"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Obra de Baruch Spinoza publicada en 1677 co título Ethica, ordine geometrico demonstrata (Ética demostrada segundo a orde xeométrica). Trátase dun estudo filosófico ordenado por definicións, axiomas, demostracións e corolarios, seguindo a estrutura dos tratados de xeometría. Con esta obra, Spinoza levou a cabo a idea cartesiana de fundar unha ética baseada exclusivamente na razón, polo que propuxo deixar de lado todas as paixóns para alcanzar a felicidade máis pura. Ademais, distinguiu entre os tres xéneros de coñecemento, sensible, conceptual e intuitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Aristóteles que, xunto á Gran ética e Ética a Eudomo, integran o corpus moral aristotélico. Nestas obras defínese a ética como unha disciplina filosófica e estúdianse as relacións entre a ética individual e a ética social. Como estadio último do pensamento moral filosófico, afirma que a felicidade é o fin supremo da actividade humana, e a virtude, o termo intermedio entre o voluntario e o involuntario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio das causas das cousas.

      1. Conxunto de causas que se admiten como responsables de que se inicien os mecanismos patoxénicos dun proceso patolóxico.

      2. Rama da medicina que estudia as causas das enfermidades.

    2. Atribución, de carácter antropomórfico, dun fundamento ou dunha causa a un feito ou unha realidade concretos. Aínda que a diferenciación non resulta sempre clara, pódese distinguir entre etioloxía mitolóxica e etioloxía histórica. A narración bíblica de Caín e Abel e o mito platónico da caverna son etioloxías mitolóxicas da diferenciación entre pobos nómades e sedentarios e da condición do coñecemento humano, respectivamente. Os relatos bíblicos e extrabíblicos dunha caída orixinal, en cambio, poden explicar a orixe histórica da presenza do mal no mundo, como a obra do home e non de Deus; nestes casos pódese falar de etioloxía histórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estudia e describe os costumes e as tradicións dos pobos. O seu obxecto é proporcionarlle á etnoloxía os datos necesarios para coñecer a cultura dun grupo humano específico. Estudia os xeitos de vivir, as técnicas, as institucións e os costumes dos pobos e ocúpase de describilos con precisión sen sometelos a unha análise nin aventurar interpretacións. Como ciencia é relativamente moderna. Nun principio baseábase no material proporcionado polos conquistadores, viaxeiros, aventureiros e misioneiros. Entre eles cómpre mencionar a Fernández de Oviedo, Bartolomé de Las Casas, José de Acosta e, especialmente, Bernardino de Sahagún (1500-1570), considerado o precursor da moderna etnografía polo seu coidado rigor na recollida de datos relacionados cos pobos mexicanos. Posteriormente destacaron os alemáns Alexander von Humboldt e Adolf Bastian, o suízo Johann Jakob Bachofen e o inglés Edward Burnett Tylor. A partir de 1900, a investigación etnográfica especializouse. Os principais etnógrafos...

    2. Disciplina que se integra no ámbito da lingüística, aínda que mantén unha estreita relación coa antropoloxía. Non existe unificación con respecto ao seu rango disciplinar; algúns estudiosos consideran que é unha disciplina autónoma e outros inclúena como parte da sociolingüística, a pragmática ou a antropoloxía lingüística. Todas elas teñen en común o estudo da lingua desde a perspectiva do seu uso, en oposición a aquelas disciplinas que se ocupan da súa estrutura interna (fonoloxía, gramática, semántica). A etnografía da comunicación ten a súa orixe nos anos sesenta, cos traballos de John Gumperz e Dell Hymes, e parte dunha concepción da linguaxe como un modo de actuación. O seu obxecto de estudo por excelencia é a interacción conversacional, centrándose na selección de linguas ou variedades portadoras dun significado social, significado que se recrea e negocia durante a interacción lingüística. Esta área estudia a interacción lingüística situada nun contexto, é dicir, desde o punto de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á etnografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia a civilización etrusca. O interese polas antigüidades etruscas, que xa existía na época romana, reapareceu no Renacemento e o traballo de Thomas Dempster De Etruria Regali Libri Septem, escrito entre 1616 e 1619, marcou o comezo dos estudios modernos. No 1726 creouse a Accademia Etrusca de Cortona e na segunda metade do s XIX realizáronse os primeiros estudios científicos e comezaron as escavacións en Chiusi, Certona, Villanova e Tarquinia. No 1927 creouse en Florencia o Instituto di Studi Etruschi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia de comunicación fundada en 1957 por Torcuato Luca de Tena, Rafael Calvo Serer, Antonio Fontán, Gonzalo Fernández de la Mora, Ángel Benito e Andrés Rueda. Dedicada inicialmente á distribución de libros e servicios de documentación, a partir de 1959, coa incorporación de Carlos Soria, variou a súa orientación cara ás reportaxes gráficas. En 1964 conseguiu a autorización para difundir noticias e asinou un contrato con Associated Press para distribuír un servizo gráfico mundial. En 1966, coa nova Lei de Prensa, comezou a transmitir o seu servizo de noticias, que constaba de seis informacións diarias. En 1982 comezou a edición do boletín Report from Spain en inglés, que se envía a empresas estranxeiras e embaixadas interesadas na realidade española. En 1988 informatizou todos os servicios informativos e dende 1995 modificou as súas transmisións a través do sistema Datacast. No mesmo ano comezou a distribuír información financeira a través do Ibertex e Tele 5, e promoveu Canal Guía TV,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento metálico pertencente á serie dos lantánidos, de número atómico 63 e peso atómico 151,96. Descubriuse en 1896 mediante análises espectroscópicas e posteriormente identificouse no Sol e noutras estrelas. Localízase na gadolinita e na monacita. Prodúcese na fisión do torio, do plutonio e do uranio. A causa da súa alta sección de captura de neutróns térmicos (43.000 barns), emprégase na construción de barras de control para os reactores nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional integrada polos departamentos de policía dos países membros da Unión Europea. Fundouse coa finalidade de prever e combater o tráfico de drogas, as redes de inmigración ilegais, o tráfico de vehículos roubados, o tráfico de persoas, a pornografía infantil, a falsificación de diñeiro e outras formas de pago, o tráfico de substancias radioactivas e nucleares e o terrorismo. Creada polo Tratado de Maastrich o 7 de febreiro de 1992, ten a súa base na Haia. Comezou a ser operativa o 1 de outubro de 1998, pero non comezou a funcionar ata o 1 de xullo de 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao medio acuático rico en elementos nutritivos.

    2. Aplícase ao axente ou á substancia que mellora a nutrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estudia os factores socialmente controlables que poden aumentar ou diminuír as calidades raciais das xeracións futuras, tanto no aspecto físico como no psíquico. F. Galton pódese considerar o fundador da euxenesia; na súa obra principal Hereditary Genius (1869) considera o problema do melloramento da poboación como unha cuestión de orde biolóxica e intenta demostrar que as aptitudes se conservan a través das xeracións. En 1945 apareceu unha corrente de humanismo científico que se preguntaba se era posible controlar dalgunha maneira o sentido da evolución da raza; concluíuse que é un problema no que intervén a xenética, a socioloxía, a psicoloxía, a pedagoxía, a economía, a medicina e a ética. Actualmente, a euxenesia desapareceu como ciencia independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira muller, segundo a Xénese, creada por Deus a partir da costela de Adán. Nai de Caín, Abel e Set, as narracións bíblicas tentan expresar a semellanza esencial de Eva con Adán, a súa diferenza e a súa complementariedade. A doutrina paulina sobre o novo Adán que significa Cristo, fundamentou a tipoloxía Eva-Igrexa-María como un paralelo e complemento da tipoloxía Adán-Cristo. Para san Paulo, e logo para os teólogos medievais, a creación de Eva simboliza a creación da Igrexa, que sae do costado aberto de Cristo na cruz. As figuras de Eva e de María representaron os dous papeis que a Igrexa lle atribuíu á muller. Na persoa de Eva, a muller constitúese en culpable da perda do Edén, criatura pecaminosa aliada da tentación, perdición do home. Por unha parte tómase como unha prefiguración da Virxe (María había ser a nova Eva, a virtuosa), e pola outra, como a Anti-Virxe. Na iconografía foi a única figura de espido feminino individualizada na arte cristiá. Non posúe un tipo iconográfico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exercicio e práctica consistente en facer excursións. Xurdido no s XVIII como manifestación das ideas filosóficas que preconizaban o contacto coa natureza, desenvolveuse especialmente como actividade deportiva a finais do s XIX, combinando a finalidade lúdica co interese científico e artístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ilustrar ou explicar algo cun exemplo.

    2. Servir algo de exemplo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe grego, fillo de Tiestes e de Pelopea. Desexoso de vingarse do seu irmán Atreo -que o desterrara de Micenas e asasinara os seus fillos-, Tiestes violou a súa filla, Pelopea, en segredo, xa que o oráculo lle vaticinara que o seu único vingador sería o fillo que había de ter coa súa propia filla; antes de que Tiestes desaparecera, Pelopea quitoulle a súa espada. Co tempo, Atreo casou con Pelopea e adoptou como fillo seu a Existo, o neno que nacera da relación incestuosa. De mozo mandouno a Delfos na procura de Tiestes. Xa de volta co prisioneiro, dispúxose a matalo pero Tiestes recoñeceu a espada que aquel levaba na man e identificouno. Tras revelar a verdade e o parentesco que os unía, Pelopea atravesou o peito coa espada e Existo cumpriu o oráculo matando a Atreo. Tamén conta a lenda que, cando os atridas Agamemnon e Menelao estaban en Troia, Existo seduciu a muller daquel, Clitemnestra, e tivo con ela dous fillos, Aletes e Eríxone. Á volta da longa batalla, Existo ofreceulle a Agammenon...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de expedir.

      1. iaxe dun grupo de homes, naves, etc, cun fin militar, científico, comercial ou deportivo.

      2. Conxunto de persoas que realizan ou forman parte desa viaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de aventuras publicada en 1994, coa que Marilar Aleixandre acadou o Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil 1994 e o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria 1995, sendo a primeira vez que unha obra de literatura infantil e xuvenil levou este galardón. A acción sitúase no s XIX e nela cóntanse en primeira persoa as aventuras da narradora-protagonista, unha rapaza de doce anos chamada Emilia Goianes que escapa da casa e se agocha como polisón na goleta Resolución, para formar parte dunha expedición científica que ten como obxectivo realizar unha viaxe para explorar as terras do Pacífico e recoller mostras de plantas, animais e minerais. Cando o irmán de Emilia a descobre oculta no seu camarote, ambos deciden ocultar a súa identidade de muller baixo o disfrace dun rapaz ao que bautizan co nome de Marcos Goianes. Acompañan a protagonista da aventura un grupo de científicos, ademais do seu irmán, membro tamén da expedición. Intégranse na trama temas como as ideas feministas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método ou sistema científico fundado na experimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que fai algo.

      2. Persoa encargada de dirixir, por conta propia ou allea, un establecemento comercial.

      3. Persoa que executa os sinais de saída ou paso dos trens nunha estación de ferrocarril e rexistra os movementos.

      4. Dependente do comisariado de guerra encargado da distribución de provisións ás tropas.

      5. Oficial real encargado de recadar nas Indias as rendas e tributos en especie pertencentes á coroa.

    1. Cada un dos elementos ou circunstancias que contribúen a producir un resultado.

      1. Nome xenérico de cada unha das substancias que teñen unha acción fisiolóxica específica.

      2. factor citrovorum

        Composto extraído do fígado, moi semellante ao ácido polínico, empregado en casos de deficiencia de ácido fólico e no tratamento das anemias megaloblásticas I que non están ocasionadas por unha deficiencia de vitamina B 12 .

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser fantástico, representado con figura de muller, a quen se lle atribuían poderes sobrenaturais, como o de adiviñar o futuro ou influír no destino dos homes.

    2. Destino ou sorte dunha persoa. Adquírese por unha serie de circunstancias como unha maldición temporal ou definitiva, o bautizo co óleo dun defunto ou mesmo pode estar determinada pola data de nacemento. Unha vez que se adquire non hai xeito de escapar dela ata que se cumpre, aínda que se poden celebrar certos ritos para agochar o tempo de fadario. Así, por exemplo, un lobishome pode vir provocado por unha mala fada e un pai pode fadar os seus fillos, tal e como acontece nun relato de Vicente Risco onde se fala dunha rapaza comellona á que o pai lle bota unha fada e anda durante unha longa temporada polo monte como capitana dos lobos. Aínda que as máis das veces ten un carácter maléfico e negativo, existen tamén fadas positivas; así se reflicte nas expresións populares “Boas fadas te fadaron” ou “Nacer con boa fada”. Na tradición oral recóllense ditos como: “Coa auga do cu, lávoche a cara para que Deus che quite a mala fada. Boas augas te laven e boas fadas te faden. Nunca a mala fada deixa...

    VER O DETALLE DO TERMO