"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Político nacionalista indio. Membro da á esquerda do Indian National Congress, que presidiu dende 1938 a 1939. Dimitiu como consecuencia da súa oposición ás ideas de non-violencia de Gandhi. Encarcerado polos británicos en 1940, fuxiu a Alemaña. Coa axuda xaponesa fundou en Bangkok (1942) a liga pola independencia da India, e en Singapur (1943), un goberno da India libre. O motivo da súa morte non foi aclarado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo matemático baseado na estatística de Bose-Einstein, que permite explicar o comportamento dun sistema de bosóns a temperaturas moi baixas. Afirma que por debaixo dunha certa temperatura crítica T os bosóns tenden a acumularse (condensación) no estado fundamental (ou estado de mínima enerxía), de xeito que nel hai unha fracción finita do número total de bosóns N. A temperatura T vén dada pola expresión T=(h2/2πmk)(2,612V/N)-2/3, onde h e k son as constantes de Planck e Boltzmann, e m, N e V a masa, o número e o volume de bosóns. Este modelo explica os fenómenos de superfluidez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estatística cuántica que rexe o comportamento dun conxunto de bosóns indiscernibles e independentes. Os bosóns non obedecen ao principio de exclusión de Pauli e, polo tanto, non pode haber un número calquera nun mesmo estado cuántico. Pódese demostrar que o número medio de bosóns no estado de enerxía E é

    FORMULA

    onde k é a constante de Boltzmann, T a temperatura absoluta do sistema e μ unha constante determinada pola condición Σn<J>E</J>=N, onde N é o número total de partículas do conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito que comunica o Mar Negro co Mar de Mármara, e separa as penínsulas dos Balcáns (a Turquía europea, na beira setentrional) de Anatolia (a Turquía asiática, na beira meridional). Antiga conca fluvial invadida polo mar durante a transgresión do Cuaternario superior, ten unha lonxitude de 30 km e unha amplitude que oscila entre un mínimo de 300 m e un máximo de 3.000 m. O estreito pon en contacto masas de auga de moi diferentes características: unha corrente de augas superficiais doces flúe dende o Mar Negro ata o Mar de Mármara a unha velocidade de 8 km/h, mentres que outra corrente salgada flúe en sentido contrario, máis lenta e profunda. A ambas as beiras esténdese a aglomeración urbana de Istambul, a maior cidade turca. A importancia xeopolítica do estreito é notable, pois controla a saída do Mar Negro cara ao Mediterráneo, constituíndo un paso de vital importancia para as mercadorías procedentes de Rusia, Ucraína e o Cáucaso. Entre estas mercadorías sobresae o petróleo; o tránsito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino greco-escita creado na fin do s V a C (438 a C) ao redor de Panticapeon, colonia grega de orixe milesia na península de Crimea. Dominaba as dúas ribeiras do estreito de Kerč’ o de Yenicalé, pero a área de influencia chegaba ata o Cáucaso. Agrupaba as cidades gregas de Panticapeon, Fanagoria, Nimfeon xunto con diversas tribos escitas. A fins do s II a C pasou a formar parte dos estados de Mitrídates Eupator ou o Grande, cedida polo seu monarca incapaz de enfrontarse aos ataques dos escitas. Pompeio reconstituíu o reino e deullo a Farnaces, fillo de Mitrídates pola axuda que prestara os romanos contra seu pai. Caeu baixo o dominio de Roma en tempos de César e formou parte do Imperio como Reino dependente ata o s IV d C, cando foi definitivamente invadido polos bárbaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de prospección xeofísica que consiste en bater o chan cun pesado mazo de madeira ou cunha vasilla chea de chumbo no extremo dun longo mango para que pase enerxía a través del. O rexistro do son resultante axuda a localizar as estruturas enterradas, xa que o ruído xordo indica que o chan non está alterado, en tanto que as gabias e os buratos ocultos baixo o chan producen un efecto máis resoante. Esta técnica quedou practicamente obsoleta debido aos avances tecnolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anticuario. Publicou as súas investigacións no seu libro Roma sotterranea (Roma subterránea, 1622).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Discípulo de Augustin Pajou e de Antonio Canova. Neoclásico ortodoxo, en París foi escultor oficial de Napoleón e de Luís XVIII. É autor da cuadriga do arco de Carrousel (1806), dos relevos da columna Vendôme (1806-1810) e da estatua ecuestre de Luís XIV na praza das Victorias (1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Bosnia, afluente do Sava pola dereita, que deu nome á rexión homónima (308 km). Nace no macizo de Jahorina nun manantial cárstico, ao pé do Igman. Transcorre por unha serie de concas abrindo paso cara ao interior. Ten un réxime pluvio-nival, dándose na primavera o seu máximo principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Península Balcánica que constitúe a metade setentrional da República de ↪ Bosnia-Herzegovina, comprendida entre os ríos Sava (ó N), Drina (ó L) e Una (ó S). O límite occidental coa rexión histórica da Herzegovina vén marcado por distintos accidentes do relevo, e corresponde a factores máis históricos que naturais. É unha rexión montañosa que se eleva en altitude de N a S. O clima é continental de montaña, moi rigoroso, con invernos fríos (temperaturas medias de xaneiro baixo cero) e chuviosos (superando os 1.000 mm anuais). Os principais núcleos urbanos son Banja Luka e Sarajevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado europeo da Península Balcánica, constituído polas rexións xeográficas de Bosnia e Herzegovina, e dividido en dúas entidades autónomas: a Federación Croato-Musulmana e a República Serbia de Bosnia-Herzegovina. Limita ao N, ao O e ao SO con Croacia, ao L e ao SL con Iugoslavia (51.129 km2; 3.675.000 h [estim 1998]). Esténdese entre os 45° e 42° de latitude N e os 15° e 20° de lonxitude L. A capital é Sarajevo.
    Xeografía física
    Relevo e xeoloxía
    A maior parte do territorio é moi montañoso, con altitudes máximas ao redor dos 2.800 m. Os Alpes Dináricos atravesan o N do país. Topograficamente, presenta dúas vertentes: a mediterránea, labrada polo río Neretva, onde o terreo descende bruscamente cara ao Adriático, e a danubiana, que forma unha chaira aluvial na metade setentrional da República que coincide aproximadamente coa conca do Sava e os seus afluentes. Existe unha estreita franxa de costa, de 20 km de lonxitude,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Bosnia-Herzegovina ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Bosnia-Herzegovina, na rexión dos Balcáns.

    3. Individuo do pobo eslavo dos bosníacos.

    4. Pobo eslavo do S que ocupa sobre todo a parte central de Bosnia e que se diferenza dos serbios e dos croatas, cos que conviviu a miúdo nos mesmos territorios, principalmente polo arraigamento histórico na relixión musulmana. Modernamente, moitos bosníacos adoptaron a relixión católica. Falan unha variante de vocalización en i do dialecto žtokavački do serbiocroata e estiveron moi influídos polos turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Partícula que obedece á estatística de Bose-Einstein. Son bosóns ou fotóns, os pións e os kaóns, case todos os mesóns, o átomo de hidróxeno, o deuterón, o átomo de helio e, en xeral, os núcleos atómicos de número nucleónico par.

    2. Partículas que transmiten a interacción feble. Son as partículas W + , W - e a Z°. Tamén se chaman bosóns vectoriais intermediarios.

    3. Bosóns de spin unidade que, polo tanto, son descritos mediante unha función de onda vectorial. Son o fotón, as partículas W + , W - e a Z° e os gluóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao bosón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación vexetal na que as árbores ou arbustos constitúen o elemento máis conspicuo e no que adoitan presentar estruturas densas que permiten unhas condicións microclimáticas, con elementos como a temperatura, humidade e sombra, peculiares, o que permite a existencia dun espectro de vexetais e animais propios e adaptados a este medio. Os bosques cobren unha cuarta parte dos continentes agás aqueles que presentan unhas condicións climáticas extremas como son Grenlandia e a Antártida; o 60% están en Rusia, Brasil, Canadá, EE UU, China, Indonesia e Congo. Os principais tipos de bosque son: o bosque ecuatorial, de alta diversidade, cun dosel arbóreo continuo ata os 25 m, de onde destacan algunhas árbores que chegan ata os 50 m e un sotobosque limitado pola pouca luz que chega ao chan; o bosque tropical que precisa dun mínimo de 1.500 mm de precipitación anual e que no período de seca non sexa de máis de 3 meses; os bosques extratropicais, entre os que destacan a...

    2. Bosque que ocupa bandas longas e estreitas de terreo e onde xeralmente as copas entran en contacto entre elas formado un contínuum. En xeral, as galerías de bosque seguen o curso dos ríos ou o fondo húmido dos vales; é o caso do bosque de ribeira como os amieirais.

    3. Bosque onde conviven de xeito natural árbores caducifolias e coníferas.

    4. Bosque orixinal que presenta unha serie de especies e unha estrutura produto dunha longa evolución.

    5. Bosque produto de reforestación natural ou artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Wenceslao Fernández Flórez no ano 1943. Recrea un mundo especificamente galego: a fraga de Cecebre e os seus habitantes, tanto os seres irracionais como os homes vinculados a ela. Preséntase como unha defensa da vida do campo e do contacto directo coa natureza, como alternativa vital. A fabulación divídese en dezaseis estancias, á maneira renacentista, emulando o esquema compositivo das églogas. Trátase de relatos independentes, pero conexos por un lene fío argumental constituído, precisamente, polo escenario no que se desenvolve a acción, o bosque vivente, que funciona á vez como protagonista colectivo. O libro péchase cun “ultílogo”, cultismo que introduce o autor amodo de despedida poética. A primeira estancia familiariza o lector coa paisaxe e co ambiente da fraga, por medio da animación dos distintos elementos naturais que a compoñen: o ceo, as árbores, o chan, etc. A partir da segunda, iníciase un ritmo de composición que alterna, de modo case invariable, episodios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme realizado en 1987 polo produtor Eduardo Ducay con dirección de José Luis Cuerda e guión de Rafael Azcona baseado na novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez. Desde finais da década dos anos vinte, o escritor coruñés mantivera co cine unha relación moi estreita, tanto subministrando temas que outros adaptarían, como participando directamente como guionista. Con anterioridade á obra de Cuerda, Antonio F. Simón dirixira en 1975 unha mediametraxe, partindo do mesmo texto orixinal, co título de Fendetestas. Tanto nun caso como noutro, os guionistas tiveron que prescindir do antropomorfismo do mundo animal e vexetal, que constituía a maior singularidade do relato wenceslaiano. Sobrado dos Monxes converteuse na fraga de Cecebre. Se ben os condicionamentos comerciais colocan en primeiro termo publicitario o nome de Alfredo Landa no seu papel de Malvís/Fendetestas, a película vén sendo unha obra coral, tratamento ao que non é alleo o título: baixo o amparo da fraga viven señores e labregos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Película de debuxos animados baseada no libro homónimo de Wenceslao Fernández Flórez, e realizada pola empresa coruñesa Dygra a partir dun guión de Ángel de la Cruz. Dirixida e producida por Manuel Gómez Santos, foi realizada empregando técnicas de animacións por ordenador, co obxectivo de estreala no ano 2000. As texturas e efectos visuais foron creados por un equipo coordinado por Javier Reigada, a supervisión técnica e programación creativa dependeu de Juan Nouche e a dirección artística de Alberto Taracido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Película chamada orixinariamente El bosque de Ancines ou Lobishome, que se estreou en maio de 1971. O guionista J. Antonio Porto propúxolle ao director Pedro Olea a adaptación da novela de Carlos Martínez Barbeito, que fora finalista no Premio Nadal de 1944, obra pola que previamente se amosara interesado J. A. Bardem. Olea e Porto elaboraron o guión técnico. O relato literario está inspirado en feitos dos que foi protagonista Manuel Blanco Romasanta (Benito Freire na fición). No tempo do chamado “Nuevo cine español”, este filme pretendía afastarse da metáfora e do simbolismo, e mostar unha historia propia dunha sociedade subdesenvolvida, que quizais por estar situada no século XIX, non espertou a suspicacia da censura franquista. Benito, quincalleiro de oficio, facía ás veces de guía para as persoas que emigraban a outras terras. Cando atravesaba a fraga de Ancines sentía a imperiosa necesidade de asasinalas. De volta a Galicia traía cartas falsificadas nas que se falaba do ben que lles...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, no curso superior do Majaceite (1.777 h [1991]). Dentro do termo atópase o encoro de Los Hurones.

    VER O DETALLE DO TERMO