"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

      1. Procedemento de ensaio non destrutivo que permite analizar por transparencia os corpos opacos á luz visible. A causa do seu elevado custo, a súa utilización está moito menos estendida ca a gammagrafía ou a radiografía.

      2. Imaxe que se imprime polo procedemento neutronográfico nunha placa sensible.

    1. Radiografía que se realiza mediante un feixe de neutróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estilo musical de tipo basicamente instrumental que apareceu en EE UU na metade da década de 1980. O termo foi creado pola revista Billboard para definir un tipo de música que se facía nesta época. Caracterízase pola creación dunha atmosfera de introversión e pracer a través das melodías pausadas e da sinxeleza da música. Algúns dos intérpretes máis destacados son Ravi Shankar, P. Winter, Art of Noise, Nightnoise e Enya.

    2. Conxunto de movementos espirituais e relixiosos que xurdiron na década de 1970 en Europa entre persoas de clase media e alta que, ante a crise de supervivencia que ameazaba a humanidade, practicaron e espallaron unha nova consciencia sobre Deus, o home e o mundo. Presente en ámbitos como a música, o cine, as terapias ou o retiro espiritual, estendeuse especialmente en EE UU e nas grandes cidades alemás por medio de grupos antroposóficos e teosóficos. Os teóricos máis coñecidos do movemento son Fritjof Capra e Marilyn Ferguson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de teorías sobre crítica literaria que xurdiron en EE UU despois da Primeira Guerra Mundial. Consideraban que a análise da obra literaria debía ser interpretada á marxe do contexto histórico, social ou biográfico, ao partir da idea de que a linguaxe poética é un discurso con características propias. O ideólogo e fundador foi T. S. Eliot e dos seus representantes destacaron W. Empson, A. Tate e J. Crowe Ransom, quen, coa súa obra The New Cristicism (1924), deu nome ao movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do NL de EE UU, fronteirizo con Canadá e situado entre o Océano Atlántico ao L e os lagos Erie e Ontario ao O (127.190 km2; 18.976.457 h [2000]). A súa capital é Albany. Esténdese sobre dúas chairas divididas pola depresión do Hudson-Mohawk, no N atópase o macizo de Adirondack (1.629 m no monte Marcy) e no S a prolongación da chaira apalachense, coas montañas Castkill. O clima é frío e húmido. O río máis importante é o Hudson, co seu afluente, o Mohawk. A poboación, que se agrupa preferentemente no val do Hudson e na ribeira do lago Ontario, é principalmente urbana (85%), e o 70% do total atópase nas áreas de Nova York, Albany e Buffalo. Destacan as numerosas explotacións agropecuarias, cunha importante obtención de produtos lácteos. Os cultivos máis importantes son as froitas (mazás), verduras, patacas e trigo. Posúe depósitos petrolíferos e de gas natural. As industrias máis importantes son a alimentaria, a téxtil, a de confección, a de maquinaria eléctrica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer o niño as aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome proposto polos científicos rusos para designar o elemento que actualmente, e de acordo coa IUPAC, se denomina dubnio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente que se produce pola interacción do océano e a atmosfera, que se dá no Pacífico ecuatorial cada certos anos e que se caracteriza principalmente por presentar condicións da temperatura do mar máis frías do normal nunha extensa área, entre as costas de Sudamérica e Oceanía. Foron de especial intensidade catastrófica as correntes dos anos 1904-1905, 1908-1909, 1910-1911, 1916-1917, 1938-1939, 1950-1951, 1955-1956, 1973-1974, 1975-1976 e 1988-1989.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente que se produce pola introdución de auga anormalmente quente e que se inicia no Pacífico tropical e inhibe o ascenso á superficie das augas frías e altera a distribución da precipitación. Produce un quentamento da masa de auga superficial, unha redución da salinidade e unha carencia de nutrientes, o que provoca un gran descenso dos caladoiros. Ademais, provoca o aumento da evaporación, dando orixe a chuvias torrenciais e inundacións nas costas americanas, mentres que en Australia e África ecuatorial se reducen as precipitacións. Isto provoca unha gran perda económica, tanto polo descenso da pesca como polas inundacións. O fenómeno comeza ao inicio do verán austral (en Nadal, de aí o seu nome) e é de frecuencia irregular no tempo, podendo repetirse cada 2 e 7 anos. Foron de especial intensidade catastrófica as correntes dos anos 1912-1913, 1923-1925, 1964-1966, 1982-1984 e 1993-1994. A flutuación na presión do aire, e o vento do Pacífico meridional, fan que o fenómeno se coñeza como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que resulta da substitución dalgún átomo de hidróxeno dun anel bencénico por grupos nitro que se emprega na síntese dos colorantes e de reveladores fotográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Noticiario cinematográfico semanal producido no estado español. Creado por orde de 17 de decembro de 1942, era editado polo Ministerio de Información y Turismo. Foi de exhibición obrigada en todas as salas de proxección ata 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento radioactivo transuránico, de número atómico 102 e peso atómico 259,10. Foi descuberto e identificado en 1957 por un grupo de científicos do Argonne National Laboratory de Harwell. Ademais, o Instituto Nobel de Física de Estocolmo anunciou a identificación do elemento 102 como resultado das investigacións feitas nesta institución. Este isótopo foi obtido por bombardeo do 244Cm por ións 13C producidos nun ciclotrón, e desintegrouse por emisión de partículas α de 8 MeV. O isótopo ten unha semivida de 10 minutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que posúe unhas calidades morais que o definen como unha persoa íntegra que actúa segundo os principios da honradez, a honestidade e a distinción.

      2. Que é propio da persoa ou o animal nobre.

      1. Que ou quen por nacenza ou graza do soberano, pertence a unha clase social considerada distinta dos simples cidadáns e que goza de preeminencias hereditarias.

      2. Membro da nobreza.

      3. Tratamento honorífico que se lles dá aos magnates, baróns ou títulos, e aos seus fillos e descendentes e, en xeral, a todos os que gozaban de privilexio de nobre.

      4. Membro da nobreza non titulada, a partir da fin do s XIV, nunha situación intermedia entre os magnates ou baróns e os cabaleiros. Denomináronse tamén, na Idade Moderna, dons.

    1. Que é superior aos outros membros da súa mesma clase ou especie polas súas calidades excepcionais.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de nobre.

    2. Estrato social máis alto da sociedade durante o Antigo Réxime. Os seus membros gozaban de certos privilexios por dereito hereditario (nobreza de sangue ou de natureza), por concesión do soberano (nobreza de privilexio) ou polo exercicio de determinados cargos públicos (nobreza civil ou de cargo). Na Baixa Idade Media, tivo un marcado carácter señorial, estreitamente vinculado á terra, sen cuxa posesión  non era posible a condición de nobre. En xeral, durante a época de expansión territorial, desde o s XIII ao XVI, estiveron fielmente ao servizo da monarquía e ocuparon os altos cargos nas empresas militares, ás que axudaron tamén economicamente. A partir do s XV o seu número aumentou considerablemente por privilexio real, pero a súa importancia política minguou. Gozaban de certos privilexios. Estaban suxeitos só á xurisdición do rei, non estaban obrigados a seguir ao exército real fóra do territorio do seu domicilio, os seus bens non podían se alleados por débedas, e non podían ser encarcerados...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Intervalo de tempo que transcorre entre a fin do crepúsculo vespertino e o comezo do crepúsculo matutino. A noite vese, na tradición mitolóxica e relixiosa de moitos pobos e culturas, baixo un aspecto benéfico, de repouso, e ao mesmo tempo baixo un aspecto maléfico, como propia dos espíritos malignos. Para moitas cosmogonías a noite e as tebras son a orixe de todas as cousas. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que cea e se vai deitar, mala noite quere pasar. Polo San Matías, igualan as noites e os días. Pola Santa Lucía tan longa é a noite como longo é o día. Non hai día sen noite nin noite sen día. De noite todos os gatos son pardos”.

    2. Escuridade que vai desde o solpor ata o amencer.

    3. Escuridade, tristeza ou confusión.

    4. Fórmula que se emprega para saudar durante a noite ou cando alguén vai para a cama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento en que se relacionan os nomes ou denominacións de todas e cada unha das agrupacións de poboación no espazo, clasificados segundo as súas características administrativas e a modalidade das súas construcións. Esta fonte concibiuse inicialmente como independente do censo, aínda que a comezos do s XX pasou a ser unha parte máis. A diferenza fundamental co censo é que este ten un carácter esencialmente demográfico, mentres que o nomenclátor é basicamente espacial ao referirse á distribución da poboación no territorio, determinando as entidades da poboación do concello, o número de edificios e albergues, en función do número de andares, e se están habitados ou non. O seu antecedente directo é o Censo de Floridablanca (1787), en que existían referencias á distribución da poboación española e ás características do seu poboamento. O primeiro nomenclátor moderno publicouse en 1858, froito do censo de 1857, e nel recollíanse 48.200 entidades de poboación, organizadas por provincias, partidos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto ou sistema de nomes que se empregan nunha rama da ciencia ou da arte.

      1. Conxunto de regras, de principios e de normas que se empregan para designar os diferentes taxons.

      2. nomenclatura binaria/binomial

        Método sistemático, establecido por Linné, para designar os xéneros e as especies e segundo o que cada ser ten un nome para o xénero, latino ou latinizado, escrito en cursiva e en maiúscula; e un nome para a especie, tamén latino ou latinizado, que recorda algunha característica da especie ou ben é o nome da persoa que descubriu a especie, un nome xeográfico ou un nome composto, escrito en cursiva e en minúscula.

    2. Conxunto de regras mediante as que se lles pode asignar un nome unívoco a calquera substancia simple ou composta. Durante moito tempo os químicos optaron por designar os elementos mediante nomes ou símbolos que facían referencia ás súas historias. O primeiro intento sistematizador foi a obra Méthode de nomenclature chimique (1787), de Guyton de Morveau, Lavoisier, Berthollet e Fourcroy, que establecía unha nomenclatura dual en que cada composto era designado por un nome xenérico, que definía a categoría á que pertencía, seguido dun adxectivo ou un complemento que o identificaba. Cando se coñeceu mellor a estrutura dos radicais podían formarse nomes funcionais certamente sistemáticos, o que deu lugar á denominada nomenclatura rádico-funcional, que aínda se emprega. O gran desenvolvemento experimentado pola química orgánica durante todo o s XIX e as limitacións inherentes ao sistema de nomenclatura rádico-funcional revelaron a necesidade de desenvolver un tipo sistemático...

    3. Lista que aparece cos planos dunha máquina, onde se dan indicacións sobre as pezas e a súa montaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á nomografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gráfico dunha lei.

    2. Gráfico ou abaco que consiste en tres ou máis liñas rectas, ás veces curvas, habitualmente paralelas e graduadas cada unha por unha variable de maneira que, ao curtar as tres liñas cunha recta ortogonal, se obteñen os valores relativos das tres variables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por Ramón de Valenzuela en Bos Aires en 1957. Editada no exilio na editorial Citania e dentro da colección “Mestre Mateo”, foi a primeira novela do autor e a primeira obra galega que analiza a contenda da Guerra Civil Española. Ademais da súa importancia como documento histórico, cómpre salientar tamén algúns aspectos autobiográficos que constitúen a base sobre a que se asenta esta historia. Nela cóntanse as historias vividas polo seu personaxe principal, Gonzalo Ozores, de ideoloxía nacionalista e identificado co propio autor, que foxe polas terras do Deza ata que se alista no exército franquista e actúa como espía para os republicanos. Novela de ideoloxía marxista, cómpre destacar a súa defensa do galeguismo e a conciencia de clase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ámbito de entendemento, nalgúns sistemas filosóficos, xeralmente de carácter cosmolóxico, entendido como a unidade suprapersoal e imaxinada a miúdo como unha entidade real e viva.

    VER O DETALLE DO TERMO