías e Eliseo implican comunidades de discípulos que vivían pobremente fóra das vilas. Cara ao s IV a C, os abusos dos falsos profetas fixeron caer a institución no descrédito ata a súa desaparición. Nos comezos do Novo Testamento comezou a renacer: comunidades de bautistas volveron ao deserto e predicaron a pureza e a conversión. Destacan san Xoán Bautista e Xesús Cristo, aclamados como profetas. Na primitiva comunidade cristiá foi un carisma normal. Os elementos proféticos enriqueceron a literatura apostólica e apócrifa, e os anuncios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de prógnato que caracteriza a algúns grupos humanos, como os negroides, os tasmanianos e os australianos, mentres que é unha anomalía noutros grupos. O caso contrario é o ortognatismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia que defende unhas ideas ou programas sociais e políticos avanzados, non estancados no pasado, que corresponden á convicción de que a sociedade camiña de forma progresiva cara a unha perfección cada vez maior.

    2. Doutrina e tendencia que integran relixiosamente a loita pola reforma das estruturas sociais, políticas e económicas, baseándose na necesidade de poñer en contacto a fe e a vida no mundo actual. Destaca a Union des Chrétiens Progressistes (UPC), fundada en Francia en 1945. Pódese considerar como un antecedente do fenómeno da secularización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento para combater o alcoholismo mediante a implantación de leis que prohiban a produción e venda de bebidas alcohólicas. Aplicado en EE UU mediante a lei seca, apareceu de forma atenuada nalgúns países europeos como Noruega ou Suecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de prosaico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celo esaxerado ao facer prosélitos. Á parte do significado particular que ten no xudaísmo, pode aplicarse a todas as relixións que buscan unha difusión alén das comunidades sociais que as practican. O termo é aplicado a calquera doutrina filosófica ou política, e mesmo pode ter un sentido pexorativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Siloxismo preliminar doutro, cuxa conclusión serve como premisa para o segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado patolóxico en que unha enfermidade da próstata ocasiona trastornos da mición.

    VER O DETALLE DO TERMO