"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Material de recubrimento que está constituído por un tecido, xeralmente de xute, cuberto por unha pasta feita de aceite de liñaza colofonia, goma kaurí, serraduras de cortiza ou de madeira, cargas minerais e materias colorantes. É un material elástico, impermeable e resistente á abrasión, empregado en pavimentos, revestimentos de paredes e carrocerías, e na obtención de pranchas para gravados.
-
Estampación que se obtén pola impresión dun gravado tallado na superficie dunha prancha de linóleo. O procedemento para a obtención deste material é, en principio, o xilográfico, en que con gubias se rebaixan as partes que quedarán brancas na estampa, deixando o relevo na superficie lisa para ser tintada sobre papel. A aparición de gravado sobre linóleo data de principios do s XX, e a partir de mediados de século imponse como procedemento artístico de carácter propio, e foi utilizado por numerosos artistas, como Picasso ou Miró.
-
-
-
Unidade monetaria principal de Italia (L). A súa orixe foi a libbra de prata, base do sistema monetario carolinxio que durante a Idade Media foi cuñada cunha gran diversidade de valores e denominacións. Baixo o dominio de Napoleón adoptouse o sistema decimal e a lira unificouse, pero no s XIX diversificouse de novo ata 1862, cando se converteu na unidade monetaria do Reino de Italia. O 1 de xaneiro de 1999 o euro substituíuna como moeda oficial do sistema monetario italiano, malia que continuou circulando ata 2002. Dividíase en 100 céntimos.
-
Unidade monetaria principal de Turquía (TL) desde 1916. Divídese en 100 kurus.
-
-
-
Aplícase á cepa bacteriana en que o ADN do bacteriófago moderado se liga a un lugar específico do cromosoma da bacteria, se reproduce con ela e se transmite a xeracións sucesivas.
-
Ciclo biolóxico dunha cepa lisóxena.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de caracteres petrográficos e paleontolóxicos que define un depósito ou unha rocha. OBS: Tamén se denomina facies litolóxicas.
-
-
Sistema de impresión baseado no fenómeno físicoquímico da repulsión que existe entre a auga e as materias graxas. Foi descuberto en 1798 por Aloys Senefelder. Contrariamente aos outros sistemas de impresión, tanto as partes impresas como as brancas están ao mesmo nivel, pois a base graxa sobre o debuxo é a que retén a tinta. É un sistema en desuso, substituído por outros máis rápidos e modernos (offset, fototipia, serigrafía e xerografía).
-
Cada un dos exemplares que se obteñen polo procedemento litográfico. Enténdese por litografía orixinal cando o creador da obra debuxou directamente sobre a pedra.
-
Taller onde se exerce a litografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á litografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de creación literaria fundada en 1926 en Torremolinos por Emilio Prados e Manuel Altolaguirre. A súa primeira etapa rematou en México, no exilio, pero reapareceu en 1968. García Lorca, Cernuda, Alberti ou Vicente Aleixandre destacaron entre os seus colaboradores. Na segunda etapa editou monográficos, un deles dedicado á poesía galega, onde se fixo unha antoloxía da poesía galega clásica, cunha escolma de 15 poetas galegos contemporáneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á litotrofia ou aos litotrofos.
-
-
-
Que é de pouco peso.
-
Aplícase á substancia que ten un peso específico pequeno.
-
-
Que se move con facilidade e rapidez.
-
Que ten pouco corpo, substancia ou materia.
-
Que se dixire con facilidade.
-
Aplícase ao viño que ten pouca gradación.
-
Que ten pouca importancia.
-
Que é pouco intenso.
-
Que non ten moita seriedade ou interese.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución bancaria británica fundada en 1756 co nome de Taylor e Lloyd que se modificou en 1889 co nome de Lloyds Bank Limited. Participou tamén de xeito maioritario en diversos bancos británicos.
-
-
Mamífero carnívoro de cabeza grande e redondeada, cos maseter moi desenvolvidos, orellas curtas e triangulares, pescozo robusto e patas lixeiramente fendidas. A pelaxe é gris parda, máis escura no pescozo, no lombo e na cola. As meixelas son brancas e, os ibéricos, presentan unha liña escura nas patas anteriores que pode chegar ao peito. Miden 100-140 cm de corpo-cabeza e 30-50 cm de cola, aínda que os machos son lixeiramente maiores ca as femias, e pesan entre 32 e 46 Kg os machos e entre 28 e 38 Kg as femias. O lobo é un carnívoro social que vive en mandas xerarquizadas, que se compoñen dunha parella reprodutora e as súas crías de varios anos. As mandas ocupan territorios de entre 100 e 500 Km 2 , que delimitan mediante unha marcaxe olfactiva (excrementos e ouriños) e ouveando, en que viven entre cinco e dez exemplares. Adoita ser nocturno para evitar o contacto co home, é moi adaptable, ten unha gran capacidade de colonización e o celo prodúcese entre xaneiro e abril. É esencialmente...
-
-
Figura que se distingue da do zorro polo feito de que leva o rabo erguido. Xeralmente represéntase pasante ou correndo. Tamén adoita aparecer espelicado e pintado de goles.
-
lobo cerval
Animal fabuloso con cabeza de lince posto de cara coas orellas dereitas, corpo de panteira e manchas e cola de gato de cor escura.
-
-
Gancho de ferro que se emprega polos sitiados para defenderse dos ataques con arietes.
-
coiote.
-
Mamífero carnívoro que mide entre 145-200 cm de lonxitude e pesa ata 100 Kg, sendo as femias de menor peso ca os machos. A pel é gris, castaña ou amarelada, salpicada por pequenas manchas. A cabeza é grande e redondeada, o fociño curto e ten as extremidades adaptadas á vida acuática, onde se desenvolve mellor ca terra, e polo que se despraza impulsándose coas extremidades anteriores. Aliméntase principalmente de peixes, dalgúns cefalópodos e crustráceos, e habita nas costas do Atlántico e do Pacífico N. En Europa está distribuído desde as costas de Portugal ata Islandia, ocupa zonas de augas pouco profundas e pode chegar a remontar algún río. Na Península ibérica, é a segunda especie con máis rexistros despois da foca cinsenta (Halichoerus gripus), procedendo estes principalmente das costas galegas e portuguesas. O seu principal depredador é o home, que o captura polo interese da súa pel, e porque comen peixes de importancia comercial, como o salmón.
-
Mamífero marsupial de 1-1,5 m de lonxitude, e 60 cm de cola, ríxida e rematada en punta. Ten un aspecto similar ao lobo pequeno, pero co corpo menos alongado, as patas máis curtas e o pelo pardo e curto con bandas negras no lombo. O último exemplar vivo é de 1933, polo que se cre que está extinto. Habitaba en Tasmania e a súa extinción puido deberse á competencia cos dingos e os cans, porque foi cazado por pastores de ovellas para evitar que mataran o seu gando ou tamén puido influir a destrución do seu hábitat. Intentouse criar en catividade, pero non se conseguiu.
-
-
-
Acción e efecto de localizar ou localizarse.
-
Factor que expresa a relación de calquera feito xeográfico con outros, en función da súa situación no espacio. Expresa as condicións que presenta calquera emprazamento respecto ás funcións que se cumpren. Fai referencia ás condicións que determinan a elección dun lugar e non doutro, para establecer un cultivo, unha industria ou unha cidade. Inicialmente as condicións adoitan ser favorables, pero os cambios económicos, a multiplicación das relacións e os cambios sociais poden chegar a anular estas vantaxes, e mesmo, obrigar a loitar contra os inconvenientes dunha mesma localización. Feito eminentemente xeográfico, enmarcou tradicionalmente todos os estudios de xeografía como primeiro factor, considerado ás veces determinante. A introdución do librecambismo e o crecemento do valor do solo, sen embargo, fixeron que os economistas se interesasen no seu estudio, e chegaron a elaborar unha teoría da localización. Os seus precedentes sitúanse nos estudios de localización na agricultura de Von...
-
-
-
Tipo de imprenta en que se fundían dúas ou máis letras para simplificar a composición.
-
Símbolo gráfico que serve de emblema a unha empresa, marca comercial, organización ou campaña publicitaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado preto de Azpeitia, destinado a centro de estudo e formación dos xesuítas. Edificouse sobre o antigo castelo de Loiola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Bos Aires a partir de 1959 baixo o subtítulo “Movimento Galego de Liberdade Nacional”. De tendencia nacionalista e escrito en galego, defendeu a necesidade dunha acción política encamiñada a facer desaparecer o réxime franquista, para poder construír o Estado Galego e acadar o pleno desenvolvemento xeográfico, histórico e económico de Galicia.
-
-
Nome dado aos mamíferos da familia dos mustélidos que pertencen aos xéneros Lutra, Pteronura, Aonyx e Enhydra, caracterizados por ter un tronco longo e flexible e unha cabeza esmagada e ancha. As patas son pequenas, con cinco dedas unidas por unha membrana, e o pelo é denso e curto.
-
Mamífero carnívoro de tamaño medio (71-75 cm de corpo e 45-49 cm de cola), corpo alongado e extremidades curtas, sendo os machos de maior tamaño cás femias. A cabeza é ancha e aplanada cos ollos, oídos e orificios nasais desprazados cara á parte superior. O rabo é ancho e aplanado pola base, e aguzado no extremo. Posúe cinco dedas xunguidas por unha membrana interdixital. A pelaxe é castaña ou parda cunha mancha máis clara na gorxa e na parte superior do peito. O fociño posúe vibrisas longas, como a boca, o queixo, os ollos e os antebrazos. É solitaria, excepto durante os apareamentos e a época de crianza. Consome presas que atopa na auga ou preto dela (peixes, mamíferos, anfibios, aves, réptiles e unha porcentaxe moi pequena de insectos e crustáceos). Habita nas ribeiras dos ríos de caudal mediano ou grande, con bosque de ribeira mesto, e nos encoros. En Galicia existen poboacións que pescan no mar, aínda que necesitan auga doce para limpar a súa pel. Aparece no esteiro de Anllóns, no...
-
Mamífero da orde dos carnívoros que acada aproximadamente 1,20 m de lonxitude. O pelame, negro con reflexos arxénteos, é moi apreciado en peletería. Habita nas augas costeiras do Pacífico Setentrional.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disco fonográfico de longa duración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s I) Mártir. De orixe isáurica, identificouse co soldado ou centurión romano que atravesou coa lanza o costado de Xesús Cristo crucificado. Represéntase co uniforme militar romano ou vestido de cabaleiro medieval, a pé ou a cabalo, e leva como atributo unha lanza. A súa festividade celébrase o 15 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obradoiro tipográfico de Santiago de Compostela. En 1813 imprimíronse os quince primeiros números do xornal de tendencia absolutista Estafeta de Santiago.