"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contraforte exterior dun muro que serve para axudar a resistir o empuxe dun arco, a miúdo constituído por un piar, sobre o que descansa o extremo inferior dese arco que, pola parte superior, apoia no muro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave da familia dos ardeidos ao que pertencen os abetouros.
-
-
Pao inferior dunha vela cangrexa ou marconi. A botavara apóiase sobre o pao, a pouca altura da cuberta, mediante uns aparellos de ferro que lle permiten tomar todos os ángulos e todas as inclinacións. No peirao, a botavara debe descansar sobre un cabalete en forma de X ou Y, para evitar que se deforme ou se estrague.
-
Botaló de popa das barcas medianas con respecto ao pau do medio.
-
-
-
Recipiente con forma de cilindro que se emprega para gardar cousas.
-
Cantidade acumulada que non foi repartida nun sorteo por non lle ter tocado a ninguén.
-
Recipiente metálico que libera e emite fume.
-
Ferramenta de varios programas informáticos de deseño e fotografía que deixa unha mancha circular da cor seleccionada. Para usalo debe manterse pulsado o botón do pulverizador co rato e arrastrarse por onde se queira. O centro da mancha do pulverizador será continuo, pero os bordos iranse abrindo ata amosar a cor de fondo. Se se necesita unha cor densa e continua, debe moverse lentamente o rato; se se desexa obter un trazo de cor esvaído, debe moverse rapidamente. É posible cambiar o tamaño da zona que se cobre co bote pulverizador cambiando as opcións do programa.
-
-
-
Embarcación de pequeno tamaño con remos.
-
-
Nome xenérico co que se identifica un conxunto de embarcacións de ata oito metros de eslora, caracterizadas por ter quilla e fondo redondo, podendo ser de proa e popa simétrica ou mesmo ter a popa en forma cadrada, diferenciándose así en dous grandes grupos. Preparadas para a navegación a vela, no seu mastro podía levar unha de relinga ou latina segundo a zona de procedencia da embarcación. Tamén poden ser impulsadas a remos. Leva catro ou cinco remos, segundo se use con ou sen temón. No caso de navegar sen temón, desempeñaba as súas funcións ese quinto remo, o máis cercano á popa e denominado remo de couso. O seu uso destinábase fundamentalmente para as actividades de pesca, aínda que podían ser empregadas como embarcacións auxiliares e de transporte. Dentro da tipoloxía dos botes, pódense identificar pequenas diferencias locais que caracterizan diversos tipos como o xeiteiro, o polbeiro, o bote de Maniños, o de Ribadeo e o de Carril. Actualmente, os botes seguen abundando en...
-
bote da xávega
Embarcación empregada como auxiliar dunha lancha para a pesca coa xávega. Era un bote de popa cadrada, cunha vela ao terzo inicialmente, aínda que posteriormente usou a vela latina. Armaba de tres a catro remos por banda, e dispuña dunha pequena tilla para o abrigo da tripulación. Tiña de cinco a seis metros de eslora, con dous e medio de manga. A misión do bote era a de axudar na recollida do aparello, levando cara a terra aos mariñeiros que non facían falta no mar, fornecendo así o continxente encargado de recollelo. O bote da xávega tamén actuaba como enviado da lancha, levando o peixe á lonxa ou á fábrica. Nos seus tempos, foi unha embarcación estendida por toda a costa galega; desapareceu totalmente cando se abandonou o aparello da xávega.
-
bote de Fisterra
Embarcación de formas semellantes ao bote xeiteiro, coa única diferenza de que o bote fisterrá dispuña dunha manga similar, que se traducía nunha eslora de menor dimensión. Presentaba proa e popa simétricas, dispoñendo de corredores só na popa. Empregaba indistintamente os remos e a vela de relinga. Nos comezos do século XX foi substituída pola buceta.
-
bote polbeiro
Embarcación de características propias e peculiares, moi estendido no contorno do concello pontevedrés de Bueu. A lonxitude da súa eslora vai dos tres metros e medio aos seis. A manga correspóndese coa metade da eslora, o que lle confire un aspecto de embarcación redonda. Ten cuberta ata un terzo da eslora, e pequenos corredores no resto. Inicialmente levaba unha vela latina, que posteriormente foi substituída por unha de martelo ou mística. A súa construción e formas recordan á lancha xeiteira, usando remos de dúas pezas semellantes aos da dorna e que tamén se cruzan para remar. Adícase case que exclusivamente á pesca do polbo.
-
bote salvavidas
Embarcación acondicionada para evacuar un buque ou para o salvamento de náufragos.
-
bote xeiteiro
Embarcación de pesca común en toda a costa galega, a máis xeneralizada e representativa. A súa presenza esténdese dende a Costa da Morte ata a desembocadura do río Miño. Presentaba unhas dimensións medianas: entre seis e nove metros de eslora, con tres de manga e case un de puntal. Fisicamente amosaba unha proa e unha popa asimétricas, sendo a proa un tanto máis elevada e lanzada ca a parte traseira. A cuberta ía ata o centro do bote, para despois continuar nun par de amplos corredores que se unían na popa en forma de semicírculo. Esta disposición traducíase nun amplo espazo cruzado por dous bancos que ían enriba das divisións transversais, conformando un lugar destinado a gardar os aparellos, denominado cadeira. O bordo dos corredores remataba co caurel, un cinturón semicilíndrico que tiña o obxecto de impedir a entrada do auga que esvaraba polos corredores. Poucos dispoñían de tilla que, situada na proa, se abría ao exterior mediante unha porta corredoira situada na parte superior, en...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra que se usa exclusivamente na expresión de bote en bote, que indica que algún lugar está ateigado de xente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que pasou a Castela, fundando casa en Ávila. As súas armas levan, en campo de prata, unha banda de tres listas: a superior de goles, a do centro de ouro e a inferior de azul, engulida en cabezas de dragóns de sinople. Algúns poñen unha banda axadrezada de ouro e goles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clase de cabaza de grandes dimensións que se pode comer cocida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe que protagoniza as festas do entroido en Viana do Bolo. O elemento que os caracteriza é unha orixinal máscara, de varios quilos de peso, formada por unha carauta negra tallada en madeira, onde se debuxa un grande sorriso, e unha pantalla frontal que vai colocada por riba da cabeza, construída con arame e cartón, e adornada con figuras xeométricas, fitas e papeis que ofrecen formas e cores variadas. A persoa que leva a pantalla debe saber manter ben o equilibrio e estar en boa forma física para bailar e soportar o seu peso durante horas. O resto do traxe está composto por un pantalón encarnado do que van pendurados uns flocos nas partes laterais, cunha camisa bordada e adornada con fitas de cores. Como complemento leva unha faixa con picos e borlas, e un cinto con campaíñas. É a figura principal do folión, formado por grupos de veciños que van percorrendo a aldea con instrumentos rudimentarios de percusión como aixadas e bombos, marcando un ritmo monótono, continuo e estrondoso;...
-
PERSOEIRO
Impresor alemán. Instalou a primeira imprenta da Península Ibérica. Nela editou a Ethica, a Oeconomica e a Politica de Aristóteles, o libro máis antigo impreso na Península.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista portugués de carácter naturalista. No ciclo Patologia social explicou, á maneira de Zola, a decadencia dunha familia. Escribiu tamén novelas campesiñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Pertenceu ao grupo fundador da revista Távola redonda. A súa obra encádrase no Existencialismo. En 1960 obtivo o Premio Camilo Castelo Branco pola novela A gata e a fábula; en 1971 con Lourenço é nome de jogral obtivo o Premio Nacional de Literatura e en 1987 o Premio da Crítica con Esta noite sonhei com Brueghel. Escribiu tamén a colección de poesías As coordenadas líricas (1951), O engima de sete alíneas (1956), Terra sem música (1969) e Festa em casa de Flores (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Recipiente portátil de vidro, cristal, material termoplástico, etc, de colo máis ou menos estreito, destinado a conter líquidos. Desde o século II a C, na China e en Exipto xa se fabricaban botellas de vidro polo sistema de soprado. Este, que aínda se emprega na elaboración de certos obxectos artesanais, consiste en soprar coa boca nun tubo que ten no extremo unha bóla de vidro en estado pastoso e poñelo a continuación nun molde, ata acadar un axuste total ás súas paredes; inmediatamente, faise xirar o tubo nun movemento ascendente para rematar o colo da botella. A finais do século XIX, Boucher en Francia e Owens nos EE UU, puxeron a punto métodos semiautomáticos; na actualidade, case todas as botellas están fabricadas por máquinas automáticas. O vidro da botella ten que ser o máis inalterable posible fronte á auga. Utilízanse vidros cunha base que leva pequenas cantidades de magnesia e alúmina para evitar a tendencia á desvitrificación. Nos últimos anos, as botellas de materiais termoplásticos...
-
Cantidade de líquido que cabe nese recipiente.
-
Globo de vidro que constitúe a envoltura das lámpadas, dos tubos electrónicos e doutros dispositivos que teñen que funcionar no baleiro ou nunha atmosfera pechada.
-
boche.
-
Recipiente utilizado para recoller mostras de auga de mar a determinadas profundidades. Hainas de diferentes tipos (botellas de Nansen, de Ekman, de Sigsbee, etc). Polo xeral consta dun depósito cilíndrico cunha válvula terminal a cada extremo, que se pechan ao chegar á profundidade desexada, e un termómetro que rexistra a temperatura da auga no momento de tomar a mostra.
-
Condensador experimental feito cunha botella de vidro forrada por dentro e por fóra, ata unha certa altura, de papel de estaño. Ten un tapón de cortiza atravesado por unha variña en forma de gancho pola parte de fóra que se comunica co papel de estaño pola de dentro. Foi concibida no ano 1746 por tres físicos neerlandeses, van Musschenbroek, Allamand e Cunaeu, e descárgase parcialmente tocando o gancho co dedo ou poñéndoo en comunicación con terra. Para descargalo totalmente cómpre un excitador.
-
Recinto esférico que no seu interior posúe un campo magnético cun valor que aumenta en todas as direccións proporcionalmente ao cadrado da distancia ao centro. Para obter o tipo de campo magnético indicado, a botella dispón de tres bobinas, unha no ecuador e dúas nas zonas polares, polas que circulan correntes de igual intensidade. A dirección da corrente é a mesma para as bobinas polares, mentres que na ecuatorial a corrente circula oposta a aquelas. Estes dispositivos utilízanse para a produción e almacenamento dos neutróns ultrafíos, e con iso faise posible a fusión nuclear.
-
Fase de redución na crianza dun viño na que se afina tralo paso pola barrica (fase de oxidación) e se fai máis complexo no nariz e na boca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boto.
-
PERSOEIRO
Escritor, xornalista e político. Para o teatro escribiu máis de cincuenta dramas e comedias, algunhas delas conseguiron grande éxito. A partir de 1859, inmerso na política, deixou dun lado a literatura e redactou artigos e obras de carácter político.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Moble no que se almacenan as botellas.
-
Vidreiro especializado na fabricación de botellas.
-
Persoa que se encarga do coidado de viños embotellados.
-
Oficial encargado da custodia e da administración do viño da casa real ou doutros señores.
-
-
-
Obradoiro onde se fan botellas.
-
Lugar onde son gardadas as botellas de viño ou de licor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botella de pequenas dimensións.