"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Converter unha substancia graxa en xabón.

    2. Descompoñer un éster, por calquera procedemento de hidrólise alcalina, para formar un ácido e un alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de solo rico en compostos orgánicos (plancto en descomposición), formado en augas profundas (xeralmente lagos moi eutróficos), en situación de pouca concentración de osíxeno. Considérase a substancia nai do petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arca sepulcral feita para conter un cadáver e utilizada en íntima relación co culto dos mortos e cos ritos funerarios da inhumación. Desde a prehistoria fabricáronse de diferentes materiais, formas e decoracións. A maioría dos que se conservan son de pedra ou terra cocida e domina a forma prismática rectangular. En Exipto tamén eran antropomorfos e adoitaban levar inscricións xeroglíficas, motivos arquitectónicos e xeométricos. En Creta, en época minoica, eran de forma de paralelepípeda e ían decorados con motivos naturalistas. En Chipre (s V a C) eran de pedra esculpida, con patas e historiados. Os fenicios difundiron o tipo de sarcófago antropoide que imitaba a forma do cadáver estendido e reproducía a máscara na tapa. Entre os sarcófagos romanos dominou o tipo prismático de mármore con relevos, que acumulaba tanto a tradición grega como a etrusca e iconograficamente reflectía o repertorio habitual do helenismo, a miúdo acompañando o retrato do defunto. Os sarcófagos do cristianismo primitivo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe osteíctio, da orde dos clupeiformes, que pode alcanzar os 29 cm de lonxitude. Presenta corpo alongado, lixeiramente comprimido polos laterais. A mandíbula superior é pouco ou nada escotada e os maxilares non se estenden máis alá da parte media do ollo, co inferior algo máis saínte ca o superior. Os ollos presentan pálpebras adiposas ben desenvolvidas. Os dentes son moi pequenos nos maxilares e nulos no vómer. A aleta dorsal orixínase máis preto do fociño ca da base da aleta caudal. As aletas pelvianas insírense en posición abdominal, no medio da zona ventral e baixo a zona dorsal. Todos os raios son brandos. O opérculo ten estrías radiais regulares. Presenta de 26 a 30 series de escamas visibles na liña lonxitudinal, na liña ventral son carenadas, con 19-20 antes da raíz das aletas pelvianas e 15-16 posteriores. As escamas do corpo son relativamente grandes, caedizas e sen espiñas visibles. Presenta espiñas na parte interna das branquias, que son prolongacións para reter os pequenos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sociedades e institucións iniciadas en 1948 cando Isaac Díaz Pardo instalou no Castro de Samoedo (Sada) un laboratorio para ensaiar a calidade das terras caolínicas do lugar para a fabricación de porcelana. Ao mesmo tempo estudábase a definición dunha nova empresa para Sargadelos. Neste lugar, a finais do s XVIII, o ilustrado Antonio Raimundo Ibáñez, en base aos recursos naturais daquela bisbarra, proxectou unha empresa siderúrxico-cerámica que foi un exemplo de planificación adiantada ao seu tempo e que se estuda como unha das primeiras iniciativas do capitalismo industrial en España. En 1809 morre Ibáñez, pero o acertado das súas ideas queda demostrado en que as empresas sobreviviron ata 1875, ano en que pecharon definitivamente. Todas estas ideas e iniciativas foron tomando corpo no Laboratorio de Formas, institución teórica ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo para recuperar a memoria histórica e analizar as raíces da linguaxe das formas. En 1963 o Laboratorio de Formas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sasánidas.

    2. Membro dunha dinastía persa, orixinaria de Fārs, que substituíu á dos arsácidas no Imperio Persa desde o 224 ata o 651. Ardašĩr, fillo dun sacerdote de Persépolis, foi proclamado rei en Ctesifonte e en 226 era xa señor de todo o imperio, que centralizou, fundamentado no mazdeísmo e unificou o persa medio, que converteu en lingua oficial. O seu fillo Sapor I (242-272) estendeu o seu poder sobre Armenia e Mesopotamia e, en loita contra os romanos, venceu e fixo prisioneiro ao Emperador Valeriano (260). A crise interna que seguiu á súa morte facilitou unha expedición romana ata a mesma Ctesifonte e o restablecemento de Tirídates no trono de Armenia. Sapor II (310-379) reconquistou Ctesifonte e restableceu o seu poder sobre Armenia e, finalmente, venceu a Xián o Apóstata, que morreu na batalla (363). As loitas de Cosroes I de Persia contra Xustiniano ensancharon o dominio persa ata a Antioquía de Siria e as conquistas de Siria, Palestina, Asia Menor e Exipto, baixo Cosroes...

    3. Arte desenvolvida durante o reinado da dinastía sasánida. Iniciada con Ardashĩr I (226-242), esforzouse por retomar a antiga monumentalidade dos aqueménidas e desenvolveu novas técnicas introducidas na construción de arcos e voltas. Destacan a cúpula do palacio de Ardashĩr en Fĩrũzãbãd, os palacios de Dãmghãn, Baz-e e Kuh-e Khwadje, así como os de Djerre, Kãzerũn, Yazdikhwadt, Sarvestan, Kal-e Dukhatar e Qaṣr-e Shĩrĩn. En escultura, destacan os baixorrelevos de Naqsh-e-Radjab e Naqsh-e-Rostam. Ao remate da época sasánida (s VII) atopouse unha gran profusión de vitorias aladas, de forte reminiscencia romana. Dentro do espírito clásico destaca o cabalo de Shāpūr. Destacan tamén as artes téxtiles, cuxos temas decorativos pasaron á arte románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Corpo celeste que xira ao redor doutro, especialmente dun planeta, e que xeralmente é moito máis pequeno ca este. Os planetas máis grandes son tamén os que teñen máis satélites: Xúpiter ten 16, Saturno 18 e Urano 15. Algúns dos planetas de menor tamaño non teñen satélites, como o caso de Venus e Mercurio, ou ben son acompañados de astros que non poden ser considerados como verdadeiros satélites, como é o caso da Terra coa Lúa, que se pode considerar un sistema de dous planetas, ou o de Marte, con Fobos e Deimos de moi pequeno tamaño. Os satélites poden ser clasificados en dous grandes grupos: os regulares e os irregulares. Ao primeiro tipo pertencen os satélites que se moven ao redor do seu planeta en sentido directo -de O a L- seguindo órbitas case circulares, que están pouco inclinadas respecto ao ecuador do planeta. Ademais, comprobouse que a súa rotación ten lugar en sentido directo e que o período de rotación coincide co período de translación do satélite na súa órbita...

      2. satélite artificial

        Aparato que describe unha órbita ao redor dun planeta ou dun satélite. O lanzamento, que consiste en levar o aparato ata unha certa altitude, xeralmente fóra da atmosfera terrestre, conséguese grazas a un foguete lanzador ou ben unha lanzadeira espacial que fornece ao satélite da velocidade axeitada para que percorra unha órbita estable. Realmente, a órbita en que a coloca non é xeralmente a órbita final senón unha órbita de transferencia, a partir da que o sistema é impelido cara á órbita definitiva. Xeralmente é desde o apoxeo da órbita de transferencia que o satélite pasa á órbita final ao accionar o motor de apoxeo. Pódese poñer un satélite en diversos tipos de órbitas: nunha órbita baixa (8 1.000 km de altitude) que se emprega para a observación da Terra; nunha órbita polar que ten unha inclinación de 90°; nunha órbita case-polar que ten unha inclinación que é case unha órbita polar; ou nunha órbita xeosincrónica que é aquela en que o satélite ten un período de rotación ao redor da...

      1. Que acompaña ou depende doutra persoa ou cousa.

      2. Aplícase á persoa que depende doutra.

      3. Aplícase ao país ou estado que depende política ou economicamente doutro.

      4. Aplícase á poboación que está próxima a outra, máis importante, da que depende.

      5. Aplícase ao órgano que segue un traxecto xunto con outro, como as veas ou os nervios que seguen o traxecto dunha arteria.

      6. Aplícase ás lesións secundarias próximas a unha lesión primitiva.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro publicado por Valentín Lamas Carvajal en 1880 nos obradoiros tipográficos de La Propaganda Gallega en Ourense, con 19 poemas. A segunda edición (1893) incluíu 21 composicións. Como autor contemporáneo de Rosalía, con esta obra consolidouse como continuador dos temas que a poetisa utilizaba nos seus versos, especialmente o costumismo. Os seus versos, marcados polo seu carácter civil, denuncia a miseria das xentes do campo e exalta a lingua galega. A eles súmanse outros máis descritivos, cheos de elementos humorísticos, e composicións en que defende os costumes e tradicións de Galicia. A proximidade ao mundo rural galego faise tamén evidente no emprego da lingua, chea de elementos dialectais e léxico popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Pacífico que comunica ao N co mar de Banda e ao S co mar de Timor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía situada no NO de México, na costa occidental da península de Baixa California, no Océano Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de secar.

    2. Situación climatolóxica anormal dun clima que consiste na escaseza de chuvia, humidade ou auga freática, producindo un desequilibrio hidrolóxico. Maniféstase en función do tempo, e distínguese da aridez, concepto aplicado a un espazo xeográfico. Encontramos os distintos tipos de seca: a seca meteorolóxica, que afecta aos niveis de precipitación; a seca hidrolóxica, que afecta aos niveis de auga nos encoros; e a seca agrícola que afecta á disponibilidade de auga para os cultivos.

    3. Oscilación periódica do nivel dun lago ou mar nun entrante da costa, golfo ou baía. Provocada pola diferenza de presión atmosférica entre dous sectores dunha masa de auga estacionaria ou pola acción dos ventos.

    4. Parte dun areal que queda descuberta na marea baixa.

    5. Temática da literatura brasileira baseada no período en que a ausencia e carencia de chuvia ten como consecuencia graves problemas socioeconómicos, que provocaron fortes migracións na zona brasileira do sertão. Este problema reflectiuse na literatura brasileira polos escritores neorrealistas incluídos no ciclo do sertão.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Función ou proceso fisiolóxico en virtude do que algúns tecidos ou órganos producen substancias cuns elementos que son tomados do sangue mediante unha selección química; o novo produto é segregado ao sangue ou á linfa (secreción interna) ou ben ao exterior ou a un órgano oco do corpo (secreción externa).

      2. Produto segregado.

      1. Elaboración dun produto específico pola actividade dunha glándula.

      2. Produto do metabolismo dos vexetais, producido espontaneamente ou como consecuencia de determinados estímulos, que posteriormente é utilizado en procesos vitais e que pode quedar dentro da célula que o produciu ou fóra dela e ata fóra do vexetal.

    1. Material procedente de disolucións que se depositaron por infiltración nas cavidades das rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie limitada por un arco dunha curva e dúas rectas.

      2. sector circular

        Parte do círculo limitada por dous raios e o arco comprendido entre os seus extremos. A súa superficie S pode ser calculada a partir da lonxitude l do arco e da lonxitude r dos raios, mediante a fórmula S = (1/2) lr.

      3. sector esférico

        Parte do espazo limitada pola rotación dun sector circular dun círculo ao redor de calquera diámetro deste círculo. Se S é a superficie da parte de esfera que o limita e r é o raio, o volume do sector vale V = (1/3) Sr.

    1. Parte diferenciada dun todo, como pode ser unha colectividade humana ou un lugar.

    2. División fitoxeográfica inferior á provincia.

    3. Parte dunha pista dun disco, de capacidade xeralmente prefixada, variable segundo o tipo de disco.

    4. Cada unha das partes ou zonas interconectadas en que pode estar dividida unha rede de distribución de enerxía eléctrica.

    5. Cada un dos tramos de vía protexidos por un sistema de bloqueo.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sucesión ordenada.

    2. Sucesión de planos e escenas dunha película nos que se desenvolve unha acción concreta dentro dun mesmo marco espazo-temporal.

      1. Sucesión de feitos xeolóxicos, de procesos ou de rochas sedimentarias segundo unha orde cronolóxica, que ofrece a posición relativa e a idade dentro da historia xeolóxica.

      2. Sucesión de termos sedimentarios diferentes que se encadean e se superpoñen sen ningunha interrupción, de maneira que van asociados por unha característica determinada.

    3. Orde primaria de execución dun conxunto de instrucións ou sentenzas dun programa.

    4. Reprodución dun motivo melódico ou rítmico en distintos graos da escala.

    5. Texto litúrxico que se recita na misa despois do gradual.

    6. Orde sintáctica das palabras na frase. Denomínase secuencia progresiva a orde lóxica dos elementos da frase: suxeito + verbo + complementos (directo + indirecto + circunstancial); e secuencia regresiva, a orde alterada dos elementos da frase, relativamente á súa orde lóxica, por anticipación dalgúns deles respecto a outro.

    7. sucesión.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo científico dos sedimentos e dos seus procesos de formación. Analiza os tipos de concas e os ambientes sedimentarios, as estruturas sedimentarias como un expoñente da dinámica sedimentaria e das paleocorrentes, os axentes de transporte e a orixe dos sedimentos alóctonos, ademais dos sedimentos neoformados ou transformados dentro da conca, dos climas e dos solos, e a meteoroloxía dos ambientes sedimentarios.

    2. Rama da estratigrafía que estuda a xénese e as características dos sedimentos que se depositan no momento actual, como tamén os ambientes sedimentarios e a xeometría das concas, para establecer os modelos sedimentarios apropiados e particulares de cada unha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planetoide de pequeno tamaño, situado no eixe externo do Sistema Solar a máis de 12.870 millóns de quilómetros da Terra. É de cor vermella e brillante, de rocha e xeo e ten entre 287 e 1.770 quilómetros de diámetro. Describe unha órbita elíptica arredor do Sol e tarda 10.500 anos en completala. Foi descuberto o 14 de novembro de 2003 polos científicos M. Brown, C. Trujillo e D. Rabinowitz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á selenografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos trazos significativos mínimos que integran o significado dun lexema. Son trazos distintivos porque permiten diferenciar o significado de dous lexemas. Adoitan dividirse en específicos (permiten diferenciar dous lexemas veciños dentro do mesmo campo) e xenéricos (adscriben o lexema a unha clase máis xeral).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á significación das palabras.

    2. Área cuberta, dentro do dominio da significación, por unha palabra ou un grupo de palabras dunha lingua.

    3. Modificación da significación dunha palabra por desprazamento da relación entre significante, significado e referente por causas diversas (históricas, lingüísticas, sociais, psicolóxicas). Recibe o nome de contracción cando hai unha transición dun significado xeral a un específico; o de expansión cando hai un tránsito dun significado específico a un xeral; e o de translación cando os dous significados se ven implicados por unha relación de veciñanza entre os designados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de periodicidade anual publicada en Santiago de Compostela a partir de 1988. Subtitulada “Ciencias Sociais e Humanidades”, foi coordinada por distintos profesores da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Incluíu estudos monográficos sobre historia e sociedade relacionados con Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO