"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • IGREXAS

    Igrexa situada en Allariz. Construída no s X, pertenceu a un mosteiro dúplice en tempos de san Rosendo. Da primitiva construción prerrománica mantén os muros laterais, o trazado e a proporción da nave. As portas laterais son de estilo mozárabe e están realizadas con arcos de ferradura enmarcados nun alfiz. A igrexa que se conserva data do s XVIII. Foi declarada BIC en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Parada de Ventosa (Muíños). O seu cumio acada os 700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pazos de Borbén baixo a advocación de santa María, onde está situada a capital municipal, no lugar de Pazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verín baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que ten a súa orixe na provincia de Pontevedra. As súas armas levan, en campo de azul, un castelo de ouro, aclarado de goles, adestrado dun brazo armado cunha espada na man, que mete na boca dunha serpe saínte do mesmo flanco; estas dúas figuras están superadas dun sol figurado de ouro, no centro do xefe, flanqueado por dous medios voos do mesmo, o castelo e a serpe sobre ondas de prata e azul, en punta. Outra variante leva, en campo de ouro, dúas bandas, de goles; bordo de sinople cunha cruz grega de ouro, no centro do xefe, e de cinco vieiras de prata, colocadas dúas en cada flanco e unha na punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boborás baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto arquitectónico situado en Boborás. Está formado pola igrexa de San Salvador e os pazos de Casa de Arriba, Casa e Granxa do Mato, Cervela, O Currelo, Feixó, Laxas e Tizón. A igrexa, que pertenceu á orde de Malta, é románica cunha soa nave e ábsida semicircular, cuberta con bóveda de medio canón no tramo recto e bóveda de cuarto de esfera no curvo. Foi declarado BIC en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Arenteiro (Boborás). Datada nos ss XII-XVI, trátase dunha ponte de cantaría con arcos de medio punto, desaugadoiro alintelado e rasante lixeiramente alombada. Ten dous vans. Está situada no antigo camiño do Ribeiro a Pontevedra e Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Vigo, situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 17’ de latitude N e 8° 31’ 40” de lonxitude O. Limita ao N con Fornelos de Montes e Soutomaior (ambos os dous da comarca de Vigo), ao L con Fornelos de Montes e Mondariz (comarca do Condado), ao S con Ponteareas (comarca do Condado) e Mos (comarca de Vigo) e ao O con Redondela (comarca de Vigo). Abrangue unha superficie de 50 km 2 , en que acolle unha poboación de 3.145 h (2007), distribuída nas parroquias de Amoedo, Borbén, Cepeda, A Ermida, Moscoso, Nespereira, Pazos e Xunqueiras. A súa capital está no lugar de Pazos, na parroquia do mesmo nome, a 89 km de Santiago de Compostela e a 28 km de Pontevedra. Está adscrito, á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Redondela.
    Xeografía física
    O concello localízase no bloque litoral, entre a Dorsal Occidental Galega e a Depresión Meridiana. Está situado nun contexto litolóxico dominado polas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tui baixo a advocación do Sagrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cibrao das Viñas baixo a advocación de san Clodio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Emilia Pardo Bazán en 1886. Claro exemplo da súa concepción naturalista da realidade, nela presenta un medio que condiciona o comportamento dos personaxes, onde aparece unha nobreza en plena decadencia económica e moral. A obra desenvólvese nos Pazos de Ulloa, situados nun recóndito lugar de Galicia, en 1880, onde a vida está marcada pola influencia da relixión, a bruxaría, a política e as paixóns. A chegada de Julián, un sacerdote delicado e sensible, a Ulloa terá imprevistas consecuencias. O marqués de Ulloa, rudo e paixonal, vese obrigado a contraer matrimonio con Nucha, unha rapaza de cidade, para quen o ambiente dos pazos é un pesadelo. O contrapunto de Nucha está representado por Sabela, a criada que tivo un fillo bastardo co marqués. Trátase dunha novela de aprendizaxe en que se amosa o tránsito da inocencia e do descoñecemento do mundo á dura madurez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Estudou xurisprudencia en Boloña e exerceu como xurista na Real Audiencia da Coruña. Presidiu o Consello de Castela. Foi bispo de Pati (Sicilia, 1568) e Córdoba (1582-1586), inquisidor en Sicilia, Sevilla e Toledo, e cóengo doutoral de Tui. Fundou o seminario conciliar de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadernos editados en Vigo a partir de 1928 e dirixidos polo marqués de Quintanar, Xavier Ozores Pedrosa e Xosé Cao Moure, propietario da editorial PPKO, encargada de publicar cada un dos volumes. O seu último caderno foi probablemente o nº7, editado en 1932. Como publicación de excelente calidade, incluía fotografías dos pazos máis importantes de Galicia, ademais dos artigos en que se explicaban as súas características e os escudos das casas propietarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista. Destacou como xogador no R.C. Celta de Vigo, Real Madrid C. F. e C. Atlético de Madrid. Foi campión de Liga co Real Madrid C. F. (1953-1954) e internacional coa selección B (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e presentador. Comezou como actor de teatro na compañía Caritel e no Centro Dramático Galego na década de 1980. Participou en series televisivas como Farmacia de Guardia, Periodistas e Pratos Combinados, e no programa Caiga quien Caiga (1997-2002). Tamén traballou no teatro nas obras Esto non é serio, Calquera vai á guerra, A grande noite de Fiz e A Esmorga, e no cine en Airbag (1997), Muertos de risa (1999), Tuno negro (2001), O lapis do carpinteiro (2003) e Hot Milk (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio. Artista abstracto, utilizou para as súas obras a pedra, o granito e elementos metálicos. Inspirouse no mundo rural galego e na cultura castrexa para realizar obras de aparencia tosca. Destaca Guerreiro III e Machado IV. Obtivo, na Bienal de Pontevedra, o segundo premio en 1983, o primeiro premio ao ano seguinte e a medalla de bronce na edición de 1990.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Fundou e dirixiu a Escuela de Teatro Juvenil Periférico de Montevideo. Traballou como actor de dobraxe e como actor teatral para o Centro Dramático Galego, e participou nas obras A Lagarada (1992), Saco y Vanzzetti, Pluto, La gaviota e El gorro de Cascabeles. Recibiu o Premio Florencio (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO