Benvido a EGU - Enciclopedia Galega Universal

Aínda non se creou contido para a páxina principal.

Serés

Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Pedro.

Máis >
Warren

Cidade do estado de Michigan, EE UU (138.247 h [2000]). É unha cidade residencial ao N de Detroit.

Máis >
Nägeli, Hans Georg

Pedagogo suízo. Foi un dos primeiros profesionais   que utilizou o canto coral como un medio de educación. Fundou unha casa editorial de música e a Liga Suíza para a Cultura Musical.

Máis >
Otero Val, Emilio

Músico e compositor. Dirixiu a Banda Municipal de Melide (1932-1937) e, tras a Guerra Civil Española, fíxose cargo da banda da Policía Armada de Santander, á que incorporou unha sección de gaitas. Tamén organizou, no Centro Gallego de Santander, a coral Airiños da Terra. En 1957 foi nomeado presidente do Centro Gallego de Santander, co que desenvolveu un intenso labor de promoción cultural da música galega. Na súa obra destacan composicións de inspiración galega, Lembranzas, Miña xoíña, Na feira de Monterroso, Pandeirada de Melide ou Foliada de Rodeiro; e obras de raíz cántabra, Brisas de mi Santander, Cumbres Cántabras ou Perla del Cantábrico. Recibiu o título de Director Honorario da agrupación Aires de Melide e o de Presidente Perpetuo do Centro Gallego de Santander.

Máis >
Rudel, Jaufré

Trobador provenzal. Príncipe ou señor de Blaia, sábese que en 1148 tomou parte na cruzada e posiblemente morreu en Terra Santa. É autor de seis cancións de amor caracterizadas pola súa naturalidade e unha linguaxe moi clara, típica do trobar leu ou poesía plana e simple, nas que canta o amor por unha dama afastada.

Máis >
Negredos, Os

Monte situado no límite das parroquias de Renche e San Cristivo do Real (Samos). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

Máis >
Huxley, Andrew Fielding

Fisiólogo inglés. Graduouse en 1938 e doutorouse en 1941 en Cambridge. Colaborou con A. L. Hoodgkin no estudo dos pulos nerviosos e da bomba de sodio da membrana da célula nerviosa; tamén estudiou a fisioloxía da contracción das fibras musculares. Entre as súas publicacións destaca Reflections on muscle (1980). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1963), xunto con H. L. Hodgkin e J. C. Eccles.

Máis >
Villarino de Sáa, Ramón

Xurista e escritor. Foi deputado nas Cortes (1935) pola CEDA. Publicou Égloga de amor (1911), El pájaro negro (1917), Piedras galaya (1918) e La última merced (1915).

Máis >
Loading