"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Eliminar a humidade dun lugar ou do ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desmitificar.

    2. Proceso que consiste en anular os mitos. O interese pola desmitificación dominou o pensamento filosófico-teolóxico de finais do s XIX e comezos do XX (desmitoloxización). Superada esta perspectiva, aceptouse que a verdadeira tarefa do pensamento non era desfacer os mitos, senón interpretalos correctamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos, da orde dos odobénidos, de ata 180 cm de lonxitude. Presentaban un corpo moi groso, patas fortes e curtas con pés anchos, con catro dedas, e as mandíbulas tiñan catro caveiros moi longos orientados cara a adiante. Eran animais de vida anfibia, propios de augas costeiras, nas que se alimentaban de moluscos do intermareal. Viviron a mediados do Mioceno e os xacementos máis importantes están en Xapón e na costa norteamericana do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desodorizar.

    2. Eliminación dos compoñentes causantes de cheiros desagradables en alimentos como a auga, o leite, a fariña de peixe, a soia, os aceites ou as graxas. Utilízanse técnicas de quecemento, destilación e absorción de forma unitaria ou en combinación.

    3. Eliminación dos fedores e cheiros estraños dun local, dun frigorífico ou de calquera obxecto. Empréganse substancias oxidantes que destrúen os cheiros, como o cloro, a auga osixenada, o cloruro de calcio ou o ozono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar ou extraer o aceite de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto natural de Sierra Morena. É o único que comunica a Meseta coa depresión do río Guadalquivir, no límite entre Castela-A Mancha e Andalucía. É unha garganta estreita formada pola erosión regresiva do río Despeñaperros, que captura as augas do sector S da Mancha. Constitúe tamén un límite bioxeográfico e o inicio da vexetación bética. A súa importante función para as comunicacións acelérase coa colonización de Sierra Morena no s XVIII, cando foi construída a estrada, e coa chegada do ferrocarril no ano 1886.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de determinar ou determinarse.

    2. Cousa que se decide facer.

    3. Actitude de quen é firme á hora de decidir facer algunha cousa.

      1. Proceso mediante o que os organismos tenden a un determinado desenvolvemento por un camiño específico.

      2. determinación celular

        Proceso mediante o que unha célula indiferenciada comeza especificamente un camiño de diferenciación entre todos os posibles para ela.

      3. determinación embrionaria

        Proceso polo que as células e os tecidos embrionarios se desenvolven nunha dirección única para constituír no organismo adulto unha determinada clase de células e de tecidos.

      4. determinación sexual

        Conxunto de distintos procesos biolóxicos que conducen á distinción sexual entre machos e femias nunha especie. Na maior parte dos seres vivos, a diferenciación sexual ten unha base xenética na que existen tres sistemas básicos. No sistema XX-X0 os machos presentan dous tipos de espermatozoides. Uns posúen un cromosoma sexual (X) e outros non (0). Cando un espermatozoide que porta o cromosoma X fecunda o óvulo, o resultado é unha femia (XX) e no caso de ser fecundado por un espermatozoide sen cromosoma sexual, o resultado é un macho (X0). No sistema XX-XY existen dous cromosomas sexuais distintos denominados X e Y. Os dous sexos presentan igual número de cromosomas e dous deles sexuais; as femias teñen dous iguais (XX) e os machos dous diferentes (XY). Os óvulos portan sempre o cromosoma sexual X, mentres que os espermatozoides poden levar o cromosoma X ou o Y. Os zigotos poden resultar machos e femias en igual porcentaxe (50%). Este é o sistema que presenta a especie humana, con 44 cromosomas...

      1. Relación entre dous elementos gramaticais, un dos cales, o determinado, depende doutro, o determinante. Deste xeito, en a casa de Pedro, por exemplo, Pedro forma parte dunha frase preposicional de Pedro que, como conxunto, determina a casa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primeiro xornal editado en Barcelona. Fundado por Pedro Ángel Tarazona, publicouse nunha primeira etapa entre o 7 de xaneiro e o 30 de abril de 1762, e presentaba unha estrutura semellante á do Diario de Madrid. Reapareceu o 2 de xuño de 1772 e desapareceu definitivamente o 30 de maio de 1773. Coñeceuse popularmente co nome de Diari d’En Tarassona. Dos seus obradoiros tipográficos saíron un total de 53 números.

    2. Ser superior, dotado de atributos sobrenaturais, ao que se lle rende culto. As deidades máis salientables do hinduísmo son as śakti -potencia divina ou poder inmanente, a miúdo identificado coa deusa suprema ou Gran Deusa-, relacionadas con Śiva -un dos deuses da trindade posvédica, xunto con Vishnu e Brahmā-, entre as que destacan Kālī e Durgâ. As diversas denominacións das divindades femininas da Antigüidade son: a boa deusa, como caracterización de Cibeles; a deusa nai, como representación, moi estendida no Mediterráneo Oriental (Exipto, Fenicia, Frixia e Grecia), da fecundidade vexetal, animal e humana (Isis, Cibeles, Rea, etc); e a gran deusa, como cualificación de pertenza ao grupo dos deuses de máis alta categoría (Afrodita, Hera, Atenea, Ártemis, Deméter, etc). En numerosas mitoloxías, principalmente a grega e a romana, permitíaselles aos deuses casar con mortais -aínda que estes se visen obrigados por isto a vivir menos tempo-...

    3. Ser supremo. OBS: Escríbese en maiúscula cando se emprega como nome propio.
      Concepto de Deus
      O concepto de Deus, nacido como resposta ao misterio da existencia (percibido con inquietude polo home), pode aplicarse a unha potencia única (monoteísmo) ou pola contra, pode atribuírse ao conxunto de seres sobrehumanos que dominarían cadanseu ámbito da realidade (politeísmo). Esta variedade de posibilidades de aplicación do termo faino susceptible de recibir as máis diversas significacións que, incluso, poden contrapoñerse unhas ás outras, feito que implica a imposibilidade de definilo segundo unha expresión única, clara e determinada. Non obstante , o deus das relixións monoteístas, creador do universo, independentemente da tradición cultural na que se enuncie, reúne na súa natureza algunhas características ineludibles: infinidade, unidade e simplicidade. Escolas filosóficas como a de Viena afirman a existencia inicial dun monoteísmo moi rudimentario que derivaría en...

    4. Persoa ou cousa pola que se sente especial admiración e veneración. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “O deus do usureiro é o diñeiro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Isótopo do hidróxeno, dúas veces máis pesado ca este, cun protón e un neutrón no núcleo, de masa atómica 2,016. Tamén se denomina hidróxeno pesado. Constitúe o 0,015 do hidróxeno natural. Descuberto en 1931 polo químico Harold Clayton Urey e os seus colaboradores, valeulle o premio Nobel de Química en 1934. Obtense por electrólise ou por destilación fraccionada da auga pesada, D 2 O. Ten as mesmas propiedades que o hidróxeno, pero a súa gran masa atrasa as reaccións. Introducido nunha molécula, utilízase para determinar o mecanismo de certas reaccións. É tamén unha enorme fonte de enerxía explosiva para reaccións de fusión ás que pode dar lugar.

    2. Composto químico que contén dous átomos de deuterio. Ten un peso específico de 1,11 g/cc, un punto de conxelación de 3,8°C e un de ebulición de 101,42°C. Obtense a partir da auga natural por electrólise ou por destilación fraccionada. Utilízase principalmente nas pilas dos reactores nucleares, para retardar o movemento rápido dos neutróns, como trazador do comportamento das reaccións químicas e bioquímicas nas que intervén o hidróxeno, en reaccións termonucleares e para o marcado isotópico de moléculas. Tamén recibe o nome de auga pesada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución alemá con sede en Berlín dedicada á investigación da Antigüidade clásica do mundo mediterráneo e do Próximo Oriente. A súa orixe está no Istituto di Correspondenza Archeologica, fundado en 1829 e trasladado a Berlín en 1832. En 1874 creouse a sección de Atenas e posteriormente as do Cairo, Istambul, Madrid (1943), Bagdad e Teherán; e dúas comisións, unha en Frankfurt e outra en Múnic. En 1979 estableceuse en Bonn a Kommission für Allgemeine und Vergleichende Archäologie (Comisión para a arqueoloxía xeral e comparada), dedicada á arqueoloxía de fóra de Europa e do Vello Mundo. En 1996 creouse a sección do Próximo Oriente que uniu a sección de Bagdad e as estacións de Damasco e Sinaí, establecidas con anterioridade. Entre outras actividades organiza escavacións, expedicións, coloquios e congresos. Conta cun arquivo bibliográfico e outro fotográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na teoloxía védica, deus mozo e xeneroso que chegou a inmolarse polo ben das súas criaturas. É a antítese da asura, deus ancián, celoso e egoísta, que encarna o espírito maléfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual editada entre os anos 1980 e 1982 pola Federación de Asociacións Culturais Galegas. De tendencia nacionalista, incluía textos literarios, ensaios e artigos onde se analizaba a problemática lingüística galega. Entre os colaboradores destacan Avilés de Taramancos, Darío X. Cabana, Manuel Forcadela, Bernardiño Graña, Margarita Ledo, Manuel María, Xosé M. Martínez Oca, María Mariño, Marcos Valcárcel e Pilar Vázquez Cuesta. No eido gráfico cómpre salientar as contribucións de Laxeiro, Virxilio, Xaquín Marín, Xosé Lois, Pepe Barro, Elena Gago e Carlos Silvar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación gráfica dun fenómeno, dunha lei ou da distribución das partes dunha cousa.

    2. Representación gráfica que se traza xeralmente nun plano, dotado duns eixes de coordenadas co fin de ilustrar a relación existente entre dúas cantidades variables, unha delas pode considerarse como a función da outra.

    3. Representación gráfica na que se relacionan variables que inciden no tempo atmosférico, tomadas nun período e nun territorio concretos, e que permite caracterizar o clima dese territorio.

    4. Representación gráfica dunha variable estatística, xeralmente discreta, na que aparecen os valores da variable xunto coa súa frecuencia relativa, representada en forma de barra ou segmento de lonxitude proporcional a dita frecuencia. Tamén recibe o nome de gráfico de barras.

    5. Representación gráfica na que as unidades esenciais dun sistema, frecuentemente electrónico, se trazan en forma de rectángulos ou bloques, e a súa interacción se representa por liñas que unen estes bloques.

    6. Representación gráfica que mostra a relación entre as fases sólida, líquida e gasosa ao modificárense unha serie de condicións como a temperatura ou a presión. Permite determinar os cambios que se producen nelas ao ser modificadas. Ten aplicación no estudo de aliaxes, mesturas salinas ou disolucións salinas.

    7. Representación gráfica da secuencia de operacións constitutivas dun proceso. Utilízanse símbolos normalizados para representar as distintas operacións e unidades de equipo, e liñas e frechas para representar as correntes entre os diferentes subsistemas. En ocasións, incorpóranse á representación os valores das variables características das distintas correntes e subsistemas.

    8. Representación gráfica de todas as forzas que actúan sobre un corpo ou un sistema de partículas materiais. Cando este corpo é practicamente indeformable, o diagrama denomínase diagrama do sólido libre, feito que permite establecer as condicións de equilibrio.

    9. Representación gráfica que mostra a variación do punto de ebulición e da composición do vapor dunha mestura de dous líquidos ao variar a composición da mestura líquida de partida.

    10. Representación gráfica formada por un círculo no que cada sector corresponde a unha modalidade e as porcentaxes son proporcionais á superficie do sector. Tamén reciben o nome de gráfico de sectores ou diagrama circular.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de falar dúas ou máis persoas para intercambiar ideas, sentimentos ou opinións.

      2. Acción de falar unha con outra dúas ou máis persoas, grupos ou organizacións co fin de chegar á solución de problemas comúns.

    1. Método filosófico empregado para coñecer a verdade que pon de manifesto unha maneira de pensar non dogmática. Propio do pensamento dialéctico, foi o método filosófico por excelencia entre os gregos; Sócrates foi o seu máximo representante, malia que Platón o continuou e o converteu nunha nova forma literaria.

    2. Obra literaria, xeralmente eran textos satíricos de carácter popular xurdidos a principios do s XIX, moitos deles anónimos, que reproducen unha conversa entre varios interlocutores que opinan sobre determinados temas de actualidade (o enfrontamento entre absolutistas e liberais, a Guerra da Independencia española, o proceso revolucionario que deu lugar á Constitución de 1812) ou sobre os abusos dos poderosos, a corrupción, a Inquisición ou os privilexios do clero. Os autores eran individuos instruídos, educados no racionalismo ilustrado e os máis deles profesaban ideas liberais. En Galicia foi un dos xéneros máis cultivados a principios do s XIX.No tocante á lingua, alternan a miúdo o castelán como rexistro culto e o galego como fala rústica ou popular, marcada polos dialectalismos da zona na que se ambienta. Apareceron en xornais ou como follas soltas fundamentalmente durante os períodos constitucionais de 1812-1814, 1820-1823 e de 1836 ata mediados de século. A primeira mostra deste tipo...

    3. Conversa entre dous ou máis personaxes, oposto ao monólogo. Tradicionalmente, o diálogo considérase un dos trazos diferenciadores e distintivos da literatura dramática, en tanto que a acción se presenta a si mesma por medio do intercambio verbal, e non se narra, aínda que pode haber un narrador que sempre dialoga co público, cos actores ou cos personaxes. As súas orixes hai que buscalas no teatro grego a partir do momento en que un personaxe, o protagonista, se separa do coro, momento en que tamén cobra especial relevancia o concepto de personaxe, en tanto que persoa diferenciada fronte á comunidade, representada polo coro.

    4. Composición vogal dos ss XVI e XVII na que alternan dúas voces, que poden presentar a forma de diálogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido o 1 de setembro de 1814 na Coruña. Rematou a súa edición probablemente en abril ou maio de 1815. Sucesor do Diario de La Coruña, imprimíase nos obradoiros tipográficos deste xornal, propiedade de Xosé de Calleja e Llano. Incluíu artigos, comunicados, novas de Madrid e anuncios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Santiago de Compostela a partir do 15 de outubro de 1812. Cesou entre os anos 1813 e 1815. Fundado e dirixido por Xosé Verea Aguiar, imprimíase nos obradoiros tipográficos de Xoán María Pazos. Como defensor das ideas constitucionais, colaboraron nel Sinforiano López Alia e outros intelectuais de corte liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido o 24 de novembro de 1858 na Coruña que cesou a súa edición o 12 de abril de 1866. Dirixido por Francisco Mª de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, Xosé López de la Vega, Xosé Mª Montes e Froilán Salazar, contou coa colaboración de, entre outros, Antonio da Iglesia, Antonio San Martín, Ramón Buch, Domingo Camino e Alejos Pita. Impreso nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez, foi unha das publicacións da época con maior número de subscritores. No nº 53, en xaneiro de 1859, Antonio de la Iglesia publicou a súa composición “Ribeirana”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido probablemente en 1863 na Coruña e subtitulado “de La Coruña y de Galicia”. Incluíu despachos telegráficos, noticias sobre as Cortes constituíntes, novas breves internacionais, calendario, cultos e prezos das mercadorías nos peiraos do porto da Coruña. En 1885 contaba cun correspondente, Mr. A. Lorette, en París. No eido literario apareceu unha égloga en galego de Francisco Mª de la Iglesia, unha “Hoja Literaria Tuy-Valença”, da autoría de Benito Puig, a composición “Tu patria y la mía”, de Filomena Dato Muruais, e “El Fin de año”, de Federico Bahola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido o 6 de marzo de 1843 en Santiago de Compostela que cesou a súa edición o 5 maio do mesmo ano. Imprimíase nos obradoiros tipográficos da Viuda e Hijos de Compañel. Incluíu novas da cidade, información de carácter económico, anuncios, santoral, efemérides e unha sección de variedades onde insería disposicións gobernativas e noticias de carácter xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal de tendencia católico-monárquica que apareceu en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 1908. Subtitulado “Periódico de la mañana. Telegráfico, noticiero y de información general”e contaba co apoio do cardeal Martín de Herrera. Cesou o 21 de setembro de 1930 (nº 6.886) e definíase como o de maior circulación da cidade. Con constantes referencias a outras publicacións como Vida Gallega, Noroeste ou La Región, contou coa colaboración de Antonio G. Queipo, Romero Blanco e Antonio López. Na edición do 24 de maio de 1910 (nº 443) inseriu un “Esbozo biográfico” en homenaxe a Antonio López Ferreiro. Ofreceu tamén información sobre a Festa da Lingua Galega que se celebrou en 1924 no Teatro Principal, na que se premiou a Eladio Rodríguez, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde e Uxío Carré Aldao. Ademais, reproduciu o poema de Rosalía de Castro “O meu secreto” e un poema de Manuel Pose.

    VER O DETALLE DO TERMO