"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Novela de Charles Dickens escrita entre 1849 e 1850. Narrada en primeira persoa, o autor trata os anos da infancia do protagonista a partir de elementos autobiográficos. A descrición da vida dos personaxes, especialmente a de David, baixo unha atmosfera sentimental producida pola prematura morte da nai, as aventuras da escola e o duro traballo infantil, son un fiel e melodramático retrato da cidade de Londres pobre e miserable da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento filosófico-relixioso inspirado na doutrina de David de Dinant que se difundiu durante os ss XII e XIII. Afirmaba que a semellanza das cousas substanciais só é posible se existe unha única realidade substancial, común a todos os corpos e ánimas: Deus mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo Marco Xeral de Paz, que se celebrou en Dayton (Ohio) baixo o patrocinio do presidente dos EE UU, William Clinton, e do secretario de Estado dos EE UU, Warren Christoper, entre os presidentes de Bosnia, Croacia e a República Federal de Iugoslavia. Foi asinado o 21 de novembro de 1995, e rubricado en París o 14 de decembro de 1995 polos presidentes Alija Izetbegović (Bosnia), Slobodan Milošević (República Federal de Iugoslavia) e Franjo Tudjman (Croacia). No tratado recollíase a creación dun Estado bosnio unificado no territorio de Bosnia-Herzegovina, con dúas entidades diferentes: a Federación de Bosnia-Herzegovina (establecida sobre o 51% do territorio de Bosnia) e a República Serbia (49% do territorio). Estableceuse a celebración de eleccións libres e democráticas, baixo supervisión da OSCE, e a cidade de Sarajevo reunificouse baixo o control da Federación de Bosnia-Herzegovina. A Forza de Protección das Nacións Unidas (UNPROFOR) foi substituída pola Forza de Implementación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Roma en 1901 a partir do Istituto Geografico De Agostini. Tralo lanzamento do primeiro Calendario Atlante De Agostini en 1904 e co impulso de Marco A. Boroli, Cesare A. Rossi e Luigi Visintin, en 1922 naceu a primeira edición do Grande Atlante Geografico. En 1946 adquiriu a totalidade do accionariado a familia Boroli, e da man de Achille e Adolfo Boroli comezou a súa expansión. Coa saída do primeiro fascículo da enciclopedia Il Milione en 1959 comezou a era do coleccionable. A partir dos anos setenta iniciouse a expansión internacional do grupo, presente en máis de trinta países, entre os que figura España. Este país constituíu unha alianza da que naceu en 1985 Planeta DeAgostini, especializada en coleccionables, produtos interactivos e cómics.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensaio da autoría de Román Rodríguez González publicado en 1999 e Premio da Crítica Galicia 2000. É unha análise profunda dos procesos de urbanización das vilas galegas e do mapa urbano de Galicia dende distintas perspectivas. Estudia o proceso de transformación global que modificou as estruturas espaciais e comportamentos urbanos da poboación galega, á vez que advirte das ameazas e lembra as disfuncións da paisaxe urbana galega. Describe os asentamentos urbanos, o desenvolvemento urbanístico que se produciu dende mediados dos anos sesenta en moitas vilas galegas e que transformou a súa fisionomía, e realiza un percorrido completo polos principais centros do interior, afondando nas causas e consecuencias que envolven o crecemento económico e demográfico destes espacios, a medio camiño entre aldeas e cidades. Estruturalmente, divídese en cinco extensos capítulos, divididos á súa vez en diferentes apartados: “A evidencia dunha transformación”, “Formas urbanas e liñas de expansión”, “Estratexias...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria quincenal fundada e dirixida por César G. Seco Romero, que comezou a súa edición en Mondoñedo en maio de 1904. Cesou en febreiro de 1910 trala morte do seu fundador e director. No ano 1907 modificou a súa portada para titularse Mondoñedo e fíxose decenal; a partir de 1910 converteuse en periódica e saíu os martes e os venres. Incluía a sección “Cousas d’aldea”, asinada por Rosendo de Padornelo, pseudónimo de Antonio Noriega Varela. Deste mesmo autor inclúense varios poemas e o conto “Vai torta!”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de debater.

    2. Disputa entre dous personaxes alegóricos, feito que o diferenza da tensó e do joc-partit trobadorescos, onde o diálogo se establece entre personaxes reais. O tema pode ser filosófico ou intrascendente. O xénero comezou a desenvolverse a partir do s VIII, pero ten precedentes na literatura latina dende o s V. Foi moi frecuente na obra dos trobadores cataláns do s XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representacion gráfica de algo.

      1. Arte de facer un debuxo.

      2. debuxo artístico

        Sistema de representación plástica baseado na copia de obras de arte ou na reprodución en perspectiva e sombreado de obxectos ou conxuntos reais.

      3. debuxo do natural

        Debuxo realizado diante do modelo que se quere debuxar.

      4. debuxo industrial

        Sistema de representación empregado na industria para representar artefactos mecánicos, instalacións, procesos, etc. O obxecto represéntase sobre o papel por medio de vistas de planta e de diversos alzados; eventualmente, emprégase a perspectiva. O debuxo é esquemático e inclúe símbolos gráficos, anotacións e detalles ampliados, seguindo unhas normas (DIN, ISO, UNE, etc). Xeralmente, trabállase a escalas de relacións próximas á unidade (1:2, 1:4, 2:1, etc). Empréganse os utensilios propios do delineante, entre outros, escuadro, cartabón, paralelógrafo, compás, rotuladores, patróns. O debuxo industrial sobre papel estase a substituír polo debuxo sobre pantalla de ordenador, con trazado posterior sobre soporte de papel ou sen el.

      5. debuxo lineal

        Sistema empregado de forma habitual na arquitectura, na construción e na industria para a representación, xeralmente a escala, de planos, de seccións, alzados, plantas, esquemas, etc.

      6. debuxo subxacente

        Debuxo realizado polo pintor directamente sobre o soporte da obra.

      1. Conxunto de formas representadas sobre unha superficie mediante liñas ou manchas, normalmente dunha soa cor. Para debuxar utilízanse diversos materiais: o estilete, no debuxo preparatorio de retablos e pintura ao fresco; o lapis (de grafito, de carbón ou de París, de sanguina, de cores, etc); diversas barras pequenas naturais ou producidas artificialmente (grafito, punta de ouro, punta de chumbo, carbón, sanguina, cores ao pastel, á cera, xiz), material que necesita unha materia colorante xeralmente moi diluída, como as tintas, as acuarelas, as anilinas, as cores ao plástico, etc; rotuladores de feltro, bolígrafos, bastóns, chumbos, témperas e pinceis. Como material complementario para debuxar ou axudar a debuxar, que produce calidades diferentes (tactos, raias, sombras, etc), empréganse gomas de borrar, esfuminos, teas, esponxas, etc. Calquera superficie é válida para realizar un debuxo, non obstante o soporte máis empregado é o papel, branco ou coloreado, e liso ou de superficie rugosa....

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de decantar ou decantarse.

    2. Selección, a partir da medida e do peso específico, efectuada sobre as partículas transportadas por unha corrente de auga ou de aire. Tamén existen procesos de decantación no seo dos magmas.

    3. Operación que consiste en separar pola gravidade dúas ou máis substancias inmiscibles entre elas, sempre que teñan distintas densidades e que, polo menos, unha sexa líquida. Para eliminar as materias sólidas que un líquido ten en suspensión, déixase que se acumulen no fondo e logo inclínase o recipiente, para deixar saír o líquido, ou aspírase. Para separar líquidos inmiscibles de diferente densidade hai que esperar a que se separen as dúas fases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imposto medieval indirecto sobre o tráfico de mercadorías que entraban ou saían polos portos de mar. Os seus antecedentes atópanse no tributo romano-visigodo denominado Portorium, e perviviu nos reinos que xurdiron no proceso de Reconquista baixo diversas formas. Nos reinos de León e Castela consistía nun gravame dun décimo do valor das mercadorías que pasaban polos seus portos. En Galicia constituíron un recurso ordinario do fisco rexio, pero dende a Plena Idade Media a facenda real repartiu estes ingresos cos donos dos grandes señoríos membros da alta aristocracia galega, como era o caso do arcebispo de Compostela que percibiu unha parte do imposto nas vilas marítimas do seu señorío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de declinar.

    2. Período de diminución dunha enfermidade ou dalgún dos seus síntomas.

      1. Ángulo que forma un plano vertical, ou unha aliñación, co meridiano do punto que se considere.

      2. declinación dun astro

        Distancia angular dun astro ao ecuador celeste, medida por un arco do círculo máximo que pasa polo astro e que é perpendicular ao círculo ecuatorial. Constitúe unha das coordenadas do sistema de coordenadas horarias e do de coordenadas ecuatoriais.

      3. declinación magnética

        Ángulo que forman as direccións do N magnético e do N xeográfico, isto é, o formado polo plano vertical que contén a dirección do compás e o plano meridiano do punto de situación.

      1. Flexión nominal das linguas empregada para expresar as distintas variacións dun substantivo, adxectivo, artigo ou pronome segundo a función ou caso dentro da frase. Os gramáticos gregos da escola peripatética e estoica concibiron as distintas formas que podía presentar o nome en grego como unha desviación da forma do caso recto, o nominativo. Os latinos chamáronlle a esta desviación dēclīnātiō. Esta idea de desviación estaba directamente relacionada co mesmo termo que empregaban os helenos para o concepto que se coñece como caso, ao que eles lle chamaron πτϖσις (‘caída’), e parece que explicaban a idea de paradigma casual coa metáfora dun xogo de dados: do mesmo xeito que un xogador de dados ten nas súas mans un cubo con seis valores diferentes, dos que só un se fará realidade mediante unha tirada de dados (πτϖσις), o falante dunha lingua é portador dun significante capaz...

      2. Paradigma ao que pertence unha palabra segundo o xeito como se declina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de disposicións eclesiásticas feitas polo monxe Graciano a mediados do s XII, publicada co nome de Concordiam discordantium canonum. Constituíu a primeira parte do Corpus Iuris Canonici. Contén textos da Biblia, canons dos concilios, decretos pontificios e normas do dereito romano, entre outros asuntos. Considérase un tratado científico e práctico do dereito eclesiástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de deformar ou deformarse.

      1. ariación da forma e mesmo da estrutura cristalina dun corpo, producida cando cambian as forzas internas. A causa deste cambio na distribución das forzas internas pode ser a variación da temperatura ou a aplicación de forzas exteriores. Se é pequena, crece proporcionalmente ao esforzo; isto é válido dentro da zona de comportamento elástico do material. Sobrepasado este intervalo de tensións, a deformación convértese en permanente unha vez cesa o esforzo que a orixinou e dise que o material se comporta plasticamente. Se as cargas son máis elevadas prodúcese a rotura do material.

      2. deformación elástica

        Deformación que é proporcional ás tensións internas do corpo e que desaparece cando estas cesan. O esforzo máximo ata o que a deformación é reversible chámase límite elástico. Para a utilización óptima dun material cómpre traballar con valores inferiores ao límite elástico.

      3. deformación plástica

        Deformación dun material sometido a un esforzo, que permanece cando este cesa. Habitualmente ocorre a altas temperaturas. O material adquire nova estrutura e cambia as súas propiedades sen destruírse. Se se aumenta demasiado a intensidade do esforzo, a estrutura faise máis ríxida e rompe.

      4. enerxía de deformación

        Enerxía que hai que ceder a un corpo para que se deforme. Se o material é elástico, a enerxía queda acumulada en forma de enerxía mecánica no material, que se recupera cando desaparece a deformación. Se non é elástico, a enerxía consómese no cambio de estrutura.

    2. Cambio fotográfico que modifica as imaxes co fin de conseguir uns determinados efectos especiais.

    3. Transformación, nun espazo topolóxico, dun conxunto de puntos noutro, na que se poden producir torsións ou contraccións, pero na que non se producen roturas da configuración inicial.

    4. Conxunto de actitudes e hábitos que resultan do exercicio dunha profesión e que se trasladan de maneira abusiva á vida cotiá.

    5. Cambio de forma, posición ou volume dunha rocha, capa ou área da codia terrestre producido por forzas tectónicas. Caracterízase por un elipsoide definido por tres eixes e pola súa orientación. Pode ser homoxénea, se cada partícula se move uniformemente con respecto ás adxacentes, ou heteroxénea, se o movemento non é uniforme. Se se crean planos de ruptura e esvaramento chámase discontinua e dá lugar a fallas, e no caso contrario, continua, e dá lugar a dobramentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevar á condición de Deus unha cousa ou unha persoa que se consideran divinas.

    2. Louvar unha cousa ou unha persoa excesivamente, mesmo considerándoa divina.

    3. Unirse a alma con Deus no éxtase místico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Deus ou aos deuses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de referencias mediante o cal as linguas informan acerca do marco comunicativo no que ten lugar toda relación lingüística. Tal sistema reflíctese mediante un conxunto de termos deícticos (sinaladores), é dicir, categorías léxicas e gramaticais que varían a súa interpretación sistematicamente segundo a situación comunicativa nas que se estean utilizando. Polo tanto, parte do significado dun deíctico vén proporcionado pola situación en que se usa. Son deícticas algunhas formas dos pronomes persoais, algúns adverbios de lugar e de tempo (aquí, aí, hoxe, mañá, agora), os demostrativos, os morfemas verbais de tempo, algúns verbos (ir, vir), locucións adverbiais (hai dúas semanas, á miña esquerda), etc. Hai expresións que poden ter un uso deíctico ou un uso non deíctico. A diferenza está na necesidade de coñecer a situación do falante no momento de pronunciar esa expresión (uso deíctico) ou non (uso non deíctico). Por exemplo, en Diante de min hai unha biblioteca,...

    2. Colocar nun sitio determinado ou soltar algo que se leva posto ou que se ten collido.

      1. Separarse de algo ou de alguén.

      2. Abandonar alguén aquilo no que se ocupaba ou no que traballaba.

      3. Sinalar ou destinar algo ou alguén para un determinado fin.

      4. Romper a relación afectiva que se mantén con alguén.

      1. Non coller unha cousa por esquecemento.

      2. Esquecerse de poñer ou de facer algo.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Delfos ou ao seu oráculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou omisión dolosa ou culposa prohibida pola lei, segundo o ordenamento xurídico de cada estado, baixo a ameaza dunha pena grave. As formas delitivas son distintas segundo os estados e cambian co tempo. Por outro lado, determinadas condutas antisociais non están consideradas pola lei e de acordo co principio nullum crimen nulla pena sine lege non teñen a condición de delito. As infraccións penadas pola lei clasifícanse en delitos e en faltas, segundo sinalen unha pena máis ou menos grave. O concepto de delito inclúe tres elementos: tipificación, antixuridicidade e punibilidade. Desde o punto de vista do grao de execución, o delito pode ser consumado ou frustrado; e fálase de tentativa cando o culpable inicia a execución do delito, pero non leva a cabo todos os actos. Segundo as posibilidades de persecución, pode ser un delito perseguible a instancia de parte ou ben un delito perseguible de oficio. Segundo o resultado...

    2. delicto a distancia

      Circunstancia punible que se orixina como consecuencia de que a conduta humana, é dicir, a acción ou omisión, e o resultado da mesma, non coinciden no referente ao tempo nin ao lugar do delito.

    3. delicto colectivo

      Delito cometido por varias persoas previo acordo.

    4. delicto complexo

      Delito constituído pola realización de diversas accións delitivas, que constitúen por si mesmas un delito. Prodúcese cando un dos delitos é necesario para a comisión do outro, de modo que o segundo non pode cometerse senón mediante a realización do primeiro.

    5. delicto composto

      Delito derivado dunha acción que produce dous ou máis delitos. Existe un só propósito de delinquir que produce varios resultados, dos que máis dun constitúe un delito.

    6. delicto común

      Delito que lesiona bens xurídicos individuais e é castigado polo código ordinario sen ser cualificado como político.

    7. delicto concorrente

      Delito no que se manifestan varias accións independentes realizadas por un só axente.

    8. delicto conexo

      Concorrencia de dúas ou máis accións delitivas que, ligadas entre si por algunha das causas previstas, permite que sexan relacionadas. Inclúense os delitos cometidos simultaneamente por dúas ou máis persoas reunidas, ou en distintos lugares ou tempos se precedese un concerto para iso; os cometidos como medio para perpetrar outro ou facilitar a súa execución; os cometidos para producir a impunidade doutro delito; e os diversos delitos que se imputan a unha persoa se tivesen relación ou analoxía a xuízo do tribunal e non tivesen sido sentenciados ata entón. Deben seguirse e sentenciarse no mesmo procedemento.

    9. delicto consumado

      Delito que se produce cando se executaron todos os actos propios e característicos do feito delitivo e este chegou ao seu completo desenvolvemento e produciu o mal material e moral no que consiste.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinalar os límites dun territorio ou dun terreo.

    2. Delimitar os dereitos, responsabilidades e atribucións de alguén.

    3. Fixar unha liña divisoria imaxinaria, nun texto científico, entre o discurso sancionado da ciencia e o discurso ideolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico trisemanal editado en Pontevedra en 1868 que substituíu a La Democracia de Pontevedra. Subtitulouse “Órgano republicano federal”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de J. M. Madrigal e Cía. Nos seus artigos analiza aspectos relacionados co proceso revolucionario da Gloriosa.

    VER O DETALLE DO TERMO