"Consell" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 53.

  • Que se pode aconsellar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou aquel que aconsella, xeralmente boas propostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar consello a alguén.

    2. Indicar a alguén unha boa proposta a seguir.

    3. Tomar consello de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Consello de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea que, xunto co Consello dos Anciáns (250 membros), formaba o corpo lexislativo do Directorio (1795-1799). Estaba composta por 500 membros de máis de trinta anos, elixidos por tres anos. Creado en 1795, foi disolto por Napoleón Bonaparte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca, Illes Balears, nos contrafortes da serra de Tramuntana (2.172 h [1996]). A principal actividade económica é a agricultura, na que destacan os cultivos de secaño (amendoeiras, vide e ervello da Ceratonia). A industria baséase nas actividades relacionadas coa alimentación e a fabricación de calzado. Do seu patrimonio cómpre salientar a igrexa de Santa María, construída en 1795 sobre un antigo oratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar un consello a alguén.

    2. Indicar a alguén que realice algunha cousa determinada.

    3. Tomar ou pedir consello a alguén. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “Conséllate con quen saiba e, se queres acertar, acertas”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que dá consello. Na tradición oral recóllense ditos como: “O bo conselleiro aconséllase consigo primeiro. O mellor conselleiro é a almofada, que dá sempre o consello e nunca cobra nada”.

    2. Membro dun consello.

      1. Membro dos órganos superiores de goberno e administración das comunidades autónomas. En Galicia, desempeña unha dobre función: como membro do consello da Xunta de Galicia, que responde solidariamente ante o Parlamento, e como xefe superior dos departamentos ou consellerías nos que se divide a Administración autonómica. Os conselleiros son nomeados e cesados polo presidente da Xunta de Galicia. Entre outras atribucións levan a iniciativa normativa no tocante aos anteproxectos de lei e aos proxectos de decreto en materias propias do seu departamento, en particular os anteproxectos de orzamentos da súa consellería; e funcións administrativas, entre as que destacan a iniciativa e dirección en todos os asuntos e materias relativas ao seu departamento, a proposta, nomeamento e cesamento do persoal, a dirección e inspección dos servicios da consellería, a sinatura dos contratos, convenios e acordos, a disposición dos gastos do departamento, a resolución de recursos administrativos nos casos que...

      2. conselleiro delegado

        Órgano unipersoal dunha sociedade anónima que conta cun consello de administración que lle delega algunhas das súas facultades con carácter permanente, agás as que resulten indelegables por lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos departamentos dun goberno autonómico baixo a dirección dun conselleiro. Na administración da Xunta de Galicia, para o mellor cumprimento dos seus obxectivos e fins, estrutúranse en órganos internos xerarquizados, dos que se consideran altos cargos os secretarios xerais e os directores xerais. Así mesmo, xunto coas secretarías e direccións xerais, os servicios administrativos e os órganos colexiados, integran a súa estrutura os entes públicos e os organismos autónomos que teñan adscritos. Teñen a súa sede central en Santiago de Compostela e delegacións provinciais nas que se integran os órganos e servicios existentes en cada provincia, agás nas consellerías de Economía e Facenda, e Pesca, Marisqueo e Acuicultura que teñen delegacións territoriais. As necesidades da Xunta de Galicia fan que o número e denominación das consellerías varíe ao longo dos anos. En 1982, trala constitución do primeiro goberno galego, creáronse nove consellerías: Presidencia; Ordenación Territorial e...

    2. Edificio no que están as dependencias dunha consellería.

    3. Cargo que corresponde ao conselleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Opinión que alguén dá ou recibe sobre cómo se deben facer as cousas.

      2. consellos evanxélicos

        Máximas evanxélicas (pobreza, castidade e obediencia, consideradas como ideais da vida cristiá) que a Igrexa católica non considera categóricas, como os preceptos e os mandamentos.

      1. Órgano administrativo colexiado, con funcións consultivas (consello de Estado), xurisdicionais (consello de guerra) ou executivas e deliberativas, como no caso do consello de ministros. A miúdo desígnanse co nome de consello xeral ou consello supremo aqueles que teñen un ámbito territorial máis amplo ou un rango superior.

      2. Órgano colexiado que asesoraba no goberno os reis españois durante a Idade Moderna. Ten a súa orixe nos consellos reais das Cortes medievais, que aumentaron o seu número e atribucións co proceso de fortalecemento do Estado e a maior complexidade administrativa. Constituíronse distintos tipos segundo as súas funcións e o seu ámbito territorial: o Consello de Estado, con atribucións sobre toda a monarquía; os consellos territoriais de Aragón, de Castela, de Flandres, de Indias, de Italia, de Navarra e de Portugal; e os consellos temáticos de Facenda, de Guerra, da Inquisición e da Cruzada. No s XVII, paralelamente ao ascenso da figura dos favoritos, decaeu a súa importancia.
        Consello de Estado
        Órgano supremo consultivo de España. Foi creado por Carlos I en 1526 para dirixir os asuntos de Estado e a política exterior. Estaba presidido polo monarca e entre os seus compoñentes predominaban os aristócratas. No s XIX, a Constitución de 1812 deseñou un Consello de Estado...

      3. consello de administración

        Órgano colexiado permanente da administración dunha sociedade anónima, e tamén de moitas entidades de dereito público, que se ocupa das funcións de xestión e representación da sociedade. Constitúese cando existen varios administradores, actúa conxuntamente na toma de decisións, regula dun xeito autónomo o seu funcionamento e designa entre os seus membros o presidente.

      4. consello de disciplina

        Organismo constituído nalgúns centros ou establecementos privados ou públicos que vixía o mantemento da orde e a conduta dos seus membros e propón sancións disciplinarias no caso de ser necesarias.

      5. consello de familia

        Organismo destinado a intervir na tutela de menores non emancipados e/ou dos incapacitados. En 1983, a lexislación española suprimiuno e outorgoulle ao xuíz unha maior intervención para o control do titor en beneficio do menor ou incapacitado.

      6. consello de guerra

        Tribunal de xustiza encargado das causas da xurisdición militar. Segundo a lexislación española baseada na Constitución de 1978, entende en todas as causas sometidas á xurisdición penal militar, agás as reservadas ao Consello Supremo de Xustiza Militar. Está formado por cargos militares asesorados por membros dos corpos xurídicos. As súas sentencias, para poder causar efecto, deben ser aprobadas polas autoridades xudiciais ordinarias.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano superior de consulta do goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, constituído en xullo de 1996 en aplicación da Lei 9/1995, do 11 de novembro, e do Decreto 287/1996, do 12 de xullo, que a desenvolve. Con sede en Santiago de Compostela, o seu obxectivo é mellorar a actuación administrativa do goberno autonómico co aumento da garantía de legalidade das súas decisións. Intégrano cinco membros, designados directamente polo presidente da Xunta para un mandato de seis anos (só poderán ser reelixidos unha vez), que deben ser, en calquera caso, licenciados en Dereito; ademais, deben contar cunha experiencia profesional mínima de dez anos como xuristas ou como altos cargos ou funcionarios da Administración, ou ben ter sido membros da mesa do Parlamento. A condición de membro é incompatible coa parlamentaria (indistintamente das Cortes Españolas ou do Parlamento de Galicia), coa de maxistrado do Tribunal Constitucional, Defensor del Pueblo, Valedor do Pobo ou vicevaledor, como membro do Consello...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano colexiado asesor e consultivo, nacido ao abeiro do artigo 32 do Estatuto de Galicia e regulado pola Lei 8/1983, do 8 de xullo, do Consello da Cultura Galega. Ten a súa sede no pazo de Raxoi en Santiago de Compostela. A súa creación respondeu á obriga da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego que lle corresponden como Comunidade Autónoma. Está dotado de personalidade xurídica e ten capacidade de iniciativa, investigación e organización. As súas competencias son: analizar as cuestións referidas ao patrimonio cultural galego; fomentar a lingua e a cultura galegas; investigar e valorar as necesidades culturais do pobo galego; organizar actuacións culturais dentro e fóra de Galicia que se adecúen aos seus fins; asesorar e consultar os poderes da Comunidade Autónoma o que sexa preciso para defender e promocionar os valores culturais do pobo galego e elevar aos poderes da Comunidade Autónoma informes e propostas a favor desta defensa e promoción. O 29 de setembro de 2000...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización económica de África occidental, creada en 1959 co obxectivo de promover o desenvolvemento dos países da zona de ocupación francesa. Fundárona Benin, Burkina Faso, Costa de Marfil e Níxer; en 1966 incorporouse Togo. Procura obter fondos para a concesión de axudas económicas, para o que puxo en marcha un Fondo de Axuda Mutua e de Garantía de Préstamos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización xurdida a principios de 1964 coa pretensión de interpretar a tradición galeguista baixo unha óptica marxista, segundo a doutrina da liberación nacional dos pobos e os exemplos contemporáneos das loitas de descolonización. A súa xénese foi asemblearia, a partir de xuntanzas celebradas en varias cidades, na denominada operación Paloma Mensajera. O movemento contou coa participación de elementos de procedencia política moi diversa, dende democristiáns, nacionalistas e socialdemócratas ata militantes comunistas. O seu primeiro secretario xeral foi Antón Moreda. Aos poucos meses da súa fundación, nunha xuntanza celebrada en Santiago de Compostela, a organización decidiu expulsar os elementos cualificados como comunistas, entre eles o seu propio secretario xeral e diversas personalidades como Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez ou Manuel María. A partir de entón, entrou nun período de decadencia que o levou á súa desintegración nese mesmo ano, ao mesmo tempo que xurdiron ou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Órgano colexiado que, baixo a dirección do presidente autonómico, dirixe a política xeral e a administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Exerce a función executiva e a potestade regulamentaria de conformidade co Estatuto de Autonomía de Galicia e coas leis, e ten iniciativa lexislativa.
    Composición
    O Consello está constituído polo presidente da Xunta, o vicepresidente ou vicepresidentes segundo os casos, e os conselleiros, que son nomeados e cesados polo presidente da Xunta. Responde politicamente ante o Parlamento de xeito solidario, sen prexuízo da responsabilidade directa de cada un dos seus membros pola súa xestión.
    Atribucións
    O Consello da Xunta exerce as atribucións da Xunta sen prexuízo das competencias das comisións delegadas. En consecuencia, correspóndelle establecer as directrices e desenvolver o programa de goberno; elaborar os orzamentos da Comunidade e remitilos para a súa aprobación ao Parlamento; aprobar os proxectos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo autónomo da Xunta de Galicia creado ao abeiro da Lei 2/1987. Como entidade institucional representativa das organizacións xuvenís, o seu obxectivo fundamental é a promoción da participación, a representación e a defensa dos intereses da mocidade en xeral, diante das administracións públicas e da sociedade. Durante os anos oitenta, a participación dos máis novos constituíu un dos piares fundamentais da nova política de xuventude. Tratábase de facilitarlles ás entidades xuvenís a súa contribución en materia política, social, económica e cultural. Este papel de canle realízao, fundamentalmente, a través do tecido asociativo xuvenil galego e coa promoción do asociacionismo como ferramenta de cambio na sociedade. Está formado por diversas entidades políticas, sindicais, de tempo libre, feministas, culturais, etc, que realizan o seu labor dentro do ámbito autonómico. A súa petición de ingreso deberá ser ratificada pola Asemblea Xeral que, xunto co Comité Permanente, conforman o organigrama...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Consello de Tutela Órgano da Organización das Nacións Unidas (ONU) encargado da supervisión dos territorios situados baixo o sistema de fideicomiso. Os seus fins son lograr a independencia ou a autonomía nestes territorios. Os seus integrantes foron a Unión Soviética, China, Francia, Reino Unido e EE UU, única potencia administradora. O último territorio en acadar a independencia foi a República de Palau en 1994; dende esa data as súas reunións celébranse cando é necesario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de cooperación económica creado en 1949 polo Tratado de Moscova e integrado por Albania (que o abandonou en 1961), Bulgaria, Hungría, Polonia, Romanía, Checoslovaquia e a URSS. Posteriormente, adheríronse a RDA (1959), Mongolia (1962), Cuba e Vietnam (1972). Iugoslavia posuía o estatuto de membro asociado desde 1964. A súa finalidade era intercambiar experiencias económicas, conseguir axuda técnica e proporcionar asistencia mutua entre os seus membros para crear un espazo económico autónomo fronte á economía dos países occidentais. Nun principio limitouse a favorecer o comercio bilateral; despois de 1955 comezou a promocionar a especialización económica dos seus membros. A partir de 1960 iniciáronse as discusións sobre o problema da especialización por estados e o establecemento dun órgano de planificación común a todos. En 1963 tentouse de novo instituír un sistema multilateral no que as compensacións se farían a través do Banco Internacional de Cooperación Económica. As...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro goberno xurdido trala Revolución de Outubro de 1917. Estaba presidido por Lenin e tiña como comisarios, entre outros, a Trockij (comisario de Asuntos Exteriores), Stalin (comisario das Nacionalidades) ou Kollontai (comisaria de Asuntos Sociais e da Muller).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano supremo de control externo da actividade económica e financeira da Comunidade Autónoma de Galicia. Creouse pola Lei 6/1985, do 24 de xuño, modificada pola Lei 4/1986, aínda que non se constituíu ata o 1 de marzo de 1991, data da toma de posesión dos seus cinco primeiros membros no Parlamento de Galicia. Segundo a lexislación, o seu ámbito de actuación abrangue a Administración autonómica e todos os seus organismos, sociedades, empresas ou entes públicos dependentes, calquera que sexa a súa forma xurídica, ademais das corporacións locais, cámaras agrarias, da propiedade, de comercio, industria e navegación, confrarías de pescadores e outras de natureza semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO