"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción de detraer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de deturpar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marcación dunha molécula por intercambio dun ou máis dos seus átomos de hidróxeno polo deuterio. Este intercambio é especialmente sinxelo en moléculas con hidróxenos lábiles ou relativamente polares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de devastar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fervor pola relixión ou polas prácticas relixiosas.

      2. Actitude ou predisposición de piedade e dependencia cara a Deus ou os santos.

      1. Amor intenso por alguén ou por algo relacionado coa relixión.

      2. Predilección por algo ou por alguén.

      1. Práctica relixiosa.

      2. libro de devoción

        devocionario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro que contén as oracións coas que os fieis cristiáns exercitan a súa devoción. Desde o s XIII empregouse como devocionario o Libro das horas. No s XVII abundan as obras devotas de carácter popular (novenas, reloxos da paixón, via crucis, oracións aos santos e á Virxe, rosarios, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de devolver.

    2. Reembolso dos cartos pagados de máis na liquidación dun imposto, taxa ou tributo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito entre as monarquías hispánica e francesa (1667-1668) provocado pola reivindicación de Luís XIV dos territorios de Flandres para a súa muller María Teresa, filla de Filipe IV. Polo Tratado dos Pireneos, María Teresa renunciou aos seus dereitos á coroa hispánica, pero o incumprimento dalgunhas normas do dereito flamengo deulle pé a Luís XIV para invadir Flandres e o Franco Condado en 1667. Este feito provocou o receo dalgunhas potencias (Inglaterra, Holanda e Suecia), que se uniron en 1668 na Triple Alianza. Despois destas confrontacións militares chegouse ao Tratado de Aachen (maio de 1668).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de devorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Evacuación das materias fecais.

      2. Conxunto de materias fecais evacuadas.

    1. Conxunto de materiais rochosos acumulados pola acción dos axentes da erosión (correntes fluviais, ventos, etc) ou da tectónica, tales como os produtos volcánicos. Os torrentes adoitan formar acumulacións de forma cónica coñecidas co nome de cono de dexección. As dexeccións volcánicas engloban a lava, as bombas, os lapilli e as cinzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dexenerar.

      1. Cambios producidos nas células, tecidos ou organismos que se manifestan polas modificacións da estrutura morfolóxica, física ou química. As causas principais da dexeneración son a hipoxia, os axentes tóxico-infecciosos, os trastornos metabólicos e enzimáticos ou os déficits nutritivos. A dexeneración pódelles afectar ás células ou á substancia intercelular. As lesións predominantemente celulares son trastornos do metabolismo hidromineral, do metabolismo dos lípidos, do metabolismo dos glícidos e trastornos por acumulación de pigmentos. As lesións que lle afectan á substancia intercelular producen a aparición de moco e graxa, así como o depósito de substancias estrañas. Segundo estas substancias, distínguense a dexeneración hialina, a dexeneración amiloide e a dexeneración mucoide.

      2. Redución ou perda dun órgano ao longo da evolución, como sucedeu, por exemplo, co apéndice cecal dos humanos.

      1. En mecánica cuántica, propiedade dun valor propio dun observable, segundo a cal hai diferentes estados característicos do observable que teñen por valor propio o considerado. A dimensión do subespacio de vectores característicos con valor propio a é a multiplicidade ou dexeneración de a.

      2. Propiedade dunha magnitude física pola que para cada un dos valores que toma esta magnitude é posible encontrar diversos estados diferentes.

      3. dexeneración accidental

        Dexeneración da enerxía dalgúns sistemas dinámicos que resulta da forma particular do potencial ao que son sometidos, como é o caso do átomo de hidróxeno e do oscilador harmónico tridimensional.

      4. dexeneración da enerxía

        Propiedade dun sistema pola que hai diferentes estados que teñen a mesma enerxía. O número de estados dun destes niveis de enerxía é a dexeneración do nivel.

    2. enfermidade de Wilson.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso mediante o que se obteñen dextrinas a partir do amidón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversión en forma de diagonal da matriz dun endomorfismo dun espazo vectorial mediante un cambio de base. Para que a diagonalización sexa posible é necesario e suficiente que haxa unha base do espazo formada por vectores propios do endomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de conversión en dialecto dun dominio lingüístico ou dunha lingua literaria unificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia liberal que apareceu na Coruña o 26 de febreiro de 1820, baixo o auspicio da Xunta Suprema do Reino de Galicia. Rematou a súa edición o 6 de xullo de 1823. Fundado, dirixido e impreso por Sebastián Iguereta, constaba de catro páxinas nas que se incluían novas nacionais e do estranxeiro, comunicados, exposicións, proclamas, avisos e sesións de artes. Incluía artigos nos que se informaba dos dereitos que outorgaba a nova Constitución aos cidadáns e comentarios sobre o novo sistema de goberno. No eido literario incluíu dous textos propagandístiscos en verso titulados “Poema aos insurreccionados de Burón” e “Ás comadres de Burón”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido o 24 de novembro de 1858 na Coruña que cesou a súa edición o 12 de abril de 1866. Dirixido por Francisco Mª de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, Xosé López de la Vega, Xosé Mª Montes e Froilán Salazar, contou coa colaboración de, entre outros, Antonio da Iglesia, Antonio San Martín, Ramón Buch, Domingo Camino e Alejos Pita. Impreso nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez, foi unha das publicacións da época con maior número de subscritores. No nº 53, en xaneiro de 1859, Antonio de la Iglesia publicou a súa composición “Ribeirana”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido o 29 de febreiro de 1820 na Coruña e que posiblemente rematou a súa edición no mesmo ano. Na súa cabeceira incluíu o lema “Viva el Rey por la Constitución”. Redactado e impreso por Sebastián Iguereta, contou co apoio da Xunta Suprema do Reino de Galicia, ao igual ca o Diario Constitucional de La Coruña, tamén liberal, pero máis radicalizado nas súas formulacións. Dos seus contidos destacan novas de carácter económico, partes oficiais, bandos e providencias da Xunta, datos referidos aos movementos das tropas sublevadas en Andalucía e ás Cortes, e información sobre o ministerio de Guerra e do Exército Nacional de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada por Génese Comunicación y Publicidad en Vigo a partir do 25 de decembro de 1995. Titulouse inicialmente como 7 Días de Ocio. Dirixida por Javier Cea, contaba cun consello de redacción formado por Cora Peña, Carmen Gutiérrez, José Páramos, César F. Tejedor, Arturo Enríquez e Alfonso Fernández, entre outros. Incluíu información sobre televisión, espectáculos, literatura e música, ademais de recomendacións cinematográficas e a programación de Telecidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, irmán de Camilo, Dolores e Ramiro Díaz Baliño. Formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña da que, posteriormente, foi profesor de modelado e director. En 1915 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña para ampliar estudios na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Foi delineante maior de vías e obras da deputación coruñesa dende 1920. Realizou obras de temática galega, entre as que destacan O cego, O rezo, Devotiña, A volta da sega e No sermón. Fixo tamén o busto de Xosé Calvo Sotelo para a Deputación da Coruña, o Sagrado Corazón de Cesuras e participou na decoración, entre outros edificios, do Hotel Finisterre e do Banco de La Coruña e do antigo Teatro García Barbón de Vigo. En 1932 participou nos festexos de celebración do primeiro aniversario da Segunda República coa realización de diversas obras. Dende 1912 participou en numerosas exposicións de arte galega, entre as que destacan a Primera Exposición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química na que unha amina primaria, xeralmente aromática, se transforma nun sal de diazonio, pola acción do ácido nitroso a baixa temperatura (de 0 a 5°C), que se forma in situ a partir dun nitrito e un ácido. Foi descuberta no 1858 por P. Griess.

    VER O DETALLE DO TERMO