"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor de probable orixe francesa. Activo en Castela,   o redor de 1240 dirixiu as obras da catedral de Burgos, onde traballou na porta da Coronería e no grupo da Anunciación. Atribúenselle os trazos da catedral de León (1255?), onde esculpiu a Virxe Branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe xermánica, composto de haim ‘casa’, ‘terra’ ou ein ‘un, único’ e rik ‘poderoso’, ‘señor’. Presenta as variantes gráficas Henrique/ Henriqueta e os hipocorísticos Quique, Quico, Quicolo, Queco, Rico, Cholo (para o masculino) e Queta, Queca (para o feminino). A duplicidade gráfica das formas galegas (con h e sen ela), correspondente a ambas as hipóteses, xa se atesta en documentos medievais (Anrique/Hanrrique). Levaron este nome moitos reis das monarquías europeas (reinos de Castela, Navarra e Portugal, Imperio Xermánico, Inglaterra e Francia). Destaca, especialmente, o emperador romano-xermánico Enrique II o Santo (973-1024); na iconografía viste túnica e manto de armiño, e leva como atributos, o cetro e a esfera (insignias imperiais), e unha maqueta da catedral na man. Tamén sobresaen Enrique de Portugal o Navegante (1394-1460), Enrique VIII de Inglaterra (1491-1547),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que enriquece.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de enriquecer ou enriquecerse.

    2. Incorporación de substancias, principalmente vitaminas, sales minerais e aminoácidos, aos alimentos para elevar o seu valor nutritivo. Realízase en alimentos básicos, como a fariña con vitaminas do complexo B, leite en po con vitamina D, ou zumes de froita  con vitamina C, e tamén en preparados dietéticos; pero non se poden empregar doses terapéuticas.

    3. Proceso realizado para incrementar a proporción en que se presenta un compoñente dunha mestura, en detrimento dos outros. O enriquecemento de uranio, por exemplo, ten como finalidade aumentar a proporción de uranio 235, que é o material fisible, presente nunha mostra de uranio natural. Este proceso pódese realizar por difusión gasosa ou por centrifugación. Nos dous casos conséguese que a proporción do 235 U pase do 0,72% a preto do 3%.

    4. Incremento dun patrimonio en detrimento doutro sen causa xurídica. Para que se declare, debe existir unha relación causal entre o empobrecemento dun patrimonio e o enriquecemento do outro. A lei obriga, a quen se enriqueceu deste xeito, a restituír o beneficio, se se obrou de mala fe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter a alguén en rico.

    2. Aumentar a riqueza de algo ou daquilo do que está formado.

    3. Facer a algúen máis rico en coñecementos.

    4. Facer algo máis grandioso ou valioso.

    5. Facerse rico.

    6. Facerse algo máis valioso ou máis abundante.

    7. Facerse máis culto ao adquirir máis coñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e historiador da ciencia italiano. Ocupou a cátedra de Xeometría na Universidade de Roma. Os seus traballos matemáticos máis importantes fan referencia ao estudo das superficies alxébricas desde o punto de vista xeométrico. Traduciu a obra de Euclides, Elementos, e textos de Demócrito ao italiano. Destacan os seus traballos dedicados á historia da ciencia, sobre todo da lóxica e das matemáticas, e aos problemas metodolóxicos relacionados co pensamento científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, filla de Enrique IV de Francia e María de Medici. En 1625 casou con Carlos I de Inglaterra. Acusárona de enfrontar o rei contra os anglicanos e de ser en certo modo a responsable da guerra civil. Fuxiu a Francia trala execución do seu marido (1649) e retornou a Londres despois da restauración do seu fillo Carlos II (1660).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido patronímico que procede do nome persoal de orixe xermánica Enrique + o sufixo patronímico -ez/-iz/-es (‘fillo de Enrique’). Documéntase no s XII: “Didaco Enriquiz” (doc ano 1125 en Manuel Lucas Álvarez, El tumbo de san Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 159).

    2. Liñaxe que trae como armas un escudo mantelado: primeiro e cuarto, en campo de goles, cun castelo de ouro; mantel de prata, cun león rampante de goles. Outra variante leva un escudo mantelado; primeiro e segundo, en campo de goles, cunha torre de ouro; mantel de prata, cun león rampante de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre castelá que ten a súa orixe no infante Fadrique (Sevilla 1331?-1358), fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela con Leonor de Guzmán, nomeado mestre de Santiago en 1342. O seu fillo Afonso Enríquez (1354-1429) recibiu numerosos títulos, entre os que destaca a vinculación da súa familia ao cargo e título de almirante de Castela. O seu primoxénito Fadrique Enríquez y de Ayala (?-1473), conde de Melgar, casou a súa filla Xoana con Xoán II de Aragón (1458-1479), pais de Fernando o Católico. Tomou parte na revolta nobiliaria que depuxo a Enrique IV (Ávila, 1465) e apoiou o seu neto Fernando de Aragón e a Isabel de Castela. O seu neto Fadrique Enríquez y de Velasco (1477-1538), conde de Modica, foi nomeado en 1520, xuntamente co condestable Íñigo Fernández de Velasco, gobernador de Castela, asociado ao rexente cardeal de Utrech, e xogou un papel de moderador na revolta das Comunidades....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Traballador de Citroën, participou nas loitas obreiras dos anos setenta e foi elixido concelleiro do Concello de Vigo na primeira corporación democrática por Unidade Galega (1979). Promoveu o asociacionismo veciñal e o cooperativismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e diplomático, fillo de Diego Enríquez, conde de Alba de Liste. Conde de Fuentes de Val de Opero e grande de España, foi nomeado embaixador en Turín en 1586; foi xeneral de cabalería en Milán antes de ser capitán xeneral do exército de Portugal (1588). Destinado a Flandres en 1592, Filipe II nomeouno gobernador xeral dos Países Baixos en 1595. En 1596 foi nomeado capitán xeneral dos exércitos españois. Entre 1600 e 1610 gobernou o Milanesado. Foi membro dos consellos de estado e de guerra de Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Vicerrei de Nova España (1568-1580) e do Perú (1581-1583). No vicerreino de Nova España limpou as costas de piratas ingleses, combateu os indios huachís e creou os fortíns de San Felipe, Ojuelos e Portezuelos. No Perú instaurou o servizo postal e fundou San Luis de Potosí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Almirante de Castela, duque de Medina de Rioseco e conde de Melgar. Foi mestre de campo en Lombardia en 1671, embaixador extraordinario no Vaticano para a elección do Papa Inocencio XI e gobernador e capitán xeneral do Milanesado desde 1678. En 1688 nomeárono vicerrei de Catalunya. Designado tenente xeneral do rei sobre Andalucía, Extremadura, Canarias, as posesións africanas e o Mediterráneo, foi despoxado de todos os seus títulos e cargos tralo Motín dos Gatos. En 1702 Filipe V nomeouno embaixador en Francia, pero fuxiu a Portugal, desde onde apoiou o arquiduque Carlos de Austria na Guerra de Sucesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Lemos, Trastámara e Sarria, duque de Arjona e señor de Monforte, Villafranca del Bierzo, Ponferrada, Cacabelos, Chantada, Triacastela, Castro Caldelas, Cedeira e Viana do Bolo, fillo de Pedro Enríquez de Castro. Foi pertegueiro maior do arcebispado de Santiago por concesión de Xoán II de Castela en 1423. Desposuído dos seus títulos e terras (1429), foi prisioneiro do rei no castelo de Peñafiel. Outorgoulle cartas de doazón á súa irmá Beatriz Enríquez de Castro (?-1455), que casou en segundas nupcias con Pedro Álvarez Osorio, primeiro conde de Lemos hereditario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa de Lemos, filla de Rodrigo Enríquez de Castro e Tareixa Osorio. Coñecida como Beatriz de Castro a Fermosa, o seu pai e a Raíña Isabel a Católica concertaron o seu matrimonio con Denís de Portugal, fillo do duque de Bragança e irmán do Rei Manuel I de Portugal, co que casou en 1502. Enviuvou en 1516 e casou en segundas nupcias con Álvaro Osorio en 1521. Reparou o palacio condal, a fortaleza e as murallas de Monforte de Lemos e, debido aos numerosos preitos que mantivo cos señores do Reino de Galicia, prohibíuselle a súa residencia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condestable de Castela, conde de Lemos, Sarria, Trastámara, do Bolo e Viana, señor de Villafranca e Ponferrada. Coñecido tamén como Pedro de Trastámara, Pedro Téllez e Pedro de Castela, en 1371 recibiu do Rei Enrique II o título de conde de Lemos. En 1372 o arcebispo don Rodrigo concedeulle o cargo de pertegueiro maior da terra e igrexa de Santiago. Durante o exercicio do seu cargo cometeu numerosos actos de violencia, apoderouse de terras e dispuxo de xuíces e, como castigo aos seus excesos de poder, o Rei Xoán I, o seu curmán, relevouno do cargo en 1383. En 1384 participou na guerra contra Portugal, onde se puxo en dúbida a súa lealdade ao rei. Condenado ao desterro, marchou exiliado a Francia. Ao rematar a guerra restituíronselle todas as súas posesións. En 1390 participou nas deliberacións sobre a minoría de idade de Enrique III. Está sepultado no convento de San Francisco de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Conde de Lemos e grande de España, fillo ilexítimo de Alonso Osorio de Castro e de Maior de Valcárcel. Documentado tamén como Rodrigo Enríquez Osorio, o seu avó Pedro Álvarez Osorio, primeiro conde de Lemos, conseguiu ser herdeiro lexítimo por medio dunha bula pontificia e por confirmación do Rei Enrique IV. Á morte do seu avó (1483), herdou o título de conde de Lemos, que incluía as terras de Sarria, Monforte, Triacastela e Castro Caldelas. Enfrontouse á súa irmá Xoana Osorio, que lle reclamaba o título condal, e tomou Ponferrada (1485), polo que os Reis Católicos enviaron tropas na súa contra. Nunha comparecencia ante os reis en Benavente, aceptou entregar Ponferrada   e someterse ao castigo real, que o condenou ao desterro e a sufragar as custas da guerra. En 1501 finalizou o seu exilio, concertou o casamento da súa filla Beatriz con Denís de Portugal, irmán do duque de Bragança, e recuperou as súas terras con todos os seus dereitos e rendas. En 1503, o Papa Alexandre VI outorgoulle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Alba de Liste e de Vallaflor, grande de España, e comendador de Almorejón na orde de Alcántara. Chamado tamén Luis Enríquez de Almansa, foi vicerrei de Nova España (1650-1653) e do Perú (1655-1661). Axudou na defensa da illa de Xamaica e sufocou as rebelións dos indios tarahumanos e calchaquís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista e clérigo. Foi conselleiro de Enrique IV de Castela, a quen apoiou na guerra civil castelá. Detivérono e condenárono a morte, pena que non chegou a ser executada porque escribiu a crónica do seu reinado, publicada en 1787 co título de Crónica del rey don Enrique, el cuarto de este nombre, de gloriosa memoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político. Foi deputado por Valdeorras (1872-1873; 1898-1899; 1901-1903), por Ponferrada (1893-1895) e senador pola Coruña (1896-1897).

    VER O DETALLE DO TERMO