"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Río que nace da confluencia de varios regueiros no pozo de Ameáns e conflúe co río Tea na súa marxe dereita. O curso deste río, que discorre en dirección N - S por unha fractura do terreo formando un val pechado, é o lindeiro entre os concellos do Covelo e de Mondariz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira etiqueta, da gama dos tintos, elaborada pola adega Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. É un viño lixeiro que se obtén da mestura de distintas variedades de uva autóctona da comarca: Caíño, Sousón, Ferrón e Mencía.
-
PERSOEIRO
Licenciada na especialidade de Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e na de Musicoloxía pola Universidade de Oviedo. Realizou estudios musicais nos Conservatorios de Santiago de Compostela e da Coruña. En 1992 doutorouse coa tese El compositor italiano Buono Chiodi y su magisterio en Santiago de Compostela. Como investigadora destacan os seus traballos centrados na música da catedral compostelá, na transición do Barroco ao Clasicismo; nas relacións musicais hispano-italianas na segunda metade do s XVIII, nos aspectos sociais da historia da música e da historia da música galega. Conferenciante en numerosos congresos nacionais e internacionais, e membro de diversas sociedades e asociacións musicais como a Society International Musicologica. Colabora no The New Grove Ditionary of Music and Musicians e na edición do Dicionario de Música Española e Hispanoamericana. Ten publicado os libros: La capilla de música de la catedral de Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Bos Aires en xuño de 1961 pola Asociación Argentina de Hijos de Gallegos, que cesou en novembro de 1963, no seu cuarto número. Dirixida por Antonio Pérez Prado, colaboraron nela Perfecto López Romero, R. Palmás Casal, Basilio Losada, Ramón Piñeiro e García-Sabell. Contaba, ademais dun noticiario de actividades culturais, coas seccións: “Fenestra de Alén-Mar”, onde incluía informacións sobre diversos cursos e “Mirador Bibliográfico Gallego”, no que se trataban biografías de escritores galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista en galego publicada en maio de 1992 e coordinada pola Asociación Cultural Terra Dentro de Chantada. Incluía fotografías e debuxos en branco e negro, xunto con información sociocultural, histórica, na sección “Anacos da historia” de X. Manuel Vázquez Rodríguez, e literaria, con artigos de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco.
-
PERSOEIRO
Novelista brasileiro romántico. Primeiro gran prosista do seu país, compón fundamentalmente novelas sentimentais. Foi considerado o iniciador da corrente indixenista. Destacan as obras: O guaraní (1857), Iracema (1865) e Ubirajara (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello das Nogais baixo a advocación de santa Lucía.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da rexión da Baixa Normandía, Francia, capital do departamento de Orne, á beira do Sarthe (29.988 h [1990]). Ten unha escola de encaixes.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Xurisdición feudal que comprendía parte dos actuais departamentos do Orne e do Sarthe. O condado foi creado en 1082 e unido á Coroa de Francia por Filipe II Augusto no 1219. O último duque de Alençon foi o príncipe Fernando (morto en 1910), fillo do duque de Nemours e neto do Rei Luís Filipe I.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao aleno ou aos alenos.
-
Dise de todos os compostos orgánicos con dous enlaces dobres sucesivos. Os compostos alénicos poden presentar isomería óptica, a causa da rixidez que impón a restrición da rotación dos dous enlaces dobres que presentan na súa estrutura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo insaturado, gasoso, inflamable, inestable, obtido por acción do cinc en po sobre o 2,3-dicloropropeno, por pirólise do isobutileno ou por electrolise dos itaconatos. Copoliomerízase co etileno, o propileno e o estireno e produce cos diboranos copolímeros pirofóricos. Tamén se denominan alenos todos os hidrocarburos que teñen dous enlaces dobres sucesivos. Os alenos prodúcense por deshaloxenación ou por outras reaccións de eliminación de compostos axeitados, a partir de compostos α-cloroacetilénicos e de reactivos de Grignard, e por pirólise. En presenza de bases fortes isomerízanse en hidrocarburos acetilénicos. Así mesmo puideron obterse polímeros de peso molecular elevado, formados por cadeas. Os polialenos son incoloros, fráxiles e de escasa solubilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce alento ou incentiva a facer algo.
-
-
Dar ánimos e entusiasmo á xente.
-
Respirar enchendo os pulmóns de aire e botándoo fóra.
-
-
REXIÓNS
Rexión do sur de Portugal situada entre o Texo e a serra do Algarve (426.418 km2). Dividida en Alto Alentejo (actualmente distritos de Portalegre e de Évora) e Baixo Alentejo (actualmente distrito de Beja e un terzo do de Setúbal), constitúe un peniplano cunha altura media de 200-300 m; destacan a serra de São Mamede (1.025 m) e a serra de Ossa (698 m). Os ríos agrúpanse en catro concas: a do Texo, a do Sorraia, a do Sado e a do Mira. O clima é continental e a vexetación típica está formada por aciñeiras e sobreiras. Cunha baixa densidade de poboación, predomina a propiedade latifundista dedicada ao cultivo intensivo de cereais, e á gandería porcina ovina e caprina. O Alentejo tivo un poboamento prehistórico moi importante nos comezos da Idade dos Metais, cunha das maiores concentracións de monumentos megalíticos máis grandes de todo o Occidente. Foi habitado despois polos lusitanos e na época romana foi comprendido dentro da provincia de Lusitania. As dúas cidades máis importantes...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que pertence ao Alentejo ou aos seus habitantes.
-
Habitante ou persoa procedente do Alentejo, en Portugal.
-
-
-
Acto de alentar ou respirar.
-
Aire que sae dos pulmóns na expiración.
-
Ánimo que posúe a persoa para realizar unha acción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín en galego nado en Santiago e Noia en xullo de 1934, que cesou en xuño de 1935, ao recoller nun só número os boletíns dez, once e doce. Subtitulado “Boletín de Estudos Polítecos”, foi dirixida por Álvaro das Casas, que tamén colaborou con diferentes artigos e co estudo Conceito e sentimento da patria nos Evanxeos. Foi defensor das teses nacionalistas e nel colaboraron Vicente Risco, cunha serie de artigos titulada Nacionalismo galego, Xohán Brañas, Paulino Pedret-Casado, cun ensaio titulado Ensaio para unha teoría do galeguismo, Francisco Fernández del Riego, Luís Seoane, Ramón Vilar Ponte, Aquilino Iglesia Alvariño, que participou con dous ensaios chamados Os camiños dos homes e Os camiños de Deus, e Luís Manteiga, entre outros autores. Publicáronse nel artigos sobre arte galega, teoría literaria, ensaio e sobre o concepto do nacionalismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido en agosto de 1974 e subtitulado “Voceiro da unión de traballadores do ensino de Galicia”. De tendencia nacionalista, trataba temas relacionados co mundo do traballo, do ensino e dos sindicatos.
-
PERSOEIRO
Pintor castelán. Discípulo de J. Ribeira e J. Madrazo. Cultivou un gusto irónico, reflexo da arte de Goya. Consérvanse obras súas na Academia de San Fernando e no museo de Lázaro Galdiano de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que pertence á orde dos aleocelos.
-
Verme da orde dos aleocelos.
-
Orde dos turbelarios formados por pequenos vermes planos, aparentemente segmentados, xeralmente mariños, que se caracterizan por ter a cavidade dixestiva en forma dun saco único, con divertículos dispostos de forma semimetamérica.
-