"Santiago" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ponferrada. Construída en estilo mozárabe en 937 polo abade Salomón, é o único vestixio que queda do mosteiro que fundou san Xenadio no s IX. Ten planta cruciforme cunha soa nave dividida en dous tramos por un arco de ferradura. A cabeceira consta dun ábsida rectangular cara ao exterior e de ferradura cara ao interior, e cunha contraábsida semicular ao oeste. O arco de acceso á ábsida é de ferradura enmarcado nun alfiz. Aos lados da nave ábrense dúas cámaras laterais. Todas as cubertas son abovedadas. A portada principal, situada no lado sur, está enmarcada por un alfiz. Foi declarada BIC en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Atleta. Especialista na proba de marcha, debutou como internacional en 1995. Conseguiu o diploma olímpico na proba de 50 km nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santa Comba na década de 1990. Estaba dirixida por Xosé Manuel Lema e integrada no Grupo Líder. Primeiro foi editada coa cabeceira O Tambre-Xallas, para pasar a denominarse El Periódico de Xallas, A Barcala e Santiago, pero a partir de 1998 adoptou a de El Confidencial de Xallas-A Barcala. Incluíu información de carácter municipal, cultural e de sociedade de Ames, Braña, Brión, Mazaricos, Santa Comba e Tordoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e actor. Colaborador de El Correo Gallego e membro do grupo folk Galerna, interpretou diversos papeis coas compañías O Moucho Clerc, en Un códice clandextino e A caza do Snark; e co Centro Dramático Galego, en A Lagarada. Ademais, elaborou a música das montaxes As asamblearias, para Ditea Teatro; e A elas e Cunqueiro, para Uvegá Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pontedeume. Ten planta rectangular de tres naves. Na súa orixe foi de estilo gótico, do que conserva a capela maior, mandada construír por Fernando de Andrade en 1538, e que alberga o seu sepulcro (1540). Posteriormente, ampliouse outro corpo renacentista e no s XVIII reedificouse o resto da igrexa por orde do arcebispo Bertomeu Rajoy Losada, en estilo neoclásico. No interior os retablos son de estilo tardobarroco e neoclásico. No exterior destaca a fachada neoclásica con elementos barrocos, formada por tres lenzos separados por columnas, obra do mestre Alberte Ricoy (1763). Sobre a porta sitúase o escudo dos Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Carballedo. Construíuse en estilo románico no s XII. Ten planta basilical con muros de cantaría e cachotaría. A sancristía atópase no lado norte do presbiterio. O arco triunfal é apuntado cunha arquivolta. Destaca a porta principal con arco de medio punto con arquivolta e con capiteis zoomorfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Fundador de Ollomol Teatro Submarino e Ollomoltranvía, participou en diversas montaxes do Centro Dramático Galego. Ademais, actuou na curtametraxe El río tiene manos (2000), nas series Pratos combinados, A Familia Pita, Mareas Vivas e Terras de Miranda, da TVG. Compañeros, de Antena 3 e Hospital Central, de Tele 5 e nas longametraxes Martes de Carnaval (1991), Sé quien eres (2000), O lapis do carpinteiro (2002) e Ilegal (2002). Son múltiples as interpretacións en teatro entre as que destacan Mozart e Salieri (1987), Don Hamlet (1992), Raíñas de Pedra (1994), Qui Pro Quo (1998), Monólogo do imbécil (2002) e A Comedia do Gurgullo (2003). Entre os seus traballos máis recentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Histólogo. Estudou medicina en Zaragoza, ingresou no corpo da sanidade militar e foi enviado a Cuba (1874). Ao examinarse de doutorado en Madrid (1877) tivo por primeira vez contacto coa histoloxía. Obtivo a cátedra de anatomía en València (1883), e posteriormente, por concurso de traslado, a de histoloxía de Barcelona, onde comezou un traballo fundamental de investigación, aplicando o método de Golgi á exploración microscópica do sistema nervioso. Asistiu ao congreso anatómico de Berlín de 1889. Foi defensor da teoría da transmisión do impulso nervioso por contigüidade entre células independentes (teoría da neurona), formulada finalmente en Textura del sistema nervioso del hombre y los vertebrados, publicada en fascículos de 1899 a 1904 e ampliada en 1911. Creador da importante escola histolóxica de Madrid, recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1906, compartido con C. Golgi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Batallón Literario Corpo de estudantes que se constituíron como batallón de defensa en Santiago de Compostela ante a invasión francesa de 1808. Ten a súa orixe noutros batallóns de estudantes creados en 1663 e 1665, para loitar na fronteira portuguesa, e en 1702 durante a Guerra de Sucesión. Admitida a súa creación polo claustro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixiuno o coronel Xoán Ignacio de Armada e Mondragón, marqués de Santa Cruz de Ribadulla, que presentou a Xunta Suprema o regulamento e a súa formación con 6 compañías con 168 cadetes cada unha, ademais de oficiais e suboficiais. A Xunta Suprema acordou que, pola súa condición de nobres, non era axeitado que os seus membros se alistasen como soldados polo que se lle concedeu aos estudantes o grao de cadete e aos licenciados e doutores os de subtenentes e tenentes. Ao marqués de Santa Cruz de Ridabulla concedéuselle o grao de doutor en todas as facultades da universidade. Entraron en loita en Castela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Redondela. Construída no s XV, foi transformada ao longo do tempo.Ten unha soa nave, dividida en cinco tramos separados por arcos perpiaños apuntados, ábsida poligonal cuberta cunha bóveda de nervios e capelas laterais abovedadas. A portada principal é abucinada e sobre ela sitúase un rosetón circular. O conxunto remata nun frontispicio coroado cunha escultura de Santiago Matamouros. En 1712 engadíuselle a torre campanario de planta cadrada e formada por tres corpos decrecentes en altura separados por balaústres: o inferior liso, o intermedio cadrado con ventás e o superior octogonal rematado nunha pequena cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incunable publicado posiblemente en Monterrei na segunda metade do s XVI. Editado por Gonzalo Rodrigo de la Passera en folla voante a dúas columnas e con letras góticas e capitais gravadas en madeira, non leva nin lugar nin data de edición, polo que deu lugar a grandes dúbidas. Consérvase un exemplar copiado no Archivo Histórico Nacional de Simancas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. Datada no s XII, sufriu reformas no s XVIII, época en que a planta adquiriu a forma de cruz latina ao engadirse á nave capelas laterais. A ábsida semicircular é do s XII e consta dun tramo recto e dun testeiro redondo, cubertos con bóveda de canón e cuarto de esfera. O arco triunfal está formado por dúas arquivoltas apoiadas en columnas con capiteis vexetais e antropomorfos. No exterior destaca a torre-campanario da fachada que consta de varios corpos e que remata cunha pequena cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muíños. Ten planta rectangular co presbiterio sinalado en altura. No interior conserva o retablo do altar maior e o do Santo Cristo. O edificio destaca sobre todo pola decoración da súa fachada, enmarcada por pilastras rematadas en cornixas sobre as que se sitúan os pináculos. Remata con espadana de corpos decrecentes e pináculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir do 20 de xullo de 1900. Subtitulada “Revista literaria”, xurdiu como boletín anual para informar aos visitantes da oferta artística e cultural durante as festas do Apóstolo Santiago. Dirixida por Antonio Iglesias, a revista ampliou os seus contidos e converteuse nunha publicación de carácter literario con máis artigos xornalísticos e diversas colaboracións de M. Murguía, E. Pardo Bazán, Labarta Posse ou Barcia Caballero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Editor, neto do fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre. Propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, un dos maiores grupos de comunicación de Galicia, que engloba La Voz de Galicia, Diario de León, Radio Voz, Voz Audiovisual, Sondaxe e Canal Voz. Licenciado en Dereito, accedeu en 1963 á xerencia do rotativo La Voz de Galicia. Baixo a súa dirección, o xornal, o de maior difusión de Galicia e o sexto de información xeral de España, viviu a súa grande expansión: acometeu unha total renovación técnica, superou os 100.000 exemplares de difusión diaria, creou o sistema de edicións que dá cobertura a toda Galicia e inaugurou o edificio intelixente que alberga a planta de impresión de Sabón (Arteixo) en 1992. En 2001 creou a fundación que leva o seu nome co fin de fomentar o coñecemento e difusión da cultura e contribuír ao estudo, investigación, defensa e creación de medios de comunicación en Galicia en calquera dos seu soportes e que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Titulado pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1928), traballou con Pedro Mariño Ortega, a quen sucedeu como arquitecto municipal da Coruña (1931-1950). Representante destacado do movemento racionalista en Galicia, as súas obras caracterizáronse pola pureza das formas, a sinxeleza decorativa e a economía no deseño. Despois da Guerra Civil Española, evolucionou cara ao historicismo influído pola arquitectura monumentalista alemá. Realizou a urbanización e ensanche de Ferrol (1929) e na Coruña o mercado de Santo Agostiño (1932-1936), xunto con Antón Tenreiro, onde introduciu a técnica do formigón e unha estrutura formal que lembra a das naves industriais, o Estadio Municipal de Riazor (1939-1944), de estilo monumentalista historicista, o Pazo Municipal dos Deportes de Riazor (1970) e diversos edificios de vivendas. No eido do urbanismo, reivindicaba a necesidade dunha planificación racional. Académico desde 1948 da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Gabino, viviu en Barcelona onde recibiu a influencia da pintura catalá e de artistas como Antoni Tàpies. Destacou como debuxante, cultivou o realismo cun estilo postimpresionista e centrouse fundamentalmente na representación de paisaxes, xunto con bodegóns e retratos. Preocupouse pola cor e empregou unha paleta cálida e morna na que destacaron azuis intensos, verdes brillantes, carmíns, rosas e pratas, coa que construía os corpos mediante o emprego da luz. Destacan Mi hermana Carmen (1956), Bodegón (1968), Puerto de Barcelona (1980), Irene e Anna (1988), Vaso con flores (1990), Casa en el Empordá (1996), A modelo (1997) e Camino (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ribadavia. Realizada en estilo románico, tamén conta con elementos góticos, ten unha soa nave rectangular con cuberta de madeira, ábsida semicircular con bóveda de cruzaría e presbiterio de dous tramos. No exterior destacan os canzorros que se atopan por todo o muro e os capiteis figurativos. A fachada principal ten dous contrafortes e portada con tripla arquivolta de medio punto sobre tres pares de columnas de bo tamaño. Na parte dereita sitúase a torre-campanario do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Con-xo, Santiago de Compostela 20.4.1901 - Saint Georges de Dreux, Normandie 29.10.1995) Escultor. Coñecido como Bonome, formouse na tradición imaxineira santiaguesa. Nesta época realizou obras de carácter populista e primitivista como Aldeán ou A volta da feira. Realizou outras de estilo máis expresionista, como A vella do violín. En 1924 trasladouse a Madrid, onde obtivo certa relevancia grazas á súa técnica de talla directa e policromada sobre madeira, de carácter expresionista (Virgen del Rosario, 1923). Continuou a realizar obras encadradas no primitivismo (Recordo, 1924-1925; O meigallo, 1925) xunto con outras máis intimistas (Maternidade, 1926; Duquesiña, 1926-1927) e retratos (Portela Valladares, 1925; Antonio Palacios, Ofelia Nieto). En 1929 instalouse en París, onde dulcificou o seu estilo, apostando por un refinamento técnico e temático. Destacan A...

    VER O DETALLE DO TERMO