"Rus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 386.

  • Xénero de peixes mariños, da familia dos singnátidos, que poden acadar -no caso das femias- unha lonxitude de ata 60 cm ou -no caso dos machos- 40 cm; o corpo é alongado e armado por un conxunto de placas dérmicas que forman aneis, a boca é pequena e a fendedura branquial está reducida a un poro; a aleta caudal é rudimentaria, a aleta dorsal esténdese entre os aneis 7 e 11 do tronco, a aleta anal está ausente e a aleta pectoral membranosa só está presente nos xuvenís. Son de cor acastañada clara con numerosas raias verticais prateadas, orladas de escuro e unha liña vermella escura horizontal na cabeza. Os machos incuban os ovos ata que as larvas acadan uns 12 mm de lonxitude total e poden ter vida independente. A especie E. aequoraeus, distribuída polo Atlántico dende os Açores ata Noruega, está presente en ambientes costeiros e praderías litorais. Recibe a denominación popular de agulla cobra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico que designa distintos tipos de virus, ás veces patóxenos, que teñen como característica común o hábitat e o lugar de replicación que é o tracto intestinal humano, onde son estables durante unha ou tres horas a un pH entre 3,0 e 5,0. Son virus de pequeno tamaño (20-30 nm) e unha única cadea de ARN, que presentan unha cápside proteica icosaédrica e non teñen envoltura. Con moita frecuencia producen infeccións asintomáticas, pero poden causar infeccións do sistema nervioso central (como a meninxite, a encefalite ou a poliomelite), do aparato dixestivo (como a pancreatite) e do respiratorio (como a pneumonía ou o arrefriado común); tamén se relacionan con malformacións conxénitas ou algunhas formas de diabete. O home é o único reservorio coñecido e a transmisión é fundamentalmente por contacto fecal ou oral e por vía respiratoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xenetista. Foi profesor na Universitè de Paris e director do Centre de Génétique Moléculaire. Realizou importantes investigacións sobre diferenciación celular, cultivo de células in vitro, mecanismos xenéticos e hibridación de células somáticas. Pola súa contribución na integración da xenética clásica coa bioquímica e a embrioloxía, considérase o pioneiro da xenética molecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herpesvirus humano, presente en todas as poboacións do mundo, que se transmite pola saliva. O seu xenoma está constituído por unha molécula de ADN bicatenario cunha lonxitude dunhas 172 kbp. A infección primaria adoita producirse na primeira infancia; se ten lugar durante a adolescencia pode desenvolver unha mononucleose infecciosa. Está asociado a certos tipos de cancros como o linfoma de Burkitt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes mariños bentónicos, da familia dos escuálidos, de talle pequeno. O seu corpo é cilíndrico, comprimido ou lixeiramente deprimido; a boca está en posición ventral e carece de aleta anal. Os dentes superiores presentan 3 ou 5 cúspides -das que a central é máis longa-, e os dentes inferiores unha soa cúspide moi inclinada lateralmente. Nas costas galegas están presentes as especies E. princeps, E. pusillus e E. spinax.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión relixiosa das principais cidades etruscas reunidas ao redor do deus protector Voltumna constituída no s VI a C. Anualmente celebraban cerimonias, festas e xogos preto do lago Bolsena e elixían un xefe supremo relixioso. As doce cidades repartíanse en tres rexións: a Etruria marítima, formada por Caere, Tarquinia, Vulci e Vetulonia; a Etruria interior que comprendía Veii, Volsinii, Chiusi e Perugia; e a Etruria setentrional, que incluía Volterra, Arezzo, Cortona e Fiesole. Estes centros conservaron a súa independencia e nunca formaron unha verdadeira confederación. A conquista de Veii polos romanos (396 a C) marcou a súa fin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo etrusco, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo etrusco.

    3. Pobo formado e desenvolvido na rexión de Etruria entre os ss VIII e I a C. Respecto á súa orixe existen tres teorías: a tese autóctona, derivada dos estudios do historiador romano Dionisio de Halicarnaso, defende a súa orixe vernácula e a súa evolución in situ a partir das culturas vilanovianas, evolución que sería similar á doutros pobos mediterráneos; a tese oriental vinculouno cun dos Pobos do Mar mencionados e representados nos relevos do templo exipcio de Medinet Habu; e unha terceira tese sitúa as súas orixes no N de Italia e vincúlaos cos itálicos que penetraron en Italia a finais do II milenio a C. Impúxose a hipótese da súa orixe autóctona e afirmouse que sobre o substrato da cultura vilanoviana, que experimentou un incremento demográfico no s VIII a C, incidiron as influencias orientais, procedentes dos fenicios e dos gregos, ata constituír o pobo etrusco. Os problemas para o seu estudio, que se derivan do descoñecemento da súa lingua, impiden a investigación directa...

    4. Lingua preindoeuropea extinta (sen falantes desde o s I a C) que procede probablemente dunha fusión de elementos autóctonos e asiáticos. Era propia do pobo prerromano que habitaba Etruria. Os diversos intentos que se fixeron de relacionar o etrusco con linguas indoeuropeas, caucásicas ou urálicas, ou algunha outra familia non deron resultados satisfactorios e, polo tanto, considérase unha lingua illada. Non se conservan textos literarios, pero si algunhas inscricións funerarias (o Agram), escritas de dereita a esquerda, lexibles polo alfabeto, derivado do grego, pero difíciles de traducir. Malia que a súa descrición gramatical queda necesariamente incompleta porque os textos que se conservan son breves e repetitivos, segundo as representacións gráficas pódese dicir que algúns dos seus trazos lingüísticos son: non hai sonoras; dispuxo dun sistema de cinco vocais aínda que só se representan catro na escritura; os ditongos tenden a reducirse e as consoantes a acumularse; non hai xénero gramatical,...

    5. Arte desenvolvida polo pobo etrusco. Caracterízase pola súa descontinuidade no tempo e no espazo e no seu estilo, pois, aínda que ten unhas características comúns, é a manifestación das distintas cidades etruscas. Ao mesmo tempo trátase dunha arte que integrou elementos procedentes das distintas culturas de Oriente e Grecia, coas que mantivo contactos culturais e comerciais e das que fixo unha adaptación persoal. Na Idade de Ferro desenvolveuse no territorio de Etruria a cultura vilanoviana (900-650 a C) de estilo xeométrico pero non identificada completamente coa cultura etrusca. A primeira etapa da arte etrusca correspóndese co período orientalizante ou arcaico (ss VII-VI a C), caracterizado por unha inicial influencia oriental e despois grega a través da cerámica de importación corintia e ática. Deste período consérvanse tumbas monumentais nas que se conservaron pinturas ao fresco. A influencia oriental maniféstase na ourivería, nos bronces e nas cerámicas, mentres que a grega se presenta...

    6. Estilo aplicado á decoración de interiores e ao mobiliario empregado no s XVIII. Caracterizouse polo contraste entre as cores branca, negra e terracota, ao modo das pinturas e murais localizados nas escavacións de Pompeia, Herculano e Paestum, que se asociaban aos etruscos. No Reino Unido cultivouno, entre outros, Robert Adam e en Francia tivo o seu esplendor durante o Directorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia a civilización etrusca. O interese polas antigüidades etruscas, que xa existía na época romana, reapareceu no Renacemento e o traballo de Thomas Dempster De Etruria Regali Libri Septem, escrito entre 1616 e 1619, marcou o comezo dos estudios modernos. No 1726 creouse a Accademia Etrusca de Cortona e na segunda metade do s XIX realizáronse os primeiros estudios científicos e comezaron as escavacións en Chiusi, Certona, Villanova e Tarquinia. No 1927 creouse en Florencia o Instituto di Studi Etruschi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de transformación dun material suficientemente plástico, que se obriga a pasar, someténdoo a unha certa presión, por un ou máis canóns ou fileiras aos que se lles dá a forma desexada. No campo dos polímeros aplícase aos materiais termoplásticos, especialmente aos PVC, polietileno, polistireno, polipropileno, poliamida e algúns derivados celulósicos, e obtéñense tubos, barras, films e perfís diversos. En metalurxia aplícase ao aluminio e ás súas aliaxes, ao latón, ao bronce e ao cuproaluminio. A extrusión do aceiro foi posible en 1941 coa utilización de vidro fundido como lubricante, e empezou a aplicarse amplamente na produción de diferentes tipos de alimentos a partir dos anos setenta.

    2. Xurdimento de materiais nunha capa sedimentaria debido a presións tectónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás rochas volcánicas orixinadas pola consolidación de lavas compactas, logo dunha erupción, na superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce extrusión.

    2. extrusora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina empregada na extrusión de plásticos. A presión necesaria para a extrusión acádase por medio dun parafuso sen fin que xira de forma axustada a unha carcasa, quentada exteriormente, e que empurra o material cara ao bico ou fileira de saída. A fusión do plástico é consecuencia da temperatura interior e da acción mecánica do parafuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor húngaro. Formouse en Viena no estudo de V. Tilgner e na Akademie der Bildenden Künste. Das súas obras destacan A crucifixión (1891) e as estatuas ecuestres da Emperatriz María Tereixa (Bratislava, 1892-1897) e do Rei Matías Corvino (Cluj-Napoca, 1902). Recibiu o Grand Prix na Exposition Universelle de París de 1900.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘almorzar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Berlín 1688 - Postdam 1740) Rei de Prusia (1713-1740), fillo e sucesor de Federico I. Formou parte da coalición contra Suecia na Guerra do Norte e obtivo a Pomerania occidental, Stetin e as illas Wolin e Usedom. Continuou a obra de centralización iniciada polos seus antecesores e potenciou o desenvolvemento económico por medio da inmigración. Fortaleceu o exército, organizou un sistema de recrutamento regular e creou unha escola de cadetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1786-1797), fillo do príncipe Augusto Guillerme. Sucedeu o seu tío Federico II. Membro da primeira coalición contra Francia (1793), as vitorias francesas e os seus intereses en Polonia inducírono a firmar a paz por separado polo Tratado de Basilea (1795). En 1793 anexionouse Danzig e Thorn, e en 1795 Varsovia. Reduciu as liberdades e á súa morte deixou o exército e a economía debilitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1797-1840), fillo e sucesor de Federico Guillerme II. Coaligado con Rusia, atacou Francia (1806) e, tralas derrotas de Jena, Auerstedt e Friedland, asinou a Paz de Tilsit (1807), que deixaba o reino reducido á metade. En 1813 uniuse á coalición contra Napoleón e o Congreso de Viena (1815) restituíulle aumentados os territorios perdidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1840-1861), fillo e sucesor de Federico Guillerme III. Reprimiu a Revolución de 1848, pero tivo que outorgar unha Constitución. Enlouqueceu en 1857 e asumiu a rexencia o seu irmán Guillerme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Brandenburgo (Federico III, 1688-1713) e rei de Prusia (1701-1713). Proclamouse herdeiro único en contra do testamento do seu pai, o elector Federico Guillerme I, e apoiou o Emperador Leopoldo I na Guerra de Sucesión pola coroa española a cambio do título de rei de Prusia. Practicou unha política de asimilación de protestantes europeos e fundou a Universidade de Halle (1694) e a Academia das Ciencias de Berlín (1707). Foi tamén mecenas do filósofo e matemático G. W. Leibniz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1740-1786), fillo de Federico Guillerme I. Rebelouse contra a educación imposta polo seu pai e tentou fuxir a Inglaterra en 1730, pero foi descuberto e fixérono prisioneiro. En 1740 accedeu ao trono prusiano e iniciou unha política militar de carácter expansivo. Durante a Guerra de Sucesión austríaca (1740-1748) ocupou a rexión de Silesia, ao tempo que lle ofrecía a súa axuda a María Tareixa de Austria a cambio da propia Silesia. Na Guerra dos Sete Anos (1756-1763), malia as derrotas fronte aos exércitos austrorrusos, conseguiu asegurarse Silesia. En 1772 repartiuse Polonia con Catarina II de Rusia, polo que engadiu aos seus territorios a Prusia polaca, Gdańsk e Thorn, e en 1779 obtivo os principados franconios de Baviera. Durante a Guerra de Sucesión de Baviera constituíu o Fürstenbund, unha alianza cos principes alemáns co fin de frear os intentos de Austria por reconstituír o Sacro Imperio Romano Xermánico. Expoñente do despotismo ilustrado europeo, reorganizou a...

    VER O DETALLE DO TERMO