"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • ía marítima que une o Océano Atlántico co Pacífico percorrendo as costas setentrionais de Siberia e que atravesa o estreito de Bering. O primeiro que o explorou con éxito foi o sueco N. A. E. Nordenskiöld, que en 1875 chegou ata a desembocadura do Ienisei e en 1878-1879 fixo o percorrido de toda a ruta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1913. Subtitulada “Revista decenal. Órgano de los alumnos de la Escuela Normal Superior de Maestros de Santiago”, dirixiuna Francisco Vales Villamarín e editouse nos obradoiros tipográficos de El Eco de Santiago. Publicou un folletón do director da Escola Normal de Santiago de Compostela, Vicente Fraiz Andón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de normalizar ou normalizarse.

    2. Cambio de escala que fai que unha suma ou unha integral teña un valor unidade. A normalización acádase, xeralmente, mediante o axuste dunha conta arbitraria.

    3. Determinación e aplicación de normas nas características dun obxecto ou dun produto industrial ou na súa elaboración ou fabricación. A normalización dos procesos industriais permite aumentar a produtividade e reducir os custos, mellorar a calidade e aumentar a seguridade.

    4. Proceso sociocultural polo que unha lingua se adapta a unha regulación ortográfica, léxica e gramatical. A normalización ou planificación do status supón a elaboración dunhas regras para codificar e modelar un idioma, elaborando unha variedade supradialectal que sexa capaz de ampliar as funcións da lingua para acceder a ámbitos de uso lingüístico ata ese momento reservados a outra lingua. A normalización está destinada, pois, a situar unha lingua respecto doutras no mesmo plano, a abolir unha situación diglósica. É o traballo previo á planificación do corpus, ou normativización no proceso de planificación lingüística. No caso do galego, a de Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983, significou a creación dun marco que garante e regula o proceso normalizador. A normalización do uso do galego comporta unha serie de actuacións que se foron producindo paulatinamente, como son a oficialización da lingua, a súa extensión ao ensino, á administración autonómica, aos medios de comunicación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Normandie, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Normandie.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo normando ou á súa lingua.

      2.   Individuo do pobo normando.

      3. Grupo de pobos procedentes dos países escandinavos que se estenderon por toda Europa desde o s VIII, ao comezo en expedicións guerreiras periódicas e que sucesivamente se foron tornando sedentarios. Navegantes e aventureiros impulsados polo afán de riqueza e polo aumento de poboación, comezaron atacando as costas e subiron polos ríos cara ás terras interiores, saqueando e destruíndo poboacións e facendo asentamentos temporais. Dos diversos grupos étnicos da poboación normanda, os varegos, desde Suecia, entraron cara ao SL e foron o núcleo do futuro Imperio Ruso; os noruegueses encamiñáronse ao N de Escocia, fundaron un reino en Irlanda (820) e pasaron por Islandia e Groenlandia, ata América do Norte; os daneses, desde o Reino de Dinamarca, atacaron o Imperio Carolinxio e as terras anglosaxoas polo L. Rodearon a Península Ibérica loitando en Galicia cos cristiáns e en Portugal e Andalucía cos sarracenos, e chegaron a Provenza e á costa de l’Empordá. En Inglaterra ocuparon Canterbury e Londres...

    1. ariedade da lingua de oïl. Estendido polo NO de Francia, na época da conquista normanda de Inglaterra (s XI) foi levada á illa, onde adoptou a denominación de anglonormando.

    2. Arte desenvolvida en Normandie e en Inglaterra nos ss XI e XII a consecuencia das invasións normandas do s X. Son características as igrexas con ábsidas de tipo beneditino, torres na fachada e unha lanterna de diferentes pisos no cruceiro, con grandes espazos interiores, arcadas nas naves, tribunas e triforios, arcos de medio punto e volta de aresta nas naves laterais. Destaca a cripta de Rouen (1063), Saint-Étienne (1077), Saint-Nicolas de Caen e a Trinité de Fécamp (1099). As decoracións foron de liñas xeométricas e motivos de forma fantástica ata a fin do s XII, cando por influencia do gótico desenvolvéronse figuras vivas e alongadas. As artes decorativas afirmáronse no s XII cos escritorios monacais. Os centros máis representativos foron Mont-Saint-Michel e Bayeux, e posteriormente Durham, en Inglaterra, onde se constituíu o estilo anglonormando, que estableceu os caracteres peculiares da arquitectura inglesa medieval.

    3. Aplícase ao carácter tipográfico que pertence á familia do romano (romano moderno) e que se caracteriza por un gran contraste de grosor entre os trazos grosos e os finos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de normas ortográficas e morfolóxicas que rexen a norma escrita do galego. O modelo lingüístico que propoñen está baseado na lingua viva, ten como referente as distintas variantes dialectais para conseguir unha variante supradialectal, conxuga a tradición escrita e harmonízaa coas demais linguas romances, en especial co portugués. O texto foi aprobado nunha sesión conxunta da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega o 3 de xullo de 1982. Foi revisado, actualizado e ampliado coa aprobación do Consello Científico do Instituto da Lingua   Galega o 11 de novembro de 1994 e da Real Academia Galega, en sesión extraordinaria, o 25 de febreiro de 1995. O 12 de xullo de 2003, en sesión plenaria, a Real Academia Galega aprobou unha nova revisión e ampliación do texto normativo, na busca da concordia lingüística con outras propostas normativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Lugo a partir de 1901. Dirixido por Xoán Manuel Pardo, tratouse dun xornal político e de información que incluíu notas locais. Editouse nos obradoiros tipográficos do propio xornal, dirixidos polo irmán do director, Antonio Pardo. En 1915 estaba na súa segunda época.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Noruega, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Noruega.

    3. Lingua nórdica do phylum indoeuropeo que se fala en Noruega. Está dividida en dúas variedades: o bokmål (antes riksmål), falado polo 75% da poboación, e o nynorsk (antes landsmål), falado polo 25% restante. Son oficiais desde 1907. Esta duplicidade é froito dunha dobre corrente restauradora iniciada a comezos do s XIX, despois da separación de Dinamarca. O bokmål tomou por base a fala das zonas urbanas do SL e da clase dirixente. A obra depuradora fíxose coa integración progresiva de elementos locais e cun conxunto de reformas, cada vez máis intensas (1907, 1917, 1938) e cada vez máis encamiñadas a reducir as distancias respecto do nynorsk. Esta lingua, impulsada sobre todo cos traballos de Ivar Aasen, é o resultado dunha aspiración de reconstruír o antigo noruegués, a partir dos falares occidentais e centrais. As diferenzas básicas entre as dúas están nunha base ditongal no nynorsk e monotongal no bokmål,...

    4. Arte desenvolvida en Noruega. Consérvanse do período viquingo (800-1050) barcos e restos dalgún templo como o de Urnes, en Sogn. Coa cristianización penetrou o románico, presente na catedral de Drontheim, realizada no s XII e ampliada en estilo gótico no s XIII. As stavkirken, igrexas de madeira con elementos da tradición viquinga son mostras de arte orixinal do país. Destacan as de Gol, Fantoft e Borgund (1150?). Do s XIV ao XVIII, viviuse unha época de decadencia cultural, aínda que sobresaíu o escultor Anders Smith (s XVII). Durante o rexurdimento noruegués destacaron J. C. Dahl (1788-1857) e Christian Krogh (1852-1925). A viraxe cara á tradición autóctona representouna o pintor Gerhard Munthe (1849-1929). A gran xeración que situou ao país a escala internacional foi a de Eduard Munch (1863-1944) e do escultor Gustav Vigeland (1869-1943). O muralista Per Krohg (1889-1965) tamén obtivo renome en París. Erling Enger (1899-1990), recolleu a influencia fauvista, mentres que Ragnar...

    5. Cine desenvolvido en Noruega. Antes da Segunda Guerra Mundial os filmes noruegueses máis destacados foron dirixidos por realizadores daneses, como Carl Th. Dreyer e George Schennevoigt. Cando acabou a guerra filmáronse unha serie de películas inspiradas nas accións da resistencia contra os alemáns, das que destacan Vi vil leve (1946) de Olaf Degar, e Kampen om tungtvannet (1948) de Titus Vibe Müller. Durante a década de 1960 xurdiron autores como Pal Lökkeberg con Liv (Vivir, 1967), Knut Andersen e Anja Breien con Vokse opp (Medrar, 1967) ou Voldtekt-Til-fellet Anders (O caso Anders, 1970). As subvencións estatais e uns estritos controis de calidade caracterizaron o cine noruegués da década de 1980. Consolidáronse directoras como Vibekke Lokkeberg, con Lopperjenten (1982)  e Anja Breien, con Hustruer ti ar Etter (1985) e Hud (1987). Nestes últimos anos, a influencia da literatura no cine é cada vez maior. Da nova xeración...

    6. Literatura cultivada en noruegués. Nacida especificamente como tal no s XIX, inicialmente só se diferenza da produción islandesa primitiva pola súa orixe xeográfica, cos eddas (ou épica) e os escaldos (ou lírica). A Baixa Idade Media presenta un corpus notable en latín, tanto xurídico e litúrxico coma histórico. No s XIII apareceu Konungsskuggjá (‘O espello do rei’), de xénero histórico, e Draumkvxde (‘Balada do soño’), poema lírico e visionario. A comezos do s XIV iniciouse, ata o Éxodo, a tradución da Biblia. A unión con Dinamarca (1387) motivou que escribisen en danés notables figuras norueguesas dos ss XVII e XVIII, como P. Dass, L. Holberg e J. Wessel. A súa posterior separación permitiu o inicio dunha literatura nacional diferenciada en riksmål (bokmål ) e landsmål, unha distinción lingüística que non marca diferenzas nacionais nin temáticas ou estilísticas. J. Wergerland foi o precursor do romanticismo. No s XIX tivo...

    7. Arte musical cultivada en Noruega. O canto plano foi introducido co cristianismo, cara ao ano 1000. O repertorio da igrexa reformada está contido no Salmebog (Libro dos salmos, 1569), de H. Thomisson, e o Gradual (1573), de N. Jespersen. A comezos do s XIX o interese pola música popular axudou ao rexurdimento musical. A maioría dos compositores deste século pertenceron ao movemento romántico vinculado a Alemaña, como Rikard Nordraak (1842-1866) e Edvard Grieg (1843-1907). Dos músicos posteriores destacaron J. Halvorsen (1864-1935) e C. Sinding (1856-1941). A partir de 1930 creceu o interese pola Noruega medieval, o que se converteu nunha tendencia na creación musical. Neste ámbito cómpre salientar D. M. Johansen (1888-1970) e Geirr Tveitt (1908-1981). Fartein Valen (1887-1952) foi o máximo expoñente da corrente internacionalista do período de entreguerras. Na década de 1960 chegou a música experimental e de vangarda, onde destacou Ande Nordheim (1931). O posmodernismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronome persoal tónico de primeira persoa do plural que funciona como suxeito ou complemento con preposición. OBS: Nosoutros posúe un significado máis específico ca nós. A primeira forma delimita un grupo concreto e exclúe as persoas que non pertencen a el, a segunda non marca esa fronteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo intelectual e ideolóxico que se formou en Ourense ao redor de 1920 e que supuxo un avance definitivo na cultura e na lingua galegas en diversos ámbitos e xéneros. Constituído por Florentino López-Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Afonso R. Castelao, e tomando como base o Cenáculo Ourensán, todos eles tiñan en común a pertenza a unha mesma idade xeracional e a súa formación universitaria, que os levou a impulsar outro dos feitos culturais máis destacados do s XX en Galicia, a fundación do Seminario de Estudos Galegos en 1923. A eles sumáronse outros intelectuais que tamén participaron, aínda que cun protagonismo diferente, como Arturo Noguerol e Primitivo Rodríguez Sanjurjo. Ademais da revista Nós, creada en 1920, e que se identifica plenamente co grupo, tres obras esenciais contribúen a definir este proxecto cultural: o artigo publicado por Florentino L. Cuevillas en Nós e titulado “Dos nosos tempos” (1920), o ensaio “Nós, os inadaptados” (1933), publicado tamén...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Ourense a partir do 30 de outubro de 1920. Cesou en xullo de 1936, co inicio da Guerra Civil Española. Subtitulada “Boletín mensual da cultura galega”, funcionou como órgano de expresión do grupo Nós e supuxo un fito para o desenvolvemento da cultura galega desde o punto de vista nacionalista ao tempo que aberto a Europa. Fundada por Vicente Risco e Arturo Noguerol, que ocuparon os cargos de director e administrador, respectivamente, recolleu a experiencia da súa predecesora, La Centuria (1917-1918), creada tamén por V. Risco. Xunto con el estiveron Xulio Gallego, como secretario; Xabier Prado Lameiro, redactor xefe; e Castelao, director artístico; e como redactores Losada Diéguez, R. Cabanillas e González Salgado. Na lista de colaboradores figuraron case todos os integrantes das Irmandades da Fala, como A. Noriega Varela, R. Cabanillas ou Lugrís Freire, e intelectuais portugueses como Teixeira de Pascoaes, Leonardo Coimbra ou Alexandre Córdova. De...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Ourense e Braga a partir dos meses de xaneiro e abril de 1986. Subtitulouse “Boletim filológico informativo da Comissão para a integração da língua da Galiza no acordo ortográfico luso-brasileiro” e “Revista internacional galaicoportuguesa de cultura”. Coordinada polo presidente das Irmandades da Fala de Galiza e Portugal, J. L. Fontenla, contou coa dirección de destacados filólogos e investigadores, como Isaac Alonso Estravís, Monteiro Santalha, A. Figueroa Panisse e Filipe S. Lopes. Incluíu artigos dedicados ao ensaio, a literatura, a lingüística, o ensino, a xeografía, a ecoloxía, a política e a creación literaria. Ademais incorporou documentos, unha sección de crítica e noticias relacionadas co mundo da filoloxía. Está considerada como unha das publicacións de referencia no mundo da lusofonía, no apartado da reintegración e aproximación da lingua galega á portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obradoiro tipográfico fundado na Coruña en 1927 por Ánxel Casal. Pechou en 1936. Tivo como predecesora á editorial Lar, creada polo propio Á. Casal e Leandro Carré. Funcionou como editorial para as Irmandades da Fala e como difusora da cultura galega. Desde a súa fundación imprimiu as publicacións Nós, A Nosa Terra, os Arquivos do Seminario de Estudos Galegos e os xornais El Momento, de curta duración e dirixido por Villar Ponte, o semanario Ser, Máis!, Universitario e Resol, ademais de numerosos libros e folletos de carácter galeguista. En 1931 trasladouse a Santiago de Compostela, onde permaneceu ata 1936. O grupo Ultreya, presidido por Álvaro de las Casas, xestouse na editorial e con ela colaborou na difusión das súas obras. Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, R. Cabanillas e Villar Ponte, e os membros do grupo Nós foron algúns dos autores vinculados a esta iniciativa, que empregaron a editorial como centro de xuntanzas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Monforte de Lemos, fundada en 1591 polo cardeal Rodrigo Fernández de Castro. O proxecto inicial foi obra do xesuíta Andrés Ruiz xunto con Veremundo Resta, pero desde 1593 dirixiu a súa construción Juan de Tolosa que modificou os planos iniciais. Este formouse con Juan de Herrera no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, o que explica a similitude entre ambas as dúas obras. Desde 1602 ata 1622, data de remate do complexo arquitectónico, dirixiu as obras Simón de Monasterio, autor das torres e do claustro. Trátase dunha construción monumental que se artella arredor da igrexa que ocupa o eixe central, e aos seus lados sitúanse as dúas ás edificadas, cada unha co seu patio. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, á que se abren catro capelas intercomunicadas por cada lado, que simulan naves laterais. As pilastras teñen o fuste estriado e sosteñen unha cornixa voada da que sae a bóveda de canón con casetóns que cobre a nave. No cruceiro a cúpula...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinal ou marca escrita que se pon sobre algunha cousa para distinguila.

      1. Indicación que se pon nun documento como aclaración, explicación ou comentario para advertir o lector que consulte a anotación correspondente que, encabezada por un signo idéntico, atopará á marxe, ao pé da páxina ou á fin da obra ou de cada unha das súas divisións.

      2. nota marxinal

        Nota escrita ou impresa nas marxes laterais dun libro.

    2. Breve comunicación escrita.

    3. Anotación esquemática daquilo que se le, escoita ou observa.

      1. Cualificación que se dá por un exame ou avaliación.

      2. Cualificación alta nun examen ou avaliación.

    4. Factura global ou detallada de gastos.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir de 1877. Cesou en 1885. Antonio de la Fuente foi o fundador e director desta publicación de tendencia liberal aparecida baixo os subtítulos “Diario liberal independiente” e “Diario de la mañana”. Incluíu unha crónica local, noticias rexionais e do estranxeiro, numerosos anuncios publicitarios e abundante información política. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de M. Roel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Pontevedra a partir de 1 de agosto de 1891. Cesou en 1892 (nº 10). Apareceu co subtítulo “Revista de los Ayuntamientos, Juntas locales de todos los ramos y Maestros de instrución primaria”. Editada nos obradoiros tipográficos de Luís Carragal Puga, en Pontevedra, o seu fundador, director e propietario foi Xosé López Pérez. Publicada os días 10 e 15 de cada mes, incluíu información sobre as disposicións lexislativas de interese para os mestres así como artigos relacionados cos concellos ou coa escola pública. En 1892 pasou a denominarse El Noticiero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Pontevedra a partir do 1 de xaneiro de 1892. Baixo o subtítulo “Periódico independiente útil a los ayuntamientos y maestros de primera enseñanza”, foi dirixido polo seu propietario, Xosé López Pérez, e substituíu a El Noticiero Administrativo, seguindo a súa numeración cunha periodicidade bimensual. Incluíu disposicións lexislativas. En 1895 foi substituído polo Noticiero de Instrución Pública, ao que supliu de novo a partir de xullo de 1895 baixo o subtítulo “Semanario destinado a fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio”. Impreso nos obradoiros tipográficos de Rogelio Quintáns, pasou a ser semanal. En agosto dese ano comezou a publicar o suplemento Revista Pedagógica y Literaria, dirixida por Xosé López Otero. En febreiro de 1896 cambiou a súa cabeceira por El Noticiero Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer saber algunha cousa a alguén, darlle coñecemento ou noticia.

    2. Comunicar formalmente ao seu destinatario unha resolución administrativa ou xudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento cinematográfico francés que naceu en 1958 como reacción ao cine dese momento, eminentemente literario. Ao principio foi só unha actitude crítica, manifestada mediante a revista Cahiers du Cinéma, pero rapidamente se consolidou, tal e como se manifestou en 1959 en Cannes cando Marcel Camus obtivo o premio á mellor película por Orfeu Negro e François Truffaut recibiu o de mellor realizador por Les quatrecents coups. Os realizadores desta corrente crearon un cine de autor provocativo, caracterizado polo simbolismo e a abstracción, cun naturalismo expresivo máis afastado da comercialidade e que procuraba a rodaxe en espazos exteriores. Impulsaron este movemento o crítico cinematográfico André Bazin e os realizadores Louis Malle, François Truffaut, Jean-Luc Godard, Alain Resnais, Claude Chabrol, Eric Rohmer, Jean Pierre Melville, Alexandre Astruc, Jacques Démy, Agnès Varda ou Pierre Kast. A finais da década de 1960, o movemento disgregouse por mor da súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación que naceu en 1983 baixo o influxo do proceso de constitución dos Movementos de Renovación Pedagóxica (MRP). A partir dunha iniciativa do Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega (MCEPG), diversos colectivos de ensinantes debateron a conveniencia de crear unha asociación pedagóxica que refundira desde as perspectivas de construción dunha escola pública, galega e democrática, o mellor das experiencias e achegas nacidas no conxunto do movemento galego de renovación pedagóxica, e abrira novas perspectivas para a renovación e galeguización educativa. Así procedeuse, en xuño de 1983, á celebración en Santiago de Compostela da asemblea fundacional da Nova Escola Galega. Apoiaron, entre outros, esta creación os colectivos MCEPG, Albe, Avantar, Escola Aberta, Xilbarbeira, Lubricán, Escola Dramática Galega e Preescolar na Casa. Ademais dos representantes do MCEPG, Mercedes Suárez e Antón Costa, profesores como Antón Rozas, Manolo Fernández, Marilar Aleixandre, Antón Lamapereira,...

    VER O DETALLE DO TERMO