"EAT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 257.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada en 1987 por Dorotea Bárcena. Destacan os espectáculos Mullieribus (1987), Cabaret alén (1991), De picas cruces e carabelas (1992), A irmandade do Graal (1993), Entre bastidores (1996),As troianas (1997) e Ultimamente non durmo nada (1999).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cooperativa teatral creada na Coruña en 1980. En 1981 abriu a Sala de Teatro Luís Seoane, onde ofreceu unha programación cultural permanente centrada no teatro, na música e nas artes plásticas, e presentou ao público compañías como Zascandil, Georoa, Karraka, Teatro de la Ribera, Márgen ou Guirigay. Dos espectáculos presentados pola compañía, e dirixidos por Manuel Lourenzo e Xosé Manuel Rabón, destacan Dansen (1980), A casa das tres lúas (1981), A esperar por Godot (1982), Edipo rei (1983), Fausto (1984), A larva furiosa (1985) e Forzas eléctricas (1986).
-
PERSOEIRO
Actriz estadounidense. Coñecida como Shirley MacLaine, foi cantante e bailarina, e a súa grande expresividade permitiulle interpretar tanto comedias coma dramas. Da súa filmografía destacan Ask Any Girl (Silbenen Bär en Berlín, 1959), The Apartament (Premio en Venecia, 1960), Irma, la Douce (1963), Desperate Characters (Silbenen Bär en Berlín, 1971), The Turning Point (1977), Terms of Endearment (1983, Oscar á mellor actriz, 1984), Madame Sousatzka (Premio en Venecia, 1988), Steel Magnolias (1989), Bruno (2000) e Carolina (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía creada a principios da década de 1990 por Rosa Álvarez, Marisa Soto e Mabel Rivera. Dos seus espectáculos, que sobresaen por unha lectura crítica da situación da muller na sociedade, destacan Xogos de damas (1987), Inventarios (1990) e Xogos á hora da sesta (1992).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de teatro afeccionado que se creou na Confraría de Pescadores de Cariño en 1975 e que mantivo unha considerable actividade ata comezos da década de 1980. Entre as súas iniciativas destaca o Festival de Teatro Galego que comezou a súa andaina en 1978 e que en 1984 se converteu no Festival de Teatro Galego-Portugués.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado en Santiago de Compostela en 1978 por Xulio Lago e Dorotea Bárcena. Foi un dos primeiros colectivos en apostar pola profesionalización e os seus traballos destacaban por un forte expresionismo. Algúns dos seus espectáculos foron O agnus dei dunha nai (1980), sobre un texto de Dorotea Bárcena, Ensaio festivo para unha marcha fúnebre (1981), con textos de Griselda Gambarro, Acto Cultural (1981), de J. I. Cabrujas, e A noite das tríbades, de Per Olov Enquist, todos eles dirixidos por Xulio Lago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de expresión teatral escolar creado en 1973 no colexio vigués homónimo. Dirixido por Xulio González Lorenzo e María Xosé Eléxpuru, realizou diversos espectáculos na década de 1970, entre os que destaca A farsa do Cigarrón (1974), co que foi convidado a varias mostras de teatro da época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral creada en Santiago de Compostela en 1986. Os seus fundadores foron Ana González Vallés, actriz, dramaturga e directora; e Baltasar Patiño, escenógrafo, iluminador e director da Sala Galán. Participou en espectáculos que apostaban pola experimentación e a improvisación en festivais como os de Sitges, Edimburgo ou Novi-Sad. Coordinou unha intensa actividade de promoción e distribución de novas formas teatrais e organizou, en Santiago de Compostela, o festival de teatro-danza na rúa En Pé de Pedra. Dos seus espectáculos destacan O cumpreanos da infanta (1986), Hamletmaschine (1989), Café Acústico (1992, Premio Compostela á mellor iluminación e á mellor dirección 1993), Deriva (1993, Premio Compostela á mellor iluminación 1994), Negro e negro (Premio María Casares ao mellor espazo escénico e á mellor iluminación 1998), The Queen is dead (1999, Premio María Casares á mellor dirección 2000) e A brazo partido (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo reino irlandés (s II), situado na parte setentrional do actual Leinster, que tiña a súa capital en Tara.
-
-
-
Conduto, canle ou abertura natural nun individuo.
-
meato auditivo externo
conduto auditivo externo.
-
meato nasal
Cada un dos tres espacios ou canles, superior, media e inferior, que se situan na parede externa das fosas nasais, entre os cornetos correspondentes.
-
meato urinario
Orificio externo da uretra.
-
-
Espacio intercelular das células contiguas dos tecidos vexetais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión que se practica nun meato, especialmente no meato urinario, coa finalidade de anchealo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro de bonecos creada por Marcelino de Santiago, Kukas, e Isabel Rei en 1979. Desenvolveu un amplo labor de difusión do mundo do teatro de obxectos, con edición de materiais, cursos, exposicións e outras iniciativas, ademais do seu traballo de realización teatral. Destacan os seus espectáculos Barriga verde (1980), A Don Esmirriau non lle gusta o bacallau (1981), Ruada do Apóstolo Santiago (1983), A rúa das balconadas (1990), Historias dun papel (1991), Don Gaiferos (1992), A culpa foi de Mozart (1995) e Cucarandainas (1999).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro que creou Celso Parada en Moaña. Os seus espectáculos insírense no xénero da comedia, con textos de carácter social ou de denuncia. Iniciou a súa andaina coa presentación en 1989 de Kartoteka, a partir do texto de Tadeusz Rozewic. Dos seus espectáculos destacan Misterio cómico, dirixido por Julio Cardoso sobre un texto de Darío Fo (1991, Premio Compostela á mellor dirección e ao mellor actor, 1992), Dobermann, de Antón Reixa, dirixido por Quico Cadaval (1993, Premio Compostela ao mellor texto orixinal), O Lazariño de Tormes, dirixido por Andrés Pazos (1997, Premio María Casares á mellor versión, 1998), Os vellos non deben de namorarse, dirixido por Celso Parada (2001), Momo (2002, Premio María Casares ao mellor vestiario) e A gran ilusión, de Eduardo Filippo e dirixido por Celso Parada (2003, Premio María Casares á mellor actriz e ao mellor vestiario, 2004).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival de Teatro organizado pola Agrupación Cultural Xiria en Cangas do Morrazo desde 1984. Contou na súa dirección coa colaboración de Henrique Harguindey, Xosé Manuel Pazos, Casilda García e María Xosé Mariño. Desde o primeiro momento, os organizadores prestaron especial atención a espectáculos do exterior que dificilmente se podían ver en Galicia, e así pasaron pola Mostra compañías e intérpretes como Teatro de la Danza, Cambaleo, Trapu Zaharra, Teloncillo, A Barraca, Ángel Paulovski, Colombaioni ou Geroa, ademais de colectivos galegos. Tamén se organizaron debates, cursos e outras actividades como exposicións, conferencias e presentacións de revistas e libros, xunto coa organización en 1997, 1998 e 1999, das tres edicións dos Encontros de Reflexión do Teatro de Galicia e o Norte de Portugal (Teatragal).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival de teatro organizado pola Asociación Cultural Abrente en 1973. Co tempo converteuse no punto de encontro do teatro galego emerxente, marco de reflexión e debate arredor das posibilidades dun teatro de expresión galega e sobre a viabilidade dun teatro profesional. Entre 1973 e 1978 Ribadavia constituíu a cita anual do teatro en galego e por alí pasaron compañías como Ditea, Antroido, Teatro Circo, O Facho, Tespis, Troula, Candea, Malveira, Histrión 70, Grupo de Teatro Auriense, Martín Códax, Teatro Popular Queizán, A Farándula, Artello ou Máscara 17. Asociado á Mostra, a Asociación Cultural Abrente tamén organizou o Concurso de Textos Dramáticos, que deu a coñecer a autores como Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño ou Euloxio R. Ruibal. En 1984 a Mostra, que deixara de celebrarse desde 1979, volveu presentarse como Festival Internacional de Teatro, con dirección de Rubén García. Desde esa data constitúe un dos festivais de teatro de maior relevancia de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival de teatro infantil e xuvenil organizado desde 1984 pola Comisión Mancomunada de Cultura de Concellos da Ría de Ferrol. Organizado en dúas seccións, presentábanse dunha banda traballos de carácter profesional de Galicia e Portugal, fundamentalmente de grupos de teatro de monicreques e obxectos, e da outra os traballos escénicos dos grupos de teatro escolar da comarca, o que supuxo un forte pulo á actividade teatral de escolas e institutos. Alén de cursos, seminarios, conferencias e outras actividades de formación e divulgación, a Mostra tamén organizou un concurso de literatura dramática para a infancia e a mocidade. A principios da década de 1990 comezou a esmorecer e desapareceu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo escénico alternativo creado en Santiago de Compostela en 1992 pola compañía Chévere e dirixido por Xesús Ron Pereiro. Destacou pola programación de moi diversos espectáculos, desde os teatrais aos musicais. Das súas actividades destacan as “ultranoites”, marco en que se presentan pequenas escenas en que se utilizan as máis diversas linguaxes e rexistros e nas que teñen cabida desde a narración oral ata a música. Desde a súa creación converteuse nun lugar de referencia nas noites de Santiago de Compostela e nun espazo para a cultura alternativa e crítica. A Sala tamén constitúe o marco de operacións da compañía Chévere e o lugar onde presentan os seus traballos un bo número de compañías galegas vinculadas á investigación escénica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada en 1987 en Cangas por integrantes do Grupo Mua e da sección viguesa da Escola Dramática Galega. Nunha primeira etapa realizaron os espectáculos E vostede, como se chama? (1985), sobre textos de varios autores e dirección de Manuel F. Vieites, Zeussión continua (1986), sobre un texto de Woody Allen e dirección de Manuel F. Vieites, e Ácido Sulfúrico (1987), sobre un texto de Alfonso Vallejo con dirección de Celso Parada. En 1989 produciron o seu primeiro espectáculo profesional, Ubú Rei, de A. Jarry, con dirección de Etelvino Vázquez, responsable igualmente da dirección de María Soliña (1990), de Xosé Manuel Pazos, Tic-tac (1995), de Suso de Toro, Sempre Ubú (1997), de A. Jarry, ou Fausto, de C. Marlowe (2001). Forma parte do padroado organizador da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Recibiu o Premio Xiria (1995).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada en 1987 coa denominación de Producións do Noroeste. Coordinada por Luma Gómez e dirixida por Eduardo Alonso, presentou, entre outros, os espectáculos Medea (1987) de Eduardo Alonso e Manuel Guede, Rei Lear (1990) de Shakespeare, Tagen Ata (1990), a partir do relato de Xosé Luís Méndez Ferrín, A grande noite de Fiz (1992) de Miguel Anxo Murado, Galileo Galilei (1993) de Bertolt Brecht, As vodas de Fígaro (1994) de Caron de Beaumarchais, A gaiola (1996) de Alfredo Conde, Unha rosa é unha rosa (1997) de Suso de Toro, Feirantes (1999), sobre textos de Álvaro Cunqueiro, A Celestina (2000) ou As damas de Ferrol (2002) de Eduardo Alonso. En 1998 coproduciu, co Teatro do Noroeste de Viana do Castelo, o espectáculo Estación Mahagonny, con dirección de Jorge Castro Guedes. Á parte desta actividade tamén publicou diversos materiais didácticos e sete números...
-
-
Relativo ou pertencente á subraza norteatlántida ou aos seus representantes.
-
Individuo da subraza norteatlántida.
-
Subraza que pertence á raza amerindia, de estatura elevada e tendencia á mesocefalia. Ocupaba a zona comprendida entre as Montañas Rochosas ata a costa atlántica. Comprende grupos étnicos como os síux, os mohicanos ou os cheyennes, actualmente case extintos.
-