"Álvarez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 212.

  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e tradutor. Coñécense as súas edicións: Infierno e Iluminaciones, de Arthur Rimbaud, Alcoholes, de Guillaume Apollinaire e La heredad de las palabras, de Claude Esteban. Como poeta, ten publicado: Umbral del centinela, La piel iluminada, Identidades e Diez motivos para un obsequio. Como narrador publicou: Las aventuras de Nunnavut, la niña esquimal: El nacimiento de Nunnavut, Un día de caza, El caribú enamorado. Traduciu tamén biografías de Carson McCullers, Dylan Thomas, Artemisia Gentileschi e Cesária Évora, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe   oriúnda dos arredores de Bembibre, no Bierzo. Este apelido composto formouse ao entroncaren os Álvarez coa antiga caste dos Aguado. As súas armas levan, en campo de sinople, tres bandas de ouro; bordo cargado de dez pezas: cinco de goles, cunha aspa de ouro e cinco de prata, cun armiño de sable. Por divisa, reza esta lenda: “Soy un perro que royó un hueso, y royéndolo, recibo reposo. Tiempo vendrá, si no es venido, que morderé a quien me ha mordido”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e político. Chanceler de Castela e Cardeal en Aviñón, nomeado por Clemente Vl (1350). Inocencio Vl encomendoulle a pacificación e reconquista dos Estados Pontificios de Italia. A súa misión consistía en recuperar o patrimonio de San Pedro, caído nunha situación anárquica baixo o dominio de diversos señores italianos. Convocou un Parlamento Xeral en Fano, onde se aprobaron as célebres Constitucións Exidianas, vixentes nos Estados Pontificios ata finais de 1816. O Papa proclamouno “pai e salvador da Igrexa” e encargoulle a Penitenciaría Apostólica (1357-1358). No ano 1360 incorporou definitivamente Boloña aos Estados Pontificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Historia Económica na Universidade da Coruña e investigador no Institute of Latin American Historical Research da Universidade de Londres. Ten investigado sobre a historia de Galicia, a industrialización e consumo do tabaco e a economía das Antillas e Filipinas baixo o Imperio Español. Entre as súas obras destacan Industrialización y conflitos sociales en la Galicia del Antigo Régimen, 1750-1830 (1976), Comercio colonial y crisis del Antigo Régimen en Galicia, 1778-1818 (1986), Os intercambios entre Galicia e América Latina. Economía e Historia (1993), La modernización de la industria del tabaco en España, 1800-1935 (1993) e As tecedeiras do fume. Historia da fábrica de tabacos da Coruña (1998). Colaborou en diversos medios como a revista do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses ou Grial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Publicou en Santiago Pronósticos y observaciones astrológicas perpetuas de Thomas José Moult, astrólogo y filósofo, traducidas del francés al español por Francisco Alonso y Álvarez. Que tendrán su principio en el año 1773 y seguirán hasta el de 2376, y después siguiendo los números solares (como se explicarán) hasta el fin de los siglos (1768). O volume reeditouse na Coruña en 1812.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado do Estado. Afeccionado aos estudios históricos e filosóficos, publicou na revista Nós os traballos titulados “O monopolio do comercio do diñeiro” e “Un punto de vista do nacionalismo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe patronímica moi frecuente en toda a península. Procede do nome persoal de orixe xermánica Álvaro + o sufixo patronímico -ez/es (‘fillo de Álvaro’); de aí que fose moi frecuente tamén a forma Alvares. Álvaro está formado polos elementos alls ‘todo, moi’ e war(j) ‘coidado, precaución, prudencia’; é dicir ‘o que se defende de todo’. Xa aparece documentado no s XII: “Uermudus Aluarici” (doc ano 1037, Tumbos del Monasterio de Sobrado de los Monjes de P. Loscertales de García de Valdeavellano I, p 159), “Veremudus Alvares” (doc ano 1180, “Tumbo de Lorenzana” de A. Rodríguez González e J. A. Rey Caíña en Estudios Mindonienses 8, p 68).

    2. Apelido derivado do patronímico Alvar ou Alvaro. Estendeuse por toda España e América sobre todo en Colombia e Venezuela. A casa máis antiga é a dos Álvarez asturianos. En Galicia hai casas espalladas por moitos lugares coma Ribas de Sil, Fonsagrada, Foz, Becerreá, Arzúa, Ponteareas, Tui, Valdeorras, Manzaneda, Celanova, Ribadavia, A Pobra de Trives ou Xinzo de Limia, entre outros. Moitos cabaleiros desta liñaxe ingresaron nas Ordes de Santiago, Calatrava, Alcántara, Montesa, Carlos III, e San Xoán de Xerusalén. As súas armas levan, escudo axadrezado de vinte pezas, dez de prata e dez de azur. Outras traen, escudo axadrezado de quince pezas, oito de prata e sete de azur. Outra variante representa, escudo partido: a primeira partición, en campo de ouro, cun castelo de pedra sobre rochas da súa cor natural e un arcabuz de sable asomando pola torre de homenaxe; a segunda partición, en campo de prata, cunha banda de goles, cargada de tres flores de lis de ouro e acompañada de tres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar que o 21 de febreiro do 1812 dirixiu o pronunciamento militar liberal da Coruña, que será chamado ‘Pronunciamento de Acevedo’, proclamando a Constitución de Cádiz do 1812. Entrou a formar parte da Xunta Xeral do Reino de Galicia, presidida polo mariño Pedro Agar, Rexente durante a etapa das Cortes de Cádiz. Aproveitando a toma de posesión do novo Capitán Xeneral de Galicia, Venegas, marqués da Reunión, Acevedo detén na Coruña ás autoridades absolutistas. O 25 de febreiro partiu da Coruña cara a Santiago á fronte dunha columna militar antirrealista, que toma a cidade compostelá e libera os presos políticos da Inquisición, entre os que se achaba o conde de Montijo. O 2 de marzo partiu cara a Ourense en persecución do Gobernador Militar de Santiago, o Xeneral Pol, marqués de San Román, con quen se enfronta ao día seguinte, falecendo segundo Otero Pedrayo nun tiroteo preto dun lugar chamado As Portiñas; en Padornela segundo outros, mentres arengaba ás tropas inimigas a se enfrontaren...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Trasládase moi novo a Vigo. Aos dezasete anos é vocalista do grupo de punk-rock Acorazado Potemkin, mentres compaxina esta actividade coa publicación de cómics en revistas e fanzines de Vigo. No ano 1984 trasládase a Madrid, onde participou nos Talleres de Arte Actual do círculo de Belas Artes; no 1986 viaxou a París e Marrocos -onde atopa os símbolos e imaxes que proxectará máis tarde nos seus traballos-. No ano 1989, concédeselle a bolsa da Academia Española de Belas Artes e trasládase a Roma, ata o ano 1990 no que recibiu unha bolsa de La cité des Artistes do concello de París, volvendo de novo a esta cidade. Despois dunha nova estancia en Italia, onde acada unha nova paleta de cores máis fortes e formas máis rotundas, recibe no ano 1992 a bolsa Fulbright de Comité Conxunto Hispano-Norteamericano, e reside en Nova York dous anos. No ano 1994, volta a España, residindo en Madrid. Artista plástico de recoñecido prestixio internacional, cunha obra que aparece en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Integrante do grupo de teatro de marionetas Viravolta desde a súa creación en 1983, co que realiza traballos de manipulación, interpretación e deseño de vestiarios, entre os que podemos citar Contos para ratos mortos (1984), Historias con demo (1985), A aventura do doutor Sabañón (1993), O candil marabilloso (1994) ou Guillermo Tell (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrática en Lingua Galega.
    Membro da Comisión de Lingua do Consello da Cultura Galega e membro fundador do Instituto Rodrigues Lapa, pertence ao Comité Científico das revistas Verba e Cadernos da Lingua. Dende 1973 realiza o labor de investigación no Instituto da Lingua Galega (ILG), labor que compaxina coa actividade docente como profesora na Facultade de Filoloxía de Compostela. Participa en numerosos proxectos de investigación no eido da lingüística do idioma galego: Atlas Lingüístico Galego (dende 1974); Gramática descritiva da lingua galega (1995-1997); Gramática contrastiva do galego e do portugués (1996-1997), entre outros.
    Colaborou na elaboración das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, proclamadas oficiais pola Xunta de Galicia en 1982. Entre as súas publicacións,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e escultor. Funcionario do Instituto Social da Mariña, reside en Vigo dende 1942, onde funda no 1971 o taller artesanal Serigrafía Galega coa intención de popularizar a arte galega, reunindo a obra de vinte artistas plásticos galegos -entre eles Seoane- a partir de serigrafías, expoñendo as obras en diversas cidades tanto en Galicia como no resto de España. Esculpiu un busto en pedra de Valle Inclán que se encontra no monte Lobeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Desenvolveu unha intensa actividade como membro de sociedades médicas e conferenciante en diversos congresos internacionais. Neste eido publicou o estudo La vida y la obra del célebre médico gallego Francisco Sánchez. El Escéptico (1550-1623) (1960) ou a Carta de un médico a los pescadores (1967). Membro correspondente da Real Academia de Medicina de Sevilla e da Real Academia Galega; en 1975 pronunciou o seu discurso de ingreso na Sociedad Española de Médicos Escritores sobre La saudade, un síndrome ‘disnímico’? Tivo un destacado labor na prensa (Encrucillada, Galicia emigrante, Grial, La Voz de Galicia, Vieiros, Jornal de Notícias, Papeles de Son Armadans, Galicia, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, etc) publicando numerosos artigos ao longo da súa vida. En castelán é autor das novelas El fracaso de Clayton (1938), traducida ao galego en 1994, e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador, poeta e ensaísta encadrado na Xeración do 1936. Estudiou Maxisterio en Pontevedra e Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, estudios que tivo que interromper en 1936 por causa da guerra civil e o fusilamento do seu pai. Durante a súa etapa universitaria foi un dos fundadores da revista escolar Tude, dirixida por Xesús Ferro Couselo, co que tamén levou a cabo a organización da Exposición Regional de Arte Infantil, que non se chegou a celebrar pola sublevación do 36. En 1942 trasladouse a Vigo onde, dende 1947 e ata a súa morte, desempeñou o cargo de Chanceler do Consulado de Uruguai. Nos anos sesenta viaxou por distintos países de Latinoamérica como conferenciante. Impulsou múltiples iniciativas culturais como a fundación das editoriais galegas Castrelos -xunto aos seus irmáns Xosé María e Álvaro Álvarez Blázquez-, e a colección Salnés, da Editorial Galaxia, codirixida xunto a Celso Emilio Ferreiro e Francisco Fernández del Riego. Colaborou nas publicacións Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, narrador, conferenciante, autor teatral, arqueólogo, historiador, autor de estudios etnográficos e literarios, editor, etc. Foi o prototipo do intelectual inquedo, amante da súa terra e da súa cultura. Estudiou bacharelato en Tui e maxisterio en Pontevedra. Esta cidade vai ter unha importante influencia na súa formación xa que nesa época de estudante coñece a personaxes da importancia de García Lorca ou Alexandre Bóveda quen casará coa súa curmá Amalia Álvarez Gallego. De precoz vocación, comezou a publicar poemas en xornais de Pontevedra e Tui, e no ano 1932, viu a luz o seu primeiro libro de poemas en castelán Abril e fundou, xuntamente co poeta Xoán Vidal, a revista literaria Cristal. En 1933 ingresou na Federación de Mocidades Galeguistas, nas que exercereu o cargo de secretario de Pontevedra. No ano 1934 rematou os estudios de Maxisterio, e deu a luz un afervoado texto nacionalista titulado Berro en lembranza dos herois de Carral. En 1935 obtivo o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Despois de traballar como copista e no departamento do Tesouro de México, comeza a estudar pintura e música na Academia Nacional de Belas Artes de Cidade de México. Engordiño foi interesándose pola fotografía e pola arte indíxena mexicana. Ensinou fotografía na Escola Central de Artes Plásticas, no Instituto Cinematográfico Mexicano e no Centro Universitario de Estudios Cinematográficos. Traballou como cámara nos filmes Que viva México! (1930-1931) e Tehuantepec (1934). En 1931 recibiu o seu primeiro premio de fotografía. Ao ano seguinte expuxo individualmente na Galería Posada de México. Fundou o Fondo Editorial da Plástica Mexicana en 1959. En 1974 recibiu os premios Sourasky e o Nacional das Artes do Goberno de México. As súas exposicións percorreron medio mundo (México, Chicago, Nova York, Boston, Caracas, Francia, Milán, Londres, etc). Publicou os libros Manuel Álvarez Bravo (México, 1935), La pintura mural de la Revolución Mexicana (México,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. En 1859 foi nomeado deputado a Cortes polo partido de O’Donnell e en 1860 fiscal de Facenda da Audiencia de Madrid e fiscal de imprenta, cargos que desempeñou ata 1866. Ao triunfar a revolución de 1868, uniuse á política de Cánovas e converteuse nunha figura importante do partido liberal-conservador, chegando a ocupar os cargos de fiscal do Tribunal Supremo, Ministro de Gracia e Xustiza e Ministro plenipotenciario de España en Lisboa, cargo que exerceu ata a súa morte. Ademais de traballar como avogado, diplomático e político, cultivou a poesía e colaborou na prensa do momento. Foi redactor dos xornais Diario Español e La Época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. En 1879 defendeu publicamente o socialismo de cátedra e a súa adhesión ao Krausismo no seu discurso reitoral El socialismo de cátedra. Difundiu a obra dos grandes economistas alemáns da época como Adolf Wagner e Albert Schäffte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Iniciou a súa traxectoria profesional no grupo teatral creado pola Agrupación Cultural Abrente, participando na organización da Mostra de Teatro Galego de Ribadavia. Fundadora do grupo Artello, intervén nos espectáculos Tarará chis pún (1978), As nubes (1980), A cantante calva (1981), Mandatruco!! (1982), Celtas sen filtro (1983) e Gulliver F. M. (1985), 
    Unha boa parte da súa carreira profesional está vencellada ao Centro Dramático Galego, co que realiza Woyzeck (1984), Os vellos non deben de namorarse (1985), O enfermo imaxinario (1986), As alegres casadas (1989), A casa dos afogados (1991), Hamlet (1991), Un soño de verán (1992), polo que recibiría o Premio Compostela á Mellor Actriz Secundaria en 1993, Un refaixo para Celestina (1993), Como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cursou estudos de maxisterio, profesión que exerce no colexio de Panxón (Nigrán), ademais de se dedicar á literatura e ás artes plásticas, faceta na que se pode citar a súa participación nas exposicións colectivas da Praza da Princesa de Vigo (1972-1973). Colaborador habitual nos xornais galegos e distintas revistas (Faro de Vigo, La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Xo!, etc), recibiu en 1991 o Premio Especial á Comunicación do Museo de Fene. Guionista do programa infantil da TVG Tarde Taina (1990-1991), é membro do Consello de redacción da revista satírica Xo!, e membro das Fundacións Álvaro Cunqueiro e Inés Ollero.
    No tocante á súa actividade literaria comezou escribindo literatura infantil. En 1985 mereceu o primeiro premio do XVIII Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho por Historia...

    VER O DETALLE DO TERMO