"Monio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • Que ten acrimonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego, chamado Saccas. Educouse no Cristianismo e converteuse ao paganismo. Está considerado como o iniciador do neoplatonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Radical monovalente hipotético, de fórmula NH 4 , do que podemos considerar que se deriva o ión amonio e polo tanto os sales amónicos. O comportamento dos sales amónicos corresponde ao dos sales dun metal alcalino intermediario entre o rubidio e o potasio, pero nunca se conseguiu illar o radical amonio neutro. Os sales de amonio son incoloros (excepto que o anión sexa de cor) e case todos son moi solubles en auga. Tratados con bases fortes liberan amoníaco. En quente teñen propiedades redutoras e certos microorganismos do solo oxídanas e producen en último termo nitratos, nun proceso denominado nitrificación.

    2. Composto que se obtén neutralizando o ácido acético con amoníaco. Utilízase en tintura, para conservar carnes, e en medicina polas súas propiedades expectorantes e diuréticas.

    3. Designación xenérica dos radicais monovalentes NR 4 que resultan de substituír no radical amonio os catro hidróxenos por grupos alquilos (ou tres grupos alquilos e un arilo). Os amonios cuaternarios existen só en forma de hidróxidos e de sales, ou o que é o mesmo, en forma de ións R 4 N + . Por extensión, denomínanse tamén amonios cuaternarios os compostos obtidos cando un nitróxeno dun heterociclo forma catro enlaces con elementos distintos ao hidróxeno, dando un catión. Os sales de amonio cuaternarios resultan da alquilación das aminas terciarias. Aplícanse industrialmente como desinfectantes, funxicidas, desodorantes e deterxentes; como antiestáticos e anticorrosivos; como estabilizantes de emulsións, e tamén para mellorar a dispersabilidade de pigmentos, a adherencia de certas pinturas e a do asfalto nos formigóns asfálticos. Os sales de amonio cuaternario son activos indistintamente sobre microorganismos grampositivos e gramnegativos, fungos e algas....

    4. Sólido que se obtén saturando de dióxido de carbono unha solución de amoníaco. Utilízase para desengraxar materias téxtiles, en extintores de incendios, como inflador en artigos de caucho, en levaduras químicas e, en medicina, como expectorante e carminativo.

    5. Substancia que se utiliza para os gravados en vidro, para abrillantar o aluminio e como esterilizante na industria da cervexa e do leite.

    6. Sólido cristalino que se utiliza en fotografía, en litografía, para facer ignífuga a madeira e en medicina como sedante de rápida absorción. Obtense mediante a neutralización do ácido bromhídrico con amoníaco.

    7. Cristais que, cando se quentan, producen urea e en solución acuosa (NH 4 ) 2 CO 3 . Utilízase como fertilizante.

    8. Mestura de bicarbonato e de carbonato amónicos, que se obtén sublimando unha mestura de sulfato amónico e de carbonato cálcico. Utilízase en tintura, no lavado da la, nos fermentos químicos, nos sales aromáticos e en medicina como expectorante e carminativo.

    9. Cristais que se obteñen, sobre todo, cando se fabrica carbonato de sodio polo procedemento Solvay. O cloruro de amonio utilízase na tintura e na estampación, como electrólito en pilas secas, como desoxidante na soldadura e como endurecedor nos adhesivos a base de resinas amínicas. Úsase en medicina como expectorante e diurético.

    10. Compostos que se obteñen a partir de amoníaco e ácido fosfórico. Utilízase como recubrimento para que a madeira, o papel e as materias téxtiles sexan ignífugas, na fabricación de mistos e tamén en soldadura.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada empregada na composición de palabras que designa o grupo catiónico amonio -NH4+ como substituínte nunha molécula orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento fundamentalmente metálico, pertencente ao grupo V da táboa periódica, de cor branca prateada cando é puro, pouco duro (dureza 3 na escala de Mohs) e pulverizable, de valencias 3 e 5. A obtención do elemento parece ser que se recolle no libro Triumph-Wagen des Antimonii (O carro triunfal do antimonio), publicado co pseudónimo de Basili Valentí, probablemente no s XVII. Atribúenselle ao antimonio estados alotrópicos de dubidosa identidade (antimonio explosivo, antimonio amarelo, antimonio negro); a única forma estable é a “metálica”, chamada tamén antimonio gris. O antimonio non abunda na codia terrestre

    2. Probable forma alotrópica do antimonio, obtida pola electrólise de solucións clorhídricas do seu tricloruro. Ao depositarse no cátodo, forma unha solución sólida con tricloruro, que se descompón explosivamente por rozamento ou quentamento proporcionando antimonio gris e fume de tricloruro.

    3. Forma alotrópica inestable do antimonio que se transforma en antimonio negro cando está exposto á luz. Dubídase se é un verdadeiro alótropo, posto que todas as mostras preparadas conteñen hidróxeno.

    4. Forma alotrópica do antimonio obtida ao arrefriar o vapor do elemento ou ao oxidar SbH 3 a temperatura ordinaria. É inestable con respecto ao antimonio gris.

    5. Electrodo para as medidas de pH de non demasiada precisión, constituído por unha barriña de antimonio que, recuberta espontaneamente de óxido, funciona como un electrodo de óxido Sb/Sb 2 O 3 . Só se emprega para potenciometrías en solventes non acuosos.

    6. Compostos de fluor e antimonio. Úsanse como catalizadores na fluoración de compostos orgánicos. O trifluoruro emprégase, ademais, en tinguidura e na fabricación de barro e porcelana.

    7. Composto formado por hidrólise en auga fría do tricloruro de antimonio que se empregaba en medicina.

    8. Líquido oleoso e cáustico, obtido pola acción do cloro sobre o tricloruro. Utilízase principalmente para a cloración de compostos orgánicos.

    9. Pos alaranxados obtidos pola acción do sulfuro de hidróxeno sobre unha mestura de SbCl 5 e auga, ou descompondo con ácido o tioantimoniato sódico, Na 3 SbS 4 · 9H 2 O. Emprégase na fabricación de mistos, en pirotecnia, como pigmento e, sobre todo, na vulcanización e coloración do caucho.

    10. Composto obtido pola acción de ácido nítrico concentrado sobre o metal. Por enriba dos 300°C, perde osíxeno e dá tetróxido Sb 2 O 4 . Obtense pola acción do ácido nítrico concentrado sobre o metal ou o trióxido de antimonio. Insoluble en auga, é soluble en ácido clorhídrico concentrado e nas bases fortes.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén antimonio, especialmente utilizado para referirse aos compostos de antimonio nos que este é trivalente.

    2. Sólido obtido con ácido sulfúrico tratando unha solución de tártaro emético e secando o precipitado a 100°C. As súas propiedades anfóteras fan que se considere non un ácido senón un óxido hidratado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se realiza con moita cerimonia.

    2. Que cumpre escrupulosamente as cerimonias.

    3. Que lle gusta tratar ou ser tratada con grandes cumprimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea de ata 100 cm de altura, de aspecto ramalludo e cuberta de longas espiñas, con follas de ata 20 cm de longo e dentadas, flores brancas pentámeras con forma de funil e froitos constituídos por cápsulas de cor verde de 5 cm de lonxitude, que aparece en medios ruderais como cultivos e lugares incultos e removidos nitrificados, e que presenta alcaloides derivados do tropano -de acción antiespasmódica, antiasmática e antiparkinsoniana-. As follas frescas trituradas empréganse como analxésico local e as follas desecadas fúmanse para solucionar problemas respiratorios e como alucinóxeno pola súa acción soporífera e hipnótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento aerófono da familia das harmónicas, de lingüetas abertas. Ten un dispositivo de aire e dous foles que, accionados polos pedais, producen unha corrente que fai vibrar as lingüetas cun son agradable. Atribúeselle a invención a Gabriel-Jospeh Grénier (1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten harmonía e resulta agradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Lacedemonia e aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Lacedemonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. A súa finalidade é a defensa, protección, difusión e conservación do patrimonio cultural, así como o establecemento de sancións contra as agresións que poida sufrir. Engloba o patrimonio moble, o inmoble e o inmaterial, tanto de titularidade pública como privada, ademais das manifestacións da cultura galega tradicional e popular. Establece tres categorías de bens: os declarados de interese cultural, os catalogados e os inventariados. Define o patrimonio arqueolóxico como bens mobles e inmobles de carácter histórico, susceptibles de seren estudiados con método arqueolóxico, e os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia humana; o patrimonio etnográfico como lugares, bens mobles, inmobles e coñecementos que constitúan expresión da cultura e modos de vida tradicionais, como patrimonio bibliográfico, fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas; e o como patrimonio documental e dos arquivos, documentos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Unión dun home e unha muller, lexitimada pola sociedade, para formar un núcleo social. A forma desta unión configura a estrutura das sociedades. A variedade de formas é moi grande: unión dun home e unha muller que viven cos seus fillos; unión dun home con varias mulleres, que teñen todas o mesmo status no núcleo familiar ou que teñen distinto status. O status do futuro cónxuxe é un aspecto moi importante nas regras que rexen para escoller marido ou esposa. A importancia deste feito varía segundo a sociedade sexa igualitaria ou estratificada. O matrimonio occidental está moi influído pola concepción monogámica hebraica--cristiá e polas características do espírito contractual do dereito romano. Desde a fin do Imperio Romano a Igrexa foi asumindo a función xurídico-social do matrimonio, que se converteu nunha función unicamente canónica e relixiosa. Como institución civil renaceu en 1580 en Países Baixos e despois en Inglaterra e nas colonias británicas de América do Norte. A Revolución Francesa...

      2. Unión legal de dous individuos independentemente do seu sexo.

      3. matrimonio clandestino

        Unión contraída sen a presencia do párroco e sen testigos.

      4. matrimonio de conciencia

        Unión que se celebra en segredo por motivos graves, pero con aprobación da autoridade competente.

      5. matrimonio in articulo mortis/in extremis

        Unión que se celebra cando un dos contraentes está próximo á morte.

      6. matrimonio morganático

        Unión contraída entre unha persoa de estirpe real e outra de rango inferior.

      7. matrimonio por poderes

        Unión contraída en que unha das partes ou ambas as dúas celebran o acto público contractual por medio dun apoderado. 8

    1. Estado de alguén que se uniu en matrimonio.

    2. Parella que está unida en matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente galego. Posible irmán de Garcia Fernandez e Rui Fernandez de Mirapeixe, pertenceu á corte de Rodrigo Gomez de Trastámara (1211-1243). Da súa produción, localizada no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, consérvanse tres cantigas de amor, dúas delas son fragmentos, quizais dunha mesma composición, “Dizer-vus quer’ eu, mia senhor”, “Pois me fazedes, mia senhor” e “Quantos oge no mundo son”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capital imaxinaria do inferno en que se realizan as asembleas dos demonios. O termo foi creado por J. Milton no seu poema “Paradise Lost” (1667).

    2. Lugar en que hai moito ruído, lea e confusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai as cousas ou que se desenvolve con parsimonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de bens, valores e créditos que se trasmite por herdanza.

      2. patrimonio familiar

        Patrimonio que algunhas lexislacións asignan a un núcleo familiar, con carácter inalienable e indivisible, co fin de asegurar a produción, só transmisible por herdanza a unha persoa.

      1. Conxunto de bens mobles e inmobles de valor cultural que pertencen a unha comunidade e que merecen un réxime especial de atención, coidado e protección.

      2. patrimonio cultural

        Conxunto de testemuños que forman a herdanza cultural dunha sociedade. Segundo a idea tradicional está constituído por unha serie de bens cun recoñecemento oficial, -como os máis destacados dun pobo ou dunha cultura determinada-, que han de ser preservados e legados ás xeracións futuras. Designa monumentos, grupos de edificios e sitios que teñan un valor histórico, estético, arqueolóxico, científico, etnolóxico ou antropolóxico, así como o patrimonio documental ou bibliográfico.

      3. patrimonio da humanidade

        Conxunto de monumentos, conxuntos ou sitios caracterizados por un valor excepcional desde o punto de vista histórico, artístico, estético, etnolóxico, antropolóxico ou científico, aos que o Comité de Patrimonio Mundial da UNESCO lles concedeu un valor universal, coas esixencias previas de autenticidade e protección xurídica que garantan a súa conservación. O termo creouse en 1972, como resultado da celebración dunha convención sobre a protección do patrimonio cultural e natural celebrada en París e aprobada por todos os países membros da UNESCO. A característica fundamental era a pretensión de asociar a conservación da natureza coa preservación dos sitios culturais. En Galicia foron declarados Patrimonio da Humanidade o centro histórico de Santiago de Compostela (1985), o Camiño de Santiago (1993) e a muralla de Lugo (2000).

      4. patrimonio do Estado

        Conxunto de bens non afectos do uso xeral que pertencen ao Estado, ás comunidades autónomas e aos entes locais, segundo a lexislación española.

      5. patrimonio histórico español

        Conxunto formado polo patrimonio cultural, o patrimonio natural e os bens mixtos culturais naturais españois. Segundo a Constitución de 1978 o Estado español ten a obriga de garantir a súa conservación, promover o seu enriquecemento, fomentar e tutelar o acceso dos cidadáns e protexelos da espoliación.

      6. patrimonio nacional

        Conxunto de bens de titularidade estatal que, segundo a lexislación española, son afectos polo uso e servizo do rei e dos membros da familia real para o exercicio da alta representación que a Constitución de 1978 e as leis lles atribúen. Tamén se integran nel os dereitos e cargas sobre as fundacións e reais padroados. Cando é compatible co uso e servizo do rei ou dos membros da familia real, o Patrimonio Nacional pode utilizarse con fins culturais, científicos ou docentes.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1336-1387), fillo e sucesor de Afonso IV de Aragón. Durante o seu reinado, a Coroa de Aragón acadou a súa máxima expansión territorial. Concluíu a guerra con Xénova en 1336. En 1388 auxiliou a Castela fronte aos benimeríns ata que o sultán marroquí se retirou. Incorporou definitivamente o Reino de Mallorca á coroa aragonesa despois de vencer a Xaime III de Mallorca (1349). Participou na guerra de Venecia contra Xénova (1351) ata que asinou a paz en 1386. Proclamouse rei de Sicilia en 1377 despois da morte do seu xenro Federico III e en 1379 obtivo os ducados de Atenas e Neopatria. Por cuestións sucesorias -non se aceptaba a súa filla Xoana como herdeira-, enfrontouse ás nobrezas de Aragón e València, ás que venceu en Épila e Mislata, respectivamente (1348). O problema sucesorio solucionouse co casamento con Leonor de Sicilia, coa que tivo os futuros Xoán I e Martiño I. O seu apoio a Enrique de Trastámara, que lle prometera a cesión do Reino de Murcia, valeulle o enfrontamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome común con que se coñecen as plantas do xénero Polemonium.

    VER O DETALLE DO TERMO