"Barceló" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

  • Pequena enseada da beira oriental da ría de Aldán, na parroquia de Beluso, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral oriental da ría de Aldán, ao N da enseada homónima e ao S do cabo Udra, na parroquia de Beluso (concello de Bueu).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Francia, establecida en Montpellier, que pasou a Catalunya e ás Illes Balears. Esta caste chegou a Galicia no s XVIII con Luís Antonio Barceló, comandante de mariña que se estableceu en Ferrol. Varios membros desta familia ingresaron nas ordes de San Xoán de Xerusalén e de Carlos III, e entroncaron cos Correa de la Torre, entre outras familias distinguidas. As súas armas levan, en campo de azul, un navío de ouro de dous mastros con cadansúa bandeira e con cadanseu velame, ambos os dous de prata, navegando sobre ondas de azul e prata. Outros semean o campo con estrelas de ouro. Antonio Barceló, engadiu por privilexio na punta do brasón unha cabeza de mouro cortada e atravesada por unha falanxe denuda de prata con gornición de ouro e timbrou o escudo con coroa de marqués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou Artes e Oficios en Palma de Mallorca (1972-1973) e en 1974 trasladouse a Barcelona para estudar na Escola Superior de Belas Artes onde permaneceu un ano. A súa primeira exposición individual é de 1974. Colaborou co grupo Neon de Suro. En 1981 participou na Documenta 7 de Kassel, con obras a medio camiño entre o neoexpresionismo e a art brut. En 1983 estableceu a súa residencia en París, combinándoa con estancias en Portugal (1984) onde pintou ao aire libre, no seu taller de Artá (1986) e en diversos países africanos. En 1988 viaxou a Mali e realizou obras de pequeno formato que recolleu no libro Miquel Barceló in Mali (Miquel Barceló en Mali, 1989). A súa temática céntrase nas figuras humanas, as naturezas mortas, paisaxes e alegorías literarias. Realiza lenzos de gran tamaño, empregando materias pitóricas e elementos de desfeito a xeito de collage, pero tamén experimenta outras técnicas coma o fresco. Ademais de adicarse á pintura traballou na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima e da Comunitat Autònoma de Catalunya, á beira do mar Mediterráneo (1.508.805 h [1996]). Aséntase sobre unha chaira que abrangue 170 km2, dos que 60 km2 pertencen ao concello de Barcelona, (os 2/3 da superficie municipal). Ao NO, a serra de Collserola pecha o termo con altitudes superiores aos 500 m (Tibidabo 512 m). Tanto ao NL como ao SO a chaira continúa polos deltas do Llobregat e do Besòs, favorecendo o espallamento da urbanización nos concellos veciños. Situada a 41° 20’ de latitude N está baixo un dominio climático mediterráneo marítimo, con temperaturas suaves no inverno e veráns calorosos e sen precipitacións, que acadan os máximos entre setembro e outubro. A humidade relativa é alta e constante ao longo do ano (70%). O núcleo da cidade moderna, que abrangue o antigo recinto amurallado, L´Eixample, iniciado en 1860, e a coroa de municipios agregados contra o remate do s XIX, foise expandido progresivamente ata formar un conxunto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Anzoátegui, Venezuela, atravesada polo río Neveri (221.792 h [1990]). Centra as actividades gandeiras e agrícolas das concas do Unare e do Neveri. A explotación do petróleo terra dentro e o comercio desenvolveron a cidade durante os últimos vinte anos. Foi fundada co nome de Nova Barcelona polo catalán Joan Orpí, no 1638, co desexo de que fose a cidade de Nova Cataluña. Os indíxenas destruírona e Fernández de Angulo reedificouna no 1673.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición administrativa establecida por unha lei de 1968 para facilitar a programación do territorio que se prevía que sería afectado polo crecemento de Barcelona. Esta delimitación, sen embargo, quedou sen efecto a nivel práctico. Actualmente se identifica coa área metropolitana de Barcelona o ámbito de actuación que foi definido no Plan Comarcal do 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de Catalunya, establecida en 1833 e integrada por 308 municipios (7.733 km2; 4.628.277 h [1996]). A capital é Barcelona. A cidade de Barcelona exerce unha atracción macrocefálica sobre todo o territorio, concentra ao seu redor o maior volume demográfico e constitúe o centro sobre o que gravita toda a actividade económica. Os principais núcleos de poboación sitúanse na periferia urbana da capital: os concellos limítrofes de L´Hospitalet de Llobregat (255.050 h), Badalona (210.987 h) e Santa Coloma de Gramanet (123.175 h). Sabadell (185.798 h), Terrasa (163.862 h) ou Mataró (102.018 h), núcleos industriais tradicionais, son un terceiro chanzo nunha xerarquía que se estende en núcleos urbanos de tamaño medio, que teñen como principais funcións a residencial e a industrial, configurando unha das áreas máis urbanizadas do estado español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o barrio residencial destinado a aloxar os participantes nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992). Construíuse no Poble Nou, nos terreos comprendidos entre o trazado da vía do ferrocarril e o mar. O proxecto urbanístico xeral foi de J. Martorell, O. Bohigas, D. Mackay e A. Puigdoménech, coa colaboración doutros arquitectos. Hai cinco edificios porta, diversos parques, o porto olímpico, os dous rañaceos que caracterizan o perfil do barrio, e a fonte do cruzamento do paseo de Carlos I coa avenida do Litoral. Os edificios de equipamentos son: o centro meteorolóxico, o centro de convencións, o pavillón polideportivo, o cuartel de bombeiros, o centro ecuménico e o centro de asistencia primaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Barcelona ou aos seus habitantes.

    2. Habitante ou natural de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio litoral da cidade de Barcelona. O aumento da poboación e o derrubamento (1715) da parte máis poboada de La Ribera para edificar a cidadela, presentaron a necesidade dun novo barrio. Proxectado polo enxeñeiro militar Próspero de Verboom no 1719, as obras principiaron en 1753 baixo a dirección de Juan Martín Cermeño. Abríronse quince rúas atravesadas por nove máis, paralelas á costa, con casas de planta baixa e cun só andar. O incremento demográfico do s XlX motivou a autorización para construír ata catro alturas. Co gallo dos Xogos Olímpicos do 1992 a fachada marítima transformouse, abríndose cara á Vila Olímpica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONCELLO

    Concello do distrito de Braga, Portugal, no val do río Cávado. Abrangue unha superficie de 379 km2(a maior do país), nos que acolle 110.277 h (1993), distribuídos en 89 freguesías. Limita ao O con Esposende, ao S coa Póvoa de Varzim e Vila Nova de Famalicão, ao L con Braga e Vila Verde e ao N con Ponte de Lima e Viana do Castelo. Está na faixa atlántica, baixo a influencia moderadora do océano, que lle proporciona veráns temperados e invernos non moi rigorosos. Litoloxicamente, érguese sobre rochas de orixe granítica. Morfoloxicamente se sitúa na orla litoral e na área de transición á montaña, presentando, en xeral, superficies pouco accidentadas, sen pendentes acentuadas. A cidade está rodeada dalgunhas elevacións: os montes de San Gonçalo (492 m de altitude), a Peneda do Ladrão (411 m), o do Facho (324 m), o de Airó (413 m), Santa Vaia (383 m) e o da Franqueira (296 m). O elemento dominante no relevo é o val do río Cávado, que, no seu curso L-O, atravesa a cidade. Nos extremos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona, Girona e Osona (947-992), e de Urgell (948-992) ao morrer sen fillos o seu tío Sunifredo II. Rexeu os tres primeiros condados co seu irmán Miró ata o seu falecemento (966). A súa política tendía a manter boas relacións cos dous grandes poderes do seu tempo: o carolinxio e o califal, co fin de neutralizar un co outro e chegar a ser cada vez máis independente. A boa relación con Córdoba, evidente xa dende o 950, facilitou os intercambios comerciais e o ascenso económico. Aproveitou a debilidade dos últimos monarcas carolinxios para independizarse do poder franco. Semella que por iso Almanzor decidiu atacar Catalunya (6 de xullo do 985). Este feito deu lugar a un intento de restablecer os lazos co reino franco cara á fin do 985 e durante o 986, cando Borrell II lle pediu axuda. En vista da ineficacia do auxilio franco, a independencia foi consumada, axudada polo cambio de dinastía en Francia. En marzo do 988 Borrell II intitulouse “pola graza de Deus duque ibérico e marqués”,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída en 1990 trala fusión da Caixa de Pensions per a la Vellesa i d’Estalvis de Catalunya i Balears (1904) coa Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Barcelona. Forman parte do grupo a Caixa d’Estalvis i Mont de Pietat de Lleida, absorbida en 1979, e o Isbanc, comprado en 1992; e participa en Catalana de Gas. En 1999 era a terceira entidade financeira española e a primeira catalana. Destaca a súa obra social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que tivo, desde 1941 ata a súa morte, Xoán de Borbón e Battenberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento redactado e asinado en Barcelona o 16 de xuño de 1998 polos líderes dos partidos nacionalistas maioritarios das nacionalidades históricas, polo que se establecía unha fronte común cara á reorganización do modelo da estrutura do Estado. Na sinatura desta declaración participaron Xabier Arzallus, como representante do Partido Nacionalista Vasco (PNV), Jordi Pujol, presidente da Generalitat de Catalunya, en representación de Convergencia i Unió (CiU), e Xosé M. Beiras, líder do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Segundo os asinantes, despois de vinte anos de desenvolvemento no marco da Constitución de 1978 e logo do proceso de descentralización administrativa, precisábase unha nova etapa de ordenación política, dirixida á implantación en España dun modelo de estado confederal definido como un pacto entre países que conservan a súa soberanía e o recoñecemento internacional individualizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en Barcelona o 1 de outubro de 1792, fundado por Pedro Pablo Hussonde Lapezaran. Foi unha publicación conservadora, católica, e defensora dos intereses económicos rexionais e monárquicos. Durante gran parte do s XIX representou a burguesía catalana. A súa redacción facíase en castelán, aínda que a partir de 1793 se publicaron algunhas poesías en catalán e durante a ocupación napoleónica redactouse en castelán, catalán e francés. O 28 de febreiro de 1814 adquiriuno Antonio Brusi i Mirabent, con quen iniciou a etapa máis destacada do diario. No s XX principiou unha certa decadencia do xornal que deixa de representar os intereses políticos e económicos cataláns e limítase a servir a unha minoría cortesana e centralista. Volveu saír en catalán a partir do 19 de xullo de 1936 e ata 1940. Durante uns anos captou o interese do público polo seu barcelonismo, pola súa fidelidade á causa monárquica e pola mellor acollida que lle dispensaba ás noticias dos aliados durante a Segunda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal. Filla de Ramón Berenguer IV e de Petronila Ramírez de Aragón. Casou con Sancho I de Portugal en 1175.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de edificios dedicados á construción de barcos situado ao pé de Montjuïc. É o estaleiro máis grande e máis completo, de tipo medieval, que se conserva no mundo e unha boa mostra da arquitectura gótica civil catalana. A súa construción iniciouna posiblemente Xaime I, pero o pulo decisivo deullo Pedro IV coa colaboración da cidade e da Generalitat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO