"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Pedrafita situada en Vilalba. De dubidosa datación cronolóxica pola carencia de datos, as súas dimensións aproximadas son 2,5 m de altura e 2,15 m de ancho. Presenta un aspecto antropomórfico e ten toda unha serie de cazoletas na súa superficie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dolmen situado en Carnés (Vimianzo). Sufriu importantes alteracións e está constituído por unha cámara poligonal de cinco lousas, que no seu interior conserva caídos dous dos ortóstatos da cuberta, e por un corredor curto, de aproximadamente 4 m de lonxitude. Moi preto deste monumento identificouse outra mámoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pel ou membrana moi fina.

    2. Capa moi fina que recobre ou se forma nunha superficie.

      1. Material fotográfico, presentado en forma de fita ou folla, constituído por unha base ou soporte de material flexible, transparente e resistente, recuberto dunha emulsión fotosensible na que se impresionan imaxes fotográficas ou cinematográficas.

      2. Cargador, rodete, bobina ou calquera recipiente que conteña película virxe ou xa impresionada.

      3. película instantánea separable

        Película que se retira da cámara como dúas láminas separables, que proporciona unha imaxe positiva e outra negativa.

      4. película luz de día

        Película de cor preparada para o uso durante o día a plena luz e con flash.

      5. película negativa

        Película impresionada e revelada na que os tons escuros e claros son inversos aos da realidade que ten impresionada.

      6. película positiva

        Película impresionada e revelada que foi sometida a unha positivación e que inverte os tons da película negativa restituíndo os da realidade.

      7. película rápida

        Película moi sensible á luz, cun número ISO ou ASA alto. A calidade da imaxe non é tan boa como nas películas lentas.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Negreira 6.3.1924 - Salamanca 15.12.2000) Filólogo. Catedrático de Filoloxía Románica e Galego-portuguesa nas universidades de Oviedo (1957-1962) e Salamanca (1963-2000), foi discípulo de Dámaso Alonso. Como investigador centrou gran parte da súa produción na edición e estudo dos textos de Martín Sarmiento: Colección de voces y frases gallegas (1970), Catálogo de voces y frases de la lengua gallega (1973), Viaje a Galicia (1745) (1975), La educación de la juventud (1984), Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables (1986), Elementos etimológicos según el método Euclides (1998) e Onomástico etimológico de la lengua gallega (1999), aínda que tamén editou e estudou a outros autores do s XVIII como Xoán Sobreira (Papeletas de un dicionario gallego, 1979)). Investigou varios aspectos do galego, tanto medieval coma moderno, sen esquecer outras linguas como o asturiano. Así, profundizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 2 de xaneiro de 1887. Subtitulado “Diario católico-tradicionalista”, substituíu a El Libredón e defendeu a causa carlista. Dirixido por M. Jamardo e posteriormente por Xoán Vázquez e Carlos Adrán, a publicación foi substituída a partir do 2 de xaneiro de 1897 por El Pensamiento Gallego. En 1900 saíu co título de El Pensamiento de Galicia, como continuador dos dous anteriores. Publicou artigos de dereito penal, historia ou relixión, ademais de folletíns, apartado en que se incluíron as novelas A tecedeira de Bonaval e O castelo de Pambre, de A. López Ferreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Alende.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cantidade que se cobra periodicamente do estado ou dunha institución ou organismo, polo feito de prestar un servizo, ou determinada pola morte dun familiar (viuvez ou orfandade) ou por unha diminución física ou psíquica permanente (incapacidade ou invalidez) ou por xubilación.

      2. pensión alimenticia/de alimentos

        Cantidade que por convenio ou por sentenza se lle paga a alguén que, por imposición legal, se lle debe prestar alimentos.

      3. pensión compensatoria/matrimonial

        Cantidade que ten dereito a percibir o cónxuxe ao que a separación ou divorcio produce un desequilibrio económico.

      4. pensión contributiva

        Prestación económica outorgada polo Instituto Nacional de la Seguridad Social. A súa concesión está xeralmente supeditada a unha previa relación xurídica coa seguridade social, sempre que se cumpran certos requisitos esixidos, como un período mínimo de cotización. Divídense en pensións de xubilacion, de incapacidade permanente e de falecemento.

      5. pensión non contributiva

        Prestación de carácter económico, de asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos sociais complementarios, para cidadáns en situación de xubilación, invalidez ou estado de necesidade aínda que non cotizasen suficientemente ao Instituto Nacional de la Seguridad Social para ter dereito a unha pensión contributiva. Divídense en pensión non contributiva de invalidez e de xubilación.

    1. Cantidade que se asigna a alguén para ampliar estudos ou estimular o coñecemento científico, artístico ou literario.

      1. Establecemento público destinado á hospedaxe, de categoría inferior ao hotel.

      2. Casa de hóspedes modesta.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario infantil publicado en Ribadeo a partir de febreiro de 1935. Cesou en xuño dese ano. Promovida pola escola de San Miguel de Reinante, en Barreiros, incluía traballos, debuxos e noticias realizadas polos alumnos das 18 escolas dos concellos próximos, seguindo o espírito da escola nova e os métodos de ensino da Institución Libre de Enseñanza. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Las Riberas del Eo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Pontevedra, dedicada á Virxe Peregrina, patroa da cidade. Foi construída a partir de 1778 por iniciativa de Bernardo José de Mier e seguindo as trazas do arquitecto portugués António Souto. Está vinculada ao Camiño Portugués de Peregrinación a Santiago. Iniciado en estilo barroco, combina formas rococós e neoclásicas, cunha superposición de distintas ordes artísticas na decoración. A planta é circular e adopta a forma de vieira, símbolo do Camiño de Santiago, e dentro dela insírese unha cruz. No seu interior destaca o retablo neoclásico, obra de Melchor de Prado (1789), coa imaxe da Virxe vestida cos elementos característicos dos peregrinos, e a pía de auga bendita, cunha cuncha traída desde o Océano Pacífico polo almirante Casto Méndez Núñez. A fachada principal cúrvase cara a fóra; está precedida por un pequeno adro con escaleiras, pechado con balaústres, e presenta dous corpos separados por cornixas, portada alintelada e tres ocos con arcos en forma de cuncha no segundo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contorno ou liña moi fina que limita a figura de algo ou de alguén.

    2. Aspecto de alguén visto de lado, especialmente da cara.

      1. Contorno dunha figura plana, da proxección dun corpo sobre unha superficie.

      2. Debuxo que representa un corte perpendicular, lonxitudinal ou transversal, dun terreo, dunha construción ou dunha figura.

    3. Adorno que se pon no canto ou no extremo de algo.

    4. Conxunto de trazos e características que definen o carácter ou a condición de algo ou de alguén.

    5. Cada un dos trazos máis finos dunha letra.

      1. Gráfico que representa as fases ou estadios de evolución, no estudo dos vales fluviais.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento que se emprega para facer furados en papel, cartón ou material semellante.

    2. Máquina ou dispositivo para furar as rochas e despuntar e demoler os terreos, mediante o uso de utensilios rotativos (barrenas e sondas rotativas) ou de percusión (sondas de percusión e martelos pneumáticos).

    3. Máquina ou dispositivo que traduce automaticamente só signos gráficos (letras ou cifras) en combinacións de perforacións sobre unha cinta, segundo un código preestablecido, e que pode formar parte dunha máquina de escribir, dun ordenador ou dun teletipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de erosión e tipo de modelado característico das rexións frías da Terra, non recubertas de xeo dun xeito continuo e onde as alternancias de xeo e desxeo son o factor erosivo esencial. O termo foi introducido en 1909 por W. Lozinski para describir o tipo de clima e os trazos morfolóxicos superficiais controlados polo mesmo. Aproximadamente, unha sexta parte da superficie das terras emerxidas están baixo os efectos do periglaciarismo. Durante os períodos de clima frío do Cuaternario, esta superficie foi considerablemente maior, e os sinais do modelado periglacial aínda son perceptibles. O sistema periglacial localízase nos sectores de latitudes moi elevadas e nos sectores de alta montaña. Nas latitudes elevadas hai dous tipos de áreas cubertas de xeo durante longas tempadas cada ano; as áreas de clima polar continental, como ao NL de Siberia, e as áreas de clima polar oceánico, como Islandia. Nas grandes altitudes, o xeo desenvolve un importante papel durante gran...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto doutrinal bastante heteroxéneo propio da escola do Liceo, que fundou Aristóteles e recibiu o nome de ðåñίðáôïò (paseo) polo feito de que moitas leccións dábanse paseando ou quizais, simplemente, nunha galería. A tónica dominante dos primeiros peripatéticos foi o desenvolvemento do empirismo aristotélico e a investigación científico-positiva. Destacaron Teofrasto, Aristoxeno, Dicearco de Messina, Demetrio de Faleron e Estratón o Físico. A escola sufriu posteriormente unha profunda decadencia, que superou no s I con Andrónico de Rodas, que abriu un último período moi rico en comentaristas do corpus aristotélico, como Alexandre de Afrodisia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao espazo que resulta do crecemento demográfico, da edificación e da actividade económica que se dispón ao redor das cidades. Caracterízase demograficamente pola chegada masiva de novos residentes procedentes da cidade; no ámbito da edificación, pola proliferación de urbanizacións de chalés acaroados e dalgúns bloques en altura e, no campo da ocupación das actividades económicas, pola proliferación de solo destinado á industria e ao almacenaxe. En moitas ocasións este proceso de urbanización non é total, xa que perviven en maior ou menor medida trazos do seu pasado rural. A formación dos espazos periurbanos é un fenómeno relativamente recente nas cidades galegas que inclúe todos os fenómenos de ocupación do solo ao redor da cidade consolidada. A orla periurbana da Coruña é extensa e abrangue os concellos de Arteixo, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada, seguindo as tres principais vías de acceso á cidade. Neste espazo en constante crecemento existe unha clara diferenciación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema transportador específico a través de membranas biolóxicas de natureza total ou parcialmente proteica. Nunha soa bacteria hai moitos milleiros destes sistemas. A membrana interna das mitocondrias ten algunhas que permiten pasar diversos metabolitos a través da dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obradoiros tipográficos que funcionaron en Mondoñedo a partir de 1859, xestionados por Manuel Perrote e Constantino Romero, tras a adquisición dos obradoiros de Benito Pérez Mon por parte de Perrote. Editaron Guía Legislativa (1859), de Pico de Coaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo imperio dos aqueménidas que se estendía ao oeste ata Libia e o Danubio e ao leste ata o Indo e o Turkestán chinés. Fundado por Ciro II de Persia (550-530 a C), coas súas conquistas e as dos seus sucesores agrupou nun só bloque todo Oriente Medio e creou un novo equilibrio de forzas políticas e culturais que durou ata o s VII. En Persia propiamente dita os aqueménidas deixaron palacios, arquivos, tumbas e templos. Tamén hai restos en Susa e Ecbatana. Á morte de Darío III de Persia (331 a C), o imperio pasou a Alexandre o Grande. O fin da dinastía aqueménida non significou o fin do Imperio Persa. Alexandre o Grande considerouse sucesor de Darío III e, desde xeito, os aqueménidas convertéronse involuntariamente nos dirixentes do helenismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Pontevedra a partir do 2 de marzo de 1859. Cesou un ano despois. Subtitulouse “Periódico de Galicia, literario, científico, comercial, agrícola, industrial y de intereses materiales”. Dirixido por Manuel A. Couto, saíu dúas veces á semana. Defendeu a idea de Galicia pero afastada do provincialismo. Incluíu colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo país situado na beira oriental do Golfo Pérsico, ao sur de Media, que corresponde ao actual Irán. A Prehistoria documéntase polos vestixios de Zagros e de Hindu Kush, de 80.000 anos de antigüidade, polos testemuños de sedentarismo do Mesolítico (11000 a C) e pola expansión cara ao interior e ao SL, a irrigación e a explotación do cobre no Neolítico (7000 a C). A partir de 6000 a C a cultura mesopotámica exerceu xa a súa influencia sobre as outras poboacións do país. O descubrimento da técnica do fundido do cobre (4000 a C) representou un paso importante no seu impulso colonizador. O seu centro foi Susa, capital de Elam. O período histórico comezou co descubrimento dos números e da escritura (3300 a C), cando Susa creou unha cultura que se difundiu ao N e ao SL e enlazou con India, pero diminuíu axiña. Os hurritas chegaron ao L de Anatolia e ao NO de Irán, e ocuparon parte de Mesopotamia (2500 a C); os casitas ocuparon Mesopotamia e Babilonia (1750 a C), e unha invasión aria (1400...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atribuír accións e calidades propias dunha persoa a un ser irracional ou a unha cousa inanimada ou abstracta.

    2. Representar alguén un modelo ou ter as características dunha cousa, calidade, defecto ou idea.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Técnica de representar obxectos tridimensionais sobre unha superficie bidimensional de xeito que, cando se mira cun só ollo, inmóbil e posta á distancia xusta, a imaxe perspectiva coincide coa que daría a visión directa. Tamén se inclúen os métodos e maneiras de representar ou suxerir a profundidade espacial sobre o plano pitórico. Aínda que en Grecia xa coñecían un sistema de formulación da perspectiva e que nos obradoiros dos pintores italianos dos ss XIII e XIV existían esquemas xeométricos e formulas empíricas de redución de obxectos ou planos, foi o humanismo florentino quen abriu o camiño á perspectiva artificialis ou á tradución da óptica e á xeometría en termos plásticos ou de ciencia da representación da visión (Trinità, fresco de Masaccio en santa Maria Novella, Florencia, 1425-1427): non obstante, a tradición atribuíulle este cambio a F. Brunelleschi. Destacaron tamén as formulacións teóricas de L. B. Alberti (De pitura, 1435) e as investigacións de...

      2. Construción ou representación xeométrica dun obxecto tridimensional sobre unha superficie bidimensional.

      3. perspectiva aérea

        Perspectiva que se ocupa da representación do aire ou a atmosfera que envolve os obxectos ou escenas e que segundo as horas do día, a intensidade da luz, a claridade da atmosfera, etc, se modifíca a ambientación. Un exemplo son as obras de Veláquez Las Meninas e Las Hilanderas e os cadros dos impresionistas que trataron de representar a luz e o aire que envolve a paisaxes, obxectos ou espazos.

      4. perspectiva aérea

        Perspectiva utilizada en certos trazados panorámicos topográficos, nos que, ao situar o punto de vista a bastante altura, ofrecen a visión dunha vista aérea da paisaxe.

      5. perspectiva axonométrica

        Sistema de representación que consiste en referir os obxectos que han ser representados aos planos dun triedro trirrectángulo (planos coordenados) e proxectalos, despois, sobre un cuarto plano (plano do cadro) oblicuo aos anteriores (axonometría). Pódese escoller a orientación do plano do cadro de xeito que corte o triedro de coordenadas segundo un triángulo equilátero, isóscele ou escaleno, feito que daría lugar a tres sistemas axonométricos diferentes, chamados, respectivamente, perspectiva isométrica, perspectiva diamétrica e perspectiva trimétrica.

      6. perspectiva cabaleira

        Proxección cilíndrica oblicua dun corpo sobre o plano de proxección (plano do cadro).

      7. perspectiva central/polar

        Sistema de representación en que as liñas proxectantes pasan por un punto fixo chamado centro de proxección ou polo.

      8. perspectiva cónica

        Perspectiva central de representación cuxo centro de proxección ou polo é o ollo do observador. Unha perspectiva cónica chámase paralela cando as liñas horizontais do obxecto que se quere representar están as unhas paralelas ao plano do cadro e as outras perpendiculares, e oblicua cando estas liñas se representan oblicuamente respecto ao plano do cadro.

      9. perspectiva lineal

        Perspectiva que representa os obxectos en calquera dos sistemas de perspectiva, utilizando como medio de expresión soamente a liña. Ao cinguirse aos bordos dos obxectos dá unha imaxe precisa, polo que é a máis utilizada para trazados xeométricos, planos e debuxos técnicos.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO