"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en 1962 baixo a dirección de Máximo Patiño Méndez, tivo a súa presentación o 1 de maio de 1963 na Atlántida (Vilaxoán). Conta con 35 compoñentes e o seu repertorio abrangue todo tipo de partituras: polifonía clásica e relixiosa, música gregoriana e folclore galego e universal. Á parte de solemnizar diversas celebracións litúrxicas, colabora coa Casa da Cultura de Vilagarcía e coa de Vilaxoán, así como cos Amigos da Cociña Galega. Así mesmo, organiza, promove e copatrocina o Concurso Popular de Villancicos de Vilaxoán, e o director dirixe o espectáculo Vilaxoán Canta, no que todo o pobo se reúne e canta conxuntamente coa coral na praza pública. Realizou máis de 750 actuacións e tivo sempre como norma non tomar parte en actos de carácter competitivo. Participou, entre outros certames, no Festival Internacional Hispano-Venezolano, nas V e X Xornadas de Folclore Galego, nas Xornadas Irmandade Corais Galegas, en diversos circuítos da consellería de Cultura da Xunta de Galicia...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación creada a finais do ano 1988 no seo do Real Club Náutico de Vigo como complemento ás actividades deportivas e para abandeirar os actos culturais do Club. Composta por 50 voces mixtas, interpreta todo tipo de obras corais, dende coros de ópera e zarzuela ata música sacra ou clásica, así como un amplo repertorio do folclore galego, portugués e hispanoamericano. A súa estruturación e dirección, dende a súa fundación, foi obra de Francisco Rey Rivero, musicólogo e compositor. Ademais das súas actuacións periódicas no Club, realizou máis de cen concertos en diversas cidades de España e do estranxeiro, entre os que destaca a actuación ante a colonia galega de París e o concerto que ofreceu ao Parlamento de Estrasburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada e dirixida o 18 de decembro de 1881 por Pascual Veiga. No 2001 era o coro máis antigo dos que permanecían en activo en España. Baixo a dirección, entre outros mestres, de Xosé Castro Chané, Xosé Baldomir, Mauricio Farto, Rodrigo A. de Santiago, González de Velasco, Santiago Pérez Bernal, Maximino Zumalave, Rogelio Groba e Fernando V. Arias, saíron numerosas figuras da canción como Antonio Campó, Fernando Navarrete, María Uríz, Carmelo Parada, Fernando Balboa ou Pucho Boedo. No seu repertorio destacan zarzuelas, óperas e operetas, e entre outras obras estreou La Espadela, de Mauricio Farto; La canción de Zoraida e La noche de San Juan, de Rodrigo A. de Santiago; e Misa a 8 voces, de Pérez Bernal. Participou nos festivais de ópera da Coruña, Madrid, Oviedo e Vigo xunto a Renata Tebaldi, Alfredo Kraus, Franco Corelli, Mario del Mónaco, Carlo Bergonzi, Pedro Lavirgen ou Manuel Asensi. O 17 de xuño de 1987...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de 35 voces mixtas fundada en febreiro de 1970 por iniciativa dun grupo de afeccionados. A súa presentación oficial foi o 19 de xuño no cine Eume cun grupo de 70 voces mixtas. O seu primeiro director e fundador foi Antonio Leira Díaz, dende 1970 ata 1980; posteriormente, substituíuno Antonio Illobre Toimil, dende 1980 ata 1982, ano no que volveu recoller a batuta o anterior director ata 1984. En 1985 debutou na dirección Xosé X. Paz Fernández, subdirector fundador, no Festival do XV Aniversario da coral, axudado polo director adxunto José de Paz Verdejo. Pertencente a FECOGA (Federación Coral Galega), no seu repertorio figuran obras de polifonía clásica, música galega, música sacra, ademais de panxoliñas e habaneras. Organizadora de tres certames corais anuais (en Semana Santa o Festival de Música Sacra; en xullo o Festival de Verán; e en novembro o Festival de Santa Icía), actuou tanto en Galicia coma fóra da comunidade (Madrid, Barcelona, León, Toledo, etc) e realizou diversos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación, continuadora da Sociedad Coral y recreativa Follas Novas (1930), fundada no ano 1944 que centrou a súa actividade no campo da polifonía, tanto galega coma hispánica e estranxeira, así como no da música relixiosa, madrigalista e escénica. Tomou o seu nome da obra de Rosalía de Castro, feito que marcou o seu facer na polifonía galega pois o seu repertorio, en boa parte, constitúese por obras de distintos compositores baseadas nos poemas rosalianos. Composta por 60 voces mixtas, estivo baixo a dirección de Manuel Fernández Amor, Jesús González de Velasco, José Mir Félix, Rogelio Groba Groba, Edilberto Suárez Pedreira, Francisco Méndez Ruíz, Rogelio Leonardo de Bouza, Santiago Pérez Bernal, Jorge Berdullas del Río, Antonio Piñeiro Fernández, Viorel Tudor, Nicolás Cardaso Arrojo, Marta María Castanedo Sanmartín, Otilia Barón Ferrero e Julio Cabo Messeguer. Na súa traxectoria profesional destacan os concertos homenaxe dedicados a Xoán Montes (1949), Rosalía de Castro (1950 e 1975)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación coral constituída por traballadores do Hospital Calde de Lugo, ou moi vinculados a el, co obxectivo de facer máis levadeira a estancia dos enfermos no hospital. Fundada en 1991, estivo baixo a dirección de Xosé Cancio Sanjuán ata que en 1993 relevouno Fernando Gómez Jácome. Realizou actuacións en toda Galicia e participou en diversos festivais. Na súa traxectoria musical destaca un concerto coa Orquestra de Cámara de Xove, a serie de concertos que ofreceu en Notre-Dame de S. D. Casa de Galicia e outros centros de París co gallo do Día das Letras Galegas no 2000; e a misa internacional na Basílica de San Pedro en Roma no ano 2002. Da súa discografía destaca Dez anos cantando (2001). Entre os seus galardóns, destaca o Premio de TVG e a consellería de Cultura do programa Con Música propia (1996) e o III Premio do Certame de Corais Galegas Vila de Marín (1999).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral formada por un grupo de pais de alumnas do colexio da Compañía de María de Cangas, coa colaboración de José Pena Collazo. Integrante da Federación Coral Galega (FECOGA), fixo a súa presentación en Lugo no ano 1974 co gallo da IV Asemblea de APAs dos colexios da Compañía de María. O seu repertorio abrangue obras do clasicismo, renacemento e música contemporánea, así como pezas populares galegas. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Ponferrada, Mérida, Zaragoza, Girona, Barcelona, Avilés, Santillana del Mar, Canarias e Lisboa) e participou no Festival Intercéltico de Lorient e na Temporada XIII Musical, organizada pola Agrupación Musical Toledana. Da súa discografía destaca Homenaxe a Castelao (1986) e Polifonía en Cangas (1988). Entre outros galardóns, obtivo o II Premio Bimilenario de Lugo (1976).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral fundada en 1971 dependente do Centro Cultural Meigas e Trasgos C. I. T. de Sarria. Ao longo da súa traxectoria estivo baixo a dirección de José Castiñeiras, Enrique García Rey, Enrique Alvarellos Iglesias, José Corral e Berta Urbay. O seu repertorio inclúe tanto obras da polifonía clásica coma moderna, con especial atención ás pezas corais galegas, e en ocasións especiais conta co acompañamento do pianista Antonio Queija Uz. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Tenerife, Barcelona, Madrid, Málaga, París e Bruxelas).
-
-
-
Que ou quen considera o mundo como a súa patria.
-
Aplícase a quen está familiarizado con moitos lugares e culturas ou ten os seus intereses esparexidos por lugares moi diversos.
-
-
Que habita ou é propio de moitos países.
-
Lugar ou cidade na que habitualmente hai xente de moi diversas procedencias.
-
-
-
Calidade de cosmopolita.
-
Teoría que considera o home como cidadán do mundo, sen distinción de razas nin nacionalidades. Esta liña de pensamento, que na civilización grega estivo presente nas escolas estoica e cínica, recolleuna o iluminismo, que predicaba a instauración dunha orde universal capaz de garantir a liberdade e o progreso.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e guitarrista francés. Virtuoso da guitarra do s XIX, caracterizouse por unha perfección formal cunha interpretación pura e enérxica. Da súa produción musical destacan os seus estudios op 38.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento integrado por cristiáns (principalmente católicos), que cren compatible a súa fe coa teoría e a práctica marxistas, sen que iso signifique ningunha vinculación a un partido político determinado. Nacido en Chile, onde o movemento celebrou un congreso nacional en 1972, estendeuse logo a Arxentina, Perú, México e outros países de América Central. O movemento contribuíu á elaboración da teoloxía da liberación e finalmente, chegou a Europa.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter nacionalista das Edicións Terra e Tempo que apareceu a principios dos anos setenta do s XX. Á parte da información política xeral, este voceiro da UPG desenvolveu algúns dos principios que caracterizan esta formación política, como o dereito á autodeterminación de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo, circuíto eléctrico, etc, provisto de catro bornes, dous de entrada e dous de saída, e constituído por elementos con propiedades eléctricas (fontes de tensión, impedancias, etc). Distínguese, fundamentalmente, entre cuadripolos activos e pasivos, segundo conteñan ou non algún elemento activo (con forza electromotriz). Os cuadripolos permiten a análise de circuítos eléctricos complicados, redes, liñas de transmisión, filtros, circuítos con transistores, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un cuadrupolo.
-
-
Distribución de carga eléctrica ou magnética que produce un campo eléctrico ou magnético, equivalente ao producido por dous dipolos eléctricos ou magnéticos que teñen momentos dipolares iguais, pero de signo contrario, e que están separados por unha distancia moi pequena.
-
Dispositivo consistente en catro polos magnéticos de signo alterno dispostos en círculo ao redor dun feixe de partículas cargadas que focaliza.
-
-
PERSOEIRO
Naturalista francés. O seu interese pola historia natural xurdiu a partir do debuxo e do traballo con láminas. En 1794 viaxou a París tras ser chamado polo naturalista Geoffroy Saint-Hilaire, quen lle proporcionou un posto na área de anatomía nos xardíns reais. Impulsor dos estudios de anatomía comparada e paleontoloxía, desenvolveu un modelo científico propio e de certa transcendencia, o cuvierismo, que dominou as ciencias naturais europeas durante a primeira metade do s XIX. Defendeu a teoría catastrofista que explicaba os cambios xeolóxicos e biolóxicos observados na natureza como consecuencia de sucesivas “catástrofes”, ás que seguían novos procesos de creación, nos que os fósiles eran restos desas creacións anteriores. Enfrontouse, con éxito, a científicos, como o propio Geoffroy Saint-Hilaire e Lamarck, feito que atrasou a recepción do evolucionismo en Francia e noutros países. Publicou Leçons d’anatomie comparée (Leccións de anatomía comparada, 1800-1805), Recherches...
VER O DETALLE DO TERMO -
CONFEDERACIONS
Confederación de dez cidades do N de Palestina situadas ao L do Xordán. Creouse trala campaña de Pompeio en Oriente (64 a C - 63 a C) co obxectivo de preservar a cultura helenística e protexerse contra os hebreos e as tribos árabes beduínas e perdurou ata o século II d C. Estaba constituída polas cidades de Damasco, Filadelfia, Rafana, Escitópolis, Gadara, Hippos, Dion, Pella, Gerasa e Canata. O gobernador romano de Siria exercía o control sobre os seus negocios, e as cidades pertencentes á liga tiñan a obriga de prestar servicios militares e pagarlles impostos aos romanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liga de dez cidades constituída en Alsacia no s XIV e formada por Mülhausen, Colmar, Münster, Turckheim, Kaysersberg, Schletsstadt, Oberehnheim, Rosheim, Hagenau e Weissemburg. No s XVI Landau substituíu a Weissemburg. Dividiuse logo da Reforma en tres cidades protestantes, cinco católicas e dúas mixtas, aínda que se mantivo fiel aos Habsburgo. Malia que polo Tratado de Münster pasaron ás mans dos franceses (1648), non se incorporaron dun xeito efectivo á soberanía francesa ata 1679. Durante a Revolución Francesa (1789) integráronse definitivamente en Francia.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido co nome de Paul Delaroche, foi discípulo de Gros. Cultivou a pintura histórica (Asasinato do duque de Guisa, 1835) e dende 1837 a relixiosa (Enterro de Cristo) e o retrato (Lamartine).
VER O DETALLE DO TERMO