"Teresa" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 43.
-
GALICIA
Pianista, profesora do Conservatorio de Madrid. Escribiu Ensayo para un nuevo cuestionario pianístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa e pintora autodidacta. Dedicouse á docencia e, posteriormente, exerceu como funcionaria na Xunta de Galicia. Colaborou en numerosas revistas (Galicia en Madrid, Poesía Galicia, Arte Galicia) e publicou o poemario Faíscas do Tempo (1987). En 1988, Elisa Vázquez de Gey incluíuna no libro Queimar as meigas. Galicia: 50 años de poesía de mujer. En castelán publicou os poemarios Entre dos luces (1997) e Diálogos con el mar (1997). É autora da letra do himno de Sada (1998) e como pintora expuxo individual e colectivamente dende 1982. En 1999 recibiu o II Premio de Fotografía da Autoridade Portuaria da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación cultural creada en decembro de 1996 en Santiago de Compostela. O seu principal obxectivo é fomentar e estender en Galicia a afección pola arte lírica (ópera, zarzuela, canción, lied, etc) e outras manifestacións musicais. A primeira e actual xunta directiva está presidida por José Víctor Carou Fernández. O concerto inaugural da asociación tivo lugar o 24 de setembro de 1997 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dende 1998 edita a revista trimestral Cavatina, primeira revista feita en Galicia e en galego totalmente dedicada á ópera e á lírica, con especial atención á actualidade musical galega. Entre as actividades organizadas, destaca o Ciclo de Novos Intérpretes Galegos, así como o ciclo de conferencias e concertos “Unha pequena historia da ópera”, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela. Nas súas temporadas de concertos interviñeron, entre outros intérpretes, Teresa Berganza, Cecilia Lavilla, Enrique Viana, Ángeles Blancas, xunto aos galegos...
-
GALICIA
Ensaísta e tradutora. Licenciada en Filosofía e Letras (1960). Dende 1964 reside en Londres, onde foi cofundadora do chamado Grupo Galego de Londres e integrante del en todas as etapas (1970-1981). Colaboradora da revista Festa da palabra silenciada, onde aborda a temática feminista. Na súa produción ensaística destacan Cartas a Rosalía (1981) e Introdución á Astroloxía (1983). No eido da tradución publicou Contos de Andersen (1983), Alicia no país das maravillas (Premio Nacional de Tradución de Literatura Infantil y Juvenil do Ministerio de Cultura, 1985), Alicia do outro lado do espello (1986), estes dous últimos en colaboración con F. Pérez Barreiro e Fábulas de Esopo (1997). Como narradora publicou os contos “Vigo-Southampton” e “O Breixo” (1972) e Dentro e fóra (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora Galega
VER O DETALLE DO TERMO
Nada en Abades (Silleda), emigrou a Arxentina moi nova, feito que marca de xeito significativo a súa obra. Esta autora de estilo surrealista concibe a pintura como unha extensión do que foi a súa profesión, deseñadora de moda.
Alumna do prestixioso artista Angel Lemos, a súa obra mostra motivos da vida diaria que condensan valores propiamente galegos. Busca proxectar as bondades estéticas e espirituais da Galicia territorial á Galicia da diáspora. -
PERSOEIRO
Mezzosoprano. Estudiou en Madrid con Lola Rodríguez de Aragón. A súa voz é moi persoal e particularmente recoñecible, de belísima cor e cun centro rico, corpóreo e cálido, con gran facilidade para as axilidades. Ofreceu o seu primeiro concerto no Ateneo de Madrid (16.2.1957). O seu debut operístico foi en xullo de 1957 no festival de Aix-en-Provence, interpretando a Dorabella do Così fan tutte mozartiano, baixo a dirección de Hans Rosbaud. Actuou nos principais festivais e teatros de ópera do mundo (Covent Garden de Londres, Scala de Milán, Metropolitan de Nova York, Colón de Bos Aires, etc), xunto a figuras como María Callas, Jon Vickers ou Mirella Freni e colaborou con prestixiosos directores de orquestra como Karajan, Solti, Mehta ou López Cobos. Carmen de Bizet foi un dos papeis emblemáticos na súa carreira, interpretado no festival de Edimburgo (22.8.1977), coa dirección musical de Claudio Abbado e escénica de Piero Faggioni. O seu repertorio inclúe ademais Charlotte...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustradora. Licenciada en Belas Artes na facultade de San Fernando e profesora de debuxo, participou en varias exposicións colectivas e individuais como a II Mostra de Pintura (1989), a II Bienal de Artistas Galegas (1990) ou Galicia Solidariedade (1994). Das súas ilustracións destacan, entre outros, os títulos: A perla (1990), A lúa non está á venda (1990), Paulina ao piano (1991), Endrina e o segredo do peregrino (1992) e O príncipe feliz (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Estudiou no Conservatorio Superior de Música de Madrid e na Escuela Superior de Canto e foi discípula de Mercedes García López, Rosa Fernández e Teresa Tourné. Ingresou no coro de RTVE e na Agrupación Lírica Julián Gayarre. En 1973 trasladouse á Coruña e exerceu a docencia no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela. Participou decisivamente na recuperación e difusión da obra de compositores galegos: estreou o Réquiem de Melchor López, as Seis baladas, a Misa de Réquiem e o Te Deum de Xoán Montes. No seu repertorio destaca a estrea mundial da Cantata para soprano y trío de Carmelo Bernaola e a súa interpretación da obra de Joaquín Rodrigo sobre textos de Rosalía de Castro. Como solista actuou en Europa e Hispanoamérica con obras da lírica española e de ópera, así como oratorios e pezas do repertorio sinfónico-vocal. Ademais de realizar gravacións para RTVG e RNE, editou Canciones, con obras de Marcial del Adalid e Andrés...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santa Teresa de Xesús.
-
PERSOEIRO
Dirixente anarco-sindicalista. Organizou un grupo anarquista de traballadoras do sector téxtil en Sabadell (1884). Foi detida en varias ocasións e desterrada despois do proceso de Montjuïc (1896). Á súa volta, participou activamente como propagandista da campaña de reivindicacións sociais en Barcelona e en Zaragoza contribuíu a organizar o movemento anarcosindicalista aragonés. Fundou a revista El Produtor en 1901.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Debutou en Venecia cara ao 1741 e posteriormente instalouse en Londres, onde organizou diversos concertos na Carlisle House do Soho Square. Realizou numerosas actuacións en Viena, Copenhaguen e Hamburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de desinteresar ou desinteresarse.
-
Que non é interesado.
-
-
-
Facer que alguén deixe de ter interese por algunha cousa ou por alguén.
-
Perder o interese por alguén ou por algunha cousa.
-
-
PERSOEIRO
Actriz, cantante e escritora. Coñecida como Maite Dono, estudiou filoloxía inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Discípula de Charo Amador, foi bolseira pola AIE para estudar canto moderno con Carita Boronska e Sophie Duner, e canto lírico con Gabriela Ferrari na EMC de Madrid (1999-2002). Participou nas obras teatrais Jogo ruim de palabras (1993), Malva real (1994), Antígona (1994), Yeats (1995), Bahía o en la línea de salida (1996) e no musical La Bella y la Bestia (2000-2001). Publicou Malva Real (1994), Manta de sombra (I Premio Internacional de Poesía Libros del Egoísta, 1996), O mar vertical (2000), Ala Marlon (2001) e colaborou nos colectivos Homenaxe a Uxío Novoneyra (1999), O entrelazo das palabras (1999) e En tránsito (2001). Participou nos concertos de Galicia Terra Única (1997), xunto...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora. Iniciouse na pintura para despois dedicarse á escultura xunto ao seu home, o escultor Lorenzo Rechilla. As súas primeiras obras son de carácter figurativo e de tendencia expresionista, e mostran a influencia de Giacometti, Marini e El Greco. En 1963 a súa obra volveuse abstracta, co emprego do bronce e da madeira en combinación con restos de formas orgánicas. En 1968 a figura adoptou unha maior relación co espazo que o rodeaba ao realizar obras en aceiro inoxidable pulido a espello. A finais dos anos setenta retomou o bronce cunha preocupación polo tectónico. Posteriormente, a súa obra abrangueu unha primeira serie de obxectos, realizados en metal, e unha segunda serie na que a soldadura reforza as obras realizadas en aros e cilindros de formas crebadas. Foi unha das fundadoras do grupo ESTE-OESTE, co que expuxo en Europa nos anos sesenta. A súa obra está presente, entre outras coleccións, no Museo da Coruña, no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid e no...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora e política. Exerceu a docencia no ensino medio e na UNED de Pontevedra. Foi concelleira polo Partido Popular no concello de Vigo (1995-1999) e deputada por Pontevedra na IV lexislatura (1993-1997), durante a que presidiu a comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. A súa obra caracterizouse pola rixidez das formas causada por un xeometrismo acusado e pola investigación, sobre todo, das posibilidades do ferro. Participou na mostra Novos valores da Bienal de Pontevedra (2001) coa obra Ser.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deseñadora e pintora. Coñecida como Nena Ventura, a súa obra foi seleccionada polo Instituto de Comercio Exterior para participar no pavillón español de Frankfurt 90.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Iniciou a súa carreira en colectivos como Teatro Circo ou Escola Dramática Galega. Co Teatro do Atlántico fixo Historia de Neera e co CDG participou en distintos espectáculos como Espectros, A Lagarada, A fiestra valdeira, Nao de amores ou Hostia. Fundou Espello Cóncavo, grupo co que participou nos espectáculos Un día calquera, Bailando en verán ou As troianas. Na televisión traballou en A familia Pita e Pratos combinados.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de interesar ou interesarse.
-
Que ou quen ten interese en algo.
-
Que ou quen se move polo seu propio proveito ou interese.
-
Persoa que ten capacidade para promover administrativamente ou que é titular dun interese ou dereito lexítimo persoal e directo, e que pode resultar afectado pola resolución adoptada nun expediente aberto.
-