"Numen" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo que apareceu na cidade de Pontevedra no ano 1903.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu o 1 de xullo de 1941 baixo a dirección de Manuel Vázquez Seijas. Nun principio tivo unha periodicidade irregular, pero dende 1943 o boletín apareceu trimestralmente. Entre os seus fins estaban o estudo de temas artísticos, monumentais e históricos da provincia luguesa, a transcrición de documentos dos arquivos, bibliotecas e museos. A revista publicou traballos de Arqueoloxía, Historia, Arte, Heráldica, Epigrafía, etc. Aparecen fotografías e debuxos que amosan os monumentos dos que se fala nos artigos. Unha posible evolución desta publicación puido ser: Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo (1941) e o Boletín do Museo Provincial de Lugo (1983). A fundación do primeiro boletín tivo lugar baixo a presidencia da Comisión de Monumentos Luis L. Martí.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, fundada por Marcelo Macías, coa colaboración de Benito Fernández Alonso, Arturo Vázquez Núñez e Manuel Pereira Rey. O seu primeiro número apareceu o 1 de marzo de 1898 e non cesou ata 1960, compoñendo a colección total un conxunto de 20 tomos encadernados, con índice en cada tomo. Desde 1941 dirixiuna Xoaquín Lorenzo Fernández e o último tomo dedicouse en homenaxe ao prehistoriador Florentino López Cuevillas. De periodicidade bimestral, aínda que irregular, editábase na imprenta La Popular e tiraba arredor de 200 exemplares, cada un deles de 16 a 20 páxinas, incluíndo tamén fotografías en branco e negro. Este boletín tratou moi diversos temas culturais, con seccións de Arqueoloxía, Arquitectura, Escultura, Historia, Literatura, Epigrafía, Numismática, Diplomática, biografías, reseñas bibliográficas e informacións das actividades da Comisión de Monumentos de Ourense. Ao longo da súa dilatada historia contou cun cento de colaboradores,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que xurdiu en Santiago de Compostela en 1993 co subtítulo de “Boletín de información y ayuda al visitante”. Trátase dunha guía turística editada pola Asociación de Empresarios y Profesionales Compostela Monumental, baixo a dirección de Valentín Carrera.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de fontes históricas medievais de Alemaña e de Europa, fundada e dirixida inicialmente (1818-1823) por G.H.Pertz e publicada primeiro pola Gesellschaft für Deutschlands ältere Geschichitskunde, e despois por outras entidades coma a Akademie der Wissenschaften in Berlin.
-
-
Relativo ou pertencente a un monumento.
-
-
Que é grandioso pola súa dimensión ou importancia.
-
Que é moi grande.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de monumental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia arquitectónica que intenta crear edificios que impresionen non tanto pola medidas colosais como pola proporción dos elementos que utiliza. Son exemplos as construcións nazis de Albert Speer e múltiples obras soviéticas a partir de 1931. En España, esta tendencia dominou a arquitectura da época franquista, en que destacaron o Valle de los Caídos, de P. Muguruza; e o Ministerio do Aire, de Gutiérrez Soto.
-
-
-
Obra de escultura ou de arquitectura erixida para perpetuar a lembranza dunha persoa ou un feito memorable.
-
Edificio notable dun lugar ou unha cidade, coma as igrexas ou os pazos.
-
Obra de importancia notable para as artes, a historia ou a literatura dun país ou dunha cultura.
-
monumento funerario
Sepulcro ou obra arquitectónica ou escultórica realizado co fin de honrar a un morto.
-
monumento nacional
Monumento que polo seu valor arqueolóxico ou histórico, por decreto positivo, queda baixo a tutela do Estado con vista á súa conservación e restauración. Todos os monumentos quedaron desde 1803, en España, baixo a dependencia do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes. Para velar máis directamente os monumentos, en 1844 foi creada en cada provincia unha comisión provincial de monumentos históricos e artísticos, reorganizada en 1854. As primeiras actuacións provinciais remóntanse a 1870.
-
-
Altar especial, cun sagrario ou tabernáculo, que contén nas igrexas o Xoves Santo, para a reserva da Eucaristía do Venres Santo. Antes da reforma da Semana Santa adoitaba ser unha escalinata adornada con flores e cirios e, enriba de todo, unha furna en forma de sepulcro, onde era depositada a Eucaristía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado a un dos catro documentos redactados por Augusto para ser lido no Senado despois da súa morte e para ser gravado en dúas taboas de bronce emprazadas no exterior do seu mausoleo. Este documento, escrito no ano 14 a C, ofrece unha relación das honras recibidas polo emperador, un estado de contas dos seus gastos persoais, enumera as súas xestas e fai unhas consideracións sobre a súa figura dentro do Estado romano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal publicada en Vigo a partir do 1 de outubro de 1943. Saíron dous números. Dirixida por Xulio Sigüenza Raimúndez, foi unha das principais revistas literarias da posguerra. Aparecida coa pretensión de divulgar a poesía e os estudos poéticos na sociedade, incluíu composicións en galego de distintos movementos artísticos de vangarda, aínda que tamén houbo espazo para a poesía latinoamericana e a estranxeira, a crítica literaria, as recensións e as biografías. Dos seus colaboradores cómpre salientar os irmáns Emilio e Xosé Mª Álvarez Blázquez e Enrique Romero Archidona. Incluíu algunhas ilustracións de Urbano Lugrís e Ánxel Johán, e composicións poéticas de Ánxel Fole, Xosé Díaz Jácome e Luís Pimentel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves caradriformes, da familia dos escolopácidos, que presentan o peteiro longo e moi curvado cara a abaixo e a plumaxe de cor cremosa no dorso e o ventre de cor branca. A este xénero pertencen diversos tipos de mazaricos, como o mazarico galego ou o mazarico curlí, entre outros.