"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Organización estudantil de ámbito galego que se autodefinía como reinvidicativa, nacionalista, democrática e independente, e que defendía un ensino ao servizo das clases populares e a normalización da lingua e da cultura galegas. Entre os seus presupostos básicos destacaban o convencemento de que Galicia mantiña unha dependencia colonial con respecto a España que se traducía, no eido educativo, na transmisión dun ensino acientífico, antinacionalista, antipopular e antidemocrático. A súa aparición na vida pública tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela no curso 1972-1973, despois da folga compostelá do Nadal, provocada pola morte do estudante Xosé María Fuentes; daquela estaba integrada principalmente por estudiantes nacionalistas de diversos colectivos e independentes. No curso seguinte espallouse polas principais cidades galegas, ao tempo que se produciu a primeira escisión, que deu lugar á creación da Organización de Estudiantes Revolucionarios. Nos anos 1975 e 1976 os centros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos estudiantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exercitar a memoria e o entendemento para aprender ou comprender algo ou a alguén.

    2. Realizar ou recibir ensinanzas sobre unha materia ou un conxunto de materias.

    3. Observar ou examinar detidamente algo ou a alguén para coñecer ou determinar a súa natureza, carácter, significación, causas ou consecuencias.

    4. Observar ou pensar detidamente sobre algo para decidir ou actuar sobre el.

    5. Pór todos os medios posibles para que alguén poida estudiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de estudiar.

      1. Conxunto de cousas ou aspectos que se estudian dunha materia.

      2. Conxunto de materias que se estudian nunha determinada especialidade ou nivel.

    2. Coñecemento ou experiencia nunha ciencia, arte ou profesión, que se adquire mediante o estudo ou os exercicios prácticos.

    3. Obra ou traballo en que se estudia un asunto determinado.

      1. Cuarto ou piso en que se realizan actividades intelectuais ou profesionais, especialmente artísticas.

      2. Apartamento pequeno, normalmente dun só cuarto.

      3. Cuarto dunha casa en que se estudia ou se realizan actividades de carácter profesional.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio que realiza a Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación e que consiste na investigación dos hábitos de consumo e as características sociodemográficas da poboación española, así como a súa relación cos diferentes medios de comunicación. O seu antecedente máis directo foi o informe encargado ao Instituto ECO, nos anos sesenta, en que se elaboraron 6.000 entrevistas para 10 empresas. En 1968, ao redor de 22 empresas de toda España tentaron consolidar un estudo de audiencias que constaba de 8 exames distintos de 4.000 entrevistas cada un. En 1975, nunha asemblea en que participaron 51 empresas, creouse a entidade Estudio General de Medios SA, encargada de autorizar os devanditos estudios. O 20 de xullo de 1988 o Ministerio do Interior rexistrou os seus estatutos e a sociedade EGM pasou a contar cunha estrutura xurídica adecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación semestral aparecida en 1981 e subtitulada “Revista oficial del Instituto de Estudios Bercianos”. Dirixiuna inicialmente José A. Carro Celda. No número once exerceu como director J. Enrique Fernández Llamazares, e dende o dezanove coordinouna J. Ignacio González Ramos. Tentou fomentar e difundir a cultura berciana en todos os seus ámbitos, cunha recompilación de literatura oral e popular da zona, ademais de achegas literarias de diversos autores, en que se incluían escritores galegos e portugueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Madrid o 15 de febreiro de 1915. Cesou probablemente en decembro de 1916 (nº22). Dirixiuna Aurelio Ribalta e subtitulouse “Revista quincenal de Lenguaje, Finanza, Turismo. Publicada por Aurelio Ribalta”. Inicialmente, tiña unha periodicidade mensual, pero a partir do nº15, quincenal. A súa aparición provocou a toma de conciencia da intelectualidade galeguista da Coruña de cara a configurar as futuras Irmandades da Fala. Contiña informacións da actualidade galega na sección “Crónica Gallega” e artigos sobre cuestións lingüísticas, as seccións literarias “Poetas de hoxe” e “Poetas de onte”, e prosas divertidas no apartado “Repinicos de gaita”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que estudia con moito interese e dedicación.

    2. Persoa que se dedica ao estudio de algo específico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aperiódica publicada desde 1949 (con data de 1947-1948) polo Institut d’Estudis Catalans, baixo a dirección de R. Aramon i Serra. Contén artigos e amplas recensións referentes ás linguas e ás literaturas románicas de todas as épocas. Dedicoulle unha especial atención ao catalán e á literatura catalana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensino de tipo universitario que se iniciou o 16 de outubro de 1903 como unha das consecuencias do Primer Congrés Universitari Català, en que se debateu a organización dunha universidade catalá autónoma. Defendía como lingua de comunicación o catalán polo que foi rexeitado da universidade oficial e se ligou a outras institucións (Ateneu Barcelonès e Escola Industrial). Comezou ensinando dereito civil catalán e historia de Catalunya e, de seguida, tamén economía social e política arancelaria, literatura catalana, dereito público catalán e, máis adiante, historia da arte catalana, xeoloxía aplicada a Catalunya, técnica e análise química, agricultura, pedagoxía nacional, estudios portugueses, filoloxía románica, filosofía, gramática comparada do latín e o catalán, historia musical e étnica da cançó popular, lóxica e metodoloxía da ciencia e xeografía. Foron profesores do EUC estudiosos como A. Rubió i Lluch, Pompeu Fabra e Eugeni d’Ors. Co tempo os estudios reducíronse a gramática,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello que xera calor por combustión de calquera materia combustible e que se emprega para quentar un cuarto, un local ou calquera outro espazo pechado.

    2. Cámara ou caixa metálica, pechada ou illada do exterior, en que se pode acadar e manter no seu interior a temperatura desexada. Emprégase en laboratorios e instalacións industriais para esterilizar, secar, producir cultivos microbianos e outros fins.

    3. Estancia das termas destinada a producir unha gran sudación.

    4. Edificio de ferro e cristal característico de finais do s XIX e comezos do s XX que acollía exposicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de estufar.

    2. Guiso que se prepara condimentando unha vianda, peixe ou carne, con aceite, viño ou vinagre, allo, cebola e especias. O conxunto cócese nun recipiente con pouco lume e ben tapado, para que non perda o vapor nin o aroma. Dentro deste tipo de preparación destaca a cassoulet francesa.

    3. Tea ou pano moi decorado.

    4. Motivo decorativo que resulta de estufar un dourado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Guisar un alimento nun recipiente ben tapado con pouco lume, sen que se perda o vapor nin os aromas.

    2. Deixar unha pasta levedada nun lugar temperado para favorecer a súa fermentación.

    3. Dar unha capa de branco a unha talla en madeira que se vai dourar.

    4. Pintar á témpera sobre un ouro brunido formando relevos.

    5. Raspar a cor aplicada sobre unha superficie dourada facendo debuxos.

    6. Pintar a parte dos panos nunha escultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de estulto.

    2. Dito ou feito propio dun estulto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que mostra necidade ou pouca intelixencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asombro ou sorpresa moi grande que sente alguén cando non pode reaccionar ante algunha circunstancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa estupefacción.

    2. Produto activo que, ademais do seu efecto terapéutico, presenta unha acción secundaria capaz de producir habituación no individuo e alterarlle profundamente a personalidade, o comportamento e, incluso, o equilibrio fisiolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non sabe como reaccionar ante algo que lle resulta moi asombroso ou sorprendente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa admiración porque é moi fermoso, sorprendente ou marabilloso.

    VER O DETALLE DO TERMO