"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Sistema eléctrico que permite transmitir sons a distancia a través dunha liña que conecta uns aparatos emisores e receptores, grazas ao que poden conversar dúas persoas. O 12 de xuño de 2002 o Congreso de EE UU aprobou a resolución número 269 que declaraba ao italiano, nacionalizado estadounidense, Antonio Meucci como o inventor do teléfono. Meucci emigrou a Cuba (1835) onde traballou en investigacións científicas de aplicacións militares e en electromedicina. En La Habana descubriu accidentalmente, durante o emprego dun dos seus descubrimentos, a transmisión de sons a través de condutores, e decatouse das posibilidades que isto representaba para as comunicacións. En 1850 trasladouse a Nova York, e en 1860, dez anos antes da patente de Bell, fixo unha demostración dun sistema telefónico que denominou teletrófono. Meuci rexistrou o seu prototipo (1871) sen obter unha patente, protestou a de Bell, pero non tivo éxito. Entre as invencións que se atribúen a Meucci figura o uso de bobinas para...

    2. Aparato para transmitir sons a distancia mediante unha instalación de telefonía. O teléfono está constituído fundamentalmente por un micrófono, un auricular e os dispositivos complementarios que permiten enviar e recibir as chamadas (como o disco de marcar). O micrófono e o auricular van aloxados no microteléfono, que se separa do teléfono e que se mantén na man ao falar. Nalgúns modelos o microteléfono ten, ademais, o disco de marcar. A chamada orixínase cando se descolga o microteléfono. No teléfono automático prodúcese a través do disco de marcar, que, no movemento de retroceso ata a posición de repouso, interrompe, cunha cadencia regular, a corrente continua de alimentación da central. Co tempo substituíuse o disco de marcar por teclas, que, ao ser premidas, envían á central unha combinación de dúas frecuencias entre cinco preestablecidas, como identificación do díxito correspondente.

    3. Número particular de cada aparato.

    4. Terminal telefónica portátil que usa redes dixitais ou analóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de construír, instalar e manexar os telégrafos.

    2. Sistema de telecomunicacións que consiste na transmisión a distancia de mensaxes en forma de sinais codificados, especialmente os constituídos por pulos eléctricos propagados por medio de fíos condutores ou ben por ondas hertzianas, que neste caso se denomina telegrafía sen fíos ou radiotelegrafía. A invención da telegrafía eléctrica moderna débese aos ingleses William e F. Cooke e Ch. Wheatstone, e ao estadounidense S. F. B. Morse. O telégrafo Morse foi presentado nos EE UU en 1843, e introduciu un código alfabético (alfabeto Morse) en que cada letra estaba determinada por un grupo de sinais curtos e longos, denominados puntos e raias. Co tempo empregouse o telégrafo inscritor, de Hughes, baseado nos traballos de Cooke-Wheat-stone. E. Baudot presentou en 1874 un sistema de telegrafía rápida en que un mesmo condutor transmite diversas mensaxes. Nos modernos sistemas telegráficos, o operador cursa unha mensaxe empregando un teclado idéntico ao dunha máquina de escribir e o texto aparece...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao telégrafo ou á telegrafía.

    2. Que é enviado ou transmitido por telégrafo.

    3. Que se expresa de xeito conciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se ocupa da instalación e do servizo dos aparatos telegráficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do nome grego Telesphoron ‘que acada o fin’ ou ‘que leva a cabo’. Como epíteto de Zeus tamén significou ‘eficaz’ e ‘decisivo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se cobraba o telonio e, en xeral, as contribucións.

    2. Imposición indirecta de orixe romana que gravaba o tránsito e a venda de mercadorías. Na Península Ibérica continuou sendo percibido durante a dominación visigoda e perdurou nos reinos cristiáns despois da ocupación musulmá. En Castela e León identificouse co portaticum ou portádego, e en Navarra e Aragón, coa lleuda.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Duración e sucesión das cousas, considerada como transcorrente dunha maneira continua e uniforme e que se mide por fenómenos sucesivos acontecidos a intervalos regulares, como o ciclo solar, o ciclo lunar ou o curso das estacións, entre outros.

      2. Porción determinada dentro desta sucesión.

    1. Idade de algo ou alguén.

    2. Período longo de tempo.

    3. Período ao que se alude e que adoita ter como referencia algún feito concreto.

    4. Espazo ou momento apropiado para facer algo.

    5. Estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinados, ou durante un período curto de tempo. Descríbese indicando os valores dunha serie de parámetros denominados elementos meteorolóxicos como a temperatura do aire, a presión atmosférica, o vento e a humidade atmosférica (humidade relativa, nebulosidade, precipitación). É unha condición que varía de hora en hora ou de día en día.

    6. Cada unha das partes, fases ou movementos en que se divide a execución de algo.

    7. Concepto xenérico, irredutible a calquera outro e, como tal, non susceptible de definición, ao que se remite sempre, ao referirse aos acontecementos, aos procesos e ás sucesións das cousas e a duración mesma do real, en virtude da consciencia da propia permanencia e da diferenza que se experimenta entre o que é e o que xa foi. Imaxinable como a liña ou figura unidimensional ininterrompida, o tempo concíbese como referencia pretendidamente absoluta en relación á que se ordena a propia experiencia e os contidos desta relativos á realidade enteira. Non obstante, a medida ou determinación concreta do tempo faise a partir de datos convencionais, é dicir, dunha maneira relativa. Tal concepto pretendidamente absoluto do tempo é, non obstante, alleo ao antigo pensamento filosófico grego, que só consideraba o tempo (κρονος) en función do movemento ou cambio das cousas e a partir da idea da súa sucesión. A comprensión grega do tempo pasou íntegra á tradición occidental...

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de abril de 1997. Subtitulada “Revista mensual de información para o debate”, foi promovida polo Grupo Atlántica de Información e Comunicación de Galicia e dirixida por Luís A. Pousa. Contraria á mundialización, pretendeu fomentar a identidade colectiva de Galicia. Incluíu editorial, artigos de opinión, entrevistas e debates, e análises sobre política, economía, ecoloxía ou cultura. Colaborou no apartado gráfico José Tomás Díaz Teijo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado filosófico sobre a divindade que está considerada como parte da metafísica, como continuación e concreción da ontoloxía. O termo foi creado por Leibniz que, ao ocuparse de Deus, cría primordial xustificar o feito de que Deus creou un mundo onde está o mal. Afirmou, inicialmente, que o mal non é senón unha falta do ben e, despois, que este defecto é só imputable ao home. Se Deus permite o mal é porque serve para a nosa mellora.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que trata de Deus, das cousas de Deus. Dificilmente pode falarse estritamente dun discurso teolóxico no marco do pensamento grego ou latino anterior ao cristianismo. A teoloxía enténdese como ciencia que parte desde a revelación e fe cristiá e que se constrúe necesariamente a partir dos datos desa revelación e desa fe en diálogo coa historia contemporánea; unha ciencia que busca razoar conforme ao seu método específico. É dicir, que intenta facer comprensibles a todos, crentes ou non, o misterio de Deus tal como el o revelou na historia da salvación que culmina en Xesús Cristo e que se recolle tanto no Antigo Testamento como no Novo Testamento das Sagradas Escrituras. Probablemente, foi Tomé de Aquino quen contribuíu decisivamente a caracterizar a teoloxía como a explicación racional que expón comprensiblemente para a razón humana o contido da fe revelada e as súas implicacións. Para o máximo representante da escolástica, a teoloxía é, por antonomasia, a ciencia...

      2. teoloxía da cruz

        Corrente de acentos teolóxicos, tipicamente reformados e luteranos, que está en contraposición coa teoloxía da gloria, quizais máis propia do pensamento católico. Tende a acentuar o aspecto subxectivo da fe e a distancia entre Deus e o home.

      3. teoloxía da liberación

        / teoloxía da liberación.

      4. teoloxía dialéctica

        Tendencia teolóxica, sobre todo protestante, que incide na oposición entre Deus e o home e que subliña a distancia infinita entre o Creador e a criatura. Isto non deixa de estar presente en varios pensadores místicos católicos, como san Xoán da Cruz que repite en moitas ocasións que é máis o que non se pode dicir de Deus que o que del se pode afirmar racionalmente.

      5. teoloxía feminista

        Modalidade da teoloxía da liberación que ten como finalidade a de denunciar os presupostos relixiosos de discriminación da muller e de descubrir na fe cristiá as bases da emancipación feminina.

    1. Doutrina relixiosa referente a Deus, ao Deus ou ao divino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de doutrinas filosóficas e relixiosas do Renacemento (filosofía natural de Paracelso e mística de Böhme) e do Romanticismo (F. X. von Baader e o último Schelling) que afirman que o coñecemento de Deus e das forzas espirituais, ocultas ao mundo, é independente da revelación, o que comporta un panteísmo místico naturalista ou místico racionalista que non parece compatible coa fe.

    2. Movemento relixioso estóterico fundado en Nova York por Jelena P. Blavatskij. Trasladouse a India en 1879 e constituíuse como entidade social (Sociedade Teosófica) en Madras en 1905. Tivo unha grande actividade social e política baixo o impulso de Anne Besant, que o converten nun dos centros da defensa dos indios e un foco da súa independencia. Afirma que todas as relixións conservan residuos parciais dunha única verdade coñecida só por uns poucos iniciados. Fundamentalmente sincrética, predominan os elementos hinduístas inseridos de elementos do evolucionismo, o humanitarismo ou o monismo filosófico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á teosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. terapéutica.

    2. Tratamento específico para unha determinada enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento público de baños. No mundo grego xa se atopan construcións de uso público para baños de augas medicinais quentes. A civilización romana modificou tanto o edificio como o concepto. M. V. Agripa declarou os baños gratuítos e fixo construír unhas grandes termas, o mesmo que Nerón, Tito, Traxano, Caracalla (216) e Diocleciano (306). Ademais das instalacións de servizo para a auga, a leña e o mantemento, estaba constituído por un vestiario (apodyterium), preto da entrada, e de tres salas sucesivas, con bañeiras individuais e piscinas de auga fría (frigidarium), morna (tepidarium) e quente (caldarium), a miúdo articulado a outro ambiente para baños de vapor (laconicum). As mellor equipadas dispoñían tamén dunha gran piscina de auga fría ao descuberto, de xardín rodeado de pórticos (xysti), de palestras, de ambientes para baños de sol, masaxes, xogos, de salas de reunións, de teatro, de biblioteca e ata de verdadeiros museos....

    2. Establecemento situado preto de augas termais onde se pode tomar baños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado a finais de 1996 mediante un convenio asinado entre a Real Academia Galega e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Dirección Xeral de Política Lingüística). Naceu co obxectivo de exercer a coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á lingua galega, promover e levar a cabo a elaboración de recursos terminolóxicos e de promover o desenvolvemento de produtos de enxeñaría lingüística. O seu labor fundamental céntrase na elaboración de terminoloxía sistemática sobre distintos ámbitos de especialidade (xurídico, téxtil, automoción, restauración, editorial, deportes, técnicas de mercado, construción, informática, economía...), e realiza tamén un papel importante na chamada terminoloxía “puntual”, para o que conta cun servizo público de consultas para resolver dúbidas ou dificultades terminolóxicas. Conta co servizo ARRECADA, que se ofrece a través de Internet, para recoller e someter a estudo e discusión entre os profesionais problemas e propostas...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Rama da física que utiliza a mecánica estatística para estudar o comportamento macroscópico da materia. Fai o estudo estatístico dun número moi elevado de partículas e determina os valores medios das magnitudes que o caracterizan. As propiedades termodinámicas da materia poden deducirse das leis da mecánica estatística naquilo que se refire ao comportamento ideal dos corpos. As magnitudes termodinámicas clasifícanse en intensivas e extensivas, segundo teñan un carácter local e non dependan da cantidade de masa presente ou que correspondan a unha característica do conxunto do sistema. O estado termodinámico dun sistema queda definido cando as magnitudes termodinámicas o son, e, para un valor determinado destas, defínese un estado, que pode estar representado por unha ecuación ou función de estado. Un estado de equilibrio pode ser representado por unha función j(p, v, T) =, onde p, v e T son as variables: presión, volume específico e temperatura...

      2. Principio polo que nun sistema a variación da propiedade termodinámica extensiva denominada enerxía interna (E) é igual á calor absorbida (Q) máis o traballo externo (W) efectuado sobre o sistema. Exprésase formalmente ΔE = Q+W. O primeiro principio establece a equivalencia entre a enerxía térmica (calor) e a enerxía mecánica (traballo) e as relacións cuantitativas entre estes dous tipos de enerxía.

      3. principio cero da termodinámica

        Principio polo que dous sistemas de partículas postos en contacto, se están en equilibrio estatístico (é dicir, se a distribución de velocidades das súas partículas non varía co tempo), teñen que estar á mesma temperatura.

      4. segundo principio da termodinámica

        Principio segundo o que as transformacións termodinámicas máis probables que poden ter lugar nun sistema illado son aquelas en que a variable extensiva, denominada entropía (S), aumenta ou permanece constante, segundo que a transformación sexa irreversible ou reversible. Enunciado por Carnot en 1824, afirmaba que, para producir traballo a partir de enerxía térmica, cómpre dispoñer dunha diferenza de temperaturas. Clauisus afirmou que a entropía do Universo tende a un valor máximo, ao chegar ao cal desaparecen todos os fenómenos térmicos. Baseándose na física estatística e no cálculo de probabilidades, Boltzmann demostrou que o paso da calor dun corpo quente a un frío era máis probable, pero que o caso inverso non era posible.

      5. terceiro principio da termodinámica

        Principio segundo o cal no cero absoluto de temperatura a variación de entropía dun sistema nun proceso isotérmico tende a cero.

    1. Rama da termodinámica dedicada ao estudo xeral das relacións entre a enerxía e os procesos químicos, a enerxía interna e a entalpía. Na estática química entran en xogo as funcións derivadas do segundo principio da termodinámica, principalmente a entropía e a entalpía libre de Gibbs. Estas funcións termodinámicas relaciónanse coas ecuacións de estado dos sistemas materiais. Só son aplicables, en rigor, ao estudo de propiedades globais dos sistemas en que participan un gran número de partículas. Ademais, a termodinámica química clásica só pode operar sobre as variacións que sofren as funcións mencionadas no curso das transformacións químicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico feito por un termógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da termodinámica que trata da medida e da interpretación dos cambios caloríficos que acompañan cambios de estados ou reaccións químicas. Consiste na aplicación aos sistemas químicos do principio da conservación da enerxía (primeiro principio de termodinámica).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Terceiro dos planetas do Sistema Solar, atendendo á súa proximidade ao Sol. A excentricidade da súa órbita vale 0,017 e o seu semieixe maior ten unha lonxitude de 149,6 millóns de km, distancia que recibe o nome de unidade astronómica (UA). A súa velocidade orbital media é de 29,8 km/s, e o seu período de traslación arredor do Sol é de 1,00039 anos trópicos, ou sexa 365,26 días. Xira arredor dela mesma en sentido directo, é dicir do O cara ao L, e o seu período de revolución sideral é de 23 horas 56 minutos, medido en tempo solar. Este período, denominado día, é unha das unidades de tempo que se emprega na práctica. O seu eixe de rotación recibe o nome de eixe do mundo, e o círculo máximo da esfera terrestre perpendicular é o ecuador da Terra. A intersección do plano que contén este círculo coa esfera celeste é outro círculo máximo, denominado ecuador celeste. Por outra banda, o círculo de intersección do plano da órbita terrestre coa esfera celeste recibe o nome...

      2. Divindade mitolóxica, personificación da Terra. Ocupa un lugar importante na mentalidade relixiosa de numerosas civilizacións: é centro de numerosos mitos cosmogónicos que presupoñen unha unión primordial da Terra e do Ceo. Noutro ciclo mitolóxico, a Terra e o Ceo asumen o aspecto dunha parella divina, separada pola obra violenta dos fillos como Urano e Xea ou Dyaus e Prthivi. A Terra concíbese aínda como a deusa nai. Nas sociedades agrarias é a nai universal. A complexidade da súa figura mítica multiplícase a miúdo (sobre todo en politeísmos desenvolvidos) en numerosas divindades telúricas: en Grecia, ao carón de Xea, está Rea, Deméter ou Perséfone; en Babilonia, Ištar está acompañada de Ninlil; e en Roma, Telus está seguida de Ceres ou Flora. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

      3. Mundo onde se vive a vida terreal, en contraposición á vida eterna, o outro mundo.

      1. Parte sólida da superficie da Terra, en contraposición ao aire e á auga.

      2. Parte sólida da superficie terrestre, en contraposición aos mares.

      3. Posesión rural.

      4. terra firme

        Porción grande de terra, que non é unha illa, e que forma parte dun continente.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sacudidas da superficie da Terra perceptibles nunha zona en grao variable e que responden á perturbación que provoca a chegada de ondas elásticas ao propagarse desde o lugar onde se produciu un movemento brusco e rápido entre bloques rochosos. A súa intensidade pode facerse a partir da descrición cualitativa dos efectos e danos producidos polo terremoto establecendo unha escala, denominada de Mercalli, que consta de 12 graos, ou ben facendo unha escala tomando como base o logaritmo da amplitude de ondas sísmicas, que se coñece como escala de Richter. A escala global, os terremotos distribúense, analogamente ao vulcanismo, nas zonas tectonicamente activas (arredor da placa), e aproximadamente o 80% teñen lugar no cinto circumpacífico, mentres que o resto se distribúen entre o cinto alpino do Himalaia, as dorsais oceánicas e os rift africanos.

    VER O DETALLE DO TERMO