"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Trastorno que se produce xeralmente durante o sono, en que o suxeito se ergue, se move, camiña, escribe e fala, sen que se acorde despois do feito. O somnambulismo pode ser tamén artificial ou provocado, e neste caso é unha das formas do estado de hipnose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de intensificación da produtividade do traballo, baseado na análise de cada proceso concreto de produción, para aplicar cada traballo específico na forma e no momento adecuado e reducir daquela, ata onde sexa posible, os tempos mortos. Orixinouse nas prácticas de traballo en equipo, que se aplicaron nunha fábrica de carbón da URSS da década de 1930, por iniciativa dos obreiros, en especial de A. G. Stakhanov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interpretación teórico-práctica do marxismo-leninismo imperante na antiga URSS e dentro dos partidos comunistas ortodoxos durante o goberno de Josif Stalin. O termo tivo unha significación altamente positiva ata a morte deste. Tras o XX Congreso do PCUS (1956) e a desestalinización, xeneralizouse a súa consideración como unha dexeneración burocrática do estado obreiro ruso e da Terceira Internacional. O trotskismo criticou as súas teorías da construción do socialismo nun só país e da revolución por etapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina de Francisco Suárez e dos seus seguidores, tradicionalmente representada polos xesuítas, que se basea na posición intermedia entre o tomismo e o escotismo. Afirma a cognoscibilidade do singular e rexeita o principio aristotélico-tomista de individuación pola materia, a idea dun ens generalissimum e a insistencia na analoxía da atribución, a oposición á distinción real entre esencia e existencia e a elaboración do concepto de modo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas de inmersión e de exploración submarina que se empregan con finalidades científicas, militares ou deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia teolóxica que establece a subordinación do Fillo respecto do Pai. O subordinacionismo ortodoxo foi defendido por Xustino, Ireneo de Lyon, Clemente de Alexandría e, sobre todo, Oríxenes. Unha forma explícita de subordinacionismo foi defendida por Ario. Atacado por Atanasio, foi condenado no Concilio de Nicea (325). A finais do s IV foi aplicado ao Espírito Santo polos macedonianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica segundo a que todo o real é de carácter substancial ou só é comprensible a partir da noción de substancia. Dependendo do número de substancias establecidas como fundamento do real distínguese entre monismo, dualismo e pluralismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que afirma que o valor do coñecemento se reduce ao suxeito, que representa o único criterio de verdade. Segundo se entenda por suxeito o individuo concreto ou a razón humana, fálase de subxectivismo propiamente dito ou de subxectivismo antropolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Modo de organización en sucursais.

    2. Tendencia das forzas políticas rexionais a actuar como as centrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ascético-místico do Islam, considerado tradicionalmente heterodoxo, a causa das influencias de relixións non musulmás que contén. Organízase en confrarías, e acadou o seu esplendor no s XII, ao ser acollido na forma temperada de al- Ḡ azzālī, malia a oposición irredutible dos grupos hanbalita, xiíta e ibadita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento pola consecución do sufraxio universal.

    2. Movemento en defensa da consecución do voto feminino, que tivo a súa orixe en Reino Unido, e cuxa figura máis importante foi Emmeline Pankhurst, fundadora da Women Social and Political Union (1903). En 1917 obtiveron un dereito a voto restrinxido, e ata 1928 non chegaron a conseguilo plenamente. En EE UU este non se conseguiu en todos os estados ata 1919, coa aprobación da emenda constitucional nº 19. O movemento triunfou tamén en Europa: en Finlandia (1907), URSS (1917), Suecia (1918), e nos anos seguintes en Alemaña, Italia, Austria ou Francia (1946). En España o dereito ao voto para as mulleres foi aprobado durante a Segunda República (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación que se produce por sulfuro de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente ortodoxa do Islam que observa as normas da sunna, en contraposición aos xiítas, aos khaxiritas e a outros grupos. A ela pertence a maioría dos musulmáns (90%) e conta con catro escolas xurídicas: hanefita, hanbalita, xafiíta e malikita. Politicamente só acepta como sucesores de Mahoma os catro primeiros califas, os omeias e os abbásidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • surrealismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • heteronimia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia pictórica de carácter non figurativo teorizada e levada á práctica por K. Malevič. Fíxose pública en 1915, cando Malevič amosou, na exposición 0’10, Composición suprematista (1914) e Cadrado negro (1915). Utilizou novos símbolos, como o cadrado, o triángulo, o círculo e a cruz, tamén cores claras e moi puras. O suprematismo desenvolveuse ligado ao proceso ideolóxico e revolucionario soviético. Malevič dirixiuse cara á construción dun programa didáctico que sitúa a educación estética como un dos puntais básicos da nova cultura proletaria. Non obstante, non puido pór en práctica este programa na URSS e só o puido realizar como profesor na Bauhaus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento aparecido en Francia en 1924 que afectou primordialmente á poesía e á pintura, pero tamén á prosa, ao teatro, ao cine e á escultura. Nacido como consecuencia do dadaísmo, formou escola, definida e mantida por A. Breton, que redactou o Manifeste du surréalisme (1924), L. Aragon, P. Élouard, B. Péret e P. Unik. Propuxo o automatismo psíquico, mediante o que se pretende expresar o funcionamento real do pensamento. Fundaméntase no mundo dos soños e no subconsciente. Ao grupo inicial uníronse os pintores H. Arp, M. Ernst, A. Masson e J. Miró, e os escritores M. Leiris, P. Queneau, P. Naville, A. Artaud e I. Tanguy. Cara a 1929 formaban parte R. Char, G. Hugnet, S. Dalí, R. Magritte e P. Picasso. O movemento estendeuse por Europa e América. Cultivaron o surrealismo Eugenio Granell, Mario Granell, Urbano Lugrís e Maruja Mallo. Na literatura castelá maniféstase a influencia surrealista na denominada Xeración do 27. O introdutor do surrealismo na literatura galega foi Álvaro Cunqueiro,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación aguda ou crónica que está producida polo tabaco. A intoxicación crónica caracterízase pola predisposición a diversos transtornos respiratorios, dixestivos, cardio-circulatorios e pola capacidade canceríxena. A intoxicación aguda caracterízase por alteración da respiración, diarrea, vómitos, vertixe, febre, frío nas extremidades e, en casos moi graves, cianose, colapso e parada respiratoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento pictórico creado en Francia en 1950, que consiste na aplicación por parte do artista de manchas de cor sobre a tea dunha maneira completamente espontánea e extremadamente dinámica. O concepto, a miúdo utilizado no sentido de informalismo, emprégase sobre todo en Europa, posto que en EE UU utilízanse outros termos paralelos, como os de expresionismo abstracto ou action painting. Inclúe artistas tan diferentes como B. Dubuffet, J. Pollock, Wols, G. Mathieu, Byren, J. Fautrier, Ossorio, Imai, H. Hartung, H. Michaux, J. P. Riopelle, Sam Francis, M. Tobey, E. Vedova, A. Saura ou A. Tàpies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprazamento direccional que experimenta un organismo como resposta a un estímulo.

    VER O DETALLE DO TERMO