"Andes" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • ou Alpes Meridionais Serra que constitúe a espiña dorsal de Nova Zelanda e ocupa maioritariamente a Illa do Sur. Culmina no pico de Cook (3.760 m de alt), o máis alto do país. Forma unha crista situada entre a gran fosa oceánica de Tonga-Kermadec e o escudo australiano occidental. É un arco con dúas inflexións ou convexidades: a do NL, cara ao Pacífico occidental, e a do SO, cara á Cunca Oriental Australiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordal de América do Sur, da oroxenia alpina, que constitúe o relevo máis grande do mundo con picos de 7.000 m. Ten unha lonxitude duns 8.000 km coa máxima amplitude en Bolivia (750 km) e unha orientación N-S das súas estruturas en case toda a súa superficie. En conxunto, o sistema andino está formado, ao N do paralelo 30, por dous cordais principais separados por unha plataforma elevada, o Altiplano, mentres que ao S deste paralelo só continúa a que fai de fachada fronte ao Pacífico. O cordal occidental está constituído, sobre todo, por sedimentos mesozoicos sobre un núcleo batolítico e con vulcanismo moderno; o oriental por niveis do paleozoico, principalmente sobre un núcleo de granito e xistos, quedando limitado a Oriente pola depresión Subandina, rechea por materiais terciarios e cuaternarios. Pola parte do Pacífico esténdese a cadea costeira, composta por niveis paleozoicos e precámbricos, erguida polos movementos alpinos. Os volcáns forman aliñamentos importantes, sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral mixto do grupo dos feldespatos; pertence á serie isomórfica das plaxioclasas, da que é o compoñente medio, cun 50% de albita e un 50% de anortita. Cristaliza no sistema triclínico e os cristais son de cor branca, gris ou verde. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 2,65.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha eruptiva da familia da diorita, de cor gris, case negra. É de estrutura microlítica, aínda que pode presentar fenocristais de andesina ou de anfíboles. As erupcións saen en forma de lavas case sólidas ou en coadas que xorden xunto con produtos piroclásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou petencente á andesita.

    2. Liña circumpacífica imaxinaria que delimita unha zona interna de vulcanismo basáltico e unha zona externa na que os volcáns expulsan magmas de composición andesítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guerras que tiveron lugar entre Inglaterra e Holanda na segunda metade do s XVIII, provocadas pola rivalidade comercial de ambos os dous países. A primeira guerra (1652-1654) foi provocada pola promulgación da Navigation Act (1651). Holanda foi derrotada e tivo que asinar un tratado en Westminster. A segunda guerra (1665-1667) tivo a súa orixe na ocupación (1664) de certas colonias da Compañía Holandesa das Indias Occidentais por parte da Compañía Inglesa. A paz de Breda (1667) comportou a derrogación da Navigation Act con respecto ás mercadorías alemanas. Na terceira guerra (1672-1674), Inglaterra loitou ao lado de Francia. A paz asinada en Westminster (1674) ratificou a de Breda e representou o inicio da decadencia das Provincias Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Conxunto de illas do mar Caribe que constitúen unha unidade autónoma dependente dos Países Baixos (800 km2; 189.474 h [1992]). Comprenden dous grupos de illas: por unha parte, Curação (444 km2; 144.097 [1992]) e Bonaire (288 km2; 10.187 h [1992]) situadas fronte ás costas de Venezuela; por outra, Saba (13 km2; 1.130 h [1992]), Sint Eustatius (21 km2; 1.839 h [1992]) e a metade meridional (a outra metade pertence a Francia) da illa de Sint Marteen (34 km2; 32.221 h [1992]) nas Pequenas Antillas, situadas ao L de Porto Rico. A capital é Willemstad (43.517 h [1992]), na illa de Curação. O Reino dos Países Baixos está representado por un gobernador responsable das relacións exteriores. O neerlandés é a lingua oficial e o florín a moeda oficial. A economía baséase na refinería de petróleo procedente de Venezuela e México, que emprega ao 25% da poboación ocupada de Curação. A agricultura e gandería son pouco importantes e só destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aeronauta francés. Con Pilâtre de Rozier fixo a primeira ascensión en globo libre o 21 de novembro de 1783. Saíron do castelo de La Muette, atravesaron París e aterraron en Butte-aux-Cailles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político portugués. Estudiou Dereito na Universidade de Coimbra na que se licenciou en 1867, e se doutorou un ano despois. Foi catedrático de Literaturas Modernas do Curso Superior de Letras da Universidade de Lisboa. De ideas republicanas, trala revolución de 1910, foi Presidente do goberno provisional (1910) e Presidente da República Portuguesa (1915). Publicou moitos libros e traballos, sobre todo de temas literarios e filosóficos, e foi un dos principais animadores da denominada “xeración dos 70”. Como poeta escribiu Folhas Verdes (1859),Visão dos Tempos (1864), Tempestades Sonoras (1864), Torrentes (1869) e Miragens seculares (1884). Foi, ademais, un gran coñecedor da literatura popular como o demostra Alma Portuguesa (1902-1904), inspirada nas tradicións e na poesía oral, ademais de investigacións folcloristas como Poesia do Direito (1865); História da Poesia Popular Portuguesa, Cancioneiro Popular...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formado baixo a influencia de Sainte-Beuve, Taine, Stuart Mill e Renan. Chegou a ser un vangardista oposto ao Romanticismo. Destacan as súas biografías sobre grandes persoeiros como Shakespeare, Heine, Ibsen e Goethe, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Arzúa, é de orixe medieval aínda que foi reconstruído no 1554. De planta rectangular, a fachada principal, realizada en cachotería de granito, presenta un sinxelo arco de medio punto e nos seus dous andares ten ventás con montante. No tramo central e nas esquinas consérvanse as ameas, probablemente reutilizadas do antigo torreón medieval. Asentado na cornixa, sobre a porta de ingreso, atópase o escudo coas armas dos Aguiar e dos Mosquera. A capela, que foi restaurada en 1664, alberga un sartego de arcosolio que acolle os restos do fundador do morgado do pazo (1635), Fernán Montero de Mella, e da súa esposa, Inés de Villa e Aguiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado socioprogresista (1934-1937), converteuse en vicepresidente da República (1950) e en presidente (1954-1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou condición de clandestino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se realiza ou se produce de forma oculta, sen permiso das autoridades ou á marxe da lei.

    2. Aplícase ao escrito, impreso ou publicación que non cumpre os requisitos legais, especialmente por falla de pé de imprenta, ou que se distribúe ás agachadas das autoridades gobernativas.

    3. Casamento celebrado sen a presenza de sacerdote nin de testemuñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución pedagóxica fundada no ano 1598 a expensas reais e baixo o patrocinio de Diego Brocher (primado de Irlanda) e Daniel O’Sullivan Beare (conde de Birhaven), Beare e Bantry, exiliado na cidade da Coruña desde 1602. Neste centro estudiaban os fillos das familias nobres irlandesas exiliadas en Galicia como consecuencia da persecución que sufrían os católicos baixo o reinado de Enrique VIII (1509-1547). Este colexio, dirixido por Eugene Carty ata o 1613, foi o lugar de residencia dos irlandeses que asistían ás clases (normalmente estudiaban artes e canons) na Universidade de Santiago de Compostela. No 1613, por orde real, pasou a formar parte da Compañía de Xesús; a partir dese momento converteuse en seminario de nenos irlandeses de Santiago, dependente do seminario irlandés de Salamanca, centro encargado de formar sacerdotes irlandeses que, unha vez ordenados, volvían a Irlanda para loitar contra o anglicanismo. Os alumnos recibían instrución de filosofía durante tres anos e despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Curlandia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Curlandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante portugués. Descubridor das illas de Reunion e Mauricio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Foi un dos mestres de Ferreirim. A súa obra caracterizouse polo decorativismo e polas formas gótico-manuelinas.

    VER O DETALLE DO TERMO