"ovi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 688.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode conmover ou conmoverse.
-
PERSOEIRO
Duque de Mazovia e de Cracovia, fillo do Rei Casimiro II de Polonia e irmán de Leszek II o Branco. Recorreu á orde teutónica para rexeitar as razzias de Prusia e concedeulle a rexión de Chelmno (Kuln), feito que iniciou a introdución da orde en Prusia. O seu irmán deulle en patrimonio Mazovia e Kuiavia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano político que durante o franquismo asumiu a representación colexiada do Movimiento. Institucionalizado polo Decreto do 31 de xullo de 1939 e, denominado inicialmente Consejo Nacional de FET y de las JONS, o seu nome e as súas funcións definitivas apareceron na Lei de Principios del Movimiento Nacional (1958). Entre as súas funcións estaban as de trazar as liñas fundamentais da estrutura do Estado e do Movimiento, e responder as grandes cuestións nacionais e internacionais que lle formulase o xefe do Estado. O xeneral Franco, como xefe nacional do Movimiento, convocábao e presidíao.
-
PERSOEIRO
Gran duque de Rusia, segundo fillo do Tsar Paulo I e irmán de Alexandre I e de Nicolao I. Participou nas guerras contra Napoleón e en 1816 nomeárono comandante en xefe do exército de Polonia. Casado cunha aristócrata polaca, renunciou en 1822 ao trono de Rusia. As relacións con Nicolao I foron a miúdo tirantes pola reiterada defensa que fixo da autonomía polaca. Con todo, durante a Revolución de 1830 tivo que facerlle fronte á rebelión de Varsovia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de contos populares editada polo Centro de Estudios Fingoy en 1963. A primeira edición constaba de 300 relatos recollidos por mestres de primaria dos nenos das súas escolas, aos que animaban para que preguntasen aos seus parentes máis vellos. O material resultante destes traballos transcribiuno e organizouno un equipo dirixido por Ricardo Carballo Calero, no que colaborou Bernardino Graña, daquela bolseiro do Colexio Fingoy. Os textos publicáronse xunto cunha táboa de informantes, na que figuraba o nome do mestre que comunicaba o conto, o da escola que rexentaba, o do neno que proporcionaba o conto e a data do curso no que se recollera. De varios contos incluíronse dúas ou máis variantes, que nalgúns casos chegaron a nove. En 1972 apareceu unha segunda edición con 228 relatos, despois de que se decidira rexistrar só a variante de cada conto que presentase maior interese literario. Así mesmo, resolveuse suprimir os datos relativos aos informantes e axeitar a ortografía dos textos...
-
PERSOEIRO
Pintor alemán. Formado na tradición académica de Königsberg, París e Múnic, adoptou a técnica dos impresionistas, pero cunha pincelada máis nerviosa e expresiva. Adheriuse ao movemento da Sezession de Berlín. En 1911, un ataque de apoplexía levouno a unha pintura moito máis dramática, como a que amosa nuns cincuenta autorretratos, moitos deles acompañados dun esqueleto. Abriu o camiño ás novas correntes expresionistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Caaguazú, Paraguay (38.319 h [estim 1992]). É o centro dunha rica rexión agropecuaria, con importantes industrias alimentarias. Tamén cumpre funcións administrativas e de servicios. Na agricultura destacan os cultivos de algodón, cana de azucre e tabaco. Fundouna en 1759 o coronel Jaime Sanjust.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que saía dúas veces á semana (xoves e domingos), que apareceu o 21 de novembro de 1811 e cesou o 28 de xuño de 1812. Impreso por Ignacio Aguayo, encargouse da súa redacción Manuel Freire Castrillón. Como voceiro da devandita comisión, trátase dunha publicación oposta á política liberal e á Constitución de 1812.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter liberal que apareceu no ano 1821. Dirixiuna Manuel Pardo de Andrade e tiña a misión de informar ao público en xeral sobre asuntos políticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista gratuíta en castelán que apareceu na Coruña no ano 1930. Tivo dous subtítulos “Órgano oficial del Centro de Protección Chauffeurs” e “Órgano del Centro Protección Chauffeurs de La Coruña. Revista mensual de automovilismo, mecánica, turismo, datos útiles y deportes”. Dirixiuna Ángel Antón e entre os seus colaboradores figuraban Antonio Rey Sousa e Juan Rey Castelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circunscrición administrativa de España, unha das catro nas que se divide a Comunidade Autónoma de Galicia, situada no seu cuadrante NO. Integrada por 94 concellos (2001) agrupados en 18 comarcas (A Coruña, A Ferrolterra, Terra de Santiago, Arzúa, Barbanza, A Barcala, Bergantiños, Betanzos, Eume, Fisterra, Muros, Noia, Ordes, Ortegal, O Sar, Terra de Melide, Terra de Soneira e Xallas), abrangue unha superficie de 7.942,8 km2,nos que acolle unha poboación de 1.110.302 h (1996). A súa capital é A Coruña. Eclesiasticamente, o seu territorio repártese entre as dioceses de Santiago, Mondoñedo-Ferrol e Lugo.
Orixe e delimitación da demarcación
Aínda que a cidade da Coruña conseguiu no final do Antigo Réxime converterse en capital dunha das provincias do Reino de Galicia, o primeiro precedente que se pode considerar é a prefectura proxectada polo goberno do Rei Xosé I Bonaparte, que coincidía en gran medida coa actual demarcación. Non obstante , non foi ata o... -
VER O DETALLE DO TERMO
isión e interpretación global do mundo e da existencia. Pódese entender como a elaboración dun sistema racional ou coma unha simple exposición dunha actitude valorativa persoal. Fálase, así mesmo, de equivalencia entre cosmovisión e sistema filosófico-metafísico, concepción antropolóxica ou, inclusive, ideoloxía relixiosa.
-
-
Ave dos xéneros Galerida e Lullula da familia dos aláudidos, que se caracterizan por presentar curupelas -que despregan especialmente na época nupcial-, peteiros finos e algo longos e a plumaxe de cor, predominantemente parda manchada. Camiñan lixeiras, para o que se axudan da longa unlla do dedo posterior das patas. Crían no chan, sen chegar a facer un niño que, como moito, conta con algunhas plumas da femia. Os pitos son nidícolas e non tardan en cubrirse de plumas e afastarse do lugar de incubación. Os adultos teñen un canto melodioso que emiten cando están pousados ou voando, fundamentalmente na época de cría.
-
Ave de 17 cm de lonxitude, coa plumaxe ocre, o peteiro longo e fino e os tarsos libres de plumas. Aliméntase fundamentalmente de invertebrados do chan. Emite o canto mentres voa de xeito ondulante. As poboacións que viven en latitudes meridionais están formadas por aves sedentarias -aínda que as que viven en montañas poden realizar movementos invernais cara ás ladeiras menos frías-, mentres que as que viven en latitudes setentrionais son migradoras. Habitan en chairas ou terreos pouco accidentados das zonas temperadas e cálidas da rexión Paleártica e nas partes menos áridas dos desertos do Sáhara e Arabia. Existen vinte subespecies, das que dúas están presentes na Península Ibérica: G. cristata cristata, que se distribúe por Galicia -asociada a ladeiras de solaina das serras orientais-, Centroeuropa, Suecia e os Países Bálticos, e G. cristata pallida no resto da Península.
-
Ave de 15,5 cm de lonxitude, coa plumaxe ocre, o peteiro algo longo e fino e grandes tarsos libres de plumas. A especie distribúese en dúas áreas independentes: unha na Península Ibérica -onde ocupa a área mediterránea e o norte de África-, e outra en Etiopia e Somalia.
-
Ave de 14 cm de lonxitude, de peteiro fino e recto, coa plumaxe críptica e cunha franxa branca na ala a xeito de bandeira. Distribúese en bosques abertos polo Paleártico occidental, dende a Península Ibérica ata as montañas de Irán. En Galicia está presente en áreas abertas, as máis das veces, asociadas a prados para o gando.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cobián.
-
CIDADES
Cidade de Portugal, no distrito de Castelo Branco (21.689 h [1981]). Situada nos contrafortes da serra da Estrela, as súas neves permanentes convértena nunha importante estación invernal. O sector téxtil e o turismo de inverno son as súas principais actividades económicas. Do seu patrimonio destacan a capela románica de São Martinho, o antigo convento de Santo António (s XVI) e a igrexa de Santa Maria, rematada en 1886.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena concavidade de forma semiesférica característica dos petroglifos. Pode aparecer illada ou ben combinada con outros motivos.
-
PRAIAS
Praia da beira meridional da ría de Pontevedra, situada no litoral da parroquia de Ardán, concello de Marín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do extremo sudoriental da Illa de Ons, situada na parroquia homónima do concello de Bueu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
irus de xenoma dividido en varias unidades que precisan de coincidir no hospedeiro para dar lugar á replicación.
-
CAPITAIS
Capital do voivodato de Polonia, drenado polo río Vístula (740.500 h [1997]). É o centro industrial, cultural e educativo máis importante do S de Polonia. A extracción de carbón e cinc é a industria máis importante, xunto coa produción de ferro e aceiro nas fábricas Lenin, un dos complexos industriais máis grandes de Europa. A agricultura (viña) e a gandería son un complemento importante na súa economía. Tamén é un destacado nó de comunicacións, con numerosas estradas e ferrocarrís que a unen coa capital. Principal foco cultural e científico do país despois de Varsovia, é sede da Unniwersytet Jagiellonski, establecida en 1364 por Casimiro o Grande. A cidade, fundada probablemente antes do s IX, foi sé dun bispado no s XI e sufriu diversas incursións mongois ao longo do s XIII. En 1257 recibiu o estatuto de cidade. No s XIV converteuse en capital de Polonia e comezou unha época de expansión e prosperidade. A perda da capitalidade (1609) diminuíu a súa importancia política. En 1794...
VER O DETALLE DO TERMO