"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • Estado larval do ciclo evolutivo da tenia e doutros cestodos, posterior á oncosfera e anterior ao individuo adulto. Represéntase por unha pequena vesícula, de poucos milímetros, que se aloxa no tecido muscular do porco e orixina a triquinose. O cisticerco queda, neste estado, envolto por unha cuberta de tecido conxuntivo. A súa membrana interna invaxínase e forma o escólex. O ciclo evolutivo continúa se o anaco infectado resulta inxerido, en estado cru ou pouco cociñado, por un humano ou por outro hóspede axeitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parasitose humana producida polas larvas da tenia do porco (Taenia solium) ou da tenia da vaca (Taenia saginata). Prodúcese por autoinfección ou, máis frecuentemente, por contaminación fecal dos alimentos. Cando os ovos chegan á porción inicial do intestino delgado, saen as larvas, que atravesan a parede intestinal, disemínanse polo sangue e fíxanse especialmente na pel, nos músculos, no cerebro e nos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista norteamericano, fillo de John Bates Clark. Foi profesor na Universidade de Columbia, en 1936 presidiu a American Economic Association e, dende 1947, foi membro da Economic Society. Na súa obra principal, Studies in the Economics of Overhead Costs (Estudio da economía dos custos xerais, 1923), introduciu os custos como un factor determinante e distinguiu entre custos sociais e custos privados. Doutras publicacións súas, cómpre salientar Alternative to Serfdom (Alternativa para a servidume, 1955), The Ethical Basics of Economic Freedom (Os fundamentos éticos da liberdade económica, 1955) e Competition as a Dynamic Process (A competencia como proceso dinamizador, 1961), obras nas que expuxo os problemas da competencia no capitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • clavecinista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos pirenomicetos, parasitos de flores, sobre todo das poáceas, nas que determina unha castración parasitaria, ao tempo que o fungo produce conidios que os insectos dispersan. Son ricos en alcaloides (ergotamina, ergobasina) polo que se empregan en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás clorofíceas.

    2. Alga da clase das clorofíceas.

    3. Clase de algas que coloniza unha ampla variedade de hábitats; pódense atopar tanto en solos agrícolas ou cascas das árbores como en augas continentais ou mariñas, aínda que a maioría das especies viven en augas doces. As máis delas son microscópicas, algunhas unicelulares monadais (Pediastrum, Closterium), outras coloniais (Volvox) e moitas, filamentosas (Spyrogira, Zygnema e Ulotrix). A cuberta verde que aparece nos solos e nas rochas húmidas, nas pozas ou nas augas paradas dos regatos, son algas verdes deste tipo, que lle deben a súa cor á presenza dun pigmento (clorofila b) semellante ao que presentan os fentos, as plantas con flores e os musgos. As especies mariñas de maior tamaño son as que presentan unha morfoloxía laminar (Ulva e Prasiola), tubular ou filamentosa (Enteromorpha, Chaetomorpha e Cladophora)) ou cilíndrica e esponxosa (Codium). Viven na zona intermareal dos rochedos e, raramente, nas marismas, pero sempre en zonas nitrificadas e cunha gran cantidade de materia orgánica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cloranfenicol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cloromonadofíceas.

    2. Alga da clase das cloromonadofíceas.

    3. Clase de algas unicelulares incluída no gran grupo dos cromófitos. Abrangue unha ducia de xéneros de organismos mariños, de auga doce ou limícolas, con células biflaxeladas, de membrana fina e plástica, forma ovoide e comprimida, e plastos numerosos e discoidais de cor verde, pero especialmente ricos en xantófilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de gasterópodos terrestres de cuncha cónica que presenta unha coloración e, ás veces, bandas máis escuras. En Galicia están presentes, en praias e dunas, as especies C. acuta, coa cuncha alongada de ata 25 mm de lonxitude; C. barbara, coa cuncha ancha na base e ata 12 mm de lonxitude; e C. conoidea, coa cuncha moi ancha na base e ata 8 mm de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    ) Xornalista. Estudiou dereito en Santiago de Compostela e foi presidente da Academia Literaria. Fundou, xunto con Tiburcio Faraldo, o xornal El Centinela de Galicia (1843) e dirixiu El Oriente, de Madrid (1853). Publicou Un sueño en Estambul en el año 1550 (1840), Lecciones críticas de la historia del derecho romano y español (1841) e o Discurso pronunciado por el presidente de la Academia Literaria en la sesión general de la reposición de cargos del año 1842 (1842). Atribúeselle tamén a Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e político. Licenciado en Ciencias Empresariais, foi un dos fundadores de Alianza Popular en Lugo. Exerceu, ademais, como intendente mercantil, catedrático da Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Lugo e presidente provincial do Partido Popular (PP). Foi elixido deputado na II lexislatura e senador na III lexislatura, concelleiro do concello de Lugo e vicepresidente do PP. Membro do Colexio de Economistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Nome do libro antigo e medieval, procedente do codex latino, diferente do rotulus (rolo de papiro ou pergamiño). Os máis antigos (s II-I a C) realizáronse en pergamiño ou papiro. Trátase dun libro manuscrito elaborado manualmente cun valor histórico a artístico, anterior á invención da imprenta, aínda que ás veces tamén se denominen códices algúns libros manuscritos posteriores ao s XV. Caracterizábanse por estar compostos por cadernos (reunión de catro follas grandes pregadas), pola diversidade nos sistemas de ordenación dos cadernos (a paxinación numérica aparece a partir do s XII), pola división da páxina (en varias columnas) e pola súa forma cadrada ou rectangular. As encadernacións eran rústicas e fortes, e as cubertas eran, en xeral, de madeiras finas recubertas de coiro, con ou sen cantos metálicos e peches de simple pergamiño, excepto nas luxosas encadernacións litúrxicas. A transmisión manuscrita das Cantigas de Santa Maria do Rei Afonso X está ben definida e...

      2. códice antigo [lat: códice antiquior/vetustissimus]

        Códice máis antigo de todos os que conserva unha determinada obra.

      3. códice arquetipo [lat: codex archetypus]

        Primeiro dos exemplares oficiais dunha obra clásica corrompido por copias posteriores, en particular as realizadas durante a Idade Media.

      4. códice bíblico

        Códice que contén a Biblia ou unha parte, sobre todo se é moi antigo, de xeito que poida considerarse próximo ao texto orixinal.

      5. códice descrito [lat: codex descriptum/recentior]

        Copia realizada xeralmente por humanistas italianos e considerada de menor calidade ca o arquetipo, inda que pode corrixir erros do ascendente, contaminar con tradicións perdidas e traer leccións útiles para reconstruír a vida histórica dun texto.

      6. códice óptimo [lat: codex optimus]

        Códice que conserva, en xeral, as mellores leccións dun texto.

      7. códice único [lat: codex unicus]

        Documento único conservado dunha obra antiga.

    1. Parte do misal e do breviario que contén os oficios concedidos particularmente a unha diocese ou corporación.

    2. Recompilación sistemática ou cronolóxica de documentos relativos a unha cidade, unha entidade ou unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liber Sancti Jacobi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario publicado por Luz Pozo Garza en 1986. O tema central é o amor, asociado á plenitude e ao sentido da existencia en contraposición coa morte. Esta dualidade de amor e morte exprésase a través da oposición entre luz e sombra. É unha poética simbolista influenciada por León Felipe, Juan Ramón Jiménez, Arthur Rimbaud, Victor Hugo e Rosalía de Castro, citados explicitamente. Nun segundo nivel, poetízase o tema da terra e da problemática social que cobra relevancia progresivamente. Organízase en dous grandes bloques formados por un “Limiar” -que contén un único poema- e un núcleo composto por 28 poemas distribuídos en tres apartados, aos que lle hai que engadir un prólogo e un epílogo. No prólogo exprésase a idea da poesía como poema único que ilumina a realidade e como forma de coñecemento á que cada poeta engade a súa proposta persoal; o “Limiar”, dedicado ao poeta Eduardo Moreiras, introduce o tema do amor, un sentimento total, absoluto e eterno, tecido nunha longa historia de luces...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro do s XIII conservado na Biblioteca Nazionale Centrale de Florencia (B. R. 20, antes II, I, 213), que contén parte das Cantigas de Santa María. Polas súas características xerais (letra, adornos e miniaturas), parece que é unha continuación de T, escrito no mesmo obradoiro. Está formado por 131 folios de pergamiño de 456 x 320 mm, aínda que o encadernador cortou bastante as páxinas e a numeración (en caracteres romanos) das mesmas. Pódese deducir que faltan moitos folios (posiblemente 50) do que debeu ser o códice orixinal, que foi concibido para albergar os dous últimos centos de cantigas. Escrito con letra gótica francesa, alternando a tinta negra e encarnada, como en T, a dúas columnas (ás veces a tres ou incluso a unha), quedou incompleto, tanto no que respecta ao número de composicións que debería conter, coma na notación musical e na ilustración dos textos, de xeito que só transmite 104 cantigas (das que catro proceden de TO e 100 son novas); a notación musical...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro do s XIII conservado na Biblioteca Nacional de Madrid (10069) e anteriormente na Biblioteca Capitular de Toledo (de onde tomou o seu nome), que contén parte das Cantigas de Santa María. Está conformado por 160 follas de pergamiño de vitela, cun formato de 315 mm de alto por 217 de ancho, e cortesías e gardas en pergamiño e papel. Copiado con elegante letra gótica francesa a dúas columnas e letras iniciais decoradas con filigranas alternando as cores encarnada e azul, non ten miniaturas pero si notación musical no refrán que abre cada cantiga. Contén as 100 cantigas do proxecto orixinal seguidas das cinco cantigas das festas da Virxe e as cinco de seu Fillo. Ao final, engadíronselle 16 composicións en apéndice. A primeira composición é a coñecida como Intitulatio (ou Prólogo A), cantiga sen música que presenta o autor do proxecto adornado de todos os seus títulos; dá noticia dun proxecto acabado (“fez cen cantares e sões”) e identifica a destinataria do mesmo (“fez a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro do s XIII conservado no mosteiro de San Lorenzo de El Escorial (I. b. 2), que contén parte das Cantigas de Santa María. Da mesma extensión que T + F, é o manuscrito que contén case a totalidade das cantigas marianas de Afonso X (416 textos). Está copiado en pergamiño, con escritura gótica a dúas columnas e iniciais en cor azul e encarnada. Presenta notación musical pero non as páxinas miniadas de T e F; sen embargo, as 40 cantigas de loor e a primeira cantiga están adornadas cunha viñeta a ancho de columna que representa diferentes personaxes tocando variados instrumentos musicais, polo que se coñecen como miniaturas dos músicos, designación que se estende ao códice enteiro, coñecido como Códice dos músicos. Para levar a cabo este proxecto de recoller 400 cantigas, facían falta 359 das de milagre, pero ao rematar o códice aínda faltaban algunhas (quizais se estivese traballando simultaneamente neste códice e en F,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro do s XIII conservado na Real Biblioteca de San Lorenzo de El Escorial (T, I. 1), que contén parte das Cantigas de Santa María. Adoita ser coñecido co nome de “códice rico” debido ás exquisitas páxinas miniadas (212 con 1264 viñetas) que acompañan os textos. Copiado en follas de pergamiño de vitela de 486 por 332 mm, con escritura gótica francesa a dúas columnas, contén, ademais, a notación musical completa, ás veces para o texto enteiro. Ao comenzo de cada cantiga debuxouse unha letra capital, de entre tres a catro cm, con predominio das cores azuis. O texto está escrito en tinta negra, excepto os versos correspondentes ao refrán, que se copiaron con tinta encarnada. Ao decidirse a continuación do proxecto inicial e, polo tanto, comezar a luxosa confección de T, o material que contiña a primeira colección tivo que reordenarse (dispuxéronse as cantigas respectando a inicial sucesión de cantigas de milagre e a décima de loor, de xeito que as cantigas con ordinal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Folclorista, psicólogo e musicólogo francés. Estudiou a canción tradicional francesa. Escribiu, entre outras obras: Recherches sur notre ancienne chanson populaire traditionnelle (Anotacións sobre a nosa antiga canción popular tradicional, 1927-1933), Notre chanson folklorique (A nosa canción folclórica, 1941) e La formation de nos chansons folkloriques (A formación das nosas cancións folclóricas, 1953-1963).

    VER O DETALLE DO TERMO